Viaxe ao centro da Terra.

imagen

  Obter unha mostra do manto da Tierra, ademáis dun argumento de ciencia ficción de Julio Verne (1864), é un ambicioso proxecto para a comunidade científica desde fai máis dun siglo. Os investigadores comparan o logro coa obtención das rochas lunares traidas  polas misións Apolo, xa que: “o proxecto é tan colosal e complicado como chegar á Lua e, da mesma forma que ca viaxe espacial, os seus achados poderían axudar a comprender a orixe, a evolución, e os límites da vida microbiana  no noso planeta”. A pesar das dificultades, os  responsables desta misión, Damon Teagle, da Universidade de Southampton (Reino Unido) e Bennot Ildefonse, da Universidade de Montpellier (Francia), afirman esta semana na revista «Nature»  que xa dispoñen da tecnoloxía para  perforar a codia e chegar, no 2022, ata o manto. Os científicos queren recuperar o vello proxecto Mohole, utilizando esta vez o Chikyu, un sofisticado barco xaponés que pode traballar cun máximo de 10 km de toberias. Se encontran os fondos necesarios, están convencidos de que a misión pode comezar durante esta década e ser completada en quince anos. O mes que ven, unha expedición será enviada ao Pacífico.

 Que vos parece este proxecto?

Autora: Cristina González

Esta entrada foi publicada en 2. Tectónica de Placas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to Viaxe ao centro da Terra.

  1. paula manteiga di:

    Esta idea paréreme boa, posto que grazas a invensigacións de este tipo sabemos moito da Terra.
    O que non me gusta moito e a idea dos cartos, porque é moito custo e se pasou o menos co proxecto Mohole que tivo que cancelarse sendo só 4km non me quero imaxinar empezar a facer un burato de 10 e deixalo por ter poucos cartos para rematar.

  2. jorge suarez di:

    Ainda que a investigacion poida parecer moi custosa pode ser de gran importancia xa que pode contribuira a que coñezamos a orixe da vida e asi poder mellorar e progresar.
    Deixo un enlace sobre o chikyu:

    http://www.taringa.net/posts/imagenes/3846674/mega-barco-planeta-tierra-chikyu.html

  3. andrei lee di:

    Para mi opinión este proxecto de chegar ao centro da terra paréceme bastante lonxano, para nosa época case imposible, xa me parece moi difícil chegar ao manto non me imaxino ao núcleo. Aparte de que ten un custo moi elevado eu creo que se poderían encontrar novos métodos para estudar o centro da terra sen ter que chegar a ela, cosa que xa fixo a NASA para saber si o centro da masa do planeta se movia e efectivamente é asi movese un milímetro cada año, pero eu creo que de isto a estudar as pedras sen perforar tamén está moi lonxe. Tamén aparte do custo ten outro inconveniente, a perigosidade que ten baixar alí que para unha persoa sería imposible a mi parecer, pola temperatura, os derrumbamentos,etc.
    Déixovos un vídeo de imaxes con exploracións a cavernas profundas, pódese ver nas imaxes que so baixar a estas cavernas é unha tarea moi difícil.
    http://www.youtube.com/watch?v=D1wZAt4isyg

  4. vera lopez di:

    O proxecto Mohole tenia a intencion de perforar a corteza oceanica dentro do manto terrestre (catro Km) e penetrar ata onde a corteza se une co manto. Este programa iniciouse no ano 1950, sen embargo debido o seu alto costo, no ano 1960 cancelouse. Consistía nunha especie de perforacion no medio do mar, que lle fixeron unhas especies de maquinas que permitian que se movera coa marea. Tiña un embudo na parte perforada onde estaba o perforador para que non se saira do burato obtenido. O perforador tiña uns diamantes para taladrar a roca, que era sacada e estudada. O perforador partiuse e os custos de reparacion eran tan caros que os accionistas que financiaban o proxecto deixaron de financialo.

    Pareceme unha boa idea. Non estou dacordo co comentario de Paula, posto que se deixaron a medias o proxecto Mohole era porque non contaban con que o perforador esmagara. Sen embargo se agora queren retomar o proxecto, os cientificos xa contaran co feito de que non lles pode sair todo como teñen planeado, e se isto pasa supoño que contaran coas medidas necesarias para arranxalo.

  5. breixo gonzalez di:

    Penso que o lugar máis indicado para perforar é no marr, pero por que non facelo no punto máis profundo do mar?
    Este punto é A fosa das Marianas que ten unha profundidade de 11 Km.
    http://www.sabiask.com/sabiasque/geografia/punto-mas-profundo-tierra.html

    Pero pareceme que perforar a terra é una tarefa demasiado complexa.

    Deixo un enlace que contén información do proxecto Kora Superdeep Borehole.
    As imaxes parécenme sorprendentes.
    Este hoyo ten un efecto de succión e provocou algúns accidentes de helicopteros.
    http://centaurea.cultureforum.net/t208-el-hoyo-mas-profundo-de-la-tierra

  6. tatiana barbosa di:

    Creo que é bo tomar iniciativas para coñecer máis a fondo o noso planeta, posto que estanse a estudar máis outros e sen nin sequera coñecer o noso.

    Está claro que é moi custoso pero persoalmente creo que paga a pena, é algo nunca feito e que se se chega a conseguir será un avance moi importante para a ciencia, porque o manto supón un 68% da masa do planeta e coñecer a sua composicion poderianos axudar a comprender mellor como se formou a terra.

    Deixovos un documental moi aclarador que atopei sobre como sería viaxar ao centro da terra:
    http://www.youtube.com/watch?v=0mzvijYb_RE

  7. adriana rey di:

    Eu creo que o diñeiro que se vai a emplear nese estudo fai falta noutras cousas, hai moitos problemas ainda por solucionar e pareceme que é millor deixar iso pa outro momento.

  8. andrei lee di:

    Vera o que dis do comentario de Paula non é asi do todo, ti mesma estas dicindo que o cancelaron polos altos custos de reparación, así que por un lado si que era polo prezo.
    Os soviéticos tamén o intentaron na península de Kola en 1970 e terminou en 1980 cunha profundidade de máis de 13km pero seu obxectivo final de 15 km encóntrase a medio camino xa que ahi o manto está a 30 km de profundidade.

    Déixovos tamén un enlace no que explica bastante ben o proxecto Mohole e o que ten que ver con el.
    http://www.3djuegos.com/foros/tema/6033049/0/viaje-al-manto-terrestre/

  9. carolina rodriguez di:

    Eu estou dacordo co que di Breixo de perforar no lugar máis profundo, xa que é o máis lóxico. Penso que obter mostras da codia terrestre podería ser moi interesante e beneficioso, xa que non sabemos o que poderíamos chegar a atopar, e en que utilizar esos novos coñecementos en prol da humanidade e do mundo en xeral. Pero, tamén pode que non encontren nada co que xustificar a cantidade de diñeiro invertido, polo que a xente non falará deste proxecto senon ten éxito,xa que, no caso contrario, o pobo saberá o diñeiro invertido e dirá o mesmo que Adriana, que temos cousas máis urxentes nas que gastar os cartos.

  10. andrei lee di:

    Respecto o que di Breixo, non estou dacordo xa que eu creo que ten un problema, ao facelo no mar teríamos que aguantar a presión do auga e en terra firme aínda que o burato que teríamos que facer sería moito máis largo é máis cómodo, pero aínda así me sigue parecendo unha tarfea moi difícil de facer.

  11. laura sanjurjo di:

    Isto paréceme moi interesante, xa que poderanse descubrir cousas novas nesta nova viaxe. Máis, ó igual que Adriana, tamén creo que os cartos, na situación na que estamos, deberían de empregarse en cousas máis importantes e deixar a exploración da terra pra un momento máis adecuado.

  12. vera lopez di:

    Lee creo que non me entendiches ben, en ningún momento dixen que non fora polo prezo. Paula dixo que se a primeira vez que o intentaron non o puideron rematar porque non tiñan cartos dabondo, non se imaxinaba o que farían se esta vez lles pasase o mesmo. E eu dixen que penso que esta vez xa contaran coa posibilidade de que necesiten mais cartos, e así rematarán a investigación.

  13. ivan garcia di:

    Primeiro comentar unha cousa que ningún dos meus compañeiros citou e a circunstancia de que Xulio Verne escribira algo xa relacionado con isto. Sempre me encantaron os seus libros e non me deixa de sorprender que este home fose capaz, sen querer (ainda que isto non o teño claro), de poder anticipar cousas como o viaxe a Lúa, como o que se comenta nesta noticia, viaxes as profundidades dos océanos…etc. Un verdadeiro visionario.
    Por outro lado pareceme moi interesante a idea que se plantea nesta noticia, sobre todo nunha cousa, xa que isto nos permitira coñecer mellor o noso planeta.
    Dende logo o que non me parece e un malgasto de cartos xa que todo o que sexa investigar o noso planeta e coñecelo mellor sempre é interesante.

  14. luis ogea di:

    Na miña opinión pareceme interesante o proxecto por todas as razóns xa citadas polos meus compañeiros como un coñecemento máis profundo da terra,etc.Aínda así non me parece ben entrar na discursión sobre os cartos porque xa o discutimos noutra entrada e na miña opinión os cartos empregados no descubrimento non está desperdiciados,ademáis si esperamos a un momento mellor nunca poderemos levar a cabo ningún dos futuros proxectos.
    E é certo o que di Iván sobre Xulio Verne,e coma se coñecese o futuro.

  15. aida rodriguez di:

    A verdade e que isto coma en todo ten pros e contras, penso que estudar o centro da terra e estraer as rochas do manto terrestre sería un gran avance para a ciencia xa que nos axudaría a chegar a comprender moitas lagoas respeto a evolución da Terra.

    Ainda así, a parte mala e que eu penso que se agora mesmo non hai cartos nin: para chegar a lúa, estudar marte o mesmo penso para estudar as rochas que se atopan no manto, ainda que volvo a repetir sería un gran avance.

  16. carolina lopez di:

    Eu penso que este proxecto se consiguese sería un gran avance na xeologia e noutras ciencia, xa que se poderia comprender mais sobre o interior do noso planeta.

    Buscando atopei unha cousa curiosa:
    Unha bacteria (Candidatus Desulforudis audaxviator) que pode sobrevivir a 3 km de profundidade nunha grieta rocosa moi caliente, pobre en oxigeno e na mais absoluta oscuridade, a cal vive practicamente soa sen contacto con ningun outro ser vivo na mina de Mponeng, ten o seu nome como homenaxe á novela Viaxe ao centro da Terra, de Xulio Verne. O seu protagonista, o profesor Lidenbrock, debe descifrar nun momento da aventura un mensaxe en latín: “descende, Audax viator, et terrestre centrum attinges”. Que significa, “descende, audaz viaxeiro, e alcanza o centro da Terra”.
    Increible como pode haber vida a tan extrema condicions.

  17. sabela rey di:

    Parécem un proxecto moi interesante e importante que, no caso de realizarse satisfactoriamente, suporía un grande avance e respondería a moitas cuestións. Non creo que sexa un mal uso do diñeiro ou unha mala inversión, polo tanto; tendo que ver coa formación do noso planeta paréceme correcto.

    Atopei nas follas do seguinte libro (comeza na 365) unha explicación sobre como o Proxecto Mohole iniciado hai medio século “rompeu” dalgunha maneira as relacións entre o Goberno de Estados Unidos e a súa inversión en ciencia. O proxecto comezara cun custo duns 5 millóns, e aos poucos meses xa subira aos 125 millóns de dólares. Este é o enlace: http://books.google.es/books?id=GAZs7W6IEKMC&pg=PA365&lpg=PA365&dq=proyecto+mohole+origen+nombre&source=bl&ots=jDW5JfZV1J&sig=qaNaBNzVCakTdK-nN_XW9CaXksM&hl=gl&ei=J8qhTcuNHpKFhQf7odGPBQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CBUQ6AEwAA#v=onepage&q=proyecto%20mohole%20origen%20nombre&f=false

  18. jose luis lopez di:

    Pareceme que esta investigacion seria un avance para coñecer a Terra, hai algunhas preguntas fundamentais acerca de cómo evolucionou a Terra que só seran capaces de contestar unha vez que haian comprendido completamente a estructura da corteza que se atopa por encima do manto, o interfaz entre o manto e a corteza (coñecido como a discontinuidade de Mohorovicic o Moho, en honor ao científico que a descubriu) e logo tamén a natureza do manto mesmo.

    Atopei buscando que aparte dos agujeros creados polo ser humano para investigacions sobre o interior da Terra, hai agujeros naturais como é o gran agujero azul que é parte do sistema de reservas da barrera do arrecife de Belice
    Aqui os deixo un enlace:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Gran_agujero_azul

Deixa unha resposta