Doutor, doutor…

Non tiven que tumbarme no diván, Alvy, fíxome sentar. E faleille da miña familia, dos meus sentimentos cos homes (…). Conteille o meu soño e púxenme a chorar.

– É pasmoso, eu levo quince anos e nunca me pasou nada diso. Choraches?

– Si.  No meu soño Frank Sinatra tápame a cara cunha almofada e eu non poido respirar. Ela fíxome observar que ti te chamas Alvy Singer (cantante) e que Sinatra no soño leva gafas, e eu rómpollas.

– Pretendes dicir que eu te estou afogando? Que dixo a doutora?

– Dixo que tería que ir vela cinco veces por semana.

Escea deAnnie Hall(Woody Allen, 1977), na que ela lle conta como foi a súa sesión coa psicoanalista. Aaai! A ciencia dos soños…

imagen

Había unha vez, hai non moito tempo, un señor de apelido Freud e nome Sigmund con estudos en medicina, cuxo camiño iría, pouco a pouco, pola neurociencia, para acabar centrado na psicoloxía. Así foi como no 1899 publica un libro titulado “A ciencia dos soños”, dando lugar á interpretación dos soños. Freud explica o argumento para postular un novo modelo do inconsciente e desenvolve un método para conseguir acceder a este, e postula a existencia dun preconsciente, capa entre o consciente e o inconsciente. Segundo este señor as persoas experimentan a miúdo pensamentos  e sentimentos  insoportables, mais estes non poden ser expulsados da mente, si poden, sen embargo, ser expulsados do consciente para formar parte do inconsciente. Elemental, querido Watson.

Existen moitas pseudociencias, algunhas téñense claro que non son máis que iso, e outras non. A nacida a partir de Sigmund Freud pertence ao segundo grupo, e recibe o nome de psicoanálise, este termo designa o modelo teórico descritivo e explicativo dos mecanismos, procesos e fenómenos implicados na vida anímica humana, baséase na experiencia de Freud no tratamento clínico de casos de neuroses, fobias e diversos padecementos psíquicos. Por outra banda, designa á terapia mesma que nace a partir desta, que son un conxunto de procedementos e técnicas terapéuticas para o tratamento de conflitos psíquicos. Resúmese en: un método de investigación, un método psicoterápico e un conxunto de teorías psicolóxicas e psicopatolóxicas.

Dos primeiros en deixar claro que este método non era máis que outra pseudociencia foi Karl Popper. Así mesmo declarou que  constitúe unha interesante metafísica psicolóxica (na que habería algunha verdade). Neste blogue pódese atopar moita máis información sobre o tema do psicoanálise como pseudociencia, neste outro enlace, máis información complementaria.

E vós, que pensades desta pseudociencia? Sabedes de algún caso no que se empreguen estes métodos? Considerades que é o mesmo unha sesión co psicoanalista que unha sesión co psicólogo?

Autora: Sabela Rey Cao

Esta entrada foi publicada en 8. Pseudociencia e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

17 Responses to Doutor, doutor…

  1. breixo gonzalez di:

    A psicoanálise pode estar catalogada como speudociencia, pero os seus resultados son moitas veces fiables.

    Ademáis os estudios que se fan son como calquera estudo científico.

    Deixo un enlace que fala do psicoanálise e amosa alguns detalles de cousas que parecen simples confusións e realmente non son coincidencias.
    http://psicopag.galeon.com/psicoanalisis.htm

  2. breixo gonzalez di:

    A psicoanálise pode estar catalogada como speudociencia, pero os seus resultados son moitas veces fiables.

    Ademáis os estudios que se fan son como calquera estudo científico.

    Deixo un enlace que fala do psicoanálise e amosa alguns detalles de cousas que parecen simples confusións e realmente non son coincidencias.
    http://psicopag.galeon.com/psicoanalisis.htm

  3. vera lopez di:

    A psicoloxía é a ciencia que estuda o conocemento exacto e metodicamente adquirido da conducta dos animais superiores e do home.
    A psicoanálise naceu en 1895 da man de Sigmun Freud. A psicoanálise non é o fruto dunha sistemática experimentación de laboratorio, surxiu mais ben de experiencias cotiás de labor psiquiátrica en clínicas. É por este motivo que non se lle pode chamar psicoloxía experimental, sus conclusións non son obxetivamente verificables, por eso é que non é unha ciencia.

  4. laura garcia rueda di:

    A parte de Sigmun Freud, houbo otros persoeiros que basaban o se traballo no psicoanálisis:

    Melanie desenvolveu terapias a través do xogo, nas que evidenciaba que o modo en que os nenos empregan os seus xoguetes revela as fantasías e as ansiedades precoces, a unha idade na que o achegamento a través da palabra, como na psicanálise tradicional, é imposible. En 1932 publícase “A Psicanálise de nenos”, a obra máis importante publicada por un membro da Sociedade Británica até o momento.

    Sándor Ferencsi estudou medicina en Viena. Graduóuse en 1894, e exerceu como psiquiatra na súa cidade natal. Foi designado no Hospital Saint Roch, no que fai a súa experiencia con pacientes que se atopan en estados intensos de sufrimento físico e psíquico. Prostitutas, vellos, homosexuais, reciben del a súa preocupación e interese.

    Nun primeiro momento, rexeitaba as ideas psicoanalíticas acerca da interpretación dos soños, por consideralas carentes de carácter científico.
    Foi analizado por Freud durante algún tempo, e a pouco de coñecelo ingresou á Asociación Psicoanalítica Vienesa.
    Freud encomendou a Ferenzi a tarefa de crear a Asociación Psicoanalítica Internacional.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Asociaci%C3%B3n_Psicoanal%C3%ADtica_Internacional
    Aquí tedes máis información sobre este home:
    http://es.wikipedia.org/wiki/S%C3%A1ndor_Ferenczi

    Sabela nos presenta a pregunta de si é o mesmo una sesión co psicoanalista que co psicólogo. Pois non, non é mesmo.
    Psicoloxía e Psicanálise non son o mesmo. A gran maioría de psicanalistas non aplica técnicas directas para modificar as condutas, pensamentos e emocións que carrexan sufrimento ao paciente. Este feito adquire especial relevancia pois, contrariamente ao que sucede en todo o mundo occidental, a Psicanálise constitúe indiscutiblemente o marco teórico hexemónico e dominante na nosa cidade.

    PSICOLOGIA: Es el estudio científico de la conducta y los procesos mentales
    PSICOANALISIS: Baséase na crenza de que os problemas psicolóxicos son síntomas de conflitos internos, reprimidos durante a infancia e de que a tarefa do psicanalista é axudar ao paciente a traer estes conflitos ocultos á conciencia de tal forma que se lles poida abordar de maneira efectiva.

    Nesta páxina encontraredes a miña imformación moito máis ampliada:
    http://www.cognitivoconductual.org/articles/difpsico.htm

  5. marta rodriguez di:

    Sigmund Freud era xudeu (causa pola cal emigrou a Inglaterra antes da Segunda Guerra Mundial).
    No terreo da ciencia, houbo un gran número de xudeus, por exemplo:

    ·Albert Einstein – Un dos científicos máis famosos e máis influíntes.
    ·Carl Sagan – astrónomo e autor de ciencia popular; o seu libro foi feito a serie de televisión ‘Cosmos’.
    ·Niels Bohr – Físico que gañou do premio Nobel polo seu traballo sobre a estructura atómica.
    ·Roald Hoffmann – Gañou o Premio Nobel en química polo estudo de estructuras electrónicas.

  6. aida rodriguez di:

    A psicoanálise foise adaptando e renovando co pasar dos anos adaptándose ás necesidades actuais da sociedade. No entanto, dentro desta orientación, seguen existindo psicoanalistas ortodoxos e outros que realizan terapias psicoanalíticas máis breves. A psicoanálise clásica realiza terapias de longa duración, onde o paciente ten que ter unha gran capacidade de introspección. Adóitase utilizar o diván e o analísta sitúase tras o paciente. A duración das sesións son normalmente breves (entre 15 e 45 minutos.

    Neste enlace que vos deixo eiquí: http://www.cognitivoconductual.org/articles/difpsico.htm fala das diferencias entre a psicoloxía e o psicoanálise.

  7. alicia lopez di:

    Paréceme interesante destacar unha forma de psicoanálise externo chamada a linguaxe corporal, é certo que os estudos realizados neste campo non son moi fiables posto que moita xente se coida de non expresar co corpo o que non di coa lingua, malia isto, non sempre se pode estar alerta e hai certos patróns que poden coincidir coa realidade.

    Como di Sabela, Karl Popper criticaba a psicoanálise de Freud, ata tal punto que chegou a dicir “¿Es Freud realmente más científico que Homero?” para esta crítica empregou o denominado falsacionismo. http://www.mailxmail.com/curso-metodos-tecnicas-investigacion/falsacionismo-karl-popper

  8. ana dominguez di:

    Adela na clase formulou unha pregunta que penso si non mal recordo era porque en Arxentina habia tantos psicoanalistas e estiben buscando e o que atopei foi ; nunhas paxinas falan que si e porque e un pais bipolar,ou que nas universidades lles inculcaron eso noutras di que pode ser porque esteña desorientado dun mundo globalizado.A resposta en concreto non se sabe.

  9. cristina gonzalez di:

    O psicoanálise é tan pseudocientífico como a parapsicoloxía.

    A palabra parapsicoloxía naceu co filósofo alemán Max Dessoir. Significa que está ao lado(para) da psicoloxía, ciencia que estuda o psiquismo humano e os procesos mentais e reaccions que éste provoca no home impulsados por estimulos sensoriais conscientes e habituais.

  10. raquel blanco di:

    Freud dividía a personalidade en tres capas e unha barreira.

    – Consciente: Corresponde ó noso estado de vixilia, no que nos damos conta do que ocorre.

    – Preconsciente ou subconsciente: Garda aprendizaxes, percepcións, experiencias satisfactorias, e todo aquelo que pode ser pasado sen problema ó consciente.

    – Inconsciente: A estructura máis importante para S. Freud debido a que é o xerador de varios dos nosos cambios ou transtornos de personalidade.
    Nel se encontran as pulsions. Instintos, traumas, desexos reprimidos… Todo aquelo que non se pode afrontar no estado consciente.

    – Censura: É a barreira que se encontra entre o subconsciente e o inconsciente e que impide o paso dos contidos á consciencia. É un dos mecanismos de defensa máis importantes.

  11. Diego Lousa Pazos di:

    Non me gusta iso de botar a psicoanálese no saco das pseudociencias tan á lixeira. Freud elaborou o seu pensamento a partires das súas observacións e propón unha teoría de comportamento moi elaborada e consiste niso, unha teoría. Outra cousa é o uso pseudocientífico e pouco riguroso que se fai del, pois é absurdo acudir a un psicoanálista cando non está demostrado a súa eficacia e penso que non ten sentido que os haxa aínda hoxe en día.

    Con todo isto, e ademáis de que lera por riba parte da súa obra, penso que é un pensador máis inxustamente desprestixiado e malinterpretado por algúns (considerado machista e homófobo en ocasións), e que a súa obra é interesante e digna de ter en conta sen sobrepasar uns límites pois só é unha teoría por agora inverificable.

  12. carolina lopez di:

    En Todos os escritos de Freud reflexan a dimensión do seu pensamiento e o seu cuidado ao comunicarlo, presente incluso nos sonoros e atractivos títulos. Así definió o “complexo de Edipo” ou desentrañó o misterio da neurosis, que osó ligar a traumas sexuales, dos que tamén descifró símbolos nos soños e nos “actos fallidos”.

    Freud estudio o complexo de Edipo, e se inspirou no mito griego para a sua denominación.
    O mito conta que ao nacer Edipo, o oráculo predixo ao seu pai o rei Layo, que o niño o mataría e desposaría a sua nai. O padre, nun intento por evitar a profecía, manda matar ao niño, pero o plan falla, e Edipo retorna a Tebas sendo adulto e cumple a profecía.
    Freud describe o complexo de Edipo, como unha etapa do desarrollo do niño, e resulta fundamental na configuración psíquica do suxeto.

    http://es.wikipedia.org/wiki/Complejo_de_Edipo

    Aqui os deixo un enlace onde aparecen biografias de varios psicoanalistas:
    http://www.elalmanaque.com/psicologia/biografia.htm

  13. adriana rey di:

    A regla fundamental da técnica psicoanalítica é a asociación libre. O analista introduce ao pacente na técnica solicitándolle que le comunique todos os pensamentos, ocurrencias, ideas ou imáxes que se lle pasen pola mente por moi absurdas que sexan. O analista pola sua parte, ten que escoitar ao pacente cunha atención flotante, é dicir, sen privilexiar ningún elemento do seu discurso, ten que manter unha actitude neutral e ten que ter unha actitude de estricta abstinencia, é dicir, o analista non satisfai as demandas do pacente nin desempeña os papéis que este tende a impoñerlle.

  14. laura montes di:

    Penso tamén que o psicoanálise ten moito de pseudociencia. No remoto caso de que houbese unha relación directa entre os nosos soños ou a nosa caligrafía e o noso carácter, non coñecemos suficientemente o funcionamento da mente humana como para establecer unha relación causa-efecto entre estes factores.

    Ademáis, a interpretación dun psicoanalista non pode ser igual á interpretación de todos os demáis. Por lo tanto, o diagnóstico podería ser totalmente diferente. Isto resta moita crediblidade ao tema.

    Da misma maneira, un mesmo problema en dous pacientes é moi posible que teña raíces diferentes, pero posiblemente foran diagnosticadas da misma maneira.

    Penso que non é unha ciencia o suficentemente exacta como para considerarse, precisamente, ciencia. Aínda así, penso que hai ramas da medicina moito menos creíbles (homeopatía…) que están ampliamente aceptadas…

  15. gabriela lopez di:

    Na mitoloxía grega, o deus Hipnos é un rapaz alado que leva unha papoula na man. O seu nome significa “sono”. É irmán xemelgo da morte e fillo da noite e a escuridade.
    O termo “hipnose” foi utilizado por primeira vez co seu significado actual en 1843 polo cirurxián escocés James Braid, cando publicou Neurypnology, o seu primeiro e único libro, onde acuñaba os termos hipnoses, hipnotizar e hipnotizador, que aínda hoxe seguen en uso. Braid definiu a hipnose como un “sono nervioso” substancialmente diferente ao sono corrente. O método máis eficiente para inducilo era fixando a mirada nun obxecto brillante en movemento a poucos centímetros dos ollos. Braid observou que a reacción fisiolóxica que propiciaba o estado de hipnose era unha sobre-excitación dos músculos do ollo lograda mediante unha forte concentración da atención.

    Agora, canto de verdadeiro ten o significado desta palabra ?
    Eu estou con Sabela, creo que é unha pseudociencia tan ben “camuflada” e pasaría por validade sen lugar a dúbidas. Déuselle tanta fiabilidade, que nalgúns países a policía usa este método para intentar saber algo máis sobre os casos que levan.

  16. lizeth viancha di:

    Este debate une o que é o inconsciente, por un lado, e a ciencia, polo outro e esta relación, desde sempre, foi moi enigmática. Según Freud o home divídese no suxeto da conciencia e o suxeto do inconsciente. Os científicos pensan que con esta “ciencia” vivimos nun mundo de desubxetivación, contrario completamente ao pensamento obxetivo da ciencia. O psicoanálise en si pretende que o coñecemento conciente esté baixo a dominación de todo o que constitúe o seu máximo descobremento: o inconsciente. Por todo isto, penso que non é de fiar xa que se basa en verdades que non se poden discutir nin comprobar (dogmas) pero sempre haberá xente que crea nisto, como en todo. Deixo un enlace no que se fala da psicoanálise:
    http://www.forojovenes.com/filosofia/el-psicoanalisis-no-es-ciencia-39735.html
    A psicoanálise emprégase na actualidade para superar traumas ou fobias e considero que é totalmente diferente unha sesión co psicoanalista que cun psicólogo, xa que, en principio, a psicoloxía é un saber humano mentres o psicoanálisis considérase unha ciencia (aínda que non o sexa).

  17. anton perez di:

    Eu a verdade non sabía moi ven cal era a diferenza entre os psicólogos e os psicoanalistas. Estiven lendo por internet e di que a psiquiatría, ao ter orixe médico superou hai ben tempo á psicoanálise. De todas maneiras sigo pensando que a psicoanálise é como o modelo atómico ou como a biblia, unha maneira de interpretar cousas que pode que non sexan así realmente. Persoalmente eu se tivera calquera problema iría ao psicólogo, xa que é un profesional disto e adoitan ser máis serios, aínda que para problemas máis graves isto xa se pasaría aos psiquiatras que son médicos e os únicos que poden facer diagnósticos.
    Que a xente deixe de ir é máis complicado xa que como ben poñía nunha noticia deste blogue de principios de curso, os paradigmas e os costumes son moi difíciles de cambiar. Agora si, eu para ir contarlle a miña vida a un psicoanalista prefiro ir a unha meiga a que me boten as cartas, de tirar os cartos tiralos con xeito.

Deixa unha resposta