Os robots xa non son ciencia ficción

Numerosas universidades están a traballar nestes momentos para crear robots cada vez máis parecidos a nós.  Uns intentan recrear os nosos movementos, comportamentos e sentimentos, outros teñen múltiples utilidades para a vida cotiá e para facer traballos no espacio, nos hospitais, etc. Para todo iso usan sensores e sistemas hidráulicos.

Poe exemplo; robots de rescate, robots para a medicina (como el robot cirurxán Da Vinci, que fai poco tempo realizou a primeira operación robótica do mundo coa axuda do robot anestesista McSleepy), robots espaciais (como R2 o primeiro robot Humanoide enviado ao espacio para axudar na estación espacial). Tamén existen robots que imitan aos nenos pequenos chamados robots bebe aos que se intenta educar para que aprendan a andar, a moverse, a falar (como o robot iCUB entre outros).

Cál será o próximo paso na creación de robots? Chegaran a ser capaces de facer todo o que podemos facer nós ?

No video os deixo un exemplo de operación do robot Da Vinci.


Autor: Luis Ogea Borbón

Esta entrada foi publicada en 6. Repercusións avances tecnocientíficos na sociedade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Os robots xa non son ciencia ficción

  1. anton perez di:

    Os robots están demasiado mitificados. De momento no que non se avanzou moito é en intelixencia artificial, pero eu creo que non nos convén que os robots teñan autonomía. Eu penso que deberían ser programados para un só fin e que o fagan ben. As utilidades neste caso son infinitas. No futuro creo que a nanotecnoloxía vai ter un papel fundamental na robótica. Esperemos que cumpran as 3 (en realidade 4) leis da robótica.

  2. dante varela di:

    Estiven a buscar información sobre robots e encontrei sobre todo robots inútiles que so son creados por diversión, dedicanse a imítar accións humanas como correr, caso dun robot creado por Toyota, ou xogar ó fútbol caso do robot creado por Hajime Sakamoto.
    Pero tamén busquei información sobre o McSleepy, e pareceume increible o que fai, xa que é moi exacto e axuda moito á hora dunha operación xa que os medicos poden estar máis atentos a operación, e ademáis nunca cometeranse nin excesos nin escaseza para o paciente, á hora da anestesia.

  3. lizeth viancha di:

    O robot Da Vinci eu xa o coñecía por referencias na serie “House” onde se veia claramente a exactitude e o máxima paciencia que se debe ter con el xa que co mímino faio se pode facer unha catástrofe. Robots coma estes fan que a mediciña mellore pero sempre hai que pensar que os leva un humán, que non fan o traballo sós.

    Penso que uso de robots para a mellora e o avance da vida humana no planeta esta ben (coma os robots que limpan, que axudan en operacións, etc) pero que sempre hai que ter coidado non vaia a ser que pase como na película “Yo robot” onde se ven os posibles problemas coas tres leis roboticas que se basan na inexistencia da moral (como é lóxico nunha máquina). Esta película fai unha boa reflexión sobre a situación na que se encontra o home sobre o mundo e avance tecnolóxico.

  4. judit pousada di:

    Pareceme impresionante que un robot poida facer todas estas cousas.Facer unha operacion unha cousa tan complexa como esa ou anestesiar,nunca oira falar de isto.Eu creo que nun futuro moitas cousas estaran robotizadas e por unha parte é unha vantaxe pero por outra parte non.
    Busquei mais informacion de robots e encontrei esta enfermeira robotizada,é increible :

    http://www.youtube.com/watch?v=qyNpP2zF1Z4&feature=related

  5. laura montes di:

    Hoxe en día xa empregamos moito os robots. Nas cadeas de montaxe, diferentes fábricas, na medicina, en operacións de riesgo…

    Sin embargo, é ben certo que falta moito para que cheguen a ser copias exactas dun ser humano.
    Creo que a orixe dos robots está ben clara: axudar e facilitar as actividades humanas.
    Nese sentido xa temos bastantes exemplos. De feito últimamente en Xapón saiu ao mercado un modelo de recepcionista robótica capaz de interactuar cos clientes.
    (http://www.20minutos.es/noticia/175272/l/robot/yuriko/recepcionista/)

    Lizeth, penso que non chegaremos ao extremo de “Yo robot”, aínda que os robots nese filme son realmente humanos. Esperemos que non chegue a pasar algo así.

  6. tatiana barbosa di:

    Está moi ben crear robots tan útiles coma este para incrementar a precisión, que sen dubida é imprescindibel para levar a cabo unha operación quirúrxica. E ao igual que Dante creo que con respecto á robotica debe investigarse máis pensando nos avances e vantaxes que poden ter os robots, e non facer robots sen ningunha utilidade.

    Lendo os comentarios dos meus compañeiros vin que falaban das tres leis e eu busqueino porque non sabía o que eran, deixo o enlace da resposta que atopei por se hai alguén máis coma min que non o saiba:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Tres_leyes_de_la_rob%C3%B3tica

  7. laura garcia rueda di:

    Isto dos robots paréceme dos avances científicos/tecnolóxicos máis grandes que o home puido dar xa que nun posible futuro poderan existir robots que nos fagan as tarefas de traballo que o ser humano é incapaz de facer o que ao facelas corre un gran risco.

    Buscando máis información sobre o avance en robots encontrei unha noticia na que conta que uns investigadores de EEUU crearon un robot que responde aos xestos humanos.
    Isto se debe a instalación no robot duns programas informáticos especiais e dunha cámara de luz infravermella para detectar obxectos e establecer distancias entre a cámara e estos.

    Déixovos o vídeo de demostración deste “obediente” robot:
    http://www.youtube.com/watch?v=Yf-i44hoVMQ&feature=player_embedded

    Tal e como pódese ver no vídeo de demostración, os creadores utilizan unha serie de señais realizadas co brazo e a man para dar instrucións ao robot. Por exemplo: “Espera” ou “Sigue”.

    Nesta páxina que é onde encontrei a noticia, podédes ampliar a vosa imformación sobre este robot e o seu funcionamento.

    http://www.tendencias21.net/Crean-un-robot-que-reacciona-a-los-gestos-humanos_a3064.html

  8. laura sanjurjo di:

    Non me parece moi lóxico deixar a vida dunha persoa nas mans dun robot, máis imaxino que farían moitas prácticas, ainda así é arriscado. Os robots de rescate sí me parecen moi útiles. Pero non entendo a finalidade dos robots bebe, a única sería que os pais practicasen antes de dalo paso cun bebe de verdade. Máis hai que ter coidado co que se lles ensina a estes robots, non se vaian volver na nosa contra.

  9. raquel blanco di:

    Penso que no caso das operacións quirúrxicas non ten moito sentido que aparezan os robots. Polo menos ó ver o video, non parece moi útil, posto que o médico ten que facer igual a operación, pero á vez pareceme que ten menos precisión á hora de cortar algún tecido por exemplo. Noutros casos si que lle encontro moita máis utilidade. Por exemplo, lin unha noticia na que poñía que uns días despois da catástrofe de Xapón, comezaron a utilizarse robots para resolver esta crise. Este caso véxoo máis útil porque trátase dunha cousa da que os humanos non poderíamos facer tan “facilmente” coma unha operación.

  10. vera lopez di:

    Buscando información sobre robots, encontrei estes outros que parécenme bastante impresionantes:

    •O BigDog: un perro robot creado por Boston Dynamics. Trátase dun robot aterrador, ideado con fins bélicos e desarrollado para ser utilizado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. Este robot pode atravesar terreos dificultosos e créese que nun futuro poderá acompañar ós soldados durante as suas misións. A gran vantaxe deste robot é que permite cargar nada menos que 150 Kg de peso.

    •O Kaspar (Kinesics Synchronisation in Personal Assistans Robotics): é un robot creado para axudar ós nenos autistas. Este robor é sociable e comunicativo e foi ideado para mexorar o aprendizaxe e a integración dos autistas coa sociedade. Ainda que coste creelo, este robot permite transmitir información mediante expresións e gesticulación. Asimesmo, este robot pode monitorear os movementos do neno.

    •O robot doméstico Wakamaru: trátase dun robot xaponés creado por Mitsubishi Heavy Industries. Wakamaru é un robot que ten un custe de 10 mil dólares por por unidade. O que fai é realizar tarefas do hogar con rapidez. Trabaxa cun sistema operativo de Linux e pode recoñecer a dez persoas, entre elas os seus donos pois posúe un par de cámaras. Tamén ten un repertorio de dez mil palabras, así que podes manter unha conversación con él.

    Mirade este video é dicídeme se non vos parece impresionante todo o que fai a ciencia (ainda que a min dame un pouco de medo): http://www.youtube.com/watch?v=uvcQCJpZJH8

    Sobre o comentario de Dante, non creo que os robots creados por Toyota sexan de todo inútiles. Por exemplo, Toyota inventou un robot que é unha especie de cadeira de rodas, que permite o transporte de persoas en distancias cortas, evitando obstáculos e puidendo superar solos irregulares. En Sapón trabállase moito en conseguir robots que podan axudar ás persoas mallores nas suas tarefas diarias e este robot é un paso adiante hacia ello.

  11. andrei lee di:

    Eu penso, co respecto ao que di Dante e Tatiana, que non é a así porque na ciencia sempre se descubren cousas que no mmomento pode que non sirvan de nada pero sempre nun futuro sirven para algo, sempre hai que seguir unha serie de pasos para chegar a un fin, no caso do robot que corre se queremos que un robot vaia rapido a rescatar a alguen dun incendio, por exemplo, terá que correr para facelo.
    O da autonomía dos robots é un tema bastante discutible, eu penso que non deberian ser autónomos totalmente xa que os creamos cun fin e para algo concreto, algo que faga todo por nós eu creo que acabaría directamente por sustituirnos e so os creamos para que axuden e faciliten os traballos, como ben di Laura Montes.
    Na actualidade a robótica ten un importante papel militar, destacan o espionaje militar; por exemplo, os chamados ciber-insectos que é o que máis destacan para o espionaje militar, consisten en insectos reales que se lles implantan microtecnoloxías para controlalos a distancia, con distintos fins entre estos os de brindar axuda ou detectar armas químicas; tamén destacan nos modelos militares da robótica, as bombas intelixentes, ou tamén as coñecidas como bombas guiadas, son bombas de caída libre só que cunha serie de inxenios para aproveitar a súa enerxía cinética e poder maniobrar durante a súa caída para que alcance o seu obxectivo.

  12. dante varela di:

    Perdoade, pero o que eu encontrei do robot de Toyota era un robot de uns 140 cm que so imitaba as persoas, e que é capaz de correr a uns 7 km/h, e iso paréceme unha perda de cartos xa que non é ningun avance.
    Por outra parte non entendo o comentario de Laura Sanjurjo xa que en ningun momento deixase a vida dunha persoa en manos dun robot, xa que sempre esta unha persoa, e ademais o robot o que fai é facilitar o traballo da ciruxía.

    Xa para rematar, pensades que os robots so teñen ventaxas? Eu creo que tamén teñen uns incovenientes evidentes, como é a substitución das persoas polos robots o que provoca desempleo, e tamén unha maior producción o que leva a mais consumismo e contaminación.

  13. andrei lee di:

    Aínda así eu manteño a miña idea que na ciencia sempre se fase algo cun fin aínda que ese fin non este determinado creo que no futuro para un robot correr é algo basico nunha das súas funcións, a ver non me refiro nese robot en concreto pero noutro robot poderase usar este como referencia para poder facer correr a ao novo robot, penso eu.
    Con respecto as desvantaxes eu penso que unha das maís importantes é o desempleo que podería ocasionar xa que moitos robots xa poden facer o traballo por si so, sustituyéndonos nesa área aínda que é certo que tamén crea postos de traballos seguen sendo máis os postos de traballo que quita que os que crea.

  14. paula manteiga di:

    A min o mundo da Robótica sempre sorprendeume.
    Pero o que non me chega a gustar e que na actualidade en paises como China moitas persoas sexan remprazadas por robots, como os robots comerciais e industriais, que se ultilizan, hoxe en dia, para os traballos perigosos, pero ainda en si, nun futuro serán moito mellor e sustituiranos por nós.

    Para mi, os roborts inventados para a ciencia gústanme, porque el ‘ROV Kiel 6000’ e capaz de descender a unha profundidade de 6.000 metros, e gracias a isto pódese investigar moito más e saber sobre a vida acuática.

    Tamén un caso en España e a invención de un pez robot que nadara polo cantábrico en busca de contaminación no ano 2009.
    Foi un pez co tamaño dunha foca creado por científicos Britanicos.

    Deixovos un video dun robot en forma de pez.
    http://www.youtube.com/watch?v=eO9oseiCTdk

  15. vera lopez di:

    Creo que estades adelantando moitos acontecementos, e todos temos unha idea un pouco distorsionada dos robots por películas como “Yo Robot”.
    Ainda se todo isto ocorrese nun futuro, tampouco penso que vaian sustituir a todo o mundo por robots. E se así fora, creo que non estaría de todo mal, porque se o fan será porque teñen maior capacidades que nós e estarán mais cualificados. Tamén pensade que para crear todos os robots que se requerirían, necesitarían humáns, polo o tanto o desemprego tampouco sería tanto como dicides.

  16. vera lopez di:

    Por certo, ¿sabedes cal foi o primer robot que se construíu e con que fin o fixeron?

  17. paula manteiga di:

    Os primeiros robots humanoides programables foron inventados no ano 1206 polo musulmán Al Jazarií, pero no IV antes de Cristo o grego Arquitas de Tarento creou unha ave mecánica que funcionaba con vapor e ó que chamó “La paloma”.

  18. lizeth viancha di:

    O apunte que fixen sobre a película foi só un dato das distintas cuestións morais que se fan nela en relación cos robots e polo tanto con esta noticia, non o puxen como “idea do futuro” ou como unha regra que se vaia cumprir…

  19. carolina lopez di:

    Pareceme increible os avances tecnoloxicos que fai a humanidade, eu creo que os robots seran de gran utilidade en todos os campos medicos, domesticos, etc…

    Por seculos o ser humano construeu máquinas que imiten as partes do corpo humano ou a outros animais.
    un exemplo da imitacion en animais é este robot que se move como medusa no auga. Chamase Aquajelly e está dotado de oito tentáculos cunha estructura Fin Ray Effect®, que se contraen como as aletas dun pez.

    Cada medusa-robot decide por se mesma as maniobras que executa, detecta as estaciones de recarga de energía na superficie do auga e emite señais de posición para comunicarse co seus compañeiras. A empresa alemana FESTO planea crear unha comunidade completa destos robots intelixentes para que traballen de maneira autónoma baixo o auga.
    Aqui vos deixo un video:
    http://www.youtube.com/watch?v=HSTJVnf5nyA

    Ainda asi os robot que mostran na entrada son increible sobre todo o aspecto humano que ten.

  20. jose luis lopez di:

    Os robot estan inspirados en diversas partes, formas dos seres vivos e utilizase en diversos traballos como na insdustria farmaseutica, na fabricas de coches, etc.

    Os robot da estacion espacial internacinal poden ser:
    O Brazo Robótico Articulado, fabricado en Canadá e que graxas a súa orixen recibe o sobrenome de “Canadarm2” ou en español, “Canabrazo2”.
    Cun peso de 1640 kilos e unha lonxitud de 17.6 metros, súa principal cualidade é a de que este brazo non esta anclado á estación, senon que a cada un dos dous extremos do brazo atopamosnos dous manos robóticas que o canabrazo usa para “caminar” polo exterior da nave e suxetarse á mesma.

    Aqui os deixo un enlace coutro exemplo de robot:
    http://www.neoteo.com/robonaut-ya-esta-en-la-estacion-espacial

  21. gabriela lopez di:

    Creo que a tecnoloxía van tan rápido, que dentro de moi pouco veremos robots capaces de facer os labores que calquera persoa humana, é máis creo que chegarán a substituírnos en moitas cousas que actualmente facemos nós.

    Sería moi útil ter estes robots para tantas cousas, pero creo que no que se axudaría moito seria nos hospitais, coidando as persoas. Este é un traballo que demanda tempo e paciencia e un robot posúe esas dúas características, ademais que seria probable que den un diagnostico moi fiable, de forma que non terían fallos no tipo de tratamento que se debe seguir, nin a medicación que se debe tomar etc..

    A pesar de que eu creo que nun futuro poidan chegar a substituírnos en campos como o traballo, nunca poderían chegar a ter sentimentos, nin a capacidade de razoar por se mesmos, nin de experimentar sensacións, xa que iso é algo que nos fai especiais os humanos.

  22. marta rodriguez di:

    Algunhas vantaxes do uso de robots na ciruxía son: a velocidade, a precisión, a fiabilidade, o rendemento e o menor cansancio dos ciruxáns; ademáis que co tempo as tecnoloxías avanzan e os robots van mellorando. Aínda que presentan moitas vantaxes, eu tamén opino que teñen inconvintes, como o seu elevado costo.

    Actualmente, estanse a desenvolver leis éticas, que consisten en establecer os límites ata os que podemos chegar para que estas máquinas sempre sexan controladas por humáns.

    Na miña opinión, ata un certo límite (non deberían nunca estar destinados á destrucción nin á substitución por humáns) os robots son necesarios e algúns son imprescindibles para axudarnos a solucionar problemas que por nós mesmos seríamos incapaces.

  23. cristina gonzalez di:

    Deixo información sobre outro tipo de robots que encontrei:

    HRP-4. Este robot é un dos androides máis avanzados que a humanidade ha creado. Convenentemente programado e con algunhas melloras podería: traballar en cadeas de montaxe; facer de maiordomo nos nosos hogares, limpando, cociñando, facendo o mantenimento do hogar, xendo a buscar suministros, limpeza urbana; agricultor, constructor; instalador; guardabosques; bombero; reparador; mecánico… en fin todo o que se nos ocurra.O seu prezo é dunhos 200.000 euros.

    ROBOT ÉTICO “NAO”. Nao ha sido diseñado para resolver dilemas éticos. O androide decide que facer primeiro en función dun código ético de valoración sobre tres parámetros diferentes: 1. Facer o ben, 2. Previr danos e 3. Ser xusto.
    http://www.youtube.com/watch?v=ZLdvCDFriTQ&feature=player_embedded#at=191
    No video se describe o proceso de decisión. Esta máquina, convenentemente mellorada, é ideal para labores en residencias de ancians, asistente de personas discapacitadas, asistente persoal de ancians, enfermería, labores humanitarias… O seu prezo, 10.000 euros.

    HAL 5. O exoesqueleto HAL 5 permite multiplicar a forza da persoa que o leva ata tres veces.
    O artiluxio, funciona detectando os impulsos eléctricos que xeneran as nosas terminacións nerviosas.
    O ordenador integrado no sistema o interpreta e, inmediatamente, ordena ao exoesqueleto, que active a zona anatómica onde se precise forza e movemento. Este exoesqueleto é ideal para persoas con pérdida de forza muscular, patoloxías de movilidade diversas, para realizar actividades que precisen gran cantidade de esforzo físico, etc, pero sobre todo para facilitar movilidade aos ancians. O seu prezo se estima actualmente nuns 30.000 euros.

    CYBORGS. Non debemos olvidar os avances no referente a implantes mecánicos o biomecánicos, os cales poden axudarnos a non perder a memoria, a incrementala, potencialos nosos sentidos, etc.

  24. aida rodriguez di:

    O meu parecer, os robots están ben sempre e cando non sustitúan o traballo dos seres humáns, posto que se nos inventamos robots que mesmo poidan ser camareiros e servirnos nun restaurante.

    O que si que me parece ben, son os robots que nos axuden, por exemplo tras a catástrofe de Xapón distintos tipos de robots desempeñaron diferentes tipos de actividades: a búsqueda de cadáveres, axuda para limpar a central de Fukushima.

    http://montelpz.htmlplanet.com/robot/anteproy.html Deixo eiquí este enlace que fala da robótica dende antes de Cristo.

  25. breixo gonzalez di:

    O dos robots é un tema moi amplo e profundo, porque existen robots que pretenden imitarnos e estan feitos non sei con que fines, pero tamén están os robots emporegados nas fábricas, ou os robots empregados para a guerra como dixo Vera.

    O dos robots os vexo como un gran avance, ahora existe un robot aspirador uqe aspira a túa casa, ti solo ses que encendelo e se a súa batería esta a rematar o robot volve e recárgase solo.

    Deixo un enlace que fala dun rpototipo de robot que fixeron uns británicos,
    O robot é capaz de facer descubrimientos el so!
    http://www.neoteo.com/adam-el-primer-robot-cientifico-15385

  26. sabela rey di:

    Cando escoito a palabra robots asóciaa irremediablemente, aínda que non teña sentido ningún, a C3PO, o filme “Yo, Robot” e ao nome de Isaac Asimov. Obviamente é unha visión reducida e distorsionada da realidade.

    Lendo atentamente os comentarios atopo un xeral acordo. No que máis coincido é co de Lee, os avances en ningún caso han ser nocivos, é máis, poden ser moi útiles e chegar a salvar vidas. Sen embargo, non creo que deba ser unha prioridade á hora de invertir en ciencia, pero como todo, sempre hai matices. Á súa vez, un robot que poida salvar á xente dun incendio, ou “colaborar” nunha operación axudando a unha maior precisión e precaución parécenme unha serie de posibilidades moi importantes e a ter en conta.

  27. aida rodriguez di:

    No blogue “amazings” atopei uns robots acuáticos que son capaces de analizar as augas portuarias ou analizar xacimentos de materias primas no océano, deixo aquí o enlace: http://www.amazings.com/ciencia/noticias/221210a.html

  28. Soledad Muiño di:

    Buscando información atopei o seguinte aparello que non sei se estará considerado robot pero que me parece que será moi útil. É un mamógrafo capaz de detectar tumores do tamaño dunha cabeza de alfiler. (E foi creado por unha empresa española) Aquí unha pouca mais de información:

    http://www.muyinteresante.es/diagnostico-cancer-una-nueva-tecnologia-para-detectar-antes-el-cancer-de-mama

    E coma o uso dos robots cada vez está mais extendido no campo bélico, Reino Unido prpón establecer un código ético para os robots participantes en guerras ou en enfrontamentos con persoas.

    http://www.telecinco.es/informativos/tecnologia/noticia/100036650/Reino+Unido+propone+establecer+un+codigo+etico+para+los+robots+

  29. Martina Foglia di:

    A evolución que teñen estás máquinas automatizadas é grandiosa. Basta ver un documental onde varios destes robots realizan movementos e tarefas en fábricas con precisión perfecta durante infinidade de horas e cada vez as súas tarefas teñen maior complexidade. Unha vez programados mantéñense traballando centos deles só supervisados por un home nun computador. Cuantos máis robots incorpórense á industria máis obrigación terán os traballadores para estudar e especializarse en profesións que eles non poidan substituílos.

Deixa unha resposta