Glóbulos vermellos sintéticos.

imagen

A función natural dos glóbulos vermellos é transportar o osíxeno, e os glóbulos vermellos sintéticos fano moi ben, mantendo o 90% da súa capacidade de fixación do osíxeno despóis dunha semana.

Sen embargo os glóbulos vermellos sintéticos son capaces tamén de liberar fármacos de maneira eficaz e controlada, así como de transportar axentes de contraste de amplia distribución para incrementar a resolución no diagnóstico por imaxes.

“Esta capacidade para crear transportadores biomiméticos flexibles para axentes terapéuticos e de diagnóstico, abre realmente toda unha nova gama de posibilidades na liberación de fármacos e aplicacións similares”, valora Samir Mitragotri, da Universidade de California de Santa Bárbara. “Podemos diseñar glóbulos vermellos sintéticos para transportar axentes terapéuticos adiccionales, tanto encapsulados no glóbulo vermello sintético como sobre a súa superficie”.

Ademáis de sintetizar partículas que imitan a forma e propiedades dos glóbulos vermellos sanos, a técnica coa que traballaron os investigadores tamén pode usarse para desenvolver partículas que imiten a forma e propiedades das células enfermas. Espérase que a disponibilidade das células enfermas sintéticas conduza a un coñecemento máis profundo de cómo afectan aos glóbulos vermellos certas enfermidades.

Autor: Alejandro López

Esta entrada foi publicada en 3. Novas técnicas médicas, 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to Glóbulos vermellos sintéticos.

  1. aida rodriguez di:

    Estes glóbulos vermellos foron fabricados grazas á colocación de hemoglobina e outras proteínas enriba dunha especie de armazones con forma da donuts feitos dun polímero chamado acedo poliláctico-co-glicólico (dúas moléculas combinadas para formar outra e logo replicar esa estrutura).

    Cando os investigadores concluíron a súa tarefa, extraeron o centro do polímero e descubriron que as novas estruturas creadas eran tan flexibles como os glóbulos vermellos reais, o que lles permitía circular polos pequenos capilares.

    Estes glóbulos vermellos artificiais son, ademais, biodegradables e biocompatibles.

    Na rede atopei que taméns e está a traballar na procura de plaquetas sintéticas as cales axudarían moito nas hemorraxias descontroladas, provocadas maioritariamente por accidentes de coche, deixo aquí o enlace que é dun artigo do xornal “El País”: http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Plaquetas/sinteticas/hemorragias/descontroladas/elpepisoc/20091219elpepisoc_10/Tes

  2. carolina rodriguez di:

    Esta paréceme moi boa noticia no campo da saúde, xa que é un gran avande crear este tipo de células. Ademáis son biodegradables e autodestrúense nun proceso que non é toxico para os humanos. Supoño que utilizando o mesmo proceso poderanse chegar a facer outro tipo de estructuras ou incluso reparar células dañadas.
    Atopei unha páxina cun documento que fala da necesidade que hai de conseguir máis sangue( http://www.elportaldelasalud.com/index2.php?option=com_content&do_pdf=1&id=890 ) espero que grazas a este avance consigase superala.

  3. joel taibo di:

    Paréceme xenial, este descubrimento podria sanar a moita xente que padece anemia,e unha enfermidade que consiste na falta de globulos vermellos,ademais de que estes globulos chegan a lugares case inaccesibles e vasculares, isto tamén e moi importante porque estes glóbulos dosifican unha cantidade de fármacos controlada no noso corpo.

  4. laura garcia rueda di:

    Para lograr o seu obxectivo,os departamentos de Ingeniería Química y de Ciencia Macromolecular de las Universidades de California y de Michigan, partiron de estruturas poliméricas redondas (uns compostos químicos) ás que han ‘amasado’ até darlles a mesma forma que teñen os glóbulos vermellos.
    A partir de aí, o que fixeron é cambiar as propiedades destas estruturas para conseguir as mesmas características que mostran as células sanguíneas, entre elas a capacidade de pasar por vasos máis pequenos que o seu diámetro grazas á súa enorme flexibilidade.

    Estas estruturas artificiais, “cociñadas” a imaxe e semellanza dos glóbulos vermellos, son biodegradables, polo que ao cabo dun determinado tempo se autodestruyen. Aínda que polo momento só se probaron no laboratorio, o mecanismo polo que se degradan non é tóxico para o corpo humano.

    Así mesmo, o estudo indica que a técnica empregada para fabricar glóbulos vermellos artificiais podería servir para deseñar outras partículas que imiten a forma e as propiedades doutros elementos e, mesmo, que sirvan para substituír células danadas.

    http://www.youtube.com/watch?v=1ngXiod8AZo
    Déixovos este vídeo en inglés no que o estudante de posgrao e investigador Timothy Merkel fala sobre o descubrimento e o potencial que podería ter estes glóbulos vermellos artificiais para mellorar a saúde humana. Para máis detalles enlázovos esta páxina.
    http://www.unc.edu/campus-updates/innovation_forum and http://www.jobsandeconomy.com/

  5. alicia lopez di:

    O proceso de formación dos glóbulos vermellos ou eritrocitos sintéticos parece un gran avance, pero é distinto do proceso natural de formación; este proceso natural chámase eritropoyesis, no adulto normal realízase íntegramente na médula ósea. A partires de células madre pluripotentes, mediante procesos non ben coñecidos, prodúcense as células proxenitoras morfolóxicamente indiferenciadas e as células precursoras xa diferenciadas. Entre as primeras encóntranse as células BFU-E (formadoras de colonias eritroides grandes e abundantes ) e as CFU-E (formadoras de colonias eritroides pequenas e escasas).

    Paréceme feito de desconfiar que non coñecendo ben o proceso natural, fágase artificialmente.

  6. Cristina González di:

    me parece moi interesante este novo avance cos globulos vermellos. Penso que pode chegar a revelar moita informacion valiosa para diagnosticar enfermidades.Pero supoño que lle debe de quedar moito por investigar e desarrollar acerca deste novo haxazgo, xa que ¿sabemos que realmente son compatibles co noso corpo , o que todolos corpos o asimilaran do mesmo xeito? Unha vez no interior do noso corpo actuara igual que un globulo vermello propio? Isto considero que é importante tamen xa que a nivel diagonostico se non se comporta igual que un globulo vermello propio poderia dar imaxes diagnosticas erroneas.

  7. carolina lopez di:

    Eu creo que é un gran avance medico, xa que entre os males que poderían ser curados con estas células sintéticas destacan a anemia e a eliptocitosis hereditaria, un trastorno en que os glóbulos vermellos alteran a sua forma circular e conducen á chamada anemia hemolítica.Tamén os autores suxeren que as partículas sintéticas similares a glóbulos vemellos poderían utilizarse para mellorar as imáxenes médicas al portar partículas que aumentarían a resolución das imáxenes de resonancia magnética (IRM) e poderían tamén utilizarse como un vehículo para os fármacos.

    Aqui os deixo un enlace sobre a anemia:
    http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/000560.htm

    Tamén os deixo este enlace sobre a eliptocitosis hereditaria:
    http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/000563.htm

  8. gabriela lopez di:

    Os glóbulos vermellos son as células máis numerosas do sangue e grazas á súa estrutura única,por forma, tamaño e flexibilidade, poden realizar moitas funcións complexas dentro do organismo humano, ademais da tarefa vital de transportar o osíxeno. Inspirados por esta capacidade dos glóbulos, os investigadores trataron de imitalos no laboratorio.

    É un proceso de varias fases, en cada unha destas os autores foron introducindo as estruturas sintéticas en distintas solucións (con sodio e outros compostos) ata chegar a obter as propiedades desexadas.

  9. sabela rey di:

    Penso que este é un gran paso adiante da ciencia e a saúde, pois o amplo abano de posibilidades que este avance representa é para ter en conta. Sobre o proceso de creación destes atopei unha páxina interesante que fala de temas xa comentados polos compañeiros, como que se autodestrúen ou son biodegradables. Estes glóbulos tamén axudarían, por exemplo, a mellorar a resolución das imaxes das resonancias magnéticas, debido a levar certo tipo de partículas. É tamén algo a ter en conta a posible substitución das doazóns de sangue, pois, como poñía no enlace de Carolina Rguez., non se realizan as suficientes. http://www.mancia.org/foro/articulos/55430-globulos-rojos-sinteticos.html

    Por outra banda cheguei a unha páxina que fala sobre outro tipo de anemia: a anemia falciforme. A maior peculiaridade é que a forma do eritrocito defórmase. Aquí deixo un enlace que fala sobre a enfermidade: http://www.iqb.es/hematologia/monografias/anemia%20falciforme/anemia01.htm

  10. adriana rey di:

    Primeiro se elixe a masa e os ingredentes. Logo se lle da forma e, por último, proban distintos rellenos. Asi han “cocinado” nos departamentos de inxenieria química e de ciencia macromolecular das universidades de California e Michigan uns globulos sinteticos. Un paso que como di Alex, podria ter importantes implicacións médicas.

  11. jose luis lopez di:

    A función primaria dos glóbulos vermellos naturales é transportar oxígeno, e os glóbulos vermellos sintéticos o fan moi ben, mantenendo o 90 por cento do seu capacidade de fixación de oxigeno despois dunha semana.

    A técnica utilizada polos investigadores podería axudar a crear outras partículas que imiten propiedades doutras células.

    Aqui os deixo un enlace sobre a funcion dos globulos vermellos:
    http://www.misangretusangre.com/sanguinea/globulos_rojos.xhtml

  12. Martina Foglia di:

    O medicamento, o bio-enxeñaría e moitas ciencias relacionadas móstrannos avances importantes nos estudos que se están realizando para obter formas novas de atacar unha enfermidade e poder aumentar a efectividade dos tratamentos. Este artigo, móstranos unha forma dela, a través dun material sintético, que logra substituír o glóbulo vermello humano e abre as portas para un uso moito maior, coa liberalización de fármacos nos lugares que máis se necesitan ou material para diagnostico de enfermidades. Un gran paso que con máis estudos brindará resultado únicos aos pacientes que poden necesitalos.

  13. lizeth viancha di:

    Estos glóbulos sintéticos recórdanme na súa función aplicadora de fármacos á nanotecnoloxía, é realmente interesante este tema e deberia haber máis apoio para o avance da ciencia e da saúde. A outra función (a de desenvolver partículas que imiten a forma e propiedades das células enfermas) recórdame ás tarefas de “cura” que teñen as células nai pola súa flexibilidade. Déixovos un enlace onde vos falan con máis detalle do tema:
    http://www.nanotecnologica.com/investigadores-cada-vez-mas-cerca-de-abrir-el-potencial-de-la-sangre-sintetica/#more-2276

  14. María Iglesias García di:

    Despois de que os desarrollaran probáronos con ratóns, nos cales os glóbulos máis flexibles circularon no sistema sanguíneo durante, aproximadamente, 93 horas, mentres que as máis ríxidas circulaban durante tres horas. Ata a fecha, os intentos de crear imitacións eficaces de glóbulos vermellos foron limitados debido ás partículas que tenden a ser rapidamente filtradas da circulación debido a súa falta de flexibilidade.

    Sen dúbida, está progresando a nanotecnoloxía.

  15. adrian ballesteros di:

    Pareceme perfecto que fagan isto porque pode a chegar a salvar vidas e quere dicir que a tecnoloxia e o resto das ciencias que non paran de desenrolarse e de aumentar as suas espectativas de campo de traballo e non se estancan nunha soa cousas que estan a desnrrolar mais dunha e non se pelean por desnrolar o mesmo e aver quen o fai antes sinon que traballan todos nun mesmo sentido

  16. anton perez di:

    Para min isto podería ter unha aplicación moito máis importante que a de distribuir fármacos, que é a de crear sangue artificial, aínda que sen quitarlle mérito ao que xa levan avanzado. Se se puidese crear sangue artificial non se necesitarían transfusións e non habería escaseza de certos grupos. Eu creo que é un campo da medicina no que se ten que investigar e un dos que máis vale a pena, xa que o sangue é necesario tódolos días nas operacións e urxencias.

Deixa unha resposta