O elixir da vida.

images.jpg

O exercicio físico aparte de facernos adelgazar está relacionado con outros efectos Unha investigación desvelou que os exercicios físicos de resistencia poden facernos parecer moito máis xóvenes. A clave é que o exercicio físico moviliza as células nai dos nosos músculos.

Os científicos Dafna Benayahu e Gabi Shefer  afirman que as persoas maiores que fixeron moito exercicio ó longo da súa vida conservanse mellor en canto a movilidade e fortaleza física.

Traballan para  levar a cabo o desenvolvemento dun novo fármaco para axudar a restaurar con maior rápidez un grao de funcionalidade aceptable nos músculos dos anciáns con problemas de movilidade.

O músculo e o esqueleto do noso corpo, traballan xuntos. En canto nos facemos maiores experimentamos sarcopenia e osteopenia. Como resultado de todo isto o noso sistema musculoesquelético é mais susceptíble o desgaste por mor das actividades cotiás, o que aumenta o riesgo das caidas dos anciáns.

Fixeron o experimento con unhas ratas, comparando o estado de saúde musculoesquelética entre ratas de diferentes sexos e edades o equipo de investigación descubriu que o número de células satélite (células nai musculares) incrementábase despois de que as ratas corresen sobre unha cinta móbil durante 20 minutos ao día nun período de 13 semanas. As ratas máis novas mostraron un aumento do 20 ao 35 por cento no número media de células nai por fibra muscular conservada. E as ratas máis vellas beneficiáronse aínda máis significativamente, mostrando un incremento do 33 ao 47 por cento de células nai.

ruedahamster.jpg

O achado demostra que o exercicio físico incrementou o número de células satélite, unha cantidade que normalmente diminúe co envellecemento. Os investigadores cren que un descenso no número destas células e na súa funcionalidade pode impedir o mantemento adecuado da masa muscular e obstaculizar a capacidade dos músculos para repararse a si mesmos, dando lugar o deterioro muscular.

Autora: Aida Rodríguez.

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

15 Responses to O elixir da vida.

  1. juanjo di:

    Todo ésto que di Aida cúmprese sempre e cando aparte de facer exercicio,comas ben,non fumes,non bebas e moitas cousas mais, porque estiven a leer que o aumento de celulas nai nos nosos musculos aumenta ese tanto por cento sempre e cando leves unha vida saludable aparte de facer ese exercicio.

  2. raquel blanco di:

    – O execicio físico axuda á xente a ser máis positiva e a librarse por exemplo da ansiedade ou da depresión.
    – Aumenta a circulación cerebral, axundando á persona a estar máis atenta.
    – Mellora e fortalece o sistema osteomuscular.
    – Mellora a capacidade física da persoa, cardio-vascular, ósea e muscular.
    – Tamén mellora o aspecto físico da persoa.

    Estas razóns son suficientes como para practicar diariamente un pouco de exercicio ó día, por pouco que sexa.

  3. Soledad Muiño di:

    É innegable a importancia do exercicio físico, pese a que vivimos mais ben nunha sociedad sedentaria e cunha poboación pouco concienciada a práctica de deportes.

    Atopei outro experimento feito con ratos no que neurocientíficos da Universidade de Cambridge descubriron a relación entre o exercicio aeróbico e a rexeneración de células cerebrais. Demotra que correr potencia a memoria e o aprendizaxe ao estimular o xiro dentado do hipocampo.
    Deixo un enlace cun esquema do proceso:
    http://lasombra.blogs.com/.a/6a00d8349889d469e2012876f3e268970c-800wi

    – Se falamos de exercicio físico, é inevitable falar tamén do sedentarismo. O efecto negativo sobre a saúde como un estilo de vida sedentario representan unha carga cada vez máis pesada. Hai que atopar os mellores sistemas para desenvolver o interese da xente no deporte e na actividade física.

    O sedentarismo é inculcado dende a infancia xa que ao infundir nos nenos que é máis importante a formación intelectual cá física, eles rematan subestimado o exercicio físico e o deporte. O sedentarismo na infancia é o gatillo, ás veces, de moitas enfermidades físicas e psicolóxicas.

    A evolución experimentada pola sociedade, as grandes cidades, industrialización, e moitos outros factores cambiaron o estilo de vida e exercicio físico. Exercicio, como o traballo está feito por poucas persoas e que, mesmo en profesións relacionadas co traballo corporal, a maioría das actividades foron substituídos por máquinas.

    O mundo no que vivimos, inevitablemente levanos a unha vida sedentaria e isto afecta a saúde, xa que moitas veces adoita acompañarse doutros factores de risco tales coma a obesidade, o alcohol, o tabaco, etc. Polo tanto, en todas as importantes responsabilidades que ten un goberno, un deles é dar a todas as persoas a oportunidade de practicar un deporte ou exercicio para mellorar a súa saúde.

    Deixo un enlace cos beneficios que aporta o exercicio físico na saúde humana:
    http://www.todonatacion.com/deporte/beneficios-del-ejercicio-deporte.php

  4. laura garcia rueda di:

    Existen moitas formas para poder rexenerar a pel.

    O primeiro método é o mencionado pola nosa compañeira Aida na entrada: O exercicio físico.
    Unha camiñada diaria e facer unha ou dúas sesións por semana de exercicios con pesas, de acordo coa súa actividade cardiovascular, beneficiará ao sistema muscular, ao corazón, aos ósos e ao cerebro.

    O segundo consiste en durmir ben, eliminar o estrés e aumentar a nosa vida social.
    Ao durmir liberamos a hormona do crecemento, e aínda que cando somos adultos xa non crecemos, esta hormona sérvenos para cicatrizar e seguir intercambiando os epitelios.
    As mulleres con familias numerosas e moitos amigos teñen unha maior probabilidade de sobrevivir aos padecimientos cardíacos e ao cancro. ?Algúns cancros, como o de mama, están moi relacionados co aspecto da soidade?, explica o neurólogo Eduardo Calixto González, da Secretaría de Saúde de México

    O terceiro consiste en comer san.
    Cada ración diaria de vexetais reduce un catro por cento (como mínimo) o risco de padecer enfermidades cardiovasculares, e reduce entre un tres e un cinco por cento o risco de sufrir ataques de apoplejía e enfermidades neurodegenerativas como o Alzheimer e o Parkinson.

    O último método consiste en eliminar os hábitos que retrasan a rexeneración celular.
    Fumar, incluíndo a forma pasiva, e consumir alcol en exceso evitan que o seu corpo se recupere; con todo, axiña que os deixa o seu corpo empézase a restablecer.

    Nesta páxina encontraredes a miña información moito máis ampliada:
    http://ar.selecciones.com/contenido/content_imprimir.php?contentID=1223#1

  5. breixo gonzalez di:

    Creo que ultimamente a xente no blogue está obsesionada coa vellez e con vivir máis anos…

    Non pode ser interesantes as causas da obsesión do home coa morte e co intento de permanecer con vida?

    O deporte está claro que saudable e hai que praticalo, pero co ritmo de vida atareada na que vivimos faise cada vez máis complicado.

    Creo que si se traballaran menos horas e houbera máis tempo libre, e unhap arte dese tempo libre dedicalo a facer un pouco de exercicicio a xente chegaria a velelz moito máis saudable que se non o practicara.

  6. vera lopez di:

    A actividade física foi asociada coa saúde das persoas desde os tempos antigos. Os atletas da nación grega, por exemplo, foron destaque na sociedade e chegou idolatrar seus feitos deportivos. Ao longo da historia foi relativa a lonxevidade de certas poboacións do planeta cun estilo de vida activo e unha nutrición adecuada.

    As enfermidades do corazón e as arterias ocupan unha das primeiras causas de morte no mundo occidental. Na súa aparición e desenvolvemento están implicados múltiples factores de risco como o tabaquismo, as desordes do colesterol, hipertensión e o sedentarismo. O estrés, a diabete, e a obesidade tamén ocupan lugares importantes.
    O exercicio físico regular axuda a combater estes factores e máis, actuando directamente sobre o corazón e vasos sanguíneos, é un dos máis eficaces na prevención da aparición e progresión da enfermidade. En persoas que xa tiveron a doenza cardíaca, demostrou que o exercicio axuda no tratamento, mellorando a calidade ea cantidade de anos vividos.

    As persoas que teñen un estilo de vida activo “sentense mellor” e producen no seu organismo unha maior resistencia as diversas agresións da vida e ao paso do tempo. Os adultos que manteñen unha vida activa chegan a idades avanzadas con maior predisposición e menos dependencia.

    Non hai dúbida de que a actividade física regular ofrece unha serie de posibilidades para “mirarse e sentirse mellor.” Estes son algúns dos beneficios que ten o exercicio físico:
    •Aumenta a resistencia e incrementa a capacidade para o traballo físico e o mental.
    •Axudda a combatir a ansiedade.
    •Mellora a capacidade para coincilar o sono.
    •Ofrece maior enerxía para as actividades diarias.
    •Tonifica os músculos e incrementa a sua forza.
    •Contribua a pérdida de peso cando isto é necesario.

    Non estou dacordo co que di Soledad: “O mundo no que vivimos, inevitablemente levanos a unha vida sedentaria”. Ser unha persona activa ou unha persoa sedentaria depende de nós, e se non se fai exercicio por pereza ou porque “non se ten tempo” (que isto tamén é moi discutible, porque todo o mundo ten 15 minutos o día no que pode baixar e dar un paseo ou unha pequeña caminata) a culpa é nosa.
    Aquí tedes uns pequenos consexos para que a actividade física forme parte da vosa vida:
    •Caminar en lugar de usar medios de transporte. Se utiliza un transporte público, baixar un par de paradas antes.
    •Utilizar escaleiras en lugar do ascensor.
    •Tomar dos minutos de descanso cada duas horas para estiras as pernas e movilizzar os músculos.
    •Realizar un breve paseo a pé antes do almorzo ou da cena.
    •Cambiar 10 minutos da televisión por un par de voltas a preto da tua casa.
    •Cando caminedes, tratade de acelerar o paso progresivamente e elixir camiños con subidas e baixadas.

  7. Soledad Muiño di:

    Pois eu sigo co que dixen, xa que ti naces sen saber nada, polo tanto se vives nunha sociedad sedentaria o mais problable e que sigas a tendencia. Non digo que non teñamos parte de culpa, pero estamos rodeados de publicidade, e por exemplo McDonalds intenta atraer aos nenos cun montón de “parques de xogos” que montan nos seus establecementos, e tamén poñendo xoguetes nos seus menús infantiles e que casualidade que o “simbolo” de McDonalds sexa un paiaso. E non é que o pense eu soa senón que profesionais xa tomaron medidas contra a compañia por ter este tipo de “intencións”, nada beneficiosas para a sociedade.
    E o de practicar deporte, como xa mencionei antes, vivimos nunha sociedade na cal se lle da mais valor ao desarroio intelectual ca o físico. E se é ese tipo de educación a que te inculcan é inevitable que tires cara a practica escasa ou nula de deporte. Por iso digo que habería que concienciar mais a poboación, que non lles quito culpa por non facelo, pero e que as grandes empresas, coa publicidade, a televisión … etc case que poden facer con nos o que queren.

  8. vera lopez di:

    Soledad, “se vives nunha sociedad sedentaria o mais problable e que sigas a tendencia” e eu pregúntome, se todo o mundo tírase desde unha ponte, temos que facelo todos? Ademais, España presenta un 47% de sedentarismo fronte a un 53% de persoas activas. Porqué vas seguir á minoria?
    Tamén dicir, que as estratexias de McDonalds para atraer clientes e aumentar os seus beneficios non son “intencións” senón que chámase marketing, e todas as empresas o fan.

  9. Soledad Muiño di:

    El sedentarismo es un gran problema y parece que tú(Vera) tan solo le echas la culpa a la propia persona, pero los niños pueden decidir por si solos si practicar deporte o no? si irse al gimnasio?

    Uno de cada cuatro niños obesos en edad escolar sufre síndrome metabólico cuarenta años antes de lo habitual

    – Un catedrático de la UGR advierte de que la mala alimentación y el sedentarismo ha aumentado alarmantemente los casos de niños con síndrome metabólico, una enfermedad propia de los adultos que lleva asociadas numerosas patologías cardiovasculares

    – Según sus estimaciones, en el año 2020 se habrá cuadriplicado la incidencia de diabetes tipo II en la población infantil

    A ver, a lo mejor piensas que la mayoría de lo que puse sobre el sedentarismo me lo he inventado. Lo busqué en páginas y es igual de cierto que lo que tu estás diciendo, bueno, aunque lo del marketing, que yo sepa a través de las técnicas de marketing hacen la publicidad, y con la publicidad tienen la INTENCIÓN de atraer a los clientes. Y los productos de McDonalds si ya no son beneficiosos para los adultos, para los niños muchísimo menos(que están creciendo y desarrollandose. Y McDonals intenta atraer a los niños mediante lo que ya puse en mi anterior comentario sabiendo que sus productos no benefician nada a sus consumidores (echando toda esa grasa a las patatas, por ejemplo), a ellos lo único que les interesa es el dinero.

    Por cierto, en los porcentajes que pusiste , no veo yo demasiada diferencia entre 47 y 53 como para considerar a los sedentarios minoría. Además de que estaba hablando a nivel global. Estados Unidos está sufriendo una epidemia de obesidad, con 68 por ciento de sus adultos con sobrepeso y 34 por ciento con obesidad. Y Méjico con 70 por ciento de la población adulta padece sobrepeso y 30 por ciento es obeso. ¿Quien es minoría ahora con
    E.E.U.U. con 50 estados? Hay 500 millones de obesos en el mundo.

    “Otros, como el investigador Donald Kenkel de la Cornell University, creen que la obesidad y, en general, todas las decisiones no saludables, son un asunto de falta de información. “Algunas personas”, asegura, “pueden elegir comportamientos poco saludables porque no tienen información completa sobre las consecuencias de salud de sus decisiones”. Por esto, estima que la provisión de información puede ser un enfoque efectivo para motivar comportamientos más saludables y para promover la salud pública. Y como muestra de los beneficios que puede generar la difusión de la información adecuada”
    Esto último va en relación con lo que dije de concienciar a la población de los riesgos.

  10. alejandro_lopez di:

    O exercicio e a boa alimentacion son imprescindibles para vivir moito pero como ben dixen noutras noticias similares, non todo é boa vida.

    Ao longo da vida, hay que ter sorte coas enfermidade, levar unha vida saudable é ter fortuna para vivir moito.

  11. gabriela lopez di:

    por que é conveniente facer exercicio físico de modo frecuente?

    1º. O Colexio Americano de Medicamento do Deporte, a Organización Mundial da Saúde e a Federación Internacional de Cardiología afirman que a actividade física frecuente protexe contra o avance de varias enfermidades crónicas que comezan desde nenos e evolucionan progresivamente. As enfermidades máis importantes sobre as que o exercicio físico exerce unha acción protectora son: as do corazón (que desembocan no infarto de miocardio ou a angina de peito), as dos vasos sanguíneos (hipertensión, accidentes cerebro-vasculares), as do aparello dixestivo (cancro de colon) e as debidas a alteracións do manexo da graxa (obesidade e colesterol alto), dos glúcidos (diabetes tipo II), e do calcio (osteoporose).
    2º. Para evitar, no posible, a impresionante perda de resistencia, forza muscular e mobilidade das articulacións que se dá coa idade nas persoas sedentarias, e que acaba levándolles a ter que depender dos demais cando, por exemplo, non poden vestirse por si mesmas por falta de mobilidade articular, non poden levantarse da cama por falta de forza muscular, ou non poden pasear cos netos por falta de resistencia.
    3º. Ademais, outras persoas realízano para mellorar a súa forma física, para poder facer con máis facilidade as tarefas da casa, e porque lles axuda a baixar de peso e a sentirse mellor.

  12. carolina lopez di:

    Levar un estilo de vida saludable sempre é o mellor.

    Ainda que diversos estudios ligan a obesidade, a diabetes e os problemas cardiovasculares á falta de exercicio, outros estudios relacionaron o tempo que se pasa sentado e a tasa de mortalidade.E atopou que as mulleres que pasan máis de 6 horas sentadas ao día ven aumentado nun 37% o seu risco de mortalidade frente a aquelas que só permanecen sentadas 3 horas diarias.No caso dos homes,6 horas de vida sedentaria supón un aumento do 18% do risco de fallecer, sobre todo debido a enfermedades cardiovasculares.
    Ademáis, o estudio revela que cando exceso de tempo dedicado a estar sentados unese á ausencia de actividade física, o risco de mortalidade prácticamente triplicase en ambos sexos.

    Aqui os deixo un enlace sobre os porcentaxes das persoas e a sua relacion co exercicio fisico nalguns paises:
    http://www.muyinteresante.es/la-mitad-de-los-espanoles-no-practica-deporte

  13. sabela rey di:

    Considero que o mellor exemplo para ver que o exercicio físico non se prima da maneira en que debería é ver a cantidade de horas que a asignatura de educación física ten, tanto na Educación Primaria como na Secundaria (dúas horas semanais) e a súa desaparición no último curso do bacharelato.

    O sedentarismo intervén no progresivo proceso de facer menos exercicio físico, sen embargo penso que a realización deste si que depende máis de cada quen que do exterior (exterior considerado como publicidade, etc; pois si que se depende do que realicen as figuras paternas ou do que te digan que debes facer). Dáselle importancia ao exercicio intelectual, seguramente, pero xa ninguén pode negar os beneficios do físico. Na escola sempre hai actividades extraescolares para os máis pequenos, relacionadas algunhas co físico e outras co intelectual. Un dos maiores problemas que eu noto é o de coller o coche para todo, até para ir ao quiosco, andar ese tramo é pouca distancia, pero polo menos andas. Polo que non realizar exercicio físico, tampouco resultaría ecolóxico.

    Deixo un enlace que redirixe a unha páxina que fala de novo sobre os beneficios deste tipo de exercicio: http://www.geosalud.com/Enfermedades%20Cardiovasculares/ejercicio.htm

  14. lizeth viancha di:

    Dende logo levar un estilo de vida saludabel sempre compensou e estou dacordo con Breixo no de que non temos casi tempo para realizar o exercicio necesario e, como di Sabela Rey, ata chega a eliminarse a asignatura de Educación Física en segundo polo que a sociedade (polo menos á que controla os nosos estudos) non está moi interesada neste tema.

    Unha das enfermidades mencionadas (Osteopenia) chámame realmente a atención xa que é practicamente a antecesora da osteoporosis, unha enfermedade moi complicada.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Osteoporosis

    Ademáis aféctanos máis ás mulleres polo que temos que ter coidado e intentar sacar tempo de onde non o hai para facer exercicio.

  15. Diana fernandez di:

    Claro que facer exercicio che axuda a ter unha mellor vida, pero non é solo o único.
    Non beber en exceso, non fumar, comer ben … todo axuda para vivir máis anos e mellor.
    Pero non todo se basa en iso tamén as veces interven o factor suerte. Xa que hai personas que fan todo isto e iso non che quita que non poidas enfermar e o mellor outra persona que fuma, bebe e todo iso non lle sucede nada nunca e morre de vello non de ningunha enfermidade.

Deixa unha resposta