Alimentos que deprimen

ccmc.jpg

Un estudo español (realizado polas universidades de Navarra e As Palmas de Gran Canaria) publicado na revista Weekly confirma que comer alimentos cun alto contido en graxas trans  e saturadas aumenta o risco de depresión.

Analizáronse as dietas e o estilo de vida de máis de 12.059 voluntarios durante máis de seis anos, dos cales tiñan datos de todas as súas dietas, estilo de vida e transtornos de saúde. Cando este estudo comezou, ningún dos participantes tivera depresión e no momento de finalizar, 657 persoas presentaron esta doenza.

Os participantes que consumiran un alto porcentaxe de graxas trans presentaron un aumento de ata o 48% de risco de sufrir depresión cando eran comparados cos participantes que non consumiron ditas graxas.

Estes resultados poderían explicar por qué hai maior incidencia de depresión no norte que no sur de Europa (onde predomina a dieta mediterránea)

Autora: Marta Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Alimentos que deprimen

  1. raquel blanco di:

    Este tipo de graxas non so produce depresión, senón que tamén pode producir obesidade, problemas cardiovasculares e outros problemas negativos para a saúde.Para evitar a depresión, o aceite de oliva é bo.
    Aínda que hay unha cousa que non entendo: se as graxas trans, que son las que aparecen na bollería industrial, son malas, porque non hai unha lei que las prohiba, ou que sinxelamente controle o seu nivel nos alimentos? En vez de centrarse en leis sen sentido coma por exemplo a do tabaco, por que non miran pola saúde dos cidadáns e non polos seus intereses de obter diñeiro para o estado en vez de prohibir directamente a venta do tabaco.

  2. anton perez di:

    Con respecto ao último párrafo teño que dicir que penso que no norte de Europa hai moitísimos factores que afectan na depresión, como pode ser o frío ou a escaseza de luz durante algunha época do ano, aínda así a entrada creo que ten bastante razón. Por certo, Raquel, como te atreves a dicir que a lei antitabaco non mira pola saúde dos cidadáns? Non se che ocorreu que se quitasen directamente o tabaco podería haber tiros? O mellor en todos estes casos é ir concienciando pouco a pouco á xente para que leve unha vida mellor.
    Por certo, que escribiu o artigo?

  3. tatiana barbosa di:

    Sen dúbida este tipo de graxas son moi perxudiciais, eu sabía que eran as causantes do colesterol e das enfermidades cardiovasculares pero non sabía que tamén causaban depresión. O peor de todo é que a maioría de nos sabemos o que estas graxas producen non noso corpo e ainda así non renunciamos a elas nin reducimos o seu consumo excesivo.
    Deixo este video no que se explica moi ben o que son e as consecuencias de consumilas en exceso:
    http://www.youtube.com/watch?v=Nj8nyqOYYf8

  4. raquel blanco di:

    Antón, penso que probihir de esa maneira o tabaco non é a mellor. Cando a xente comezou a fumar, as tabaqueiras sabían perfectamente os danos que producían. Se de verdade quixeran facer unha lei que nos protexera do tabaco, por moi tola que se puxera a xente, sería cortalo de raíz. Pero por que non o fan? Porque seguen vendendo tabaco nos bares se está prohibido fumar? Porque gañan diñeiro recaudando os impostos da xente que segue comprando tabaco. Con esta lei o único que fan é aumentar o número de catarros, mentres que a xente fumadora segue a fumar.
    Pero no caso das graxas trans, o mellor sería que houbese una lei que as controlase polo menos, xa que afectan a toda a poboación.
    Atopei unha páxina na que aparece un listado de alimentos industiais, no que pon a cantidade de graxas trans que posúen. Sabendo que unha dosis de 5 gramos diaríos considérase perigosa…
    – Patacas fritidas (150 g): .7 gr. de graxas trans.
    – Bolo industrial (1 unidade): 5-6 gr. de grasas trans.
    – Hamburguesa (200 gr.): 3 gr. de graxas trans.
    – Quesiño (1 unidade): 2,2-5,2 gr. de graxas trans.
    – Magdalena (1 unidade): 1-2,1 gr. de graxas trans.
    – Galletas (2 unidades): 1,3 gr. de graxas trans.
    – Margarina (1 cullerada): 0,9 gr. de graxas trans.
    – Panecillo comercial (1 unidade): 0,85 gr. de graxas trans
    – Unha barra de chocolate (80 gramos): 0,75 gramos de graxas trans.
    – Barriña de cereal (1 unidade ): 0.4 gr de graxas trans.

  5. laura garcia rueda di:

    Dende sempre pensouse que o aceite vexetal é moito mellor que o de orixe animal, especialmente para o colesterol.

    Pero, buscando en internet, encontrei que isto non é así exactamente. As graxas vexatais pasan por uns procesos industrais para aumentar a súa duraciós, e isto, transfórmaos.

    E é que a graxa vexetal pode converterse nunha bomba de reloxaría tras pasar polos procesos de tratamento industriais actuais. Co fin de prolongar a vida destas graxas e potenciar o seu sabor, as industrias de alimentación someten á graxa vexetais a un proceso chamado hidroxenación. Isto,consiste en aumentar o número de átomos de hidróxeno dos ácidos grasos que predominan nos aceites de semente.

    Como consecuencia, os ácidos grasos poliinsaturados destes aceites vexetais cambian a súa estrutura natural, chamada cis, por unha artificial de tipo trans. Ademais, algunhas graxas saturadas convértense en insaturadas pola hidroxenación.

    Los ácidos grasos de tipo trans pueden inhibir algunas transformaciones de otros ácidos grasos esenciales, retrasando el crecimiento y la maduración del cerebro.
    Los últimos estudios sobre los efectos de las grasas trans en el ser humano revelan que afectan tanto a los adultos como a niños e incluso a los embriones y fetos antes de nacer.

    En esta páxina encontrareis a miña información máis ampliadamente:
    http://www.alimentacion-sana.com.ar/informaciones/novedades/grasas%20trans.htm

  6. dante varela di:

    Estamos sempre na mesma historia, se queredes é moito mellor que o estado pense por nos e así ninguén terá problemas.
    Eu creo que todos os alimentos xa pasan unhas inspeccions feitas polo ministerio de saude que é a que controla isto. A poboación xa sabe o que ten de beneficioso e de perxudicial comer estes “alimentos” e a ninguén oblíganlle a comelos.

    Eu estiven buscando información e atopei que o problema da obesidade infantil, nalguns casos xa comeza nos meses de embarazo. Unha universidade estadounidense di que se as nais durante a etapa de xestación teñen unha dieta con moitas grasas, isto produce cambios no feto que fan que aumente o seu apetito polas grasas.

  7. gabriela lopez di:

    Vivimos nunha sociedade de excesos. Unhas veces pola falta de tempo,polo pocos cartos que gastamos, outras porque os alimentos “verdes” nos producen certa “alerxia”, o seguramente por outras muchas razons sempre temos escusa para consumir iso que precisamente nos fai moito dano.
    Non creo que comelo de cando en vez nos prexudique, pero o problema, é que abusamos.

    Aquí déixovos unha dieta sa e rica para nenos, xa que vin os anteriores comentarios sobre a obesidade nos nenos.

    . Almorzo: froita (en xugo ou ensalada), cereal (avea, tapioca, trigo, etc.), leite (de preferencia vexetal), oleaxinosas, pan integral.
    . Xantar: algún bocadillo ou unha comida máis consistente como ovo, omelete, ensalada de atún, etc.
    . Comida: sopa, caldo, guisado con peixe ou polo, ensalada fresca, legumes, pasta integral, etc.
    . Merenda: algún bebible, ensalada de froita,
    . Cea: ensalada de vexetais, leite, cereal, panadaría integral,etc.
    Entre comidas: se o neno ten fame entre estas comidas, debe ofrecérselle froita, verdura ou barriñas de cereais, a cal é boa achega de enerxía e nutrientes.

  8. carolina rodriguez di:

    Os alimentos con graxas trans , como a bolleria industrial, causan depresión, e os consumidores comen máis para eliminar esa ansiedade, o que causa obesidade e máis malestar psicolóxicamente, polo que se entra nun círculo vicioso. Pero é moi dificil escapar a isos alimentos, xa que son os que máis publicidade teñen, co que logran enganar aos compradores.
    Con respecto a la dieta mediterránea, é boa xa que caracterizase nun alto consumo de productos vexetais, como fruta verdura, ou frutos secos,pan e cereais, aceite de oliva como graxa principal , e tamén fala dun consumo moderado de viño.

  9. adriana rey di:

    Eu apoio a Anton, no e bo quitar sen mais o tabaco porque a xente ten unha adiccion e non é fácil sacarse de ela. Poñendo máis caro o tabaco o que fan e que a xente se vaia replanteando compralo e intenten deixalo.

  10. jorge suarez di:

    Estou de acordo con carolina rodriguez no que unha cousa leva a outra xa que a estetica do corpo influe moito na felicidade das persoas.

    http://www.secretodelasalud.com/comer-saludable-ayuda-a-eliminar-la-depresion/

    http://www.sabormediterraneo.com/salud/dietamediterranea.htm

  11. vera lopez di:

    Desviandonos un pouco do tema da comida basura, paréceme que as medidas que se tomaron con respecto á lei antitabaco non foron en absoluto acertadas. Paréceme moito mais efectivo que obliguen ós locais a ter unha sala especial para fumadores ca a prohibición de non fumar nun bar ou unha discoteca. Ademáis, antes había queixas polo humo dentro nos locales, e agora hai queixas porque a xente ten que sair a rua a botar un cigarro e din que ocupan demasiado espazo e que fan demasiado ruido. ¿En que quedamos?

  12. luis ogea di:

    As graxas trans son moi perxudiciales,e na miña opinión a xente sabe que as esta a comer en esceso pero son moi dificiles de deixar a causa de diversos factores como a publicidade tanto directa (anuncios) coma indirecta (series,películas) e pola adicción que provocan,se o goberno prohibise os anuncios de alimentos con demasiada graxa,a xente a comeria menos entre horas.
    O que non coñecía era que aumentasen o risco de padecer unha depresión.As empresas deverían facer os seus productos de maneira máis saudables e indicar que tipo de aceite vexetal usan, xa que nas etiquetas de moitos productos veñe aceite vexetal pero esta feito con aceite de palma que e tan perxudicial como o animal.

  13. aida rodriguez di:

    Eu penso que tendemos a comer este tipo de alimentos porque son máis cómodos e máis baratos de mercar. Ainda que pensando un pouco os riscos os que nos expoñemos deberíamos decatarnos de que non nos fan ningún favor, máis ben o contrario.

    Penso que ainda así o uso de aceites vexetais (facendo alusión o comentario da miña compañeira Laura García)coma o aceite de palma ten unha gran consecuencia problemática. Deste tema xa se falou o ano pasado cun video do chimpacé. Deixo eiquí este enlace que fala das consecuencias do uso do aceite de palma: http://www.ladyverd.com/articulo/1625/green_la_cruel_deforestacion_en_indonesia.htm

    E querría decir que non entendo moi ben o comentario da lei antitabaco da que fala Vera neste artigo non se falou nada disto.

  14. breixo gonzalez di:

    O tema das graxas podería afectar ao das depresións pero non son un dato moi fiable, posto que xenéticamente hai xente máis propensa a ter depresións que outras e interveñen moitos factores.

    Eu creo que unha das causas de uqe no norte atópense máis depresións é a escasez de luz soalr, esta influe moito no noso estado de ánimo.
    http://senderosalalma.wordpress.com/2009/07/11/la-escasez-de-luz-invernal-incrementa-la-depresion-por-el-trastorno-afectivo-estacional-tae/

    Reespecto ao das graxas, un aceite moi danino é o aceite de palma, moi perxudicial para a nosa saúde.
    http://blogs.20minutos.es/cronicaverde/2008/10/23/aceite-palma-peligroso-la-salud-y-medio-ambiente/

    Do comentario de Rauqel(o terceiro) impactoume que só cunhas patatas xa superes o límite no que é considerado perigoso.

  15. breixo gonzalez di:

    O tema das graxas podería afectar ao das depresións pero non son un dato moi fiable, posto que xenéticamente hai xente máis propensa a ter depresións que outras e interveñen moitos factores.

    Eu creo que unha das causas de uqe no norte atópense máis depresións é a escasez de luz soalr, esta influe moito no noso estado de ánimo.
    http://senderosalalma.wordpress.com/2009/07/11/la-escasez-de-luz-invernal-incrementa-la-depresion-por-el-trastorno-afectivo-estacional-tae/

    Reespecto ao das graxas, un aceite moi danino é o aceite de palma, moi perxudicial para a nosa saúde.
    http://blogs.20minutos.es/cronicaverde/2008/10/23/aceite-palma-peligroso-la-salud-y-medio-ambiente/

    Do comentario de Rauqel(o terceiro) impactoume que só cunhas patatas xa superes o límite no que é considerado perigoso.

  16. cristina gonzalez di:

    Definitivamente a comida dese tipo non so deprime,senon que é masa para producir cerre das arterias polo colesterol terminando en infarto ou en trombosis, en alzheimer, produce migraña, produce asma, etc.

    En cidades onde o consumo de pescados e mariscos é alto, como en Xapón, Singapur o Malasia, a incidencia de depresión post-parto és moito menor (Hibbeln; Hornstra)

    En trastornos bipolares se logrouse que, consumindo nove cápsulas diarias de omega 3( ácidos grasos esenciais), a depresión desaparezca en poucas semanas.
    Os omega-3 estabilizan o humor e alivian a depresión , tamén se ha constatado que estas cápsulas non engordan.

    O Dr. Stoll encontrou que pacientes bipolares incluso habían adelgazado un pouco. Ao parecer, a maneira na que o corpo utiliza os omega-3 limita a formación de texido graso. Los omega-3 disminuen as depresions en esquizofrénicos (Peet, Counsell, et al.)

  17. alejandro_lopez di:

    É increíble o que pode facer en pouco tempo comer mal e alimentos que conteñen moita cantidade de grasa “trans”.

    http://www.enplenitud.com/nota.asp?articuloID=9316

    Comer moita graxa trans non só afecta ao corpo senón que tamén afecta na forma de vida e sobre todo na felcidade da xente que as consume.

  18. laura montes di:

    Parece curiosa a coincidencia de que estas graxas que tanto engordan causen tamén perigo de depresión. Posiblemente tamén sexan adictivas (como se demostra no documental de “Super Size Me”) o cal desembocaría nun círculo vicioso.

    Sen embargo alégrame vivir nun país cunha dieta coma a mediterránea e espero que, aínda que xa pasa, a influencia da comida estadounidense non constituya un problema tan grave como noutros países. Temos a sorte de que a cultura gastronómica en Europa e mellor que en EE.UU., e no Mediterráneo máis que en calquera sitio.

    O resto depende de nós.

  19. carolina lopez di:

    Eu penso que é necesario elexir moi ben os alimentos que inxerimos ao longo do dia pois como din “eres o que comes”, asi que hai que evitar “aqueles productos” non só polo que son extremadamente caloricos senón polo mais importantes polo dano que causan ao organismo.

    Segun o comité intergubernamental da UNESCO decideu incluir á dieta mediterránea na Lista do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. A candidatura foi presentada conxuntamente por España, Grecia, Italia e Marruecos.
    Según expón a Unesco, “a dieta (diaita= modo de vida) mediterránea é un conxunto de competencias, coñecimentos, prácticas e tradicions relacionadas coa alimentación humana, que van desde a terra á mesa, abarcando os cultivos, as cosechas e a pesca, así como a conservación, transformación e preparación dos alimentos e, en particular, o consumo déstos”.

    Un estudio revelou que a dieta mediterránea protexe as áreas do cerebro relacionadas coa memoria e o pensamento, e reduce o risgo de sufrir infarto cerebral. Por outra parte, de acordo cunha investigación publicada na prestixiosa revista British Medical Journal en 2008, este tipo de alimentación protexenos da maioría de enfermedades crónicas, incluindo o cáncer, a enfermedade de Alzheimer, as cardiopatías e o mal de Parkinson.

  20. sabela rey di:

    Eu penso que este tipo de alimentos pasan polos controis de sanidade adecuados e que somos nós quenes deciden comelo ou non (a diferenza do tabaco, atrás mencionado, pois causa tamén problemas na persoa do lado, os fumadores pasivos, mentres que esta comida causa problemas a quen a toma).

    No comentario de Laura Montes vin que falaba do termo da cultura gastronómica, e resúltame moi interesante porque para min esta é a causa de todo. Estados Unidos é un país cuxa cultura gastronómica é inexistente (alí o prato típico é unha hamburguesa), e tendo en conta que neste mundo globalizado todo se exporta ese mal costume (como tantos outros) chegou até nós, europeos, cunha cultura gastronómica inmensa, con algunhas comidas máis ou menos boas, pero coa dieta mediterránea, co aceite de oliva, etc.

    Resúltame “interesante” que, aínda por enriba, este tipo de alimentos con graxas trans, nefastos para a saúde, tamén impliquen depresión.

  21. lizeth viancha di:

    Estou completamente dacordo co que di Dante xa que se esos produtos están no mercado é porque as asociacións da saúde o permiten, non temos que pensar que hai unha rede que conspira ao noso redor para que engordemos e morramos (polo menos non neste caso). No primer comentario de Breixo, fala sobre o perxudicial que é o aceite de palma para a nosa saúde e gustaríame engadir que non só para a nosa saúde senón para o medio ambiente, non sei se recordades o vídeo que ensinou Adela na clase, polo menos na nosa o fixo: http://www.youtube.com/watch?v=1BCA8dQfGi0
    por cousas como a de este vídeo teríamos que coidar máis do conxunto e non preocuparnos tanto por nós…
    En canto ao traballo publicado na revista “PLoS ONE” penso que hai que ter moito coidado cos alimentos que as conteñan (bollería industrial na súa maioría) aínda que sexa difícil porque unha cousa é que teñamos libre albedrío pero outra a forma ca que publicitan os seus produtos (consumismo). Dende logo a imaxe da noticia o resume bastante ben xa que o personaxe caracterízase polo seu amor aos donuts (canto máis grandes mellor).

  22. Soledad Muiño di:

    Un estudio presentado no último Encontro Anual da Asociación Americana de Neuroloxía revela que a dieta mediterránea protexe as áreas do cerebro relacionadas coa memoria e o pensamento, e reduce o riesco de sufrir infarto cerebral. Por outra parte, de acordo cunha investigación publicada na prestixiosa revista British Medical Journal en 2008, este tipo de alimentación protéxenos da maioría de enfermidades crónicas, incluíndo o cáncer, a enfermedad do Alzheimer, as cardiopatías e o mal de Parkinson.

    Tamén dicir que a dieta mediterránea foi nomeada patrimonio da humanidade.

    Deixo un enlace sobre o exceso de graxa pode “reducir” o tamaño do cerebro.

    http://www.muyinteresante.es/iel-exceso-de-grasa-encoge-el-cerebro

  23. jose luis lopez di:

    As grasas trans son perxudiciais para a saude, por eso algunhos gobierno como Dinamarca han decidido prohibir estas grasas, polo seu risco para a saude, e algunhas empresas como Eroski han optado por non elaborar os seus produtos con este tipo grasas ou facerlo con un contido minimo.

    Asi empresas buscan salidas mais saludables como é a empresa Hi-Bred a cal asegura que a sua soja modificada xenéticamente producirá aceite sen grasas trans que obstruen as arterias. Se supone que o aceite con alto contido en ácido oleico durará de tres a cinco veces máis nas freidoras comerciais que a maioría dos aceites sien grasas trans.

Deixa unha resposta