Unha ovella Dolly de 5m de altura.

imagen

No ano 1997 a ciencia sorprendíanos coa primeira clonación dun mamífero, a ovella DollyCatorce anos despóis a ciencia pode volver sorprendernos cun novo avance de ciencia ficción digno de películas como  Parque Xurásico. Científicos xaponeses propúxeronse un reto aínda máis difícil que clonar unha “simple” ovella.  Pretenden ter un mamut viviño e coleando nun prazo de cinco anos. Isto pode parecer totalmente imposible pero  é tan simple como extraer un nucleo de célula, de restos de hai máis de 5000 anos, e introducilo nun óvulo de elefante femia.  Despóis dunha longa xestación acabará por parir un auténtico mamut lanudo, Mammuthus primigenius. Este foi un dos primeiros animáis extintos por parte do home, alá por aquela época na que se cazaba por necesidade. Todo isto é un proceso bastante longo pero os científicos que o van facer din que a fecundación podería estar lista  dentro de 20 meses.

Despóis deste gran avance, poderán os científicos traer á vida animáis tan míticos, xa extintos, como o dodo, o tigre de tasmania ou os grandes réptiles e monstros mariños que habitaban a Terra alá polo mesozoico?

Pensades que será bo traer animáis do pasado para  os ecosistemas actuais?

Fonte: http://alt1040.com/2011/01/mamuts-clonacion-vida

Autor: Antón Pérez

Esta entrada foi publicada en 9. Etica e ciencia e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Unha ovella Dolly de 5m de altura.

  1. tatiana barbosa di:

    Esta noticia pareceme incrible, sen dúbida a ciencia está a avanzar a pasos axigantados nos últimos anos, ainda que non sei se isto de clonar animais do pasado será moi bo, por unha parte pareceme xenial porque poderemos descubrir moitas máis cousas sobre estos animais incribles e coñecelos moito mellor, pero pola outra parte non creo que sexa moi bo porque as condicións da terra xa non son para nada as mesmas que as do seu tempo e ademáis podería ter conflictos con especies da actualidade.

  2. juanjo di:

    En contestacion ás preguntas que fas,creo que seria increible poder ver ós animais que habitaban a terra fai tantos anos,pero polo contrario,penso que non se adaptarian a vida de agora,ou polo contrario,non nos adaptariamos nos,os humanos.

  3. marta rodriguez di:

    Nun artículo de New Scientist noméanse 10 animais extintos que se poderían revivir en cuestión de poucos anos. Estes animais son:
    – Tigre Dentes de Sable: (Smilodon fatalis)
    – Neandertal: (Homo neanderthalensis)
    – Oso de cara corta xigante: (Arctodus simus)
    – Tigre de Tasmania: (Thylacinus cynocephalus)
    – Gliptodonte (Glyptodon clavipes)
    – Rinoceronte lanudo: (Coelodonta antiquitatis)
    – Dodo: (Raphus cucullatus)
    – Perezoso xigante: (Megatherium americanum)
    – Moa: (Dinornis robustus)
    – Alce Irlandés: (Megaloceros giganteus)

    Se queredes máis información: http://espaciociencia.com/los-10-animales-extintos-que-podran-volver-a-la-vida/

    Para unha maioría de expertos, a resurrección de especies a partir do seu ADN é, hoxe por hoxe, imposible.

    Na miña opinión, de momento non se poderán revivir animais tan antigos; e é que cando os organismos morren, o ADN comeza un proceso de degradación que o fragmenta. Aínda que se pode chegar a obter secuencias parciales de ADN de organismos que morreron fai miles de anos, é moi difícil encontrar ADN en bo estado e usar métodos eficaces para conseguir a secuencia completa.
    Aínda así, creo que, segundo avanza a ciencia, algún día se poderá facer.

  4. laura garcia rueda di:

    Paréceme moi interesnate esta investigación pois se todo sae ben, poderemos ver un mamut “vivito e coleando” coma nos tempos pasados.

    Estiven buscando en internet máis información sobre isto e encontrei que esta técnica xa foi probada con éxito obtendo un rato a partir dun trozo de texido conselado dende hai 16 anos. Aínda así este proceso terá que abordar grandes riscos e posibles inconvenientes. Se un proceso “normal” de clonación de animais máis pequenos e cun menor período de xestación xa presenta problemas e unha taxa de supervivencia en torno ao 30%, que dicir dun animal de tan gran tamaño que ademais ten un período de xestación de 18 meses.

    O proxecto comezará este verán, cando varios membros do equipo viaxen a Rusia. Na capa subterranéa de xeo (permafrost) é onde se encontran a maior parte dos restos desta especie, con algúns exemplares conxelados que conservan o pelo ou os órganos internos.

    Aquí deixovos o enlace da noticia na páxina de “El Mundo”:
    http://www.elmundo.es/elmundo/2011/01/17/ciencia/1295262981.html

  5. raquel blanco di:

    Os mamuts, o seu nome real é Mammuthus que significa moi grande, podían alcanzar unha altura de 3 a 4 metros pero podía variar. Tiñan moito pelo, uns colmillos grandes e curvados, unha cabeza desproporcionada fronte ao seu corpo musculoso. Atopáronse fósiles en Norteamérica, Europa, Asia e Africa.
    Unha das consecuencias pola que se extinguiu o mamut foi a caza e o cambio climático que aconteceu fai uns 42.000 anos.
    Eu tampouco sei se será moi boa idea iso de andar clonando os animais. Quizá non sexa tan bo como pensamos.

  6. vera lopez di:

    Penso que a clonación de todos estos animais estaría moi ben (tanto para avances científicos como para a satisfacción de moitos curiosos por ver animais tan incribles como o mamut)sempre que os científicos tiveran en conta as consecuencias que isto levaría, por unha parte, para os propios animais clonados e por outra parte, para o noso ecosistema.

  7. ana dominguez di:

    Penso que por unha parte estaria ben como dicen alguns dos meus compañeiros clonalos pero por outra parte penso que non,aparte da gran investigacion que esto levaria a cabo para poder clonalos estes animais despos non creo que sobrevivisen xa que o seu habitat e diferente e non se chegarian a adaptar.
    Deixovos unha paxina donde conta o comportamento que estes animais teñen,o habitat no que viven,as suas caracteristicas e moitas cousas mais.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Mammuthus#H.C3.A1bitat

  8. raquel gomez di:

    Na miña opinion,estou dacordo con Raquel,xa que a min tampouco me parece moi boa idea polo feito da repercusion que pode ter clonar animais dese tipo…e si se lles vai das mans?Nese sentido non se pode xogar a ser deus.

    Non me parece ben que para satisfacer a uns poucos curiosos se vaia a correr algun risco ou consecuencias…A demais de que se o crean o mais probable e que sufriría,xa que o tendrían todo o dia facendo provas,encerrado…

  9. dante varela di:

    So me parece ben, se estos animais clonados se manten en cautividade en zonas restrinxidas, porque si no poderian ter grandes repercusións nos ecosistemas. Isto xa a sucedido, como xa vimos no caso das percas do Nilo, que acabaron co resto de peces do río e destruiron o ecosistema.

    Pareceme moi positivo o gran avance que se esta a conseguir no ADN, con estas melloras chegaremos algun día a solucións de enfermidades que ata agora son incurables, pero volvemos ao problema de sempre, SOMOS MOITOS!

  10. alejandro_lopez di:

    A clonación dos animáis prehistóricos sen dúbida é algo bo pero seguramente traia consigo unhas consecuencias negativas pero o de clonar os animais do pasado pódenos axudar a estudiar mais sobre esas especies de animais que nos, os humans non chegamos a coñecer.

  11. alicia lopez di:

    Esta idea paréceme… espeluznante. Revivir animais extintos é fascinante, aínda que estou de acordo con Raquel e sei que por mor da curiosidade científica o pobre mamut non viviría libre.
    Estaría ben ver mamuts en cautividade dentro duns anos sabendo que estiveron extintos.

    Normalmente cando pensamos en mamuts pensamos nun tipo, pero en relidade houbo moitas especies con variacións evolutivas, déixovos unha listaxe da cantidade de especies conocidas que houbo:
    Mammuthus africanavus
    Mammuthus columbi
    Mammuthus exilis
    Mammuthus imperator
    Mammuthus jeffersonii
    Mammuthus lamarmorae
    Mammuthus meridionalis
    Mammuthus primigenius
    Mammuthus subplanifrons
    Mammuthus sungari
    Mammuthus trogontherii

  12. albert amor di:

    Eu penso que o tema da clonación é algo moi interesante xa que clonando animais prehistóricos poderiamos obter moita máis información sobre as formas de actuar deses animais e o estilo de vida,por non dicir das melloras e o progreso que andariamos a facer.
    Tamén un dos inconvenientes é o tema do ecosistem,xa que non se darían adaptado o millor é facer coma di Dante,telos en cautividade pra que afecte o menos posible ó ecosistema.

  13. Carlos Puente di:

    Paréceme moi ben que se poidan recuperar especies de animais xa estinguidos como o Mamut, si esta clonación funciona poderíase recuperar os demais animais coñecidos que se estinguiron e estudar a súa vida para coñecer mais o pasado.
    Por outra parte aparece o problema do hábitat. O hábitat no que se desenvolveu o Mamut xa non é o mesmo co de agora, polo que a clonación deste animal ( se funcionase) acabaría nun zoolóxico como atracción. Pareceríavos ben iso?
    A verdada a min non me parece boa idea por ese aspecto de recuperar un animal que acabara nunha gaiola.

  14. jose luis lopez di:

    O clon é un organismo que se obten a partir dun proceso de reproduccion asexual e, por tanto, é identico xeneticamente ao organismo progenitor. O termino clon ven da palabra clonico (identico).
    O termino aplicase tanto a celulas como a organismo, de modo que un grupo de celulas que proceden de unha celula unica tamen se considera un clon.

    Pero a clonacion ten as suas desventaxas e ventaxas:
    Desventajas: Defectos nas celulas sanguinias, Enfermedades cardiacas, Problemas pulmonares, Sobrepeso, Artritis,Deformacion Fisicas.
    Posibles “Ventajas”: Utilizar a clonacion para a creacion de organos humanos vitales e ser donados, utilizarse para fins medicos e terapeutico, crear texidos para a curacion de enfermedades nos riñones,o corazon ou o higado, Salvar especies en peligro de extincion.

    Aqui os deixo unha paxina onde hai posibles preguntas sobre este tema:
    http://www.oni.escuelas.edu.ar/2002/santiago_del_estero/adn/ftxtclon.htm

  15. adriana rey di:

    Non estou de acordo con clonalo, seria moi interesante velo, iso si, pero esos animáis viviron na idade de xeo e se extinguiron por culpa do cambio climatico, e oxe en dia as temperaturas suben cada dia máis e o animal acabará morrendo como pasou antigamente.

  16. adrian ballesteros di:

    Eu creo que si a medio-corto plazo si que os cientificos poderan facelo pero outra cousas e que os gobernos que teñen que financiar os laboratoria non invirtan diñeiro en eles porque eles teñan outras preferencias.
    E non sei como afectara nos ecosistemas que animais que levan miles de anos extinguidos e otros que levan menos tempo creo que nalgúns aspectos viran ben e noutros mal pero antes de sabelo hai que probalo porque senón a xente non sabera o que oubera pasado.
    E tamén penso que se clonan as especies pasadas pois que poden aparecer novas especias ainda descoñecidas que aparezan grazas os animais clonados.

  17. breixo gonzalez di:

    A min impáctame o período de xestación nos elefantes, que é de dous anos, paréceme moito tempo…
    A pregunta é se o clon do mamut sería ”normal”, e dicir sen enfermidades ou problemas debido á clonación.

    Penso que a clonación podería axudar a producir máis alimento para o home porque xa postos por que non clonar plantas?

    Ademáis ao clonar vexetais os problemas da deforestación non serían tan grandes e poderíamos obter madeira sen perder kilómetros de bosuqe.

    http://www.innovar.gob.ar/blog/home/noticias/la-clonacion-en-el-reino-vegetal

  18. laura montes di:

    Realmente increíble. A idea de devolver á vida un animal extinto hai miles e miles de anos e como poder botar unha mirada no mundo prehistórico. Penso, sen embargo, que é algo bo se o empregaramos con precaución. ¿Axudaría a recuperar especies en perigo de extinción? Esperemos que, se este proxecto ten éxito, non se converta nunha excusa para abusar dos ecosistemas aínda máis co pretexto de que “podemos recuperalos se fai falla”.

    Sen embargo, con respecto á mentalidade que debemos ter se o experimento ten éxito, é certo que recuperar unha manada de mamuts sería algo bastante fora de lugar para os nosos ecosistemas, pois estes cambiaron moito dende a súa época e o mesmo coas especies. Posiblemente non lograrían adaptarse de novo ás condicións ambientais actuais sen afectar aos demáis.

    Aínda así, xa houbo outros intentos de clonación de mamuts. Sen embargo, en moitos deles as mostras de ADN obtidas non foron o suficientemente boas como para permitir a súa clonación.

    De todos modos, gustaríame ver a donde nos leva este experimento. Teño curiosidade por ver se teñen éxito.

    Déixovos unha lista de 10 animais prehistóricos extintos que teñen máis posibilidades de poder clonarse.
    http://esencia21.wordpress.com/2009/01/08/resucitando-animales-prehistoricos-y-extintos/

  19. aida rodriguez di:

    Penso, que ainda que volvamos a chegar a recuperar estas especies nunca chegaría a ser o mesmo. Posto que os ecosistemas son tan diferentes que non se adaptarían e isto podería volver a ser a causa da súa extinción coma a de outras moitas especies.

  20. cristina gonzalez di:

    Dende o siglo pasado se sabe como clonar plantas a partir dunha única célula tomada dalguna das suas partes.
    Sen embargo a partir de 1967 John Gurdon logra os primeiros resultados experimentando con ranas. Pero as mesmas morrían antes de alcanzar o estado de renacuajo.

    Logo de miles de experimentos con ratos e outros mamíferos se chega ao único caso exitoso hasta 1997, a tan famosa ovella Dolly creada por Wilmut.

    Cando se clonou a Dolly ao darlle un xenoma dunha ovella adulta, se lle deu ao mesmo tempo un xenoma con acortamento sustancial dos telómeros (o ADN envellecido). Por iso co tempo, os científicos han comprobado que Dolly está envellecendo prematuramente. E morreu uns anos antes do que lle correspondía, aos 6 anos de idade (a vida media dunha ovella é de alrededor de 12 anos).

  21. laura sanjurjo di:

    Esta paréceme unha moi boa noticia, e nunca imaxinei que a ciencia avanzase tanto como para que es animais xa estintos puidesen volver. Isto é unha nova formidable, e espero que, se isto é posible, non se volva repetir a extinción, ya deberiamos de aprender e comezar a coidar as especies en perigo de extinción, ademáis tamén das que non o están. A verdade, espero que chegue pronto o momento en que se poida ver un mamut de verdade e non os que aparecen nas fotografías.

  22. sabela rey di:

    Coincido con Aida cando di que “nunca chegaría a ser o mesmo” e penso que, aínda cos seus riscos, vantaxes e inconvintes (moitos dentro de cada campo), nacería un novo dilema, un novo debate de tipo ético: ata que punto temos o dereito a “traer de novo” especies xa extintas? Paréceme un tema con diversos matices, e sen ter unha opinión completamente formada diría que non me parece de todo ben.

  23. gabriela lopez di:

    É unha noticia sorprendente, a clonación é sen dúbida un tema do que se falará moito, xa que formulará grandes problemas éticos e morais.
    O interesante deste novo descubrimento científico que se poderían volver estudar os seres xa non existentes, así como tamén aos existentes e melloralos.
    Así como ten o seu lado positivo, ten o seu lado negativo. Se os animais como os dinosauros se extinguiron, Por que cambiar o pasado e buscarlles outro final?, Por que non continuar co que aínda nos queda sobre a terra?

    Creo que cada animal viviu na época que lle corresponde e correspondía. E paréceme que non sería o mesmo que un animal fose creado nun laboratorio que naza e creza de xeito natural.

  24. carolina lopez di:

    Para clonar a un mamut os cientificos utilizaran a técnica descuberta por Teruhiko Wakayama, quen logrou clonar as células dun ratón conxelado durante 16 anos. Para ello
    insertará os núcleos das células de mamut, co seu material xenético, en óvulos dun elefante africano,unha especie que tamén se utilizará para engendrar ao animal. Según o previsto, o primeiro mamut do seculo XXI podería nacer nun plazo de cinco ou seis anos, xa que se necesitan 600 días de periodo de xestación para a maduración do mamut. Este traballo permitara examinar a sua ecoloxía e xenes para estudiar por qué se extinguieron estes animais.

    A técnica descuberta por Teruhiko Wakayama:
    A técnica implica extraer o núcleo dun óvulo e reemplazarlo co núcleo dunha célula común do animal a ser clonado, neste caso unha célula que había permanecido máis duna década conxelada a -20 ºC. “Probamos con moitos órganos, e sorprendentemente descubrimos que a mellor opción era utilizar neuronas extraídas do cerebro destos mamíferos”, explica Wakayama nun artículo publicado hoxe na revista PNAS.
    Ainda que aún non atoparon unha explicación definitiva, sospeitan que os azúcares cerebrais (fundamentalmente glucosa) poderían actuar como crioconservantes naturais que melloran a resistencia á conxelación.

    Eu penso que nunca vai ser totalmente igual o mamut clonado que o mamut da antiguedade, ademais de poseer enfermedades a causa da clonacion.

  25. Martina Foglia di:

    Estes avances da ciencia teñen o perigo asociado das mans que o utilizan. Este tipo de experimento ten un importante achegue científico, pero por momentos dá medo pensar que se pode lograr manexado por persoas poderosas e de ideas perigosas.
    Modificar o ADN, etc.. é beneficioso para poder controlar e exterminar, mesmo, enfermidades que doutra forma non se poderían sanar, pero e aqueles que ven nestes métodos conseguir a evolución dunha raza, como houbo noutras épocas, ou obter fins maliciosos non tratarán de conseguilo???? Creo que hai moita evolución importante e o final é incerto…

  26. lizeth viancha di:

    Teño unha pregunta, é posibel que un elefante femia da actualidade xeste a unha cria de mamut? E que paréceme bastante sorprendente o feito de que unha criatura, posiblemente maior en tamaño á sua nai, pódase formar con naturalidade no seu interior. Ademáis, consideraríase unha hibridación? Dende logo o tema das clonaciones sempre foi un debate, pero na miña opinión non se debería facer xa que estos animais non pintarían nada na actualidade e de feito creo que o pasarían fatal coa nosa maneira de vivir (a cal impoñemos á natureza), para qué traelos se os vamos a utilizar para algo no que fixo que se lles fai dano? E aínda máis, supoñendo que o proxecto triunfe, só habería un individuo da “mesma” especie polo que moito ecosistema e forma de comportamento non veríamos. Algúns compañeiros nomean a frase de “xogar a ser Deus” a cal non lle vexo moito sentido neste blogue. Non vexo futuro a isto.

Deixa unha resposta