Os reactores de Fukushima.

Aínda que xa falamos do tema das centrais nucleares nunha noticia anterior, esta vez centrémonos na fusión do núcleo (que non é o mesmo ca fusión nuclear).

imagen

A fusión do núcleo é o resultado dun grave accidente acontecido no interior dos reactores das centrais nucleares, ocorre cando o combustible do reactor pasa de estado sólido a líquido por un sobrequecemento do núcleo do reactor. Isto pode estar causado por fallos no sistema de refrixeración, unha pérdida de control da presión ou un aumento da potencia máxima do reactor.
Cando o núcleo derrítese, o combustible é capaz de destruir a cunca do reactor e destruir o edificio de contención que o arrodea, e en consecuencia, os elementos radioactivos entran en contacto co medio ambiente.

A central de Fukushima (Xapón) sufríu tralo terremoto do 11 de marzo un corte de electricidade que inutilizou os sistemas de refrixeración dos reactores. Os motores secundarios e as baterías de emerxencia esgotáronse antes de poder restablecer a electricidade e como consecuencia a temperatura do reactor comezou a aumentar.
As altas temperaturas comezaron a evaporar tamén o auga da piscina de refrixeración das barras de combustible xa gastadas que deben permanecer sempre baixo o auga.

Para tratar de baixar as temperaturas do reactor, Xapón trata de enfríar os reactores deixando caer sobre eles agua mariña. A partir dos 3000ºC de temperatura podemos dicir que o núcleo vai fusionarse.

Que medidas se deben tomar en caso de atoparse nunha situación coma esta? Que ocorre cando o material radioactivo entra en contacto co medioambiente?

Déixovos o enlace a un análisis dos danos nesta central nuclear xaponesa, moi breve e ben explicado.

Autora: Laura Montes

Esta entrada foi publicada en 4. Enerxía nuclear e combustibles fósiles, 4. Riscos naturais e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to Os reactores de Fukushima.

  1. anton perez di:

    Eu creo que o están facendo ben, xa que están tomando as medidas necesarias e facendo todo o posible. Aínda por riba están usando robots para non poñer en perigo a máis xente. Iso si, eu creo que se o desastre é inminente o mellor que se pode facer é correr, por que non hai outra solución desgraciadamente. Isto é o malo de producir electricidade barata.
    En caso de que se fundise o nucleo a solución sería permanecer alonxado da central, pero o problema é que o distrito de Fukushima ten unha densidade de case 400 hab./km²
    É unha pena que non aprendamos dos erros do pasado… sempre tropezamos dúas veces na mesma pedra

  2. María Iglesias García di:

    Tamén, coma hemos falado na clase, isto pode ser outra razón máis para poñer máis empeño na contrucción de novos métodos para obter enerxía, pero sempre haberán os que defendan a enerxía nuclear constántemente e estes con intereses de todo tipo. E, como sabemos as consecuencias da construcción de centrais nucleares en zonas de grande perigo sísmico ou de outro tipo, deberíase construir esas centrais en zonas adecuadas e que non haxa una probabilidade tan grande de perigo, pero que dita construcción non sexa de unha maneira masiva.

  3. breixo gonzalez di:

    Supoño qeu xa o sabe a maioría da xente pero o reactor é o mesmo modelo da central de Garoña.
    Creo que os xaponeses están a facer o que poden, algunhas persoans, expertas no tema, creen que isto xa non ten solución, pero eu penso que deben intentar reparar todo o que poda.

    O triste do asunto é que co rentable que é a enerxía nuclear estea a sufrir unha fase de retroceso pola mala prensa.

  4. Soledad Muiño di:

    – A gran ventaxa e o gran inconveniente da producción de enerxía nuclear

    A enerxía nuclear presenta un número de ventaxas que pode ser tan elevado como de
    inconvenientes para o noso planeta e saúde.

    É coñecido que a través da enerxía nuclear pódese producir unha gran cantidade de electricidade que supera a producción da misma que nos puidera ofrecer calquera tipo de enerxía; isto constitue unha gran ventaxa.

    Pero esta ventaxa lévanos inmediatamente a gran desventaxa: a gran cantidade de residuos nucleares que se xeneran á vez que se produce a electricidade, e que son extremadamente perigrosos e difíciles de controlar.

    Nesta páxina as consecuencias que ten a radiactividade na saúde:
    http://www.elmundo.es/elmundosalud/2011/03/15/noticias/1300203080.html

    CONSECUENCIAS EN ANIMAIS

    Se os animais foron irradiados, aos poucos días ou semanas presentarán diarreas, irritabilidade, pérdida de apetito e apatía, puidendo quedar estériles para mais ou menos
    tempo segundo o seu grado de exposición.
    Se é así os órganos internos estarán contaminados e alguns elementos radiactivos (coma o estroncio) introduciranse nos ósos onde permanecerán durante toda a vida mermando as defensas do organismo e facéndoos presa fácil para as enfermidades. Por iso, se se han de consumir animais haberán de evitarse tanto os ósos coma seus órganos. A única solución para eliminar a radiactividade é o tempo e os cuidados, ademais de non seguir expostos a productos radiactivos.

    CONSECUENCIAS PARA O MEDIO AMBIENTE

    Os efectos da radiactividade persisten no medio ambiente e na cadea alimentaria decenas de anos.

    Según Eduard Rodríguez-Farré, radiobiólogo do Consello Superior de Investigacións Científicas, as consecuencias para o medio ambiente no son menores: “A largo prazo a contaminación nuclear deposítase no chan e no mar, e se incorpora a cadena trófica, dos peixes, que son a base da dieta en Xapón, do resto de animais, das plantas, a fruta, as verduras…”.

    Este proceso, argumenta o científico, ” vaise bioacumulando, é decir, vai pasando dun ser vivo a outro e vai empeorando e un exemplo diso é o dos “miles de renos que houbo que sacrificar no Ártico tras Chernóbil, porque estaban absolutamente contaminados a través dos líquenes que habían comido”

    Neste enlace aparecen as medidas que debería tomar a xente en caso de nube radiactiva:
    http://www.suite101.net/content/alerta-nuclear-medidas-a-tomar-por-aviso-de-radioactividad-a44900

  5. laura garcia rueda di:

    Eu tamén penso, como o meu compañeiro Antón que xa están a facer todo o posible para poder resolvelo (enfriar o núcleo canto antes) e que se siguen así creo que poderán arranxar o problema.

    Cando a fusión do núcleo é inminente o material radioactivo entre en contacto co medioambiente e isto significa que a contaminación pode chegar ás persoas, ós alimentos, os solos e as augas de bebida.

    As persoas contaminadas poden chegar a ter un envenenamento por radiación. Moitos dos síntomas do envelenamento por radiación ocorren cando a radiación ionizante interfere no proceso de división celular. Esta interferencia causa especiais problemas ás células con alta taxa de renovación, células que en condicións normais reproduciríanse rapidamente.
    A exposición crónica á radiación pode causar leucemia e outros cancros.
    Outros síntomas que produce o envelenamento por radiación son perda de pelo, diarreas, fatiga, náusea, vómitos, desmaios, queimaduras de pel, e a altas doses, a morte.

    Por iso hay que manter unhas medidas de seguridade moi altas para que esto non chega a nós. En Xapón, están moi ben ensinados para catástrofes deste tipo, por iso penso que mentres non haxa unha gran fusión do núcleo saberán manterse apartados da zona restrinxida e que polo tanto non haberá moitas mortes por envelenamento.

  6. adriana rey di:

    As medidas que deben tomar os médicos cando
    intentan axudar aos pacentes afectados, e protexerse ben con traxes especiais porque o pacente leva consigo a fonte de exposición.
    Cando isto esta cuberto, se pasa a tratar o pacente. Se está contaminado superficialmente, o atenderán de forma ambulatoria, e se a contaminación e interna, deben recibir os quelantes de radioisótopos.
    Calquera persoa exposta a iodo raioactivo debe recibir oiduro de potasio para previr alteracións na glándula tiroidea.

  7. ana dominguez di:

    Todos sabemos que da central de Xapon esta salindo unha alta radiacion que fai que a xente capte esas radiacions e ahora non pero non futuro teñan cancer.Tamen a auga os alimentos e demais productos estas sendo afectados por culpa desta central nuclear o que esta causando serios problemas para a poboacion.

  8. roberto fernandez di:

    E interesante esta noticia polo feito de centrarse no problema das centrais e dalo a coñecer.
    Xa que asi somo un pouco mais conscientes das consecuencias que conleba unha desgracia deste tipo, facendo unha diferenciacion entre fision e fusion nuclear.

  9. alejandro_lopez di:

    Isto do problema de Xapón é algo terrorífico. Consólanos ao resto do mundo e ao propio Xapón que se esté a facer todo o posible por refrixerar as temperaturas do reactor, xa que, isto pode levar a unha catástrofe aínda maior.
    Outro problema é que a radiación que desprende a central, e que os productos que hai ao redor ou nun radio próximo son afectados, así como as personas poden estar espostas á radiación.

  10. tatiana barbosa di:

    Sen duda unha catástrofe coma esta sempre ten unha parte que non é tan mala, porque despois de darse esta situación en Xapón está a levarse a cabo unha supervisión do resto das centrais en case todo o mundo, por temor a que suceda o mesmo, e a xente está a reparar máis nas enerxias renovables, que sen duda son moito máis respetuosas co medio ambiente e non darían este tipo de problemas.

    Con respecto á radiación está claro que é un problema, pero sería un problema maior se se chegase a dar por exemplo aquí, porque nós non nos comportaríamos da mesma forma que o fan eles. Nós sembrariamos o caos a esgotaríamos os recursos sen orde e sen importarnos nada o do lado, nada que ver con como se comportan eles, o que supoño, fai as cousas un pouco máis faciles de levar.

  11. aida rodriguez di:

    Comparto a mesma idea que Tatiana co de que se nos chega a pasar a nos non sería o mesmo, posto que o que faríamos sería chegar a tal situación de pánico e non seríamos capaces de axudarnos uns os outros, tampouco pensaríamos que os outros tamén o estan pasando mal e quereríamos as cousas para nos sos. Isto, me leva a pensar que a cultura occidental se cadra en situacións difíciles é mellor que a nosa.

    Deixo eiquí este enlace no que explica o que pasaría se o material radiactivo ten contacto co medio ambiente:
    http://www.el-nacional.com/www/site/p_contenido.php?q=nodo/194433/BBC%20Mundo/Jap%C3%B3n:-c%C3%B3mo-afecta-la-radiaci%C3%B3n-al-medio-ambiente

    A principal e mellor medida cando se produce un caso coma este é a evacuación da área afectada. Tamén é útil a inxesta de tabletas de iodo para protexer a glándula tiroides. A protección antinuclear básica é con todo insuficiente para evitar a aspiración de materiais radioactivos en casos de fuga de radiación das centrais nucleares. Tamén poden contaminarse alimentos provenientes das rexións sometidas a radioactividade.

  12. lizeth viancha di:

    Como ben di María, esto é outra razón para a utilización de outros métodos para obter enerxía pero tamén hai que ser obxectivos, esta central aturou un terremoto de grandes magnitudes polo que se pode pensar que aínda que continuen a utilizar estas fontes de enerxía os que o fan son responsables (sen ter en conta onde as constrúen xa que iso é un erro propio dos humans, construír nos lugares menos apropiados).

    As medidas máis probables se isto pasase serían o aislamento dos afectados, para non perxudicar aos demais, e o seu tratamento coa máxima seguridade posibel (aínda que non podamos aislarnos na totalidade xa que, como a contaminación, se transporta polo aire.

    O principal problema que nos supondría o entrar en contacto con ísto sería un cancro de tiroides e a contaminación dos alimentos. Déixovos dúas páxinas nas que nos informan perfectamente dos efectos:
    http://www.sinficciones.uphero.com/2011/03/17/efectos-de-la-radiacion-ionizante-en-el-cuerpo-humano/

    http://www.elmundo.es/elmundosalud/2011/03/15/noticias/1300203080.html

  13. diana fernandez di:

    O ocorrido en Xapón tralo terremoto, por moito que se utilicen estas enerxias renovables, non se pode prever.
    Hai que ter en conta, que Xapón é un país que prevee todo este tipo de cousas, por eso as víctimas foron pouco elevadas.
    Existen moitas medidas que se poden levar a cabo se isto pasase: por exemplo: se calquera ser humano fose contaminado con este tipo de enerxías o que se debería facer é aislalos e intentar dar ca medida posible para sanalos, xa que non todos os elementos radioactivos son coñecidos polo home e necesitase bastantes medios para chegar a súa derradeira cura.
    Logo, cando este material radioactivo ponse en contacto coa natureza o mellor que se pode facer, na miña opinión, e aislar todo o que hai o arredor, porque intentar “limpiar” eso do medioambiente sería unha tarefa case imposible.
    En definitiva, debe ser xente calificada a que deba andar con ese tipo de material, que sepa moi ben o que fai… porque non é un xogo, e pode por moitas vidas en perigo.

  14. andrei lee di:

    Eu creo que ademáis do que están facendo que é que deberían facer, xa que son protocolos por lo que estudiantes antes de chegar a traballar alí pratican moitísimo, as probas polas que pasan estos operadores son extrictas, muy extrictas e os aprobados dos exames son de 8/10 son moi exixentes con estas cousas e eu penso que é algo obvio pola gravidade que pode chegar a ter un problema nun reactor, coma este problema por exemplo. Pero tamén penso que deberían poñerse no peor e tomar medidas tamén por si chegase a explotar, xa que con todas as medidas que estan tomando por ahora só conseguiron diminuír a temperatura en 2 graos aprox. e é algo que podería chegar a afectar a moitos países do mundo non sería Xapón só o afectado.

  15. cristina gonzalez di:

    Respondendo a pregunta da entrada,cando se fala de contaminación radiactiva, en xeral tratanse estos aspectos:

    1.a contaminación das persoas. Esta pode ser interna cando han inxerido, inxectado o respirado algún radioisótopo, o externa cando se ha depositado o material radiactivo na sua piel.
    2.a contaminación de alimentos. Do mismo modo pode haberse incorporado ao interior dos mesmos o estar na sua parte exterior.
    3.a contaminación de solos. Neste caso a contaminación pode ser solo superficial o haber penetrado en profundidade.
    4.a contaminación do augua de bebida. Aquí a contaminación aparecerá como radioisótopos disoltos na mesma.

  16. sergio gonzalez di:

    Os problemas podense ver claramente agora cando ven que todos os fallos que tiveron estan sendo pagados de forma moi desmesurada.
    O que realmente preocupame é o vertido de auga radioactiva o mar…
    Tamen desmotivame moito saber que o estado Nipón gardase información cando o pobo quere saber o que pasa.
    Realmente isto vai a afectar o futuro mais do que creemos.
    Poñobos un enlace que habla das ultimas horas do acontecido.
    http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2011/03/27/0003_201103G27P30991.htm

Deixa unha resposta