Norilsk é o núcleo urbano máis ó norte de Siberia e ten uns 230 000 habitantes. Norilsk e Yakutsk, son as únicas cidades na zona do permafrost. Isto provoca que os edificios se deterioren rápido estando a meirande parte deles en ruinas.
A cidade ten menos de cen anos e foi construida, no medio da estepa xeada, por miles de “escravos” enviados polo goberno sovético (gulag) para explotar xacementos de níquel, gas natural e demais metais . Invertiron miles de millóns de rublos en equipamento especial para traballar a temperaturas baixo cero. A empresa MMC Nolrisk Nickel é a compañia mineira que opera na zona sendo a principal xeradora de empleo.
Pero a minería intensiva e o procesado posterior dos minerais situa a Nolrisk entre as 10 cidades máis contaminadas do mundo. Non ten un só árbol vivo nun radio de 48 km por a chuvia ácida, ademais os poucos árboles que vense nun radio de 50 km están mortos. Segundo algunhas estimacións, o 1% das emisións de dióxido de xofre de todo o planeta proveñen de Norilsk. Debido a sua latitude, os habitantes sofren 45 días de noite permanente ó ano, con temperaturas que alcanzan os 50 grados baixo cero (-10 grados é a temperatura normal) e ventos de ata 25 m/s. A cidade permanece cuberta de neve sucia e negra 250 dias ó ano. Os servicios son da época do gulag, o nivel de vida é baixo, e as duras condicións de habitabilidade reducen a esperanza de vida a só 46 anos. A sua atmósfera recibe cada ano 4 millóns de toneladas de cobre, chumbo, níquel, arsénico e selenio. O aire sempre cheira a xofre. Sair de Norilsk é moi difícil xa que o ferrocarril esta conectado soamente co porto de Dudinka. A mellor opción para sair de ali e coller o avión, xa que hai dous aeroportos en Norilsk, ainda que por mal tempo podense atrasar os voos ata máis de duas semanas.
Despois de ler isto, gustaríache vivir alí?
Autora: Alexandra Parceiro
Para ter 230 000 habitantes parece unha cidade fantasma. Eu creo que estes altos niveles de contaminación son o prezo da explotación dos recursos da terra que aínda que non pareza que fan falta fan a vida moito máis cómoda. Aínda así parece unha cidade moi mala para vivir, non só pola contaminación senón pola tristeza da paisaxe e do clima, por non falar dos días de escuridade total, que en Suecia son a maior causa dos suicidios.
pareme increible que se poidera construir unha cidade en medio da nada sin utilidade aparente a simple vista so a funcion de contaminar porque e bastante alarmante que unha cidade tan pequena coma esta produza o 1% da contaminacion mundial, e con esas temperaturas e noites de 45 dias fan a cidade un lugar propoicio pa ser derribado
Non entendo moi ben por que a xente segue a vivir alí, se están rodeados de contaminación, e iso de que haxa 45 días de noite…Ademáis, ¿como se pode vivir con 50 graos baixo cero? E tamén é bastante triste que non haxa unha soa árbore ó redor. Ainda así creo que 230000 habitantes son bastantes para as condición nas que viven.
Sorpréndeme que tanta cantidade de xente (case a poboación da Coruña) poida vivir en sitios coma este, nos que a súa temperatura media é tan baixa. Atopei na rede unha páxina na que veñen a temepratura media, precipitacións etc. http://www.zonaclima.com/climate/russia/celsius/norilsk.htm
Penso que eu, persoalmente, non podería vivir nunha situación así.
Noutra páxina leín un parágrafo no que poñía “En Norilsk neva entre 250 e 270 días ao ano e considérase un día quente no que a temperatura é aproximadamente -10ºC, ao final, nun día frío, a temperatura chega ata os -54ºC”
Obviamente non me gustaría vivir nese lugar, como á maioría de xente que viu climas tropicais, co sol e a súa praia.
Con respecto á noticia, chámame a atención a paisaxe das fotos, e imaxínome que haberá depresión entre os seus habitantes.
Tamén chámame a atención de que a esperanza de vida nese lugar non adoita pasar dos 46 anos.
Ademas de que como se mostra na noticia, investiuse moito diñeiro en construír ese lugar, empregar aos escravos.
Deberíase facer mellor uso dese diñeiro, naqueles tempos.
Sorprendeme que haxa tanta xente que viva cunhas temperaturas medias tan baixas,pero non so son as temperaturas, se non que non sei como poden vivir con esa contaminacion tan exaxerdad.
Penso eu que non aguantaria vivindo en un lugar como este nin unha semana.
Opino o mesmo que Raquel, pero a xente que vive alí non sabe como é a vida noutros lugares, eles estarán acostumados a esas temperaturas e condicións de vida.
A o que non lle encontro sentido é a creación de esa cidade ahí, podiase explotar esos xacementos de outra maneira.
Eu fágome outra pregunta, máis ben que fan alí esas 200.000 perosas aprox. pois a resposta é simple é polo subsuelo, o subsuelo desta cidade é o máis rico en níquel y paladio de todo o planeta, ten o maior yacimiento do mundo. Esta riqueza xa esta detrás dos orixes desta cidade, antes Norilsk era un campo de traballos forzados, parte do siniestro gulag sovietico, utilizaban aos prisioneiros para exacavar os solos xeados e tender vías do tren, moitos deixaron a súas vidas nisto e moitos historiadores contan que non lles facía falla nin sequera vixiar moito xa que non había para onde escapar.
En primeiro lugar non sei como se permitiu construir unha cidade nun lugar con esas condiciones que “aportan” un nivel e calidade de vida tan baixo para os seus habitantes. Seguro que os mandatarios e grandes cargos das empresas mineiras non viven alí.
De feito, Nolrisk foi escollida a peor cidade na que vivir.
Norilsk é a cidade mais ao Norte do mundo, no xélido entorno de Siberiae tamén unha das amis contaminadas do mundo. Conta cuns 200.000 habitantes os cales a súa esperanza de vida estímase en 46 años, o que reflexa a brutalidade da vida nun entorno altamente contaminado pola fundición de Níquel da industria alí instalada en tempos do Gulag(lanza á atmósfera cada ano 4 millóns de toneladas de cobre , plomo , níquel , arsénico e selenio). Non en vano é o maior depósito de Níquel do mundo.
E quen é o maior culpable de todo este atentado? A Norislk Nickel Co. unha compañía que posee o maior complexo de extración e refinado de metales do mundo (A propia cidade é un parásito da fundición de Norislk), ademais de controlar un tercio de todas as reservas mundiales de níquel ,e de ser a empresa mais contaminante de Rusia.
O curioso é que se accedemos a páxina da empresa “responsable” do estado da cidade as imaxes que aparecen na mesma son más dignas do paraíso ca do infierno.
( Imaxes: http://blogs.deia.com/momentodecisivo/files/2011/01/internal_1.jpg
http://blogs.deia.com/momentodecisivo/files/2011/01/img_top_67.jpg ).
Pero as seguintes fotos son as que amosan a realidade que viven os habitantes de nolrisk:
http://4.bp.blogspot.com/__mADelK4o78/TSnW4H6Ze6I/AAAAAAAAH0s/FfxXjyWfXlY/s640/er5ye5y5y5y5y.jpg
http://blogs.deia.com/momentodecisivo/files/2011/01/Norilisk-iiii.jpg
(Perdón por escribir varias veces mal o nome da cidade)
Sen dúbida, eu non podería vivir nesa cidade.
Sorpréndeme moito que non teña nin un árbol vivo nun radio de 48 km e paréceme impresionante o clima desta cidade (ó igual ca contaminación, o número tan elevado de persoas que viven alí e os 45 días de noite permanente)
Nos círculos polares, canto máis preto nos atopemos dos polos, maior é no verán a duración do día permanente, e en inverno, a duración da noite permanente (a duración alcanza os 6 meses no polo norte e no polo sur).
A verdade, a mín chámame a atención que a xente poida vivir a temperaturas tan baixas coma os -54 ºC. Posto que eu fun a Finlandia e estiven a -30ºC e xa me pareceu unha temperatura bastante baixa para poder vivir alí. Se lle añadimos que pasan 45 días do ano en plena noite debido a latitude, eu non podería vivir alí. Pero se ainda hai outra cousa máis para aumentar a causa pola que eu non viviría alí, o grao de contaminación é moi alto e a esperanza de vida baixa, comparada coa que temos en España.
Debido a todo isto a taxa de suicido debe de estar bastante elevada, posto que xa nos paises onde teñen tal descontrol co día, como xa dixen anteriormente durante 45 días e noite. Esta carácteristica dun elevado número de suicidio dase en Finlandia.
Deixo eiquí un artigo do xornal 20 minutos no que nos fala dos lugares máis contaminados do mundo, a Norilsk póñeno no lugar número 8: http://www.20minutos.es/noticia/164140/1/
Non é un lugar moi doado para vivir, iso está claro. Pero a verdade non me importaría visitar, máis que Norlisk, gostaríame visitar o redor, aínda que sexa só por uns días. O meu afán de viaxar está vixente en min sempre e sempre estaría disposta a probar cousas novas.
Nesta páxina dun articulo do ABC a cataloga coma a peor cidade para vivir. Eu tampouco diria “a peor” se nón, “Unha cidade moi mala ou moi poco recomendable para vivir”.
http://www.abc.es/20110111/medios-redes/abci-ciudad-peor-vivir-201101110843.html
As opinións parénme moi exaxeradas, aínda que sí, a situación da ciudade é totalmente deprorable pero tampouco é para estar catalogandoa coma a peor cidade do mundo, se nos puxéramos a buscar seguro que encontramos cidade igual o piores ca esta, un exemplo sería:
La Oroya, en Perú, un pobo mineiro en Ándelos onde está situado nunha planta de fundición de metais.
Segundo o Instituto Blacksmith, a planta, propiedade dunha empresa estadounidense, “É en gran parte responsable dos perigosamente altos niveis de chumbo que se atoparon nos nenos da comunidade”.
O informe menciona estudos realizados polo Ministerio de Saúde do Perú, que indican que 99% dos nenos que viven en e ao redor da Oroya, mostran niveis que exceden os das cantidades aceptables.
“Unhas 35.000 persoas están potencialmente afectadas pola contaminación na zona”, di o informe.
Outros exemplos soltos que podería dar son: Chernobyl(Ucrania), Haina(República Dominicana), onde coma en La Oroya, encóntrase nas cantidades de chumbo que hai no ambiente; Linfen(China), Ranipet(India)…
Eu como todos tamén me sorprendo de que poda vivir xente nesas cidades,pero supoño que todo e acostumbrarse.Sorprendeme a paisaxe e os video que vimos na clase sobre a cidade de Norilsk,neles se podía ver un día no que se podía ver a xente na rúa e outro no que a neve tapaba case as señales xa que debia haber un metro de neve ou máis.
http://www.youtube.com/watch?v=P7SGFod30j0
Deixovos un video no que se pode ver o que acabo de dicir.
Obviamente, detrás da súa construción non se atopada o desexo de crear unha cidade apacible cun alto nivel de vida, mais o número de habitantes me parece moi elevado. Supoño que será, por un lado, acostumarse e, por outro, factores de diversa índole (como que alí haberá traballo, etc). Ou, directamente, non ter outra alternativa. Sen embargo, tal e como pon na lista adxuntada por Aida non é a cidade máis contaminada. Aínda que o conto segue sendo o mesmo.
Paréceme un artigo moi interesante, e evidentemente non me gustaría vivir aí baixo ningún concepto.
É lamentable que cada vez sexa maior o número de cidades contaminadas arredor do mundo e gran parte de culpa, (por non dicir toda) téñena industrias que se dedican á extracción de minerais, a existencia de centrais nucleares, etc.
Pero como non, aínda non hai nada específico e preciso para rematar con isto, porque hai tantos intereses en xogo, que a degradación da natureza é totalmente secundario.
Déixovos con outra coidade completamente contaminada.
Sumgayit, Acerbaixán:
Produtos químicos orgánicos, petróleo e metais pesados xerados polas industrias petroquímicas e complexos industriais afectan a vida de 275 mil persoas na Unión Soviética.
Durante o peor período de contaminación, as fábricas liberaban anualmente 120.000 toneladas de emisións nocivas; a maioría destas instalacións foron pechadas pero os refugallos tóxicos seguen presentes.
Non ten nada de cidade fantasma xa que conta coa mesma poboación que A Coruña e ademais non se ve que os nenos o pasen mal, non estou a decir que sea a cidade idónea para a vida pero a xente xa se habituou a vivir alí e nos se lles ve a disgusto. Tamén hai que dicir, porque moitos os confundides, que non viven constantemente aos 50 ºC senón que esa é a temperatura á que poden chegar. Penso que a idea de vivir nun lugar frío non está mal xa que, por moitos motivos, é bo para a nosa saúde e ademais deberiamos acostumarmos a este tipo de climas porque ao paso que va a contaminación é un futuro bastante probabel. Non entendo porque os sorprendedes tanto se pasa a o mesmo en outros lugares da Terra onde, pola contra, viven a temperaturas moi altas, deixovos este enlace: http://www.portalplanetasedna.com.ar/vida_desierto.htm
Vendo estas dúas “adaptacións” do home en condicións adversas faime pensar que todo é costume.
Non sempre están a -50ºC, e ven certo que a nos se nos fai case imposible pensar que alí poderíamos vivir, pero porque non vivimos nun sitio con características semellantes.
Por exemplo: a xente rusa, é capaz de vivir a temperaturas baixas polo que lle sería máis fácil adaptarse a 50ºC baixo cero que unha persoa que vive en Canarias.
Iso todo depende do que sempre estés acostumbrado a vivir.
Nos non podemos dicir que para nos non sería unha cidade idónea para vivir porque non sabemos o que é estar a esas temperaturas. Unha persoa acostumbrada adaptase mais facilmente.
Eu non entendo como a xente pode adaptarse a unha vida de rutina cunhas temperaturas tan baixas e por iso é normal que a xenta non viva moito.
Xa so o feito de ver o estado das construcións da cidade no ten que ser moi bo, e o peor é o nivel de contaminación que existe nesta cidade.
Chamoume a atencion que “Norilsk non ten un so arbore vivo nun radio de 48 kilometros por culpa da chuvia acida. segun estimacion, o 1% das emisions de dioxido de sulfuro de todo o planeta proven de norilsk”.
A choiva acida formase cando a humidade no aire combinase cos óxidos de nitróxeno e o dióxido de azufre emitidos por fábricas, centrales eléctricas e vehículos que queman carbón o productos derivados do petróleo. En interacción co vapor de auga, estos gases forman ácido sulfúrico e ácidos nítricos. Finalmente, estas sustancias químicas caen á terra acompañando ás precipitaciones.
Os efectos que provoca son terribles na vida acuatica de lagos, rios, etc…; tamén afecta a vexetacion e acaba cos microrganismos fixadores de N, corroe as construcions, empobrece o solo.
As medidas que se poden tomar son:
Adición dun composto alcalino en lagos e ríos para neutralizar o pH, Reducir o nivel máximo de azufre en diferentes combustibles, aplicacions de sistemas mais ecoloxicos, etc..
A contaminacion ambiental é a presencia no ambiental de calquer axente (fisico, quimico, bioloxico) ben dunha combinacion de varios axente en lugares forma e concentracions tales que sean o poidan ser nocivos para a saude ou para o bienestar da poblacion ou perxudiciais para a vida animal ou vexetal. Esto esta en innumerables cidades citadas nos comentario anteriores.
Deixovos esta paxina que fala do tema mais extensamente:
http://html.rincondelvago.com/contaminacion_13.html
É interesante a tabla que nos mostran cos contaminates e os seus respectivos sectores de produccion.
Parece que a contaminacion se produce en todos os ambitos da industria, sendo responsables todos xa que consumimos os seus productos. Debemos darlle mais importancia ao medio que nos rodea.
Eu apoio o comentario de Lizeth. O peor de vivir neste lugar probablemente sexa o alto nivel de contaminación, probable causa da baixa esperanza de vida, aspirar partículas de xofre non debe de ser moi agradable. Aínda así os seus habitantes levan vivindo esa vida desde que naceron e tamén poderán levar unha vida relativamente normal a pesar das dificultades. O máis triste paréceme a falta de oportunidades de optar a outra vida que posiblemente teñan moitos deles.
Tamén é curioso a cantidade de noites permanentes que sofren. Este fenómeno relaciónase co alto índice de suicidios nos países de elevada latitude. Unha falta de exposición á luz solar pode xerar cambios hormonais e o consecuente denominado trastorno afectivo estacional que pode chegar ao suicidio do doente.
É increíble a capacidade dos seres humanos para adaptarse aos diferentes ecosistemas da Terra.
A mín paréceme un inferno de lugar (nun sentido figurado, claro).
Pero o máis triste do tema é a contaminación. Ás dificultades que xa de por sí trae consigo un lugar tan extremadamente frío súmanselle os problemas derivados da contaminación. É normal o nivel de vida tan baixo que ten a poboación de alí.
O impresionante é que aínda así teñan tanta poboación.
A propósito, a temperatura máis baixa alcanzada no noso planeta foi de –89,2 °C, na Antártida.
Apenas uns corenta grados de distancia entre os -50ºC que chegan a sofrir os habitantes desta cidade.
Obviamente non me gustaria vivir alí.
Paréceme un sitio perigoso para que haxa humanos.
Todo isto debese a tantas industrias,centrais nucleares..en definitiva tanta contaminación non é boa, e non creo que nin os propios habitantes esten felices de vivir alí son situacións extremas que non fan nada facil unha vida normal.
Sorprendeume moito o dos 45 días de noite, é a primeira vez que escoito isto, non sei é todo un pouco raro eu persoalmente non estaría agusto vivindo alí, pero tamén hai que preguntarse porque a xente segue ahi? é porque queren ou porque non teñen recursos para ir a outro lado? ás veces tes que facer algfo porque non tes mais alternativa.
Mirei en varias paxinas e en todas califican este sitio como a peor ciudade para vivir.
E increíble coma nunha cidade así pode vivir ese nº de xente…
Os problemas respiratorios e intoxicacion por metais pesados deben estar a orde do dia nos hospitais da cidade…
Realmente é un prezo que dudo moito que a xente do lugar aceptase de boa maneira.
A falta de árbores e de paisaxe e a decadencia dos transeúntes e mais o mal tempo continuo teñen que ser tamén factores espantosos que deben de afectar, e moito, a nivel psicolóxico e físico.
Obviamente non, non me gustaría vivir alí. Pero o igual que a min, penso que os ciudadáns de Norilsk (que teñen que estar enterados das malas condicións nas que encóntrase por culpa da cidade) tampouco gústalles vivir alí. Pero como di o meu compañeiro Lee, o subsuelo de Norilsk é o máis rico en níquel e paladio de todo o noso planeta…Non creo que estén alí por gusto, senón que teñen que gañarse a vida, e seica non dispoñen de tódolos medios necesarios para abandoar a cidade e comenzar unha nova vida alexada de tanta contaminación.
Non me gustaría para nada vivir alí. Parécenme terribles as condicións, xa non só metereológicas senón tamén as ambientais. Vivir constantemente nun lugar con choiva aceda, onde se extraen minerais a gran escala que son nocivos para a saúde, como o chumbo e outro máis, e vivir practicamente sabendo que cada minuto se perde un pouco de vida e non ter a posibilidade de gozar un pouco da natureza paréceme unha forma moi dura de ”sobrevivir”