Jaitapur, India: ¿o próximo Fukushima?

imagen

A industria nuclear francesa, apoiada por un grupo de bancos comerciais europeos, e contando co beneplácito do Goberno indio, planea construír o complexo nuclear máis grande do mundo en Jaitapur, no estado de Maharastra, India, pese a que se trata dunha zona de alto risco sísmico, propensa a inundacións por tsunamis e outros fenómenos extremos.
No proxecto de Jaitapur, están presentes algúns dos mesmos factores de risco que levaron á catástrofe na planta nuclear de Fukuxhima, en Xapón: un gran desdén polos dereitos humanos das comunidades que se encontran preto das centrais nucleares, unha crecente oposición local, baixos estándares de seguridade nuclear e alta sismicidade na zona.
A ONG Greenpeace afirma que o Banco Santander está considerando a posibilidade de financiar dito proxecto nuclear. A organización dirixiuse ao presidente do Banco Santander, Emilio Botín, para pedirlle que non apoie economicamente á central nuclear de Jaitapur, debido aos perigos que implica o proxecto.
A nova instalación mantén a tecnoloxía de reactores EPR (European Pressurized Reactor), vulnerables pola súa dependencia dun sistema de refrixeración activo para previr o sobrequentamento e a fusión do núcleo, como se comprobou no accidente nuclear de Xapón.
Ademais destes riscos ambientais, este proxecto está causando moitos problemas sociais, debido a que arredor de mil familias perderán as súas granxas e moitas máis rexións, as súas zonas de pesca e o seu medio de vida. Nos últimos meses, a oposición local ao proxecto, que se ven manifestando desde os últimos catro anos, creceu intensamente.
A represión vai en aumento. O pasado mes de abril, unha persoa morreu a mans da policía e máis de 1.500 persoas foron detidas durante as protestas contra o proxecto.

É posible que non moitos de vós coñezades esta noticia… hai noticias que non interesa que coñezamos. Na sociedade na que vivimos, tanto o medio ambiente como as persoas estamos subordinados aos intereses económicos. Algúns de nós, dos poucos que esteamos ao tanto da situación, protestaremos, como están protestando na India, seremos ignorados, con máis ou menos ruído, a central será construída en Jaitapur de calquera forma, empobrecendo a rexión, pasará un pouco de tempo e esqueceremos o indignados que estabamos, e cando suceda o desastre nuclear, nos medios de comunicación dirán que o risco era evidente e que levar a cabo o proxecto na rexión foi unha tolería. E todos nós asentiremos ferventemente, nós xa o sabiamos, fixemos todo o que puidemos. E será así como, renunciando á nosa parte de culpa, seguiremos a perpetuar o sistema.

Autora: María Piñeiro

Esta entrada foi publicada en 4. Enerxía nuclear e combustibles fósiles e etiquetada . Garda o enlace permanente.

15 Responses to Jaitapur, India: ¿o próximo Fukushima?

  1. andrei lee di:

    Isto xa me parece unha broma, parece que non aprendemos seguimos tropezando coa mesma pedra continuamente, hasta parece estúpido e isto é pola ambición de diñeiro que chegan a ter moitas destas industrias. Parece que ignoran que en Jaitapur nos últimos 3 anos hubo 3 terremotos que excedieron os 5 puntos na escala Ritcher, un deles en 1993 provocando 9000 mortos, e xa no moi lonxe no ano pasado provocou que a ponte de Jaitapur se colapsara. E tampoco pensan na xente que vive alí o peligro ao que estaría exposto.
    Tamén o EPR aínda que declararon que o volumen de desechos reduciráse un 15 por cento isto non o todo así porque estos residuos aínda que sexane menos son sustancias máis perigosas porque contendrán sustancias radiactivas de máis fácil liberación.
    E outras das desventaxas esque a diferencia de Xapón, a India carece dun ente regulador indendente na materia de seguridad nuclear.
    Tamén en outros países a ONG Greenpeace dirixese aos bancos que queren financiar isto, que son moitos bancos europeos, en Arxentina por exemplo tamén reclámanlle ao banco británico HSBC que non financie isto, aqui deixo un video no que se ve claramente.
    http://www.youtube.com/watch?v=cdoRp4UmBrM

  2. laura sanjurjo di:

    Non o podo crer, ¿estamos intentando destruir a nosa terra a propósito ou que? Isto xa non é normal, despois de ver o de Fukuxhima que segan así xa é de tolos. ¿En verdade non podemos deixar de arriscar estas cousas e comezar a preocuparnos por outras formas de enerxía?

  3. laura garcia rueda di:

    Isto paréceme indignante. Estámonos volvendo uns suicidas. Non nos bastaba coa terrible catástrofe que invadiu Xapón, non, agora temos que arriscar a que pase o mesmo na India.

    O sitio proposto para Jaitapur atópase en terra agrícola produtiva, o cal privará a 1 000 familias dos seus terreos e a 6 000
    persoas que dependen das pesquerias. Entre decembro de 2009 e xaneiro de 2010, funcionarios da Corporación de Enerxía
    Nuclear da India (NPCI) apoderáronse de 938 hectáreas de terras dos aldeáns locais, ofrecendo apenas 5 centavos de euro por metro cadrado, proposta que foi rexeitada de maneira unánime.

    Un accidente severo dun reactor típico de auga presurizada, debido a unha falla técnica ou humana, podería afectar a millóns
    de persoas, causando decenas de miles de victimas e forzando a evacuación de áreas do tamaño de Bélxica.

    O escenario enerxético 2010 da Axencia Internacional de Enerxía (IEA) mostra que, aínda se o mundo construíse 1,300 reactores novos e cuadriplicase a xeración de enerxía nuclear para o 2050, as emisións de gases
    de efecto invernadoiro reduciríanse en menos de 4 por cento. Dadas as longas fases de planeación e construción requiridas, esta medida chegaría demasiado tarde para cumprir coa imperativa de reducir significativamente as emisións de gases de efecto invernadoiro para o 2020 e previr o caos climático.

    Deíxovos aquí a o enlace dunha páxina onde encontraredes a ruta de enlace para un arquivo en PDF no que nos fala en profundidade de todo este asunto:
    http://www.greenpeace.org/mexico/Global/mexico/report/2011/5/nuclear_jaitapur-india.pdf

  4. sabela rey di:

    É a historia de sempre, a historia que se repite unha e outra vez, onde os caprichos van por enriba de todo, o denominado Terceiro Mundo é máis vilipendiado e as consecuencias han ser debastadoras para quenes non o merecen. Así asistimos, impasibles, á crónica dunha morte anunciada. Resulta pasmoso o rápido que se esquece, o rápido que se pretende esquecer. Xusto hai un pouco, cando collín o ordenador e me dirixín á edición dixital do País, vin á dereita, no panel de última hora: “Problemas no reactor 1 da central de Fukushima”. Xa non é nin noticia, pois impórtalles máis Mourinho, xusto á esquerda do titular, cun artigo que ocupa máis de dez parágrafos. Asócioo irremediablemente aos meses posteriores ao terremoto de Haiti, pois, cando xa deixou de ser noticia, na viñeta de Forges lías: “No te olvides de Haiti”.

    O que máis me chama a atención é o lugar escollido, pois, como di Laura, vai privar a 1000 familias do seu terreo; pero lévase a palma que lugar está considerado unha zona sísmica. É dicir, xa sabemos o “moito” que lle importa ás cabezas pensantes esta xente; sen embargo, non teñen nin un pouco de amor propio nin disimulo. Eu me pregunto onde están eses famosos “preocupados” polo mundo, porque este é o momento de usar a súa imaxe.

    Na miña opinión a maior arma de mobilización que podería atopar a xente para liberar a súa conciencia é Internet, coa creación de algún tipo de iniciativa. Atopo no seguinte enlace a enumeración dos protestantes na India, de diversa orixe, mais cun mesmo obxectivo e cun mesmo método, o pacifismo. http://www.diarioavanzada.com.mx/noticia.php?id=68316

  5. alexandra di:

    Isto é unha barbaridade, como a anvición da xente por gañar cartos pode poñer en risco a vida do planeta enteiro. Pois o único no que pensan estes bancos que apoian a idea de poñer o complexo nuclear mais grande no mundo en Jaitapur, lugar con moitos fenomenos naturais, é en conseguir cartos, en ningun momento pensan que se fan isto poñen en risco a xente do redor da central e a esa mesma xente pribaselles os terreos de cultivo e as zonas de pesca que estaran ocupadas e contaminadas polo complexo nuclear, ademais de que estan a poñer en perigro o mundo enteiro, xa que o lugar onde pensan poñer a central case non ten nengun tipo de control e proteccion nas centrais e ademais este sitio sofre de moitos fenomenos naturais o que poderia causar danos graves na central, e esta causar estragos case peores cas que causo Chernovil.
    Aun por riba houbo xente que se manifestou en contra disto é a policia acabou con eles, co resultado dun morto e 20 feridos. Deixovos un video onde conta esto último que dixen, as protestas nefastas,: http://www.youtube.com/watch?v=HEDFHdTU9zc

  6. luis ogea di:

    Pareceme increíble, eu pensaba que co ocorrido en Xapón se marcaría un punto y aparte en lo relacionado á enerxía nuclear,pero polo que veo seguen igual,o único que lles interesa e enriquecerse máis, seguramente xa teñen fortunas que no se as gastarían nin vivindo dúas vidas pero queren máis.
    A parte an escollido o peor sitio para poñer unha central nuclear,nunha zona de risco sísmico e nun país non desenvolvido no que non teñen as mesmas medidas que en Xapón(e a pesar de iso o que ocoreru),e ainda así a van a construir.
    Cantos chernobiles farán falta para concienciarnos do perigo das centrais nucleares.

  7. francisco_lopez di:

    Penso,igual que os meus compañeiros,que e ridículo contianuar facendo centrais necleares e mais en en lugares con tanto risco de sufrir catastrofes naturais.
    Porque por moitos cartos que se podan sacar de esa central non teran comparación cos cartos que hai que invertir,por exemplo,en xapon para que volva estar como estaba fai un ano.
    Esta central podría albergar hasta seis reactores nucleares que teran un sistema de seguridade independente e un sistema de mantenimiento.
    Invertindo 6.900 millóns en seguridade esperemos que sexa suficiente…

  8. aida rodriguez di:

    Penso coma os meus compañeiros, isto é realmente indignante nunca se pensa nos riscos e se pensa nos beneficios que chegaran primeiro pero as desgrazas posibles nunca se teñen en conta.

    Ainda que o de Xapón este moi cerca, penso que pasarán anos e anos e volveranse facer as mesmas cousas e volverán crear os mesmos problemas tarde ou temprano.

    Se lle aumentamos a causa de que vai privar a 1000 familias do terreo coma di Sabela e Laura penso que ainda ten menos sentido…

  9. ana dominguez di:

    Pareceme que este mundo non ten nin pes nin cabeza,parece que nos gusta chorar polas mortes da xente e por todos os problemas que esto trae detrais.
    Penso que non estamos a pensar ben as cousas e que o fan todo sin xeito nin dereito.Saben o que pasou en Xapon todo o que provocou a central nuclear e como quedou o pais.
    Non deberian de deixar facer xa estas contruccions sabendo os riscos que teñen e mais cando o sitio e un sitio de seismos e mais cousas como pon na noticio.
    Eu sinceramente xa non deixaria facer nada de esto xa que hai que ter so un pouco de cabeza.

  10. carolina lopez di:

    O ministro da India anunciou a sua intención de invertir 6.900 millons de euros para reforzar os sistemas de seguridade da que será a central nuclear máis grande do mundo.
    Cada reactor en Jaitapur tendrá un sistema de seguridade independiente e un sistema de mantenimento,a central nuclear de Jaitapur, no estado occidental de Maharashtra, podería albergar ata seis reactores nucleares o que a convertiría na máis grande do mundo,e vendría a reducir o déficit energético que sufre a India onde uns 500 millons de persoas carecen de electricidade.

    Esta medida chega despois das protestas que han tenido lugar nas últimas semanas na India tras o desastre nuclear en Xapón, xa que moitos dos habitantes das localidades cercanas a Jaitapur, consideran que pode ocurrir o mesmo que na central de fukushima na que central que poden chegar a construir na India debido a que é unha zona de risco
    sismico.

    Polo que aparecen varios grupos que protestan contra a contruccion como o de Greenpeace que han proyectado imáxenes e mensaxes antinucleares en todas as centrais “para pedir o fin da era nuclear.
    Greenpeace tamén considera que, ademáis de probar a resistencia das centrais nucleares ante terremotos e inundacions extremas, estas instalacions “deben demostrar que son capaces de superar posibles ataques terroristas,
    sabotajes e ciberataques, así como o impacto de aeronaves ou misiles”.

    Eu opino que apesar de moitas medidas de seguridade, nadie sabe ata que extremo poden soportar os reactores nucleares se pasase o de Xapon.
    Polo que non prestar atencion a ubicacion da central é unha tonteria, xa que non se pode deter un terremoto, un tsunami… pero ao menos as queixas das persoas estan sendo escoitadas ainda que queda moita lucha para a sua cancelacion se é que sucederá.

  11. alejandro_lopez di:

    Cada día o teño máis claro: o que de verdad lle importa á humanidade é o diñeiro, o planeta non lles importa nada.
    Vendo o que pasóu en Xapón parece mentira que sigan facendo esto, e só, polo diñeiro.
    Todo isto que están pensando en construir deberian prohibilo porque pode levarnos a todos a unha grave catastrofe.

  12. breixo gonzalez di:

    Paréceme bastante absurdo colocar unha central nunha zona de alto risco sismico. Fukishima estaba preparada contra terremotos e tsunamis, pero o terremoto foi moito mais forte do esperado.
    En xapon podo entender que poñan centrais, posto que non teñen outro sitio onde poñelas, pero na India….

    Ademáis mesmo poñéndose do lado do coapitalismo, non é máis rentable poñela nun sitio no que non poda ocurrirlle nada a central?

  13. Martina Foglia di:

    Realmente non escoitara sobre este proxecto, e paréceme incrible que despois das terribles experiencias de Chernobyl, e a recente de Fukushima insístase en conseguir a enerxía de centros nucleares. Os riscos enormes a que se somete a toda a humanidade con este tipo de proxecto, parecese que nunca son bastantes para atopar métodos alternativos de enerxía limpa que axuden a conservar o noso planeta e non a deterioralo pondo en perigo a nosa supervivencia.
    Ademais, creo que vale a pena recalcar, neste caso, que a elección do lugar volve mostrar a forza dos países desenvolvidos en detrimento de outros. Francia non pensa construílo dentro do seu territorio, polo risco e pola oposición interna dos seus cidadáns que seguramente non o deixarían construír. Os bancos europeos volven mostrar que mentres sexa negocio non importa ”que” finánciase e quen se prexudica.
    Penso que este artigo ademais do perigoso do proxecto é lamentable por moitos motivos…

  14. lizeth viancha di:

    É que aos altos gobernos non lles importa nada? qué teñen na cabeza? Parece que non se dan conta dos problemas que lles van causar aos habitantes con isto ademáis do grande risco que corren eles, se fosen algo máis listos non o farian porque co perigo sísmico da zona perderían moito diñeiro nun simple suceso natural.

    Os esforzos da poboación porque este proxecto non se realice parécenme en vano xa que fagan o que fagan non van deter o sistema capitalista que nos rodea aínda que sexan miles ou millóns, mirade o que esta a pasar agora en España (todas as concentracións a prol dunha verdadeira democracia) e non pasa nada porque os que teñen o poder non lles interesa isto, só queren diñeiro.

    Por noticias/proxectos coma iste hai que reflexionar sobre o dito que di que o home non tropeza duas veces na mesma pedra, xa que non o fai unha, senón continuadas veces.

    Buscando información atopei unha páxina na que se informa de que un banco alemán se retirou do proxecto de Jaitapur e o fixo antes do desastre ocorrido en Xapón (polo risco da súa reputación, non por pensar no medio ambiente e social). Déixovos a páxina na que se informa disto (non a puiden atopar en español, síntoo):
    http://www.9newz.com/german-bank-pulls-out-of-jaitapur-nuclear-project-greenpeace-read-more-httpwww-zeenews-comnews693433-htmlixzz1gfj2unbt

  15. anton perez di:

    Parece que despois de millóns de anos de evolución seguimos sendo os únicos animais que caemos sempre na mesma pedra. A enerxía nuclear ten moitas vantaxes, si é “limpa” nun principio, non bota fume, non fai ruído… e todo o que queiran. Pero en caso de accidente máis che vale correr. Non entendo como despóis de cousas como as que pasaron en Chernóbil e en Fukushima seguen plantexando e proxectando novas centrais. E unha vergoña que “por un puñado de dolares” os gobernos e os empresarios non pensen no ben de toda a humanidade. Eu con estes temas cabréome, pero é que é de tolos.
    O problema que ten moita xente é que como eles non van sufrir as consecuencias dálles igual o que pase con tal facer o que queren. Sen enerxías renovables estamos perdidos e por moitos ecosistemas que destrúan os aeroxeneradores nunca será comparable aos ecosistemas que pode destruir un accidente nuclear.

Deixa unha resposta