Vida extraterrestre en Nova Zelanda

Un equipo de investigadores españois viaxará a Nova Zelanda para analizar duas rexións, con depósito de sílice e con características similares ás do planeta vermello, en busca de vida.

Os científicos analizarán outras catro localizacións extremas e semellantes a Marte, para evaliar se estas áreas son capaces de conservar trazas biolóxicas, xa que a Terra e o planeta vermello formaronse de maneira  similar. Se estudiarán cinco lugares: Barbetón en Sudáfrica, o deserto de Atacama en Chile, río Tinto en Huelva e Parakiri e Rotorua Nova en Zelanda.

A integración de todas as localizacións fai que haxa unha visión conxunta do entorno de Marte. As zonas teñen en común certas características semellantes a algúns ambientes do pasado en Marte. Os investigadores soteñen que a presencia dos restos de biomoléculas en minerais formados nestes ambientes será extrapolable a Marte.

Os resultados do proxecto poden ser de utilidade para establecer cales son as áreas máis adecuadas para encontrar restos de vida. Esta investigación comezou a principios do 2010 e prevese que remate a finais do 2012, tras estudar os depósitos que abarcan dende a actualidade ata os 3.500 milóns de anos das rochas sudafricanas.

Autora: Laura Sanjurjo

Esta entrada foi publicada en 2. Orixe da vida e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.