Trastornos mentais

Os trastornos mentais afectan a millóns de persoas en todo o mundo. Nalgúns casos, o problema psicolóxico que se sofre é extremadamente raro. Esta é unha lista dos 5 trastornos mentais máis estraños.

1. Síndrome de Estocolmo.
É unha resposta psicolóxica que se ve ás veces nos reféns. Estes mostran signos de simpatía, lealdade e mesmo conformidade voluntaria co secuestrador, a pesar da situación de risco na que se atopan os reféns. Esta síndrome tamén pode darse noutros casos, como: violencia de xénero, violación e abuso de menores.
2. Síndrome de Diógenes
.
É unha condición caracterizada por unha extrema tendencia a recluírse e acumular de maneira compulsiva  obxectos e, ás veces,  animais. Adóitase encontrar principalmente en anciáns e asóciase á depresión senil.

3. Síndrome de Capgras.
É un raro trastorno no cal unha persoa aférrase á delirante crenza de que os seus coñecidos, o cónxuxe ou outro familiar próximo, foron substituídos por impostores de aparencia idéntica. É  máis común en pacientes con esquizofrenia, aínda que pode acontecer en personas con demencia ou lesión cerebral.

4. Síndrome de Fregolí.
É un raro trastorno na cal a persoa cre firmemente que persoas diferentes se tratan en realidade dunha única persoa que cambia de aparencia ou está disfrazada.                                                                                                                                               Documentouse por primeira vez en 1927 por dous psiquiatras que mostraban o caso dunha muller de 27 anos que estaba totalmente convencida de que estaba a ser perseguida por dúas persoas. Pensaba que esa xente “a perseguía de preto, tomando a forma de xente que coñecía”.
5. Síndrome de Cotard
.
É unha rara patoloxía psiquiátrica na que a persoa cre que está morta, estase a podrecer ou que mesmo perdeu o seu sangue e órganos internos. Máis raramente, pode incluír ideas delirantes de inmortalidade.

imagen

Autora: Gabriela López

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Trastornos mentais

  1. laura garcia rueda di:

    Algúns destes trastornos xa os coñecía, pero outros non, como o que se encontra no número 5, que foi un dos que máis me chamou atención.

    Busquei máis información sobre este transtorno e encontrei que os que sofren este trastorno ercíbense como mortos viventes ou zombies. Outras veces cren ser inmortais aínda que só sexan pel e ósos. Cren ser mortos viventes. Os afectados con esta síndrome teñen delirio nihilistico ou de negación.

    Algúns dos síntomas deste trastorno son a depresión, os pensamentos suicidas, crenza que non existe o seu corpo, creen que se están quedando sen sangue, teñen pensamentos negativos, crenza de que sin inmortais, crenza que se están descompondo, crenza que non teñen órganos internos ou automutilaciones.

    Nesta páxina que é de onde saquei a miña información encontraredes tamén un estudo realizado polos Psiquiatras Eduardo Castrillon y Boris Guitérrez de la Universidad del Valle sobre este trastorno nunha paciente duns 40 anos:
    http://depsicologia.com/sindrome-de-cotard-muertos-vivientes/

    A maneira de poder tratalo ou polo menos de estudalo é a través do TEC (A terapia electro-convulsiva) consiste nun tratamiento psiquiátrico no cal inducesen convulsións utilizando a electricidade.

  2. judit pousada di:

    Eu tamén coñecía xa algún destes síndromes aínda que o que máis me soprendeu foi o de Capgras xa que nunca oira falar del.
    Busquei máis síndromes extraños e apareceumne esta páxina onde hai algúns realmente sorprendentes.Déixovos o enlace:

    http://listas.20minutos.es/lista/los-sindromes-mas-raros-63709/

  3. alexandra di:

    O sindromes mencionados por Gabriela(Síndrome de Estocolmo, Síndrome de Diógenes, Síndrome de Capgras, Síndrome de Fregolí) xa oira falar deles ainda que dalguns mais ca de outros, como os Sindromes de Estocolmo e Dióxenes; que oin moito sobre eles, pero os Sindromes de Capgras e de Fregolío oin moi pouco sobre eles.
    Sobre estes Síndromes investiguei un pouco e encontrei un pouco máis de información da que di Gabriela:
    -o síndrome de Cotard, tamén chamado delirio de negación ou delirio nihilista(isto xa o dixo Laura García), é unha enfermidade mental relacionada ca hipocondría. O afectado polo síndrome de Cotard cree haber falecido, sufrir putrefacción dos órganos ou simplemente non existir. Nalgunos casos O pacente creese incapaz de morir.
    -o Síndrome de Estocolmo debe o seu nome a un feito curioso sucedido na cidade de Estocolmo (Suecia). En 1973 produxose un atraco no banco Kreditbanken da mencionada cidade sueca. Os delincuentes deberon manter como reheens os ocupantes da institución durante 6 días. Catro persoas —tres mulleres e un home— foron tomadas como reheens, pero unha das prisioneiras resistiuse o rescate e a testificar en contra deos captores. Otras versions indican que esa muller foy captada por un fotógrafo no momento en que besabase con un dos delincuentes. E negarouse a colaborar no proceso legal posterior.
    -o Síndrome Diógenes a persoa que a sofre caracterizase polo seu aillamento social, chegando a recluirse no propio fogar, ademáis de desatender absolutamente a limpeza do mesmo e toda hixene persoal. Sen embargo, o aillamento é xeneralmente a causa, non a consecuencia.

    Os Síndromes do enlace que menciona Judit, os que mais me chamarón a atencion son: negligencia hemisférica, o síndrome do Dr. Strangelove, Licantropia, Síndrome da cabeza que estala. Ademais da Onicofagia, pois ese Síndrome é moi común nos nenos pequenos, a min nunca se me pasou pola cabeza a idea de que sexa considerado un Sindrome, polo que dixen, que na infancia é moi común, asi que busquei algunha información del:
    En resumo, morderse ou comerse as uñas non é un mal ocasionado pola ansiedade e o estrés da vida diaria como algunhas persoas e especialistas creen, xa que o problema da onicofagia radica no máis profundo da persoa, do propio inconsciente no cal encontranse grabados os patrons de comportamento físicos que fante levar a boca as uñas para comezar a morderlas, cando os factores de activación presentanse na tu vida.
    Ainda que en moitos casos perdura ata a idade adulta, a maior incidencia deste mal hábito dase na pubertade. É máis común no sexo masculino que no femenino, e ocurre ca seguiente frecuencia:
    -44% de adolescentes
    -28% al 33% de nenos entre 7 e 10 anos
    -19% o 29% de adultos xovenes
    -5% de adultos maiores.
    Ademais en Wikipedia atopei unha lista de Síndromes http://es.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:S%C3%ADndromes
    deixovos o enlace.

  4. marta rodriguez di:

    Eu coñecía os dous primeiros, pero os outros tres non.

    Busquei información sobre o síndrome de Capgras e atopei que este síndrome leva o nome de Jean M Capgras, un psiquiatra francés que describe a enfermidade no seu traballo L’illusion des sosies en 1923. Nel describe o caso dunha muller de 50 anos que sufre un delirio megalómano de persecución (delirio de crenza errónea, axea á realidade).

    En canto ó síndrome de Estocolmo experiméntase en: rehenes, presos de campos de concentración, membros dun culto, prisioneiros de guerra, prostitutas, víctimas de incesto, mulleres maltratadas, nenos con abuso psicológico.

  5. adriana rey di:

    A min o que me chamou mais a atención foi o sindrome de Koro que deixou Judit no enlace.
    Trátase dunha extraña enfermidade mental que se da normalmente en persoas chinas pola cal os afectados creen ver reducido o tamaño do seu pene de forma continua. Según eles o pene se retrae dentro do abdomen e causa a morte inmediatamente. Os enfermos de Koro entran en estados de pánico que lles fan chegar a calquer extremo con tal de deter esta reaccion do seu membro, como colgarse peso, acupuntura…

  6. breixo gonzalez di:

    Pareceume moi extraño o Síndrome de Cotard.
    E non existe unha certa similitude entre o 3 e o 4 síndromes?
    A verdade e uqe os trastornos mentais sempre veñen con outros en maior ou menor grado, pero é raro padecer só un.

    Deixo un enlace que fala de 10 trastornos mentais extraños, pero moitos son por visitar unhacidade, paréceme moi curioso o síndrome de París
    http://medtempus.com/archives/los-10-trastornos-mentales-mas-extranos-en-medicina/

  7. laura montes di:

    Todas estas enfermidades son realmente extrañas. Para unha persoa racional é difícil crer que alguén poida crerse un zombi sin decatarse de que o seu corazón continua latindo.

    Tamén e curioso o límite que separa unha mentalidade inverosímil doutra simplemente enfermiza.

    Con respecto ao método mencionado por Laura, a Terapia electroconvulsiva como tratamento para moitas destas enfermidades, é un tema que me interesa. É un procedimento que se realiza co paciente anestesiado. Unha leve descarga eléctrica durante 40 segundos provoca unha actividade convulsiva no cerebro, que debe controlarse con medicamento para que non se extenda ao resto do corpo.

    Sen embargo, é unha técnica con riesgos e efectos secundarios. Entre eles a perda da memoria. Déixovos un enlace con información respecto a este método.
    http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/007474.htm

    Déxovos tamén un artículo con seis enfermidades mentais extrañas máis. Entre elas o síndrome de Williams, que causa unha increíble habilidade musical, o el síndrome del acento extranxeiro, que, como o seu propio nome indica, consiste en que o paciente se desperta falando nun acento o cunha muletilla que nunca antes tivo.
    http://www.publico.es/ciencias/27841/seis-enfermedades-mentales-poco-comunes
    (Na páxina hai dous enfermidades que xa foron mencionadas)

  8. alicia lopez di:

    Entre os síndromes destacados na páxina de Judit, chamoume a atención o síndrome da cabeza que estala; as persoas que o experimentan sinten coma unha bomba que estala na súa cabeza momentos antes de conciliar o sono.
    Buscando máis información sobre ela atopei exemplos sobre dous casos atendidos no departamento de Neuroloxía do Instituto Médico de Vivekananda, en Calcuta:
    – Nun home de 48 anos a “explosión” despertábao e desaparecía completamente no momento no que adquiría plena consciencia.
    – Noutro de 65 anos a “explosión” acompañábase da elevación do seu brazo dereito. Posteriormente podía dormir sen ningunha dificultade.
    Ambos solucionáronse con 10 mg diarios de flunarazine.
    Descoñécense as causas e as posibles hipóteses non son precisas nin están comprobadas.

  9. jorge suarez di:

    A min o sindrome que mais me chamou a atencion foi o sindrome de capgras xa que me parece moi raro que non recoñezas nin os teus propios pais.
    Deixo 2 enlaces son informacion sobre este sindrome e un video no que o explica:
    http://es.wikipedia.org/wiki/S%C3%ADndrome_de_Capgras
    http://www.youtube.com/watch?v=4_apZnteUIM

  10. aida rodriguez di:

    En mediciña, unha síndrome é un cadro clínico ou conxunto sintomático que presenta algunha enfermidade con certo significado e que polas súas características posúe certa identidade; é dicir, un grupo significativo de síntomas e signos, que concorren en tempo e forma, e con variadas causas ou etiologías.

    Na rede atopei un sindrome que me chamou a atención, deixo información aquí del:

    http://es.wikipedia.org/wiki/S%C3%ADndrome_del_t%C3%BAnel_carpiano

  11. Cristina González di:

    Eu coñecía algúns tamén, mirei un enlace que deixou Breixo e pareceume extraño o sindrome dos xaponeses en Paris.

    Como formulou Sigmund Freud, o fundador do psicoanálise, todos somos “bos neuróticos”, en tanto que os casos de psicosis son contados.

    Os máis comunes son: a esquizofrenia, a maior parte dos trastornos neurolóxicos e cerebrais (demencias), e as formas extremas da depresión (como a psicosis maniacodepresiva). Entre as neurosis, as máis típicas son as fobias, a histeria, os trastornos obsesivo-compulsivos, a hipocondria (medo patolóxico á enfermdade e á morte),etc.

  12. ana dominguez di:

    O sindrome de Cotard e o que mais me sorprendeu non sei como unha persona pode chegar a ter unha enfermidade tal hasta o punto de pensar que esta morto.Gustariame saber como se sinten,como se comportan e como e a sua vida dia a dia.
    Os outros sindromes xa os coñecia sobre todo o de dioxenes que e frecuente velo nos telexornais de xente ancia que o padece.
    Deixovos unha paxina donde añado mais informacion o sindrome de Cotard.
    http://es.wikipedia.org/wiki/S%C3%ADndrome_de_Cotard

  13. alejandro_lopez di:

    Eu non coñecía anteriormente ningún destes Síndromes, soamente soábame algo o Sindrome de Estocolmo pero tampoco sabía de que trataba.
    O Síndrome de Cotard paréceme impactante. ¿Cómo debería ser iso de pensar que estás morto? e o peor de todo é a perda do sangue ou dos órganos.

  14. laura sanjurjo di:

    Non sabía nada de moitos destes síndromes, oira falar do síndrome de Estocolmo e sabía cal era o de Diógenes; mais os de Fregolí e Capgras non os coñecía, ten que ser durísimo o día a día coas persoas que padecen estes síndromes.

  15. victor martinez di:

    Fai uns meses, caeu nas miñas mans un libro de Oliver Sacks, un recoñecido neurólogo inglés, con moitos libros publicados nos que relata diferentes casos clínicos cós que se foi topando o longo da súa carreira.

    O libro en concreto titulábase “Musicofilia”, e nel, Sacks fala de casos de pacientes cunha extraña relación coa música: xente que, de socato e tras sofrir un accidente, dálles por compoñer; persoas ás que as cancións que, na nenez, escoitaban coa súa avoa prodúcenlles ataques epilépticos e o curioso caso dos “savants musicales”.

    Un “savant” é una persoa qué, mentres que por unha banda presenta algún tipo de desorde mental (como autismo, ou outras síndromes), por outra demostran ter algún talento ou habilidade excepcional, como pode ser unha memoria fotógrafica que lles permita pintar paisaxes cunha fidelidade á realide impresionante ou ter unha facilidade pasmosa para o cálculo matemático.

    Un dos casos que Sacks expón no seu libro e o caso dos que sofren a síndrome de Williams: xeralmente presentan algún tipo de discapacidade mental, así como dificultade para interpretar as emocións alleas, pero, sen embargo, soi moi sociables e afables e presentan verdadeira paixón pola música.

    Para ós que lles guste o cine, recoméndovos “Despertares”, película basada nun dos libros de Sacks. Nela, Malcom Sayer (interpretado por Rober Williams), neurólogo, consigue traballo nun hospital de Nova Iorque, onde comeza a tratar a pacientes en estado de catatonia con L-Dopa (usada no tratamiento de enfermedades neurodexenerativas). A película vai, fundamentalmente, de como melloran os pacientes, de como “espertan” e volven a vida.

  16. sabela rey di:

    Dos cinco trastornos da entrada o que máis me chamou a atención foi o de Cotard, e dos mencionados nos comentarios, o de Xerusalén e o de París sorprendéronme bastante.

    Debo dicir que o de diógenes é un que me chama bastante, non por parecerme raro, senón porque, por exemplo, o señor que lle dá nome, Diógenes de Sínope, era un filósofo da Grecia clásica cunha vida austera e alonxada do material. Ou, tamén, porque é un síndrome que soe aparecer cando unha persoa vive un momento de soidade e illamento. Aquí deixo un enlace: http://www.dmedicina.com/enfermedades/psiquiatricas/sindrome-diogenes

  17. jose luis lopez di:

    un Trastorno Mental, consiste na pérdida de bienestar psicosocial, unido a un deterioro no ámbito laboral ou académico (escola, universidade) e alteracions nas actividades sociales habituais ou na vida de relación cos demáis (familia, amigos).
    Alguns exemplos son:

    Tricotilomanía:
    É un mal que padece cerca do 1% da población. O enfermo arranca compulsivamente o pelo de calquier parte do corpo: cabeza, cejas,pecho, zona púbica…

    Visión ciega:
    Os pacientes parecen totalmente ciegos, ao menos respecto a unha parte do seu campo visual. Si se lles pregunta si poden ver un obxeto nesa zona, a resposta é negativa.
    Pero si se lles forza a sinalar onde se halla ese obxeto, indicará o lugar correcto.
    De algunha maneira, os seus mecanismos visuales se han interrumpido. Poden ver, pero non son conscientes de ello.

  18. carolina lopez di:

    Entre O 20 e o 30 por 100 da población mundial presenta algún tipo de trastorno mental ao largo da vida. Estos datos incluen desde trastornos que non son crónicos e cuya gravedade é moi variable, como a ansiedade, ata males incurables. O abanico de factores que poden rematar producindo algún tipo de perturbación no comportamento de nosa mente é tal que incluso parece milagroso que a maioría dos cerebros humanos funcionen de maneira correcta.

    Trastornos do animo:
    Depresion: É o trastorno psicológico máis frecuente.Caracterizase por un estado de ánimo decaído,perda da capacidade de disfrute e falta de interese polas actividades cotidianas da vida.
    Ademáis destos síntomas solen aparecer outros como irritabilidade, ansiedade, fatiga excesiva e continua,problemas de sono,cambios no apetito, dificultade de concentración, inseguridade na toma de decisiones, sentimiento de inutilidade, culpabilización constante e descenso do deseo sexual. Cando
    estamos deprimidos, pensamos negativamente acerca de nosotros mesmos, dos demáis e do futuro. Poden aparecer pensamientos recurrentes de morte ou de suicidio.

    Trastorno bipolar: Tamén chamado trastorno maníaco-depresivo,caracterizase polos
    cambios de estado de ánimo entre dous polos opostos, alternándose os periodos maníacos
    –excesiva euforia– cos depresivos. Excitabilidade, fala alterada e efusiva, expresión emocional intensa, pensamientos case omnipotentes e conductas de risco que a persona non emprendía antes da enfermedade son manifestacions propias da fase eufórica. Na época “de baixada” aparecen os síntomas duna depresión grave, incluida a idea do suicidio.

  19. raquel blanco di:

    Atopei información sobre outro trastorno. Chámaselle o trastorno de pica. A característica esencial da pica é a inxestión persistente de sustancias non nutritivas durante un período de polo menos un mes. Segundo a idade na que se presente, a sustancia adoita cambiar:

    -Os nenos pequenos adoitan comer pintura, yeso, cordas, pelo, roupa, etc.
    -Os nenos con máis idade adoitan comer: excrementos de animais, area, insectos, follas, guijarros, etc.
    -Os adolescentes ou adultos: terra ou estiércol, fariña, carbón, almidón, etc.

    A pica pode ter o seu inicio na infancia. En moitos casos o trastorno persiste durante meses e a continuación remite. Son moi poucos os casos nos que se prolonga até a adolescencia, e moitos menos nos que se prolonga até a idade adulta. A pica pode ser perigosa, algunhas das sustancias inxeridas poden conter metais, por exemplo, o chumbo que pode ocasionar dano ao cerebro. Pero non só existe risco de envelenamento, senón que as persoas con pica teñen moito máis risco de padecer obstrucións gastrointestinales ou roturas no estómago.

  20. paula manteiga di:

    A maioria destas enferminades e transtornos xa os conocia, pero ainda asi, seguen impactándome!

    Uns dos trastornos tamén máis común e coñecido e o trastorno bipolar, que moitos de nós ultilizámolo como un tema de burla para referirnos a unha persona pero é unha enfermidade moi dura, e pouco sinxela de levar coma todas supoño.
    A bipolaridade é unha enfermidade mental que provoca na persoa cambios de humor, de enerxia, dos niveles de actividad…

  21. Martina Foglia di:

    Calquera trastorno mental visto por unha persoa sa mentalmente, parecese imposible de crer que alguén o poida padecer, xa que moitas veces as formas en que os mostran os enfermos e as actitudes até parecen incribles para o resto da sociedade. Por fortuna a evolución dos estudos destes trastornos e o dalos a coñecer axúdannos a identificar á persoa que os padece e poder dalgunha forma axudalos ou buscar axuda doutros. Todos os mencionados neste artigo alteran non soamente o estado da persoa senón a posibilidade de manter unha convivencia normal coa xente que os rodea, co cal os aparta e reclúeos máis en si mesmo e o seu problema agrávase aínda máis.

  22. lizeth viancha di:

    O poder da mente queda sempre escrito en síndromes coma istos, que sempre superan o límite racional levando á persoa que os sofre a límites insospeitados. Eu coñecíaos todos e fago incapé nos dous derradeiros xa que sempre me chamaron moito a atención.

    Por unha banda, o Síndrome de Capgras, tamén coñecido como o Síndrome do impostor, é unha patoloxía antiga que ten pouco interese pola súa investigación e causas. A mente dos afectados divídese no real (a xente que os rodea como familiares, amigos, etc) e no falso (impostores igual en apariencia aos seus achegados pero completamente diferentes na personalidade). Síndromes parecidos a este son Síndrome de Frégoli, Síndrome de intermorfosis y el Síndrome de dobles subjetivos.
    En relación co Síndrome de Cotard, deixo unha páxina onde vos explican con claridade todo o relacionado co mesmo:
    http://depsicologia.com/sindrome-de-cotard-muertos-vivientes/

  23. anton perez di:

    Con referencia ao de capgras e o de frégoli, atopei un parecido que é sacado da película O Show de Truman, na que o protagonista vive nunha cúpula creada especialmente para el cunha realidade amoldada ao reality do cal é protagonista. Téñense rexistrados casos nos que persoas van á policía contando que estan atrapados nun mundo semellante. Este síndrome é causa da necesidade de protagonismo e da “televisificación” de todo. A verdade é que son síndromes moi raros e que pouca xente os padece, pero non deixan de ser graves. Sempre se pode ir ao psicólogo (non ao psicoanalista) a que te traten.

Deixa unha resposta