Xenoma Neandertal

imagen

O pasado 7 de Maio de 2010 publicouse na revista Science os resultados da investigación do xenoma do neandertal levadas a cabo no Instituto Max Planck de antropoloxía evolutiva (Alemaña). Estes resultados viñan con sorpresa: o sapiens e o neandertal hibridaron. Case con toda seguridade calquera dos que leades esta noticia  temos un ou varios, quen sabe, antepasados neandertais.

Tras secuenciar  o 60% do xenoma neandertal, este comparouse cós xenes de 5 persoas vivas na actualidade de direntes etnias: un francés, un chinés, un bosquimano, un yoruba (estos dous son sudafricanos) e por último cunha persoa de Papúa-Nova Guinea (e tamén cun chimpancé, pero iso non ven o caso).  Os non-africanos presentaron entre un 1 e un 4% de material xenético neandertal. ¡Ollo! Non se debe confundir ese 1-4% de material xenético (a porcentaxe de material xenético que teríamos nós en concreto de herdanza neandertal) con expresións do tipo “compartimos un 85% do xenoma cun rato, o 98% cun chimpancé, e entre humanos un 99’9%” (cos neandertais sería un 99’86%), que é en canto se parecen os nosos xenomas. Son cousas diferentes. Isto sucedería cando o sapiens saíu de África fai uns 80.000 anos, e antes de que entrara en Europa fai uns 40.000.

¿E que pasa cos africanos? Pois os de esas etnias en concreto no terían herdanza neandertal. Pero seguramente en poboacións do norte de África si que haia eses xenes por estar máis próximos a Europa e haber así, máis probabilidades de que se mesturaran as diferentes poboacións. Aínda así, seguramente as poboacións autóctonas de África (que non chegaron a saír dela) que non se mesturaran con outras culturas non posúan eses xens.

Entón, somos os non-africanos híbridos? Non. Os cruces serían puntuais, sendo os realmente híbridos escasos, o que ocorrería sería que eses híbridos seguirían  a ter descendencia con sapiens, sendo cada vez menos a “parte neandertal”, ata chegar ata hoxe.

Autor: Victor Martínez

Esta entrada foi publicada en 3. Revolución xenética e celular e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

14 Responses to Xenoma Neandertal

  1. anton perez di:

    O tema dos neandertais segue a ser un misterio. Uns din que facían o amor, outros a guerra, eu ata teño lido que nos fixemos un xenocidio contra deles. Isto ten bastante curiosidade científica, xa que aínda que somos dúas especies distintas podemos ter descendencia común. Quen sabe ao mellor algún día ata poden “resucitar” neandertais, como van facer con outras especies. (Indirecta para Adela)

  2. raquel blanco di:

    Os neandertales foron unha especie ben adaptada ao frío extremo. Tiñan un cranio alongado e amplo, baixa estatura e complexión robusta, e nariz amplo de aletas prominentes. O seu cerebro era igual ou mesmo máis grande que o dos homes modernos. Un neandertal media tería unha altura de 1,65 m, e musculatura robusta. Aínda que a súa estrutura ósea non os facía corredores de longo alento, si eran camiñantes de longas distancias. Estudos anatómicos determinaron que o neandertal podía articular unha fonética limitada respecto ao home moderno debido á localización da laringe (máis arriba que o moderno).

  3. marta rodriguez di:

    Un híbrido é o organismo vivo animal ou vexetal procedente do cruce de dous organismos de razas, especies ou subespecies distintas.

    Os seus pais poden pertencer a variedades ou especies distintas; por exemplo: a mula resulta de cruzar un asno ou burro cunha egua ou un cabalo cunha burra.

    Moitos dos híbridos xerados entre especies diferentes nacen estériles.

  4. andrei lee di:

    O que para min é de verdade un misterio é a súa extinción que eu creo que foi simplemente pola lei do máis forte, xa que conviviron coa nosa especie. Hai teorías que din isto, din que o neandertal era un home de bosque de moito arbusto e de cazar animais pequenos e en grupos pequenos, pero naquel entonces cambiou a fauna e cambia o paisaxe faise mais aberto, moi estepario, e os animais son menos e moito máis grandes(mamut, bisontes, renos…) e os obxectos que teñen eles para cazar son moi poco eficaces contra animais desta talla e a mellos tecnoloxía para cazar isto era nosa especie que eran armas a distancia, entón creo eu que moitos neandertales foron morrendo pouco a pouco e a nosa especie crecendo e expandiéndose e provocando asi a extinción dos neandertales.

    Con respecto ó que di Antón de poder “resucitar” a un neandertal eu o veo posible pero aqui planteo unha pregunta, ¿para qué?,¿para exhibilo como se fose un animal nun zoolóxico ou encerralo nun laboratorio para que un montón de científicos exeperimenten con el coma se fose unha rata de laboratorio? Para miña opinión non traería bos resultados clonar a un neandertal tería moitos problemas éticos.

    Déixovos un vídeo no que falan do xenoma neandertal.
    http://www.youtube.com/watch?v=1socwnkbN5Y

  5. adriana rey di:

    Os neardentais, de aspecto rudo e tosco, carentes de atributos humans como a lenguaxe e a técnica refinada foron exterminados en poucos milenios, en canto os homes modernos procedentes de África chegaron a Europa, o que ocorreu fai 40.000 anos. Os homes do neardental foron desplazados das regións centráis de Europa e sobreviviron algunhas poblacións nas periferias ata preto de 28.000 anos.

    Existen diversas hipótesis para explicar esta situación : transmisións de enfermidades, desplazamento por competencia, ou quizáis a incapacidade dos neardentais para sobrevivir e resistir cambios.

  6. vera lopez di:

    O home de Neandertal (Homo neanderthalensis) é unha especie extinta do xénero Homo que habitou Europa e partes de Asia occidental desde fai 230.000 até 28.000 anos atrás, durante o Pleistoceno medio e superior e culturalmente integrada no Paleolítico medio. Nun período de aproximadamente 5.000 anos crese conviviu paralelamente nos mesmos territorios europeos co Home de Cro-Magnon, primeiros homes modernos en Europa. Esta convivencia demostrouse por fósiles achados nas covas de Châtelperron.
    Os neandertales foron unha especie ben adaptada ao frío extremo. Tiñan un cranio alargado e amplo, baixa estatura, complexión robusta e nariz amplo de aletas prominentes e trazos que denotan adaptación a climas fríos, como se pode observar actualmente nas poboacións do Ártico. O seu cerebro era igual ou mesmo máis grande que o dos homes modernos. Un neandertal medio podería chegar a ter unha altura de 1,65 m de contextura pesada, e musculatura robusta. Aínda que a súa estrutura ósea non os facía corredores de longo alento, si eran camiñantes de longas distancias. Estudos anatómicos realizados determinaron que o neandertal podía articular unha fonética limitada respecto ao que actualmente posúe o home moderno, isto debido á localización da sua laringe, máis arriba ca o do home moderno.
    O neandertal é un animal meridional, de bosque aberto ou sabana (árbores grandes, arbolitos soltos e herba), non é un home de estepa. Sempre os pintaron no norte de Europa, pero eles íanse ao norte cando facía calor; nos períodos glaciales estaban no sur de España, o sur de Italia e a península grecobalcánica. Pola súa tecnoloxía, posiblemente cazaban en grupos pequenos e á espreita, escondéndose detrás de árbores e arbustos. E ocorre algo inesperado: a paisaxe faise entón moi aberto, moi estepario, con poucos arbustos, e o tipo de animais cambia. Pasa dunha gran diversidade de fauna a outro menor pero moi grande: mamuts, bisontes, renos… Animais que hai que cazar doutra maneira, con proxectil ou lanzando pedras a distancia. E as súas ferramentas de caza son máis pequenas e lanzables, non pesan. A mellor tecnoloxía para esa caza tena a nosa especie, os sapiens que veñen da estepa asiática perfectamente adaptados. Pero aínda sobreviviu miles de anos.

  7. cristina gonzalez di:

    Ao menos durante 10.000 años, as poboacions de neandertais e os hombes de Cromañón viviron simultáneamente en Europa.

    Os fósiles de neandertais son moi escasos despois dos 40.000 anos, desaparecendo fai 30.000. Mentres que os cromañons ou Homo sapiens siguiron proliferando e, co tempo, ocuparon todo o planeta. Non hai ningún signo de conflicto físico entre as poblacions.

    Entonces, ¿qué les sucedió aos neandertais? Existen duas correntes de opinión ao respecto. A primeira sostén que os neandertais non eran unha especie separada e que se produciu un mestizaxe cos recién chegados Homo sapiens, cuxos xenes acabaron por ser os dominantes a expensas dos xenes que determinaban as características físicas propias dos neandertis. A segunda afirma que os neandertais eran unha especie distinta pero que a sua tasa de natalidade era máis baixa que a do Homo sapiens, perderon a batalla pola obtención de recursos e foron sustituidos polos cromañones, máis avanzados culturalmente.

    Os últimos fósiles de neandertais foron encontrados en yacimentos franceses, en Croacia, e en yacimientos do sur da Península Ibérica (Zafarraya e Xibraltar).

  8. aida rodriguez di:

    Primeiramente deixo unha imaxe na que se representan as principais diferencias entre os Neandertais e dos Sapiens: http://comunidad3h.files.wordpress.com/2010/02/los-hombres-de-neandertal-eran-mas-fuertes-pero-los-sapiens-eran-mas-altos-y-mas-agiles-y-suplian-su-carencia-de-fortaleza-gracias-a-la-tecnologia.jpg

    Tamén vos deixo un documental da teoría da hibridación: Neandertal e Sapiens ( http://www.dailymotion.com/video/xhrsqg_teoria-de-la-asimilacion-hibridacion-sapiens-neandertal_school )

    Tamén deixo este enlace no que confirma a hibridación: http://prehistoria.foroactivo.net/t701-confirmado-si-hubo-hibridacion-los-neandertales-viven-en-nuestra-especie , tamén o final hai varias opinións de expertos.

  9. laura garcia rueda di:

    A primeira idea do proxecto “O Xenoma neandertal” era secuenciar o xenoma completo dos neandertales, ou sexa a totalidade da información xenética do Home de Neandertal.

    Para isto extraéronse primeiro ADN mitocondrial de fósiles neandertales, e logo ADN nuclear cando se logrou evitar a contaminación humana actual.
    As mostras tomáronse de fósiles neandertales de Vindija, Croacia; O Sidrón, España; Mezmaiscaya, Rusia; e do Neandertal 1, en Feldhofer, Alemaña. As mostras consistiron no medio gramo de óso de cada fósil, suficiente para poder conseguir o ADN fósil.

    Moitas veces, preguntámonos porqué estes puideros, extinguirse…hai moitas teorías pero a máis recente é na que di que a súa extición puido ser causada polas numerosas mutacións malignas que posuían.

    A adaptación metabólica á Europa glacial, podería volverse contra os neandertales logo de que o clima comezase a cambiar fai un 40 mil anos.
    Os investigadores, identificaron mutacións daniñas no xenoma neandertal secuenciado recentemente. En particular, descubriron xenes que están asociados con enfermidades neurodegenerativas e con xordeira.

    Eles suxiren que certas mutacións no mitocondrias dos neandertales poderían axudalos nas épocas de moito frío, pero cando o clima comezou a fluctuar entre períodos cálidos e fríos, comezaron a ter problemas.

    Pódedes ampliar a miña información nesta páxina, onde se encontran máis enlaces de noticias relacionadas con isto:
    http://neanderthalis.blogspot.com/2010/05/proyecto-genoma-neandertal.html

  10. lizeth viancha di:

    Pois eu decántome pola teoría de que se extinguiron por non adaptar as suas vestimentas ao frio, paréceme mais “humano” que pensar que foi unha loita polo máis forte e opino o mesmo que Lee sobre a súa resurección. Dende logo o resultado da investigación foi de proveito xa que saber que hibridaron (grazas Marta pola información) é un avance para saber de onde vimos.

    Déixovos un enlace no que se vos informa con detalle da actividade destos personaxes e da súa vida:
    http://antropos.galeon.com/html/ultimeander.htm

  11. Soledad Muiño di:

    Se os xenes neandertales se incorporaron ao noso acervo xenético, ¿cómo é posible que dúas especies, no caso de ser distintas, se crucen e produzan descendientes fértiles? Na actualidade, señala Trinkaus, ocorre que dúas especies moi próximas poden facelo, pero ao ser unha mais dominante e numerosa, a outra termina sendo absorbida. “En Norteamérica hai dúas especies, o “coyote” e o lobo. En condición ecolóxicas normais comportanse coma especies separadas, compiten entre sí e non se mezclan. Pero se a ecoloxía se perturba, os machos e femias de especies distintas apareanse libremente e producen unha descendencia completamente fértil e viable. O lobo vermello, na parte sureste de Estados Unidos, é híbrido entre o “coyote” e o lobo”.

    Deixo un enlace que aporta mais información en forma dunha historia que puido ocorrer fai 50.000 anos:
    http://misteriosmario.blogcindario.com/2011/02/01321-nuestros-primos-neandertales.html

  12. sabela rey di:

    Tras ler a última noticia do enlace que Aida adxuntou e atopar entre as súas liñas a afirmación de “la noticia del año”, sorprendeume a pouca presenza da ciencia no día a día dos medios e picoume a curiosidade. Busquei a palabra “neandertal” na edición dixital do xornal El País. Podería dicirse que a frecuencia dunha noticia que conteña a palabra “neandertal” é bimensual. Sobre o tema que aquí estamos a tratar a noticia máis interesante que atopei foi a seguinte: http://www.elpais.com/articulo/portada/primos/Neandertales/elpepusoceps/20110213elpepspor_8/Tes

    A continuación lin algúns máis (con Juan Luis Arsuaga de protagonista) no que se fala sobre o homínido de Denisova. Estudos afirman que esta pode ser unha especia distinta de homínido que coincidiu temporalmente con neandertais e homo sapiens. http://es.wikipedia.org/wiki/Hom%C3%ADnido_de_Denisova

  13. breixo gonzalez di:

    Deixo un enlace que fala de esto tamén.
    http://www.lavanguardia.es/ciudadanos/noticias/20100507/53923106114/el-genoma-del-neandertal-revela-que-se-apareo-con-el-homo-sapiens-africa-europa-nueva-guinea-alemani.html

    Respecto ao último aprágrafo da noticia, supoño que os xenes neanderthais irían ”diluíndose” ao largo do tempo, pero podería der isto unha causa da selección natural?

  14. Diana fernandez di:

    Aquí deixovos unha páxina que encontrei na que Luis Arsuaga,Carles Lalueza Fox, Enrique Baquedano Y Ernesto Cardena fálannos sobre este xenoma. Uns afirman que é certo e outros mostranse máis incredulos.

    http://www.quo.es/ciencia/prehistoria/arsuaga_y_otros_escepticos

Deixa unha resposta