Canto dura a vida humana?

futuro.jpg

O mundo do século XXII, soa moi futurista pero pode que moita xente da nosa xeración viva nel. Non estou falando de viaxes no tempo, senon da esperanza de vida da poboación.

A muller máis vella do mundo, polo menos oficialmente, foi Jeanne-Louise Calment , unha francesa que acadou os 122 anos de idade  e que morreu en 1997. Pero iso é o oficial, en internet fálase de Hamida Musulmani , cuxo nacemento data de 1877, polo que tería máis de 130 anos, e de Sahan Dosova, que puido morrer coa idade de 136 anos, pero existe duda ao non haber certificado do seu nacemento. Tamén se comenta sobre a idade dos asiáticos, e dos chineses en particular, xa que sempre foron moi lonxevos, debido a súa alimentación.

Dise que a esperanza de vida dos xóvenes de hoxe en día pode chegar ata os 100-110 anos, unha cifra que podería reducirse moito debido aos problemas coa contaminación e alimentación.

A esperanza de vida nos paises desarroiados aumentou moito cos avances médicos e as melloras na calidade de vida, e xa que estos factores seguen avanzando na actualidade, quere decir iso que a esperanza de vida pode seguir aumentando sen límite?

Credes que a vida humana non ten límite de idade?, Pensades que estaría ben vivir tanto?

Autora: Carolina Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to Canto dura a vida humana?

  1. anton perez di:

    Eu creo que non podemos aumentar a esperanza de vida infinitamente, non só por razóns biolóxicas, senón sociais, políticas e morais. Se fose así teríamos que facer sitio para decenas de miles de millóns de persoas, e sería ahí cando comezarían os problemas de alimentación, escaseza, emigración e moitísimos máis asuntos. Teríamos que aumentar a idade de xubilación (isto sóame),contaminaríase máis debido á producción das fábricas e do transporte, necesitaríamos moitos máis alimentos e electricidade. Iso si, sempre poderíamos comer Soylent Green, que ao contrario do que moitos din non está feito con humanos… ou si?
    http://es.wikipedia.org/wiki/Cuando_el_destino_nos_alcance

  2. marta rodriguez di:

    Considérase que as medidas en saúde pública son respondables da maior parte do recente incremento da esperanza de vida. A calidade de vida depende, sobre todo, da prevención da enfermidade e a discapacidad, tanto a nivel social como individual.

    Nos países ricos, a esperanza de vida aumentou unha media de tres meses por ano desde mediados do século XIX. Aínda que entre os máis ricos e máis pobres dunha mesma cidade pode haber unha diferenza na esperanza de vida de 20 anos.

    Que os homes teñan menor esperanza de vida cas mulleres, se explica pola maior vulnerabilidad a numerosas enfermidades. Os homes morren máis que as mulleres por arteriosclerosis (incluíndo a cereblar e a coronaria). suicidios, accidentes, cirrosis hepática e enfermidades relacionadas co tabaco.

    Déixovos un enlace cun mapa coa esperanza de vida no mundo: http://www.worldlifeexpectancy.com/index.php

  3. cristina gonzalez di:

    No ADN humano existe un xen que podería ser o responsable de la longevidade. O seu nome é FOXO3A, e foi encontrado moito máis a miudo en persoas de 100 años en adiante que en persoas máis xóvenes..

    Unha investigación realizada por científicos da Facultade de Medicina da Universidad Christian-Albrechts de Kiel, en Alemania, confirmou que este xen xoga un importante rol no mantenimento da xuventude.

  4. gabriela lopez di:

    “O futuro é a fusión entre a bioloxía e a tecnoloxía” esa é a singularidade que o futuro que nos vén.
    As cousas van cada vez mais rápido, por iso cando te marchas dalgún lugar nun período de tempo parece que sucederon máis coasa de que cando estabas.

    http://www.youtube.com/watch?v=KK_3I8QL40Y

  5. carolina lopez di:

    Eu creo que é unha posibilidade que o ser humano chegue a vivir maís anos, a realidade é que a esperanza de vida non ha dexado de crecer desde 1840 e nada indica que poda detenerse.

    Buscando atopei que cientificos decubren no solo da Illa de Pascua, no Pacífico Sur unha sustancia que pode alargar a vida ata un 38%. Podería ser o ingrediente clave para a primeira píldora antienvexecimiento. Chamada rapamicina en honor ao nome polinesio da illa, Rapa Nui, esta sustancia é producida por unha bacteria insular. De momento xa foi probada en ratons, e ha conseguido alargar as suas vidas entre un 28% e un 38%. Aos roedores suministrouselles o fármaco con 20 meses de edade, o equivalente a 60 anos en humanos. E a maioría lograron sobrevivir ata cumplir o equivalente a un seculo. Arlan Richardson, director del Instituto Barshop e coautor do estudio que publica hoxe Nature, asegura que é a primeira vez estamos cerca de atopar unha píldora contra o envexecimento humano.

  6. laura garcia rueda di:

    Parece mentira que coa calidade de vida que estamos levando cada vez vivamos máis anos, pero claro está, que iso e gracias aos avances cientifico-tecnolóxico que cada vez estanse acercando a fórmula da “inmortabilidade” (cada vez vivir máis anos).

    Fai dous meses ou así, envieille una noticia a Adela relacionado con isto. Un científico logrou achar un compoñenete químico co que poderíamos chegar a vivir ata os 130 anos (ou máis), pero diso xa os informaredes cando Adela me suba a noticia (se a sube).
    Paréceme alucinante, vivir tanto tempo… eu, na miña opinión, non querería vivir tantos anos, non sei, debe ser duro ver morrer a tantos seres queridos ao redor túa (Fillos, netos, marido, amigos…) mentes ahí estas tí, quedándote só…Tamén é certo que se esas personas tamén viven tanto tempo coma tí, tampouco morrerian demasiado pronto, é dicir, que non os verias morrer xa que tí morrerias antes ca eles ao ser máis maior, morrerías cunha certa idade de “X” anos, e os demáis cunha certa idade de “X-Y” anos. Volvendo a noticia que me estou indo polas ramas…

    Deíxovos un vídeo sobre un profesor de Cambrige, un dos poucos científicos que cree na inmortabilidade humana:
    http://www.youtube.com/watch?v=3D1d2DxYXmI&feature=related

  7. raquel blanco di:

    Penso que a esperanza de vida podería aumentar, pero non moito máis, porque como di Antón, non teríamos sitio para meternos.
    Se a esperanza de vida aumenta, tamén aparecerán novas enfermidades como pasou co alzheimer. Como o alzheimer é unha enfermidade que vai ligada coa edade, ó aumentar a esperanza de vida, o número de casos con esta enfermidade disparáronse. Isto pode pasar con outras que posiblemente nin as coñezamos ainda.

  8. adrian ballesteros di:

    Eu creo que si que ten limite de idade .pero como din algún dos meus compañeiros anteriormente eu tamén creo que a esperanza de vida vai a aumentar e creo que cada unha das xeracións se o cambio climatico e a contaminación no lo permiten podería ir aumentando pouco a pouco.
    Eu penso que o de vivir tanto pode vir ben nalgúns aspectos pero mal para outros porque si tardamos mais en morrer a poboación pouco a pouco como xa esta a pasar esta envellecendo enton o mellor algunhas cousas que son esenciais faltaranos.
    Busquei en internet cal era a muller mais anciana de españa e resulta que morreu os 112 anos era de reus foi autosuficiente ata os 91 anos e a esa edad foise a vivir cunha sobriña xa que non tubo fillos e o seu marido morreu cando ela tiña 51 anos deixobos o link do pais por si vos interesa.
    http://www.elpais.com/articulo/gente/tv/Muere/mujer/anciana/Espana/112/anos/elpepugen/20100226elpepuage_5/Tes

  9. adriana rey di:

    Eu creo que a vida humana ten limite de idade. Cando vas facéndote maior cada vez tes mas problemas relacionados coa saude que se suman aos que vendrán se tes moitos anos máis dos habituais e ao millor non se encontra cura para eles. Tamén estou de acordo con Anton, e imposible meter a tantos habitantes na terra.

  10. luis ogea di:

    Eu creo que se pode alargar moito máis a esperanza de vida,sobre todo cos avances da ciencia.Pode darse o caso de vivir eternamente,teríase que ir facendo transplantes de partes que agora coa tecnoloxía actual non se podería,pero creo que no futuro poderanse realizar translantes de todo o corpo,os maiores problemas que ocasionaría esto son a poblaci,on envellecería e non habería espazo para toda a poboación.
    Unha mellora que podería ocorrer no futuro e añadir partes robóticas ao corpo (órganos ou membros robóticos,chips no cerebro ou na pel para mellorar certas funcións do corpo) con todo esto creo que se podería aumentar a esperanza de vida.

  11. vera lopez di:

    A esperanza de vida é a media da cantidade de anos que vive unha determinada poboación nun certo período de tempo. Adóitase dividir en masculina e feminina, e vese influenciada por factores como a calidade dos medicamentos, a hixiene, as guerras, etc.
    Aínda que a media mundial é de 66,7 anos (en 2005), existen diferenzas abismais entre as distintas zonas do planeta. En Europa e América do Norte a media é de 73 anos, en Oceanía é de 71 anos, en Latinoamérica é de 70 anos, en Asia é de 61 anos e en África é de 55 anos.
    Segundo o informe anual da ONU, os Estados con menor expectativa son Zambia con 37,5 anos, a República Centroafricana con 39,3 anos, Malawi con 39,7 anos e Serra Leona con 40,8 anos.
    Os de maior expectativa son Andorra con 83,51, Xapón con 82 anos, España con 81 anos, a rexión de Hong Kong, China con 81,6 anos, Islandia con 80,7 anos e Suíza con 80,5 anos.

  12. andrei lee di:

    Estou dacordo co que di o meu compañeiro Antón, non tería para nada buenos resultados e sempre para a bioloxía é mellor ter moitos fillos que vivir moito e non ter fillos.
    Este tema recordoume un lugar en Ecuador moi coñecido pola lonxevidade dos seus habitantes, cunha media de 100 anos, chámase Vilcabamba que significa “Valle del árbol sagrado” o tamén coñecido como “Valle de la Longevidad”, pode influír neste feito o seu clima que é moi parecido ao verano de Francia, noites despexadas, vexetación exhuberante, hacen de este lugar un pequeno paréntese no tempo e un paraíso. O nome débese a un arbol con efectos alucinóxenos que os incas e otras tribus o consideraban sagrado.

    Deixo tamén un pequeno documental sobre este tema.
    http://www.youtube.com/watch?v=FXUN6u-PHYw

  13. sabela rey di:

    Supoño que a esperanza de vida irá medrando pouco a pouco. Non hai que esquecer que os oitenta anos de media que se viven hoxe xa son un grande avance, pois hai uns sesenta anos morrer con cincuenta anos xa era morrer vello. Con isto non quero dicir que me gustaría vivir douscentos anos ou que iso fóra beneficiar á Terra, nin moito menos. Supoño que o límite da vida humana está nas consecuencias das súas accións e os problemas que xeramos.

    O que máis me sorprende dos datos de xente como Jeanne Calment é que chegaran a vivir tantos anos tendo en conta que cumpriron vinte anos no século XIX, e que, segundo estou lendo, non deixou de fumar até que quedou cega con 117 anos! Chocoume tamén polo mesmo (isto é xa mera curiosidade e sácoo a relucir porque a información é recente na miña cabeza) que o pai de Woody Allen morreu con 101 anos (hai agora dez anos) e a nai con 95. Conclusión: veremos películas deste home até o 2030, mínimo.

    Como ben di Antón Pérez e seguen a corroborar outros compañeiros produciríase unha superpoboación maior. Tamén penso que se a esperanza de vida sube tamén cambiaría o nivel de vida. Eu diría que a xente non comezaría a buscar traballo seriamente até cumpridos os 30, e como consecuencia a idade de xubilación aumentaría, etc.

    http://www.altonivel.com.mx/futuro-del-aumento-en-esperanza-de-vida.html

  14. soledad muino di:

    Coma case todos os meus compañeiros estou dacordo con que ao aumentar a esperanza de vida , tamén aumentaría a escaseza seguramente. Pero tamén gustaríame saber se ao aumentar a esperanza de vida tamén aumentaría a calidade de vida? Porque non ten demasiado sentido facer que vivamos mais se non imos ter independencia e imos ser unhas “cargas”.

    Deixo aquí un enlace cunha relación de próximos avances científicos que nos farán vivir mais:
    http://www.hoymujer.com/Salud/consulta/Avances-haran-vivir-anos-624296042011.html

  15. francisco lopez di:

    Esta claro que cós avances en medicina a esperanza de vida ira medrando progresivamente y a este paso no se pode saber cal sera a idade limite.
    Pero tamén esta claro que a vida seria imposible cunha esperanza de vida demasiado longa non so pos problemas de espazo se non polo coidado de tanta xente mallor xa que haberia mais vellos que xovenes e seria imposibel tagar todas as pensións.

  16. breixo gonzalez di:

    A esperanza de vida aumentou moito ao longo da historia. Pero creo que 100 anos e vida son moitos.
    Por exemplo en España a idade de xubilación era 65 e poñendo que traballas desde os 20 son 45 anos traballando e cotizando, e lo go se vives outros 35 anos son 35 anos cobrando a pensión, consumindo alimento, vivienda etc..
    Máis que nada é un rpoblema social e político.
    Senon sempre nos quedara facer como en “Un mundo feliz” un libro no que no futuro matan as persoas cando teñen 65 anos , e a xente está educada para iso.

  17. Carlos Puente di:

    A vida humana si que ten un limite, co tempo a saúde vai empeorando e o organismo falla. Cos avances médicos pódese mellorar e aumentar o tempo de vida aínda que non por moito tempo.
    Eu penso que canto máis tempo viva unha persoa mellor aínda que a medida que pasa o tempo, como xa dixen antes, o teu corpo estropease polo que non poderías facer moitas cousas. A min gustaríame chegar ata os 130 anos como mínimo aunque a isa idade tivese que estar nunha cadeira vendo a vida pasar.

  18. alejandro_lopez di:

    A esperanza de vida é algo moi simultáneo.
    Non só depende da alimentación que teñas e da contaminación senón que o valor mais importante para vivir máis ou menos é, nada máis que a sorte que teñas. É certo que unha boa alimentación e ter pouca contaminación axuda pero nada como, a sorte que teñas ou as ganas que teña o teu corpo de vivir, sen máis.

  19. aida rodriguez di:

    A esperanza de vida coma ben se sabe aumenta ou diminue dependendo de onde sexa o lugar onde vivas.

    Ainda que a todos nos gostaría vivir moitos anos e poder disfrutar. Mais en canto ves a xente maior tendo que vivir encamada só podendose mover grazas a xente que os axudan penso que xa un se chega a pensar máis se isto é moi eficaz.

  20. lizeth viancha di:

    Unha cousa é que a esperanza aumente polos avances científicos e outra da forma que chegamos a tal esperanza xa que chegar a máis de 130 anos debe de ser un suplicio polas diversas doenzas que o ser humano experimenta co envellecemento. O de “sin límite” sóame a sin sentido xa que ningún ser humano é inmortal (polo menos é eso o que eu entendo pola pregunta que fai Carolina). Todo isto sen contar o vivir uns máis e outros menos xa que non todos contaríamos coa sorte de vivir o mesmo ademáis penso que o ser humano ten un ciclo e se vivise máis da etapa que lle corresponde sería un problema para os paleontólogos do futuro que intentasen encasillarnos nunha época determinada.

    Unha cousa que me chamou a atención da noticia que citou Carolina é a lonxevidade dos asiáticos, eu xa tiña conta de que a súa alimentación era axeitada para isto pero buscando información atopei que esta esperanza non só depende da súa alimentación senón das condicións que rodean cada país: climáticas, políticas, sanitarias, etc. Neste sentido é donde se reflexan as maiores diferencias entre os paises desenrrolados e os non. Por suposto, os países desenrrolados son os que poseen as esperanzas de vida máis altas ( Japón, Taiwán, Israel, Malasia, Brunei, etc). Sin embargo hai outros países como: Afganistán, Bangladesh, Laos, etc, que teñen esperanzas de vida moi baixas.

    Tamén habería que contar que se aumenta a esperanza de vida aumentaría tamén o superpoblación que xa estamos a vivir na actualidade polo que non vexo futuro á idea de vivir tanto.

  21. Diana fernandez di:

    Eu creo que si que aumentaremos pouco a pouco a esperanza de vida pero non moito máis do que xa é ahora xa que non somos eternos e todo ten o seu final. Según cumples anos vas presentando máis problemas de saúde e chega un momento que xa non se poden curar.
    Aparte que como observou Antón se se aumentase tanto a esperanza de vida , non habería sitio na Terra para as novas xeracións.

Deixa unha resposta