Quenllas, nas garras do home


Documental de Rob Stewart que recolle a explotación e corrupción ao redor dos beneficios que dá a pesca do tiburón e por suposto a terrible práctica da corta das aletas.

Documental completo

Por que son imprescindibles estes depredadores nos ecosistemas mariños? Que está a causar a súa diminución? En que consiste a pesca co palangre? Que son as capturas incidentais e os descartes en pesca? Cal é o maior centro comercial de aletas do mundo? Cal é o maior distribuidor de tiburóns enteiros para toda Europa? Que é a Zona Económica Exclusiva (ZEE)? Que consideramos augas internacionais? Cales poden ser as solucións para o tiburón?

Esta entrada foi publicada en 4. Biodiversidade, 4. Cara a unha xestión sustentable e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Quenllas, nas garras do home

  1. marta rodriguez di:

    A pesca con palangre consiste nunha línea principal á que se amarran moitos ramais todatos dun anzuelo cebado no estremo libre.
    http://www.vistaalmar.es/images/stories/fotos/linea-pesca-palangre.jpg

    Kesennuma, un porto pesqueiro no noreste de Xapón, comercializa o 90% das aletas que tradicionalmente se consomen no país.
    No 2009, Kesennuma procesou case 14.000 toneladas de tiburón, cun valor dun pouco máis de 22 millóns de euros.

  2. raquel blanco di:

    O documental está bastante interesante a verdade. Moitas das cousas que están a dicir non as sabía. Pero en internet atopei moitas das preguntas das que se falaban no documental. Deixoas a continuación:

    1. Que é o corte de aletas de quenllas?
    -Consiste en cortar as aletas da quenlla logo de capturalo e descartar o corpo no mar. Esta práctica só usa entre dúas e cinco por cento do pelágico e desperdicia proteínas e potenciais produtos derivados.

    2. Que uso dáse ás aletas?
    – Principalmente úsanse para a elaboración de sopas en varios países asiáticos onde son consumidas polos altos estratos sociais como símbolo do seu status. China é o maior mercado mundial de aletas de quenlla, importa ao redor de catro mil toneladas cada ano. O prezo pode alcanzar 256 dólares por libra e 90 dólares por sopa de aleta de quenlla.

    3. Considérase seguro o consumo humano da carne de quenlla?
    – Os residuos de toxinas existentes na carne de quenlla son xeralmente eliminados durante a limpeza e cocción da mesma. Con todo, esta carne pode conter elevados niveis de metais pesados, como o mercurio, especialmente nas quenllas de maior tamaño.

    4. Como afecta o corte de aletas ao manexo das comunidades de quenllas?
    – Impide o rexistro de información científica específica de cada especie a cal é esencial para monitorizar as capturas e implementar un manexo sustentable da pesca de quenllas.

    5. Cantas especies de quenllas existen?
    – Ao momento estímase en 375 o número de especies de quenllas descritas. Marcas fósiles indican que os devanceiros destes pelágicos asucaron os mares fai máis de catrocentos millóns de anos, é dicir, son máis antigos que os dinosauros.

    6. É importante a presenza de quenllas no ecosistema mariño?
    – Si, como reguladores do equilibrio ecolóxico mariño, as quenllas son fundamentais dentro da cadea trófica. Aliméntanse de animais enfermos ou desafiuzados, así como de baleas, focas e atún, que teñen poucos predadores.

    7. É a quenlla unha especie en perigo de extinción?
    – Algunhas especies sono. A fins de 2002, a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres das Nacións Unidas (CITES) aumentou o nivel de protección para as dúas especies máis grandes de quenllas, a quenlla canastra (Cetorhinus maximus) e a quenlla balea (Rhincodon typus). Estímanse en máis de cen millóns os pelágicos cazados cada ano. O seu lento crecemento e baixas taxas de reprodución contribuíron ao desequilibrio desta poboación mariña.

    8. Que países impuxeron prohibicións ao corte de aletas de quenllas?
    – Entre eles atópanse Brasil, Sudáfrica, Estados Unidos, Omán e gran parte de Australia ademais de Costa Rica.

  3. adriana rey di:

    As augas internacionais ou a alta mar a compoñen todas as partes do mar non incluidas na zona económica exclusiva, no mar territorial ou nas augas interiores dun Estado ou dun Estado archipiélago.
    A convención proclama o principio de que ” a alta mar está aberta a todos os Estados, sexan ribereños ou sen litoral “. Comprenderá entre outras :
    – Libertade de navegación e sobrevoo.
    – Libertade de tender cables ou tuberia submariñas.
    – Libertade de construir islas artificiais e outras instalacions.
    – Libertade de PESCA… isto supón que aunque se prohiba a sua caza, en augas internacionais se pode facer sen ningun problema.

  4. andrei lee di:

    Respondendo á pregunta de que é a captura incidental, é o que se pesca sen ter o obxectivo de pescarse directamente, é dicir, na pesca de arrastre que consiste nunha red lastrada que barre o fondo do mar capturando todo o que se encontra o seu paso, entón así as especies que non se buscan son capturas incidentais que poden chegar a ser moitas e aparte como non as queren ou teñen un menor valor as volven tirar o mar con feridas, deixándoas asi morrer desangradas, e é o que serían os descartes na pesca.
    Todo o comercio se centra en China, Hong Kong, que é o maoir centro comercial dde aletas de tiburón no mundo, porque como se ve no documental cren que teñen propiedades curativas.

  5. laura garcia rueda di:

    As quenllas adaptáronse para ocupar calquera tipo de ecosistema mariño en cada continente. Atoparalos en océanos abertos e en lagoas de coral, en pantanos de mangle, en estuarios de ríos e en mares pouco profundos.

    Na dieta da quenlla, é fácil ser enganado pola popular imaxe da quenlla como depredador voraz. Aínda cando é certo que algunhas especies de quenllas atacan e consomen presas máis grandes, a maioría das quenllas están adaptados para comer outras fontes máis abundantes e locais de alimentos.

    Quizais o máis famoso de todos pola súa ambición e oportunismo é a quenlla tigre. No estómago destas quenllas foi atopado todo tipo de cousas, incluíndo placas de autos, lamias, latas de gasolina, cadeas e calquera outra cantidade de cousas fabricadas polo home, así como toda unha galaxia de artigos naturais como serpes mariñas, tartarugas e até aves mariñas. Quitando algúns casos extremos, sábese que os quenllas se alimentan a partir de pequenos crustáceos tales como cangrexos e lagostas, luras, bancos de peixes, moluscos das profundidades e até de aves mariñas.

    A pesca excesiva e a caza de aletas son as maiores ameazas que existen a nivel mundial para a poboación de quenllas, pero a caza accidental é tamén un gran problema. Cada ano morren millóns de quenllas ao quedar atrapados por medios que pretendían atrapar a outros peixes, especialmente en anzois destinados a atunes ou a peces espada. A pesca con rede tamén é un gran problema e moitas quenllas afóganse cada ano logo de quedar atrapados en redes que estaban destinadas a outras especies.
    Algúns estudos mostran que máis do 75% das quenllas que son atrapados accidentalmente morren antes de poder ser liberados indemnes.

    Deivoxovos aquí un enlace á páxina do canal Discovery Channel, onde encontrei esta información e onde encontraredes moita máis sobre esta especie, xa que para este canal, é a “semana do tiburón”.
    http://www.tudiscovery.com/web/tiburon-ush/
    Gustaríame salientar un apartado concreto desta páxina, na pestaña de “xogos” temos un mapa interactivo cos tiburóns de diferentes clases e onde se encontran situados, a súa ameaza, a súa dieta… deíxovos un enlace directamente:
    http://www.tudiscovery.com/web/tiburon-ush/juegos/mapa_interactivo/

    O preocupante tamén é que a diferenza da maioría dos peixes que deixan miles de ovos, as quenllas reprodúcense pouco e nun ciclo moito máis lento que o resto da fauna submarina, o que levou a que 47 especies estean seriamente ameazadas.

    Un estudo publicado en 2008 no Journal of Conservation Biology indicou que a poboación de cinco tipos de quenllas no mar Mediterráneo diminuíu en máis dun 97 por cento nos últimos dous séculos. Doutra banda, especies como a quenlla martelo xa case non se atopa.

  6. francisco_lopez di:

    Creo que o se deberia facer e fixar unha ley para todo o mundo sobre a caza de nas augas internacionais xa que si non nadie podera impedir a disminución destes animas nan importantastes no ecosistema mariño xa que os tiburons cumplen un importante rol no ecosistema oceánico mantendo o equilibrio ecológico e situándose na cúspide da cadena alimenticia marina. Grazas a sus hábitos actúan como carroñeros axudando a eliminar das aguas os animais mortos, impidiéndose así a propagación de enfermidades e fortalecendo a composición xenética das poblacions de presas. Como depredadores axudan a manter a cadena alimenticia marina.
    Uno podría pensar que si os tiburons desapareciesen… habría máis peces. ¡Non é Certo!
    No ecosistema cada especie ocupa un papel importante, no mesmo grao de importancia que as especies máis emblemáticas.
    Cantas mais especies halla, mais equilibrio hai no ecosistema marino. (concepto de biodiversidad)
    Un podría pensar que si os tiburons desaparecesen,os peces aumentarían, sin embargo, a realidade e ben distinta: se o número de tiburons se reduce seriamente, a pesca comercial podría estar amenazada. Se estudou o rol dos tiburons a través de modelos ecosistémicos e as conclusións son moi interesantes. Así en Australia as langostas están amenazadas debido a reducción do número de tiburóns, xa que son éstos os que controlan que as langostas non sean comidas polos polvos.

  7. Laura Solano di:

    Estos son os moitos casos onde se pode observar a ignorancia do home e asta onde pode chegar por as suas ambicións.

    Este animal posúe unha importancia no mundo dende hai moitos anos e é considerado uno dos principais depredadores da cadea alimenticia mariña.

    As quenllas aliméntansen de animais débiles e indefensos evitando as propagacións de enfermimades manteñendo o equlibrio nos océanos.Outro factor importante de estes depredadores e a sua presencia en ecosistemas, como poden ser nun coral. A sua desaparición veríase afectada por a unha supervivencia no arrecife na cal sucumbirían outras moitas especies.

    Facer desaparecer a este animal sería destruir un punto clave e importante da historia da Terra.

    Creo que este video é unha boa maneira de que moitos abran os ollos as accións que se estan cometendo, que non só perxudican a estes animais, se non que tamén ao planeta enteiro.

    Creo que sería hora de que gobernos interveñesen en ello e se lle consideraran especes protexidas por que as cifras para que desparacezca falan por si mesmas.

  8. gabriela lopez di:

    Eu déixovos con máis información sobre a quenlla branca.

    A quenlla branca é unha especie esencialmente costeira e de augas exteriores da plataforma continental e insular. Prefire as zonas próximas a illas, especialmente as que están habitadas por colonias de pinipedios. Habita tanto augas superficiais como profundas, e existen rexistros ocasionais no noiro continental, onde foi capturado a profundidades de ata 1.280 m. É unha especie moi activa, e veloz que pode alcanzar os 60 km/h.

    É o super predador por excelencia que se alimenta de grandes peixes, mamíferos mariños e outras quenllas.
    A reprodución da quenlla branca é bastante descoñecida, presumiblemente, ten camadas de ata 9 crías; que miden aproximadamente 120 cm. ao nacer.
    É unha especie pouco frecuente nas nosas costas, frecuentando sobre todo augas mornas.

  9. aida rodriguez di:

    As quenllas cumpren un importante rol no ecosistema oceánico mantendo o equilibrio ecolóxico e situándose na cúspide da cadea alimenticia mariña. Grazas aos seus hábitos actúan como carroñeros axudando a eliminar das augas os animais mortos, impedíndose así a propagación de enfermidades e fortalecendo a composición xenética das poboacións de presas. Como depredadores axudan a manter a cadea alimenticia mariña.

    Se o número de quenllas redúcese seriamente, a pesca comercial podería estar ameazada.Estudouse o rol de de as quenllas a través de modelos ecosistémicos e as conclusións son moi interesantes. Así en Australia as lagostas están ameazadas debido á redución do número de quenllas, xa que son estes os que controlan que as lagostas non sexan comidas polos polbos.

    Unha das causas da súa diminución é que é unha especie moi importante comercialmente xa que as súas aletas son usadas para a sopa de aleta de quenlla e a súa graxa é usada para obter aceite usado con fins medicinais. Tamén se aproveita a súa carne tanto fresca, afumada como salgada e a súa pel como coiro. Por tanto está suxeito a forte presión debido á pesca en toda a súa distribución.

    Outro problema é o da pesca incidental; pode caer en palangres, redes de enmalle e de arrastre de fondo de barcos ou buques que van en busca doutras especies de peixes.

    O palangre consiste nunha liña, onde o aparello está composto por unha serie de ramais de liña que teñen anzois cebados na punta, e van unidos á liña principal. Isto convértea nunha pesca selectiva, porque dependendo do tamaño, cebo e profundidade, será a especie que se pesque.

    Hai varios tipos de pesca con palangre: palangre de fondo, que descansa no leito mariño, palangre pelágico ou de superficie, que flota á deriva.

    As capturas incidentais son as capturas non buscadas e acompañando as capturas que son o obxetivo dos barcos.

    Deixo eiquí un enlace do plan de acción internacional para reducir as capturas incidentais http://www.fao.org/DOCREP/006/X3170s/x3170s02.htm

    Os descartes na pesca son as capturas que polo seu escaso valor comercial devólvense ao Mar.

    Os ecoloxistas a Comisión Europea medidas para acabar cos descartes en Europa, deixo un artigo da “Opinión”: http://www.laopinioncoruna.es/mar/2011/05/05/ecologistas-exigen-ce-medidas-acabar-descartes-pesca-europea/492699.html

  10. juanjo di:

    Como xa a maioría das preguntas que se plantearon están respondidas, eu deixo a miña opinon sobre éste documental.
    O que mais me costa creer de todo o documental é o feito de que haxa xente que intente salvar esta masacre de quenllas,pero que por moito que fagan,a “xusticia” nunca lles vaia a axudar.Impactoume realmente a dureza coa que se enfrentan os pescadores de quenllas coas persoas que intentan protexelas.

  11. carolina rodriguez di:

    Primeiro de todo dicir que gustoume moito o documental, xa que ten unhas imaxes estupendas e mostranos unha imaxe nova das quenllas, as que ata agora viamos coma un perigo.
    Estos animais son clave na vida marítima e na superficie, xa que son a cúspide da cadea alimenticia mariña. Como ben dixo a miña compañeira Raquel, son as reguladoras do ecosistema marítimo. Impresiona moito saber que xa levan na Terra 400 millons de anos, frente aos 2,5 millons de anos do xénero “Homo”, que o están extinguiendo.

  12. carolina rodriguez di:

    Estiven buscando sobre a pesca de quenllas en España e leveime unha gran decepción ao ver que somos uns dos seus principais captores. Deixovos dous enlaces nos que poderedes informaros:
    http://www.elmundo.es/elmundo/2006/11/11/ciencia/1163260810.html (este é do 2006, asi que non sei se seguiremos encabezando a lista)
    http://www.expansion.com/2010/04/30/entorno/1272654096.html?a=5a111a6dbcdf2163f4c9b56b5d2eb6c3&t=1305816745

  13. paula manteiga di:

    A verdade e que encantoume este documental.
    impresionoume moito a cantidad de bancos de peces que hai, e máis como van, nunca me imaxinara que ían tantos.

    Estiven mirando información sobre o video e interesoume moito o tema da pesca co palangre; http://usuarios.multimania.es/pescaconpalangre/Que%20es%20y%20modalidaes%20de%20palangre.htm , a verdade e que non me podo facer a idea de que a xente poda facer iso, porque o pez sofre, e moito.

    Esta páxina ( http://na.oceana.org/sites/default/files/o/fileadmin/oceana/uploads/europe/reports/De_La_Cabeza_A_La_Cola.pdf ) fala das foitas cousas que pode dar de si o que é o tiburón.

  14. jose luis lopez di:

    A caza do tiburon feita polos seres humanos provocan 60 millons de mortes de tiburones ao ano.
    Esto pasa principalmente porque hai persoas que queren obter o cartílago do tiburón.
    Moitas persoas o usan para tratar o cáncer. Pero nadie ha comprobado que o cartílago do
    tiburón realmente cura o cáncer. Tamen os xefes de cocina en moitas países asiáticos usan
    as aletas para preparar sopa. Por iso Case 80 especies de tiburones están en peligro ou en vías de extinción.

  15. cristina gonzalez di:

    É lamentable que as nosas augas se queden sen tiburons porque nos queramos saciar as necesidades de outros paises.

    O ingreso económico que nos representan hoxe é a desgracia que estamos pagando para o mañá porque unha vez afectado o noso ecosistema, estos países que demandan tiburons,non van a venir a repoñer o dano que nos han feito, ao contrario… seguirán buscando outras auguas onde capturar e destruir os poucos ecosistemas que nos quedan.

    Se estima que o aleteo ocasiona a morte de 100 millons de tiburons por ano. Isto pode ameazar a supervivencia de especies raras e vulnerables , chega a ter impactos ecolóxicos dramáticos e indesexables que poderían ameazar a cosecha de outras especies comerciais. Ao sobre-explotar aos tiburons, estamos influindo DRAMATICAMENTE no carnívoro máis importante o cual esta á cabeza da cadena alimenticia e onde esta eventualmente termina por afectar ao HUMANO.

  16. ana dominguez di:

    Como ven dixo Adela hoxe na clase en España mesmo en Galicia, na cidade de Vigo e donde maior cantidade de quenllas se venden e se exportan a outras paises.
    Tanto nos sorprendeu na clase a todos este documental, e tantas cousas dixemos del e nos somos os primeiros en ventas e en exportacion parece increible.
    Na miña opinion penso que esto deberia de estar mais perseguido xa que este tema e que tantas quenllas sexan capturadas desta maneira ou ven lles corten a aleta e as tiren desata moitos problemas para o noso medio de vida e para o medio mariño.
    Deberia de estar penado con ir o carcere e ser moito mais perseguido do que e xa que asi esto non pode seguir.

  17. ana dominguez di:

    A sua diminucion esta causada pola sobrepesca esto quere decir que se pescan moitos mais individuos do que da reproducido a especie.
    A pesca co palangre consiste nunha madre que e de nylon de 4 mm e de cada 50,60,80 m vai un anzuelo.
    As capturas incidentais son os peixes que se pescan a cales non vai dirixida a pesqueria por exemplo tartarugas,delfins..
    E os descartes son os peixes que se pescan e non se aproveitan comercialmente,que se devolven o mar.
    No palangre coindice cos descartes xa que moitas das capturas non se comercializan.
    A Zona Económica Exclusiva (ZEE) e unha zona que ten 200 millas que ten a contar desde a costa dun pais na cal nese espazo ten juridicion o pais.
    As augas internacionais son todas aquelas augas por fora das 12 millas a costa.
    As solucions para o tiburon e que se pesque menos para que se reproduzan mais.
    Para aguantar calquer especie de peixe usase o metodo de NMS(nivel maximo sostenible) e eso quere decir que se pode pescar segun reproduza a especie que esteña sempre no nivel optimo,pero que sempre haxa para reproducir.

  18. carolina lopez di:

    Moitas das especies de tiburones de nosos días son moi similares a especies que nadaban nos mares do cretácico,fai máis de 100 millons de anos. Un dos segredos evolutivos do éxito dos tiburones se oculta nun dos seus rasgos máis pequenos: as escamas flexibles que recobren o seu corpo. Según un estudio estadounidense, estas escamas convertenlles
    en mellores cazadores, porque lles permiten cambiar de dirección mentras se moven a gran velocidade.
    A clave é que estas escamas controlan a separación do flujo de auga en torno aos corpos dos escualos.

    Outro estudio realizado a finais de 2002 por biólogos da Universidad de Dalhouise, en Halifax, Canadá,revelara que algunhas especies de tiburones están desaparecendo. A población do tiburón martillo, a máis amenazada,descendera un 89% desde 1986. Lle seguen nesta desgraciada lista o tiburón zorro, que ha sufrido unha pérda do
    80 %, o blanco, cun 79%, o tigre, un 65 % e o azul, con un 60%. A sobrepesca para a comercialización das suas aletas, a destrucción do seu hábitat e a sobrepesca accidental, xunto coutras especies, como o atún, son as causas.

    Aqui os deixo este enlace da paxina de greenpeace:
    http://www.greenpeace.org/mexico/es/Campanas/Oceanos-y-costas/Que-amenaza-a-nuestros-oceanos/Sobrepesca/Tiburones-en-peligro/

  19. sabela rey di:

    “Non somos máis que un simio sen pelo, pero na nosa mente crémonos unha especie de lenda divina, vémonos como uns deuses que dominan a terra, que deciden que vive e que morre, que será destruído e que se salvará. Pero o certo é que só somos un puñado de primates descontrolados”. “Estamos en plena Terceira Guerra Mundial e o obxectivo é salvarnos do noso egoísmo”.

    Foi un interesante documental que cumpre a función para a que foi creado: abrir os ollos, concienciar, informar. Serve moi ben para ver e darse de conta do importante que son as quenllas no ecosistema mariño, e, en xeral, para a nosa propia existencia. Creo que un fallo do documental é esa primeira persoa, omnipresente, que semella restarlle rigor e obxectividade.

    Escollín esas dúas frases escritas ao principio porque fóron as que máis me gustaron dentro do documental. Díxoas Paul Watson, quen creou a Sea Shepherd Crew, cuxa misión é investigar, documentar e actuar cando sexa necesario para enfrontarse ás actividades ilegais no mar, salvagardando a biodiversidade.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Paul_Watson

    Como xa explicaron os meus compañeiros é en España onde máis se comercializan as quenllas, con Vigo como o porto máis “efectivo”. O tema que máis me interesou foi o da xurisdicción e a lei ante estes aspectos. Polo tanto, a Zona Económica Exclusiva, creada na Conferencia das Nacións Unidas sobre Dereito do Mar, é un área situada máis alá do mar territorial e adxacente a este suxeito ao réxime xurídico específico establecido, de acordo co cal os dereitos e a xurisdicción
    do Estado ribeireño e os dereitos e liberdades dos demais Estados réxense polas disposicións pertinentes desta Convención.
    http://www.enciclopedia-juridica.biz14.com/d/zona-economica-exclusiva/zona-economica-exclusiva.htm
    http://www.enciclopedia-juridica.biz14.com/d/derecho-del-mar/derecho-del-mar.htm

  20. María Iglesias García di:

    Nen clase, Adela propúxonos buscar en internet as ofertas que había de tiburóns. Eu cría que non aparecería tantas… pero equivoqueime. Non vexo control ningún, digan o que digan.

    Algún ejemplo:
    http://www.mercamania.es/a/listado_productos/idx/6081705/mot/Cartilago_de_tiburon/listado_productos.htm

    http://acaponeta.olx.com.mx/venta-de-tiburon-camaron-calamar-chiguil-iid-62994348

    E aquí outro exemplo de ignorancia da xente. É un blogue dunha persoa que comprou aleta de tiburón:

    http://www.itxaspe.com/BlogsDeportes/MaterialDeportivo/cartilago-de-tiburon

    Tamén quero que vexades algunhas imaxes da descarga de tiburón, pez espada e atún en Vigo:

    http://www.lavozdegalicia.es/fotos/2011/03/04/01101299250261785876891.htm

    España é, tras a India e Indonesia, o país do cal a súa flota máis tiburón apresa, cunhas capturas dun 60% do total na UE. Entón, dicir flota española casi é dicir flota galega, porque son os armadores do noroeste os que máis barcos fan este traballo. Aínda que a flota galega céntrase no Atlántico, é habitual que os barcos cheguen ata o Pacífico ou o Índico en busca de caladeiros. Son 55.000 toneladas en total de media anual en toda España o que se pesca, nunha categoría que inclúe tamén a outras especies, como as “rayas”.

  21. lizeth viancha di:

    Non é que sexan só as quenllas importantes, son todos o animais e nos non os respetamos, sempre é o mesmo. Son imprescindibles, coma todos, porque manteñen o equilibrio ecolóxico situándose na cúspide da cadea alimenticia mariña. Grazas a eles se eliminan das augas animais mortos (facilitanto un medio sano sen enfermidades). A súa diminución causa un empobrecemento de especies (biodiversidade) nos océanos, como por exemplo o que esta a pasar en Australia onde se estudiou a vida das quenllas e deron con que a diminución de langostas é debido á redución do número de quenllas xa que son elas as que controlan que os pulpos non coman ás langostas.

    A pesca co palangre consiste en tirar á auga unha liña longa á que se lle fixan varios fragmentos de cebo cada un ou dous minutos, transcorrido un tempo determinado, recóllese a liña e se retiran os peces capturados. Este modo de pesca causa moita perda de animais que non se quixeron pescar nun principio (a ísto é ao que se lle chama captura incidental), en canto aos descartes de pesca, son especies que, unha vez pescadas, bótanse ao mar de novo polo simple feito de que no mercado non teñen moito valor monetario.
    Nesta páxina vos falan dos problemas socias do retiro da pesca co palangre: http://www.campomar.info/noticia.php?noticia=2593
    Unha imaxe desta pesca: http://depaginas.com.mx/images/api/8/5/5/d/1950639950-Pesca_comercial.jpg

    Como xa dixeron algúns compañeiros, o maior centro comercial de aletas do mundo é España, tristemente. Unha das solucións para o tiburón seria que desaparecésemos pero como iso é imposible, teriamos que respetar máis os ecosistemas das especies e deixar de lado crenzas orientais absurdas sobre a alimentación cos escualos.

    Enténdese por augas internacionais a aquelas que constitúen todas as partes do mar non incluidas na zona económica exclusiva, no mal territorial ou nas augas interiores dun Estado.

    Para rematar, gustaríame engadir que é unha pena xuzgar animais por simples estereotipos ligados á cultura (como por exemplo a cinematográfica).

  22. adrian ballesteros di:

    Son imprescindibles porque senon haberia demasiados exemplares e sobre poboación de pequenas especies das que se alimentan as quenllas.
    A pesca ilegal e masiva e que haya xente que solo colla as aletas.
    É un tipo de pesca que poñen unhas redes de kilometros e con elas collen de todo tipo de espoecies mariñas non so o que queren .
    Son especies ou que estan en perigo ou que non teñen permisos para pescar osbarcos e como as collen coas redes despois ou as venden no mercado negro ou as tiran o mar maleridos.
    O mercado asiatico para a sopa de aleta de quenllas.
    Vigo.
    Son augas que estan entre territorios que non teñen goberno.
    Eu creo que non hay moitas solucions para as quenllas a verdade.

  23. jorge suarez di:

    -Os tiburons son imprescindibles xa que son os que controlan a cadea trofica porque limitan as demais especies e que non aumenten ou desaparezan.
    -Denomínase palangre a un tipo de aparello utilizado na pesca artesanal. O palangre de fondo repousa sobre o leito mariño. O palangre pelágico ou de superfie flota á deriva no mar.
    De maneira análoga ao espinel, no cal se atan brazoladas a unha liña nai, o palangre está formado por un elemento flotante con forma de touro, do cal se sosteñen brazoladas en cuxos extremos penden os anzois, con medidas que varían segundo as capturas buscados.
    -A pesca incidental é a pesca non buscada e obtida acompañando á pesca obxectivo do barco, que se dá en todos os tipos de pesca con artes non totalmente selectiva. Por tanto é un problema que non teñen os barcos poteros pero se o teñen todos os demais pesqueiros.
    -O maior centro de distribucion de tiburos de todo o mundo e o porto de Vigo.
    -A Zona económica exclusiva é unha franxa marítima que se estende desde o límite exterior do mar territorial até unha distancia de duascentas millas mariñas (370,4 km) contadas a partir da liña de base desde a que se mide a anchura deste.
    -augas internacionais, segundo establéceo a Convención de Dereito do Mar, constitúe todas as partes do mar non incluídas na zona económica exclusiva, no mar territorial ou nas augas interiores dun Estado, nin nas augas archipelágicas dun Estado archipelágico.

  24. aida rodriguez di:

    A cabeza das quenllas martelo son en realidade un gran misterio. Desde hai séculos os zoólogos especulan coa función que ten esta cabeza nestes animais, e que vantaxe evolutiva representa en relación coa das quenllas normais. O

    O profesor da Universidade de Hawaii Timothy Tricas, realizou un experimento co seu equipo no cal colocaron en acuarios a varias especies de quenllas (incluída as de quenlla martelo), ás cales se lles colocaron sensores na pel para medir a súa actividade cerebral. Posteriormente, emitiuse luz desde varios ángulos e mediuse a capacidade de recepción das diferentes quenllas.

    Ante luz emitida desde diferentes lugares, as quenllas martelo foron capaces máis que calquera outra especie de medir a distancia e intensidade da iluminación, algo no que influíu a posición dos seus ollos.

    Segundo Tricas a gran vantaxe da cabeza das quenllas martelo é a súa capacidade de visión binocular. Este tipo de visión fai posible axustar a visión dun ollo con outro, para así medir precisamente a distancia e posición no espazo dos obxectos. Ademais, no caso da quenlla martelo a mesma confírelle a capacidade de visión de 360º, utilidade perfecta para a caza das súas presas.

  25. laura montes di:

    Ben, xa non era a primeira vez que vía un documental dedicado ás quenllas e a maneira da que están ameazadas hoxe en día por parte do ser humano. Sen embargo, impresionoume saber que o negocio das aletas de quenlla era incluso unha mafia nalgúns países. Non sabía que podía chegar ata ese extremo.

    Penso que é unha inxustiza que as quenllas teñan unha imaxe tan negativa na nosa sociedade, porque iso non favorece para nada a súa protección. A xente non está nada concienciada coa situación deste animal, e de feito a práctica maioría daqueles aos que lle comentei a súa situación, dixeron practicamente o mesmo: a quenlla é un animal moi perigoso, un cazahomes.

    Son animais que levan no planeta millóns de anos sen casi ter a necesidade de cambiar para adaptarse ao medio, porque xa están perfectamente adaptados. Case ningunha especie actual ou xa extinta pode dicir o mesmo.

    As quenllas foron os primeiros peixes en desenvolver unha mandíbula ósea.
    A orixe das quenllas se sitúa hai uns 400 millóns de anos, a comezos do Devónico. Elas, xunto ás rayas e as mantas evolucionaron a partir dun mesmo antepasado, aínda que estas dous últimas o fixeron 200 millones de anos despois que as quenllas.
    Restos atopados de hai 400 anos indican que existían quenllas semellantes á quenlla branca que existe na actualidade, se ben é certo que o seu aspecto era moi diferente, existen caracteres que non cambiaron nada dende o seu inicio.

    A finais do Devónico, a quenlla logrou dominar tamén as aguas doces do planeta.

    A finais do Cretácico, a quenlla sufriu un dos últimos grandes cambios na súa evolución: o seu esqueleto adquiru máis consistencia, as mandíbulas desenvolvéronse para poder abrilas moito máis e o tamaño do seu cerebro aumentou.

    A pesar de que o seu aspecto cambiou moito dende a súa aparición (houbo quenllas que parecían anguilas, en lugar de peixes).
    Algúns deles tiñan fouciños redondeados en vez de puntiagudos, cerebros máis pequenos, dentes máis suaves e menos afíados. Aletas con menor flexibilidad. Posiblemente, as quenllas antiguas eran menos áxiles.

    Sen embargo, o que non cambiou dende a súa orixe foi o seu esqueleto cartilaxinoso, as múltiples fendas braquiales ou os dentes reemplazables.

    Déixovos unha páxina moi completa por se os interesa coñecer os antepasados do tiburón dende hai 400 millóns de anos.
    Hai moitos exemplos ordenados cronolóxicamente, e con imaxes de cada unha das especies. O seu aspecto ás veces é realmente curioso:
    http://www.mundohistoria.org/blog/articulos_web/tiburones-prehistoricos

  26. anton perez di:

    Sinceramente, a min as quenllas non me gustan, pero son animais coma outros e se non se estinguiron por si mesmos nos non somos ninguén para facelo. O problema é a corrupción dalgúns países que deixan facelo aínda que sexa ilegal. Como vimos no vídeo é inadmisible que se deteña a uns activistas so por culpa duns xuíces untados de cartos. Se hai sucedaneos de todo non sei como para darlle textura ás sopas se segue usando a aleta de tiburon, e o que é peor non se aprobeita enteiro. Hai que concienciar á xente de que o mar non é infinito e se rompemos o ecosistema mariño rompemos unha das cousas máis prezadas que ten a Terra xa que se só comemos carne a nosa esperanza de vida irá diminuíndo por que o peixe é fundamental nunha dieta equilibrada. Isto é coma unha cadea, na que se quitas un eslabon cae toda e nos aínda que non o creamos estamos nela.

Deixa unha resposta