Fobias

imagenUnha fobia é un medo forte e persistente ante certas situacións, obxetos, actividades ou   persoas. O síntoma deste trastorno de ansiedade é o excesivo e irracional desexo de evitar a toda costa ó obxeto que orixina o medo. Cando o medo está máis alá do control da persona, e termina interfirindo na súa vida diaria, diagnostícase coma un trastorno de ansiedade que debe ser tratado. As fobias presentan un doble mecanismo, primeiro o afectado comeza a temer algo (que asocia a algunha experiencia negativa), despois trata de evitalo, o que leva a ter cada vez máis medo. Fuxir do obxeto do seu temor faille  mitificalo e aumenta a súa ansiedade ante cada encontro. O resultado é un ser humano consciente da irracionalidade do seu temor, pero ao que lle resulta moi difícil loitar contra él.
Todos temos medo en certos momentos, ante certas situacións. A explicación xeral é que o medo é unha forma de estar preparados ante un perigro. Pero as veces esos medos  volvense moi intensos, e irracionais.

A vida en sociedade  fai que estos trastornos se multipliquen. As fobias soen aparecer  na infancia ou ao comezo da vida adulta. Está, en xeral, aceptado que as fobias aparecen coma unha combinación de eventos ou factores externos e predisposicións internas do individuo.

Neste enlace atoparedes a lista completa de todas as fobias
E vos, deixádevos superar polas vosas fobias? Teñen tratamento? Qué outros trastornos de ansiedade existen?

Soledad Muiño

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.