Aprendendo da natureza

Os grandes xenios da humanidade xa fixeron referencia á necesidade de fixarse nas solucións “propostas” pola natureza. A  biomimética é a ciencia que imita as solucións que a nai Terra bríndanos como resultado da súa evolución. Janine Benyus, presidenta do Instituto de Biomimética e experta internacional, asegura que «O 80 por cento das solucións que buscamos están no mundo natural». Ademais, «son ideas que cumpren dúas características fundamentais: son solucións probadas e sustentables porque sobreviviron millóns de anos».

Múltiples obxectos que estamos afeitos a ver están inspirados en estruturas, comportamentos, etc… dos seres vivos. A biomimética pode aplicarse en diferentes campos como a construción de edificios, a medicina, a nanotecnoloxía, a informática, a enerxía renovables, etc… Un precioso exemplo levado á máis moderna arquitectura é o Qatar Sprouts, un hotel con tecnoloxía inspirada no cactus.
O uso da biomimética neste edificio baséase no sistema de estomas (poros) dos cactus, os cales os usan para manter a transpiración abríndoos pola noite cando a temperatura é menor.
Tamén cabe destacar un sistema de persianas intelixente, que se abrirán e pecharán dependendo da temperatura externa, un sistema de reciclaxe e almacenamento de auga, e unha bio-bóveda chea de plantas.

Aquí déixovos un bo documental sobre a biomimética:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/redes/redes-innovar-copiando-a-la-naturaleza/542879/

Vendo o que nos rodea, a natureza, os organismos, etc.. Aínda agora crémonos a especie mais importante e superior?
Credes que a biomimética se usará máis no futuro?

Autora: Carolina López

Esta entrada foi publicada en 5. Nanotecnoloxía, 5. Novos materiais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to Aprendendo da natureza

  1. Laura Solano di:

    A verdade iso de creernos os humanos superiores a natureza esta fora de contesto. Só hai que ter un pouco razonamento
    para darnos de conta de que nós dependemos totalmente da natureza e non ela do nós.

    Imitacións tan particulares como un avión, do que sua estructura asemexa as aves ou os paneis solares que conseguen enerxía através
    do sol como o fan as plantas son moitos dos moitos exemplos que danos a ver que non somos independentes en ningún
    sentido da natureza.
    Contestanto a segunda pregunta, creo que a biomimética úsase e usarase no futuro xa que esta clase de métodos son
    algo imprencidible para nós en moitos ambitos (informaticos, médicos…).

    Dos tantos exemplos que hai no mundo no que se utilize a biomimética chámame a atención sobre todo os relacionados coa medicina e os informáticos.
    De feito agora mesmo no mundo da informática están desarrollando un sistema de seguridade que imita o comportamento das formigas.
    Trátase de facer unha imitación no comportamento das formigas.
    A diferencia dos sistemas de seguridade tradicionais, esas ‘formigas dixitables’ recorren as redes en busca de ameazas
    como a dos vermes (gusanos). Cando unha de estas formigas dixitales detecta unha ameaza,
    rápidamente congrega a un ejército de ”formigas ”que acude ao mesmo lugar e atrae a atención dos humanos, que acuden
    tamén a investigar o perigro.
    Cada formiga estaría especializada(como as formigas reales) en buscar unha determinada evidencia de perigo e unha vez rematado o perigo reanudarían a súa actividade.

    Está é a páxina da noticia: http://www.ison21.es/2009/10/30/hormigas-gusanos-y-sistemas-informaticos/

    Otra páxina interesante que tamén fala de exemplos da biomimética e esta:

    http://biomimetica.wordpress.com/

  2. laura sanjurjo di:

    Eu non sei se a biomimética usarase máis no futuro ou non,gustaríame que fose así, é o millor, ó fin e o cabo son enerxías renovables.
    Por outra parte, acerca do das persianas non sei que pensar, é dicir, as persianas as baixamos ou non cando queremos, e que iso non se poida controlar… O do sistema de reciclaxe pareceme moi bo, utilízanse enerxías renovables e inda por riba recíclase. E que dicir do almacenamento de auga, paréceme unha estupenda idea.
    En definitiva, creo que isto é moi bo, e, ainda que é un pequeno paso, creo que o planeta podería comezar a cambiar no caso de empregar a biomimética.

  3. anton perez di:

    Isto xa vén de vello, ou senón mirade Da Vinci, que ideou unha máquina voadora (que non chegou a facer) inspirada no movemento das ás dos paxaros.
    Eu tamén penso que isto se debería usar máis, por que como pon na entrada son modelos moi eficientes. Un dos exemplos máis claros é o radar dos submarinos que funciona da mesma maneira que os morcegos para orientárense.

  4. laura garcia rueda di:

    A dicir verdade non tiña nin idea sobre este tipo de tecnoloxía.
    Paréceme unha idea fantástica e moi interesante, xa que as estructuras dos seres vivos poden chegar a ser realmente beneficiosa aplicandoa á nosa tecnoloxía, e tamén claro está, beneficiosa para eles mesmos.
    Tamén penso que aínda que sexa unha moi boa idea, non nos valería aplicarlla a todos os animais, se nón a uns poucos que nos poidan servir, xa que se somos como somos cada un hoxe en día é por algo, e tampouco é que afirma que seamos a especie máis importante e superior, pero sí somos unha das máis avanzadas e con características “endémicas” da especie humana.

    Na miña opinión sí que o iremos utilizando cada ves máis no futuro xa que é basearse nas mellores estructuras de outros seres vivos pode facilitarnos moitas difultades que nos encontramos hoxe en día.

    Deíxovos un enlace no que nos relaciona outro exemplo claro da biomimética: O avión e as aves.
    http://cuantics.blogspot.com/2007/04/biomimtica-para-todo.html

  5. gabriela lopez di:

    Por suposto a Biomimética usárase máis no futuro, pero tamén se utilizou moitos anos atrás, recordemos que a cultura Inca
    desenvolveu un sistema de rego para conquistar as dificultades ambientais que lles enfrontaron. Os Inca fixeron unhas terrazas ao longo das montañas para regar
    as suas colleitas, cambiaron a ruta dos ríos para prever canles para as terrazas. Esta inovación foi tan exitosa que moitas daquelas terrazas aínda existen e están en uso hoxe.
    Os incas souberon aproveitar ao máximo o chan, vencendo as adversidades que lles ofrecía o accidentado terreo andino e as inclemencias do clima.
    A natureza rodéanos de sabedoría que desprezamos porque non evolucionamos o suficiente e cremos que somos o centro das cousas e ese é o noso principal freo para vivir en equilibrio co planeta.
    Entón, debemos imitar á natureza e non á industria? Aí déixolles a pregunta.

  6. diana fernandez di:

    Eu creo que si , que hoxe en día aínda nos seguimos crendo a especie máis importante e é todo mentira xa que somos outra máis coa nosa función no ciclo da vida.
    Tamén respecto a Biomimética creo que si , que máis adiante se usará cada vez máis xa que así podemos mellorar a nosa calidade de vida. Así tamén podemos manter mellor a Terra.

  7. adriana rey di:

    A min paréceme que isto ten moitas saidas posibles, e que si insisten en iso algo máis dentro de pouco se usará máis a miudo.
    Uns inxenieiros están desarrollando un edificio capaz de regular a sua temperatura e humidade a partir das propiedades físicas dos
    materiais, inspirándose nos ollos dos insectos. De momento non se levou todo a cabo, pero eu penso que seria unha boa idea, e vos?

  8. alejandro_lopez di:

    Eu estóu a favor de ultilizar máis esta enerxía, e creo que co tempo pasarase a utilizarse cada vez máis. Aparte de que é unha enerxía renovable podemos coidar máis o noso planeta.

  9. laura montes di:

    Por suposto que aínda agora a xente cree que o ser humano é superior ao resto, pero e que é difícil cambiar a maneira de pensar da poboación despois de tanto tempo creendo o mesmo. É moi similar ao concepto do home sendo superior á muller. Tendo en conta que este foi moi complicado de superar, imaxinade o que será mentalizar ao mundo de que os seres humanos non somos o centro da creación.

    Respecto da biomimética, sería bo que o seu uso se extendese, é realmente interesante o que se pode conseguir aplicando as características dos seres vivos ás nosas propias invencións. Moitas das características que ignoramos dos seres vivos poderían sernos de utilidade en tantos campos que é unha lástima que moitas destas características se descoñezan.

    Buscando información sobre a biomimética, atopei un árticulo sobre un arquitecto estadounidense que crea edificios basándose no crecemento das plantas. Emprega un programa que predice como van a medrar as plantas dependendo do lugar onde se atopen, a luz solar que reciban, o tipo de terra… O que el quere conseguir son edificios que logren “moverse” buscando a maior incidencia de raios solares na súa superficie para poder empregar a enerxía solar.
    Creo que é un árticulo moi interesante, e o programa do que fala tamén ten boa pinta.
    Déixovos o link:
    http://www.infonomia.com/if/articulo.php?id=218&if=58

  10. jorge suarez di:

    Estas aplicacioons da natureza a nosa vida son alucinantes xa que moitas das solucions que buscamos estan nela.

  11. alicia lopez di:

    O vídeo mostra o incrible que é a natureza e tamén o que se pode chegar a facer para imitala, ademais gústame a voz da muller que fala ao principio.
    Respondendo a Gabriela penso que si, que as veces estancámonos na nosa industria e non miramos o que nos rodea.

    Buscando sobre este tema atopei este vídeo http://www.youtube.com/watch?v=LgNifQmFpnc que imita o comportamento das medusas e fíxome pensar que serían unhas lámpadas orixinais movéndose pola casa.. aínda que coido que máis de un se daría golpes con ela, pero por outro lado poderías chamala e ter luz no camiño que realices pola túa casa sen ir a encender e apagar luces, a nova mascota.

  12. adrian ballesteros di:

    Eu penso que si que nos os seres humanos cremonos os mellores e creo que sempre o pensaremos.
    Pode ser que no futuro empreguese mais a biomimetica.
    deixovos este enlace que eu penso que esta moi ben .
    http://es.mongabay.com/news/2008/0216-050711-rhett_butler.html
    O principio explicanos un pouco o que é e despois pon algún exmplo.

  13. María Iglesias García di:

    Respondendo a opinión de Adrián Ballesteros:
    É certo que o ser humano estivo educado dunha maneira na que sí, que temos en mente a nosa superioridade sobre o resto de seres e de elementos do resto do planeta Terra, pero… ¿sempre o pensaremos? En parte sí e en parte non, nos centros educativos de hoxe en día dinnos máis unha e outra vez a importancia da natureza na nosa existencia, no noso día a día, e explícanos que todo ten una relación e que se destruimos algo vamos a facer desaparecer algo moito maior. Dinnos constantemente que debemos coidar o que temos, e nós, os seres humanos, somos unha especie máis deste planeta e, lóxicamente, dependemos del, e se non o coidamos non temos onde vivir, entón non poderemos asegurar a supervivencia da nosa especie.

    Oxalá continuemos utilizando estes métodos de construcción e de obtención de enerxía, axudará moito a preservar o que nos rodea.

  14. Soledad Muiño di:

    A biomimética axúdanos a mellorar os nosos deseños e facelos mais eficientes imitando a natureza.

    ¿Un exemplo de Biomimésis? Sharklet Technologies inventou unha superficie antihaderente para evitar as infeccións bacteriolóxicas que proveñen de hospitais(e que provocan mais mortes ca o SIDA en USA) basándose no patrón antihaderente da piel do tiburón.

    Outro exemplo é o que Eiffel fixo ao construir a Torre Eiffel con materiais densos (ferro) organizándoos de tal maneira que a estructura final fose lixeira, imitando, por exemplo, a estructura dos ósos de certos microesqueletos marinos coma os radiolarios».

    Deixo este enlace que trae unha pouca mais de información e un vídeo dunha charla de Janine Benyus,a mesma muller que aparece entrevistada por Punset no documental de redes:

    http://sustentator.com/blog-es/2009/10/18/la-biomimtica-tecnologa-sustentable-imitando-a-la-naturaleza/

  15. ivan garcia di:

    Hai unha pregunta que se fai o final de este articulo que e a seguinte: siguemos crendo que somos a especie mas poderosa?
    Dende logo hai que pensar unha cousa, somos a unica especie capaz de imitar as demais e tamen somos capaces de influir negativamente ou positivamente no noso entorno. Dende logo que normalmente e no primeiro destes casos porque tenemos ese instinto de querer controlar todo.
    Como conclusion, non se pode falar de especie mais ou menos poderosa senon de influinte. Que dende logo si que o somos pero mais ben para mal.
    Respecto da noticia decir a biominetica utiliza para cosas boas como comentaron alguns dos meus compañeiros pero tamen cousas malas xa que esta ciencia e moi utilizada polos exercitos dos paises mais poderosos. Un exemplo serian os coches anfibios ou os chaletos que intentan imitar o caparazon dos armadillos.
    Hai unha cousas na que me fixei que e na imaxe coa que se introduce este artigo. Penso que a imaxe esa non ten moito sentido xa que nese caso pareceme mais ben algo estetico o uso da biominetica.

  16. tatiana barbosa di:

    Eu opino que está claro que si que se vai seguir usando, non temos máis que ver o eficaces que son os metodos naturais e os anos que levan levandose a cabo, solo fai falla atopar unha forma de aproveitar o que vemos na natureza e poderemos chegar a facer cousas incribles como este edificio, que ademais non perxudica á natureza, que tamen e moi importante nestes días.

  17. aida rodriguez di:

    Respondendo a pregunta de se a especie humana seguiremos pensando que somos superiores, eu penso que sí, posto que ainda que utilecemos a a biomimética non e algo máis que un copia de natureza e dos beneficios que podemos ter coas súas estructuras máis parecidas.E decir, que penso que a especie humana sseguirase crendo superior sen reflexionar sobre as consecuencias as que isto poden chegarse a ter.

    Deixo eiquí un documental sobre o biomimética http://www.redesparalaciencia.com/119/redes/redes-19-innovar-copiando-a-la-naturaleza-27-minutos .

  18. lizeth viancha di:

    Encantoume a idea do Qatar Sprouts pola súa utilización da vida dos estomas que teñen as plantas e que, no caso dos cactus, ábrense e péchanse para a súa respiración nas noites para facer fronte ao duro clima desértico. A maioría das grandes ideas humanas básanse na natureza como xa dixeron anteriormente no caso dos avións os cales foron diseñados basándose no vo dos paxaros e a súa planeación. A idea de utilizar este tipo de diseños sustentables paréceme correcta xa que o diseño satisface as necesidades humanas e á vez respecta a natureza.

    Buscando, atopei unha páxina interesante sobre o “ecodiseño”
    http://www.xn--diseoysostenibilidad-66b.com/

  19. jose luis lopez di:

    Pareceme que a biomimetica neste momento se esta utilando pero no futuro vaise utilizar en todos os ambitos para as novas tecnoloxias, xa que non dana o medio ambiente.

    Un dos exemplos é na construcción dun mejorado nanoporo, un pequeno instrumento con forma de túnel que podría ampliar os conocimentos sobre enfermedades neurodegenerativas como o mal de Alzheimer, Ingenieros da Universidade de Michigan (EE UU) han logrado imitar a estructura das antenas da mariposa de seda (Bombyx mori).

  20. victor martinez di:

    En relación con isto da biomemética, acaban de publicar fai nada unha noticia no blogue Amazings sobre un reloxo que consegue a enerxía que precisa para funcionar das moscas.
    Soa raro, pero ten explicación: o reloxo (inspirado nas droseras, unhas plantas carvívoras) conta cunha trampa móbil que da un contenedor onde é “dixerida”.

    Deíxovos a ligazón á noticia, onde podedes ver un vídeo sobre este curioso aparato:
    http://amazings.es/2011/03/27/reloj-no-mates-las-moscas/

  21. cristina gonzalez di:

    estoy impresionada cos avances da biomimetica hasta agora e penso que chegaran lonxe os cientificos cos novos avances.

  22. vera lopez di:

    Penso que a biomimética seguirá utilizándose no futuro, pois non é unha idea nova nin moito menos, xa hai moitos anos que inténtase imitar ó comportamento da natureza para a creación de artiluxios moi beneficiarios para o ser humán. Ainda que tamén penso que se isto da tan bo resultado, deberíase utilizar esta ciencia para facer moitas máis cosas, posto que a demáis de axudarnos a nós mesmos, faríamoslle un gran favor o planeta que deunos a vida.
    Adrián, o igual ca ti penso que durante moitos anos o ser humán creeuse superior, pero pouco a pouco estamos dándonos conta de que estamos moi equivocados, non pensas?

  23. Martina Foglia di:

    Penso que a biomimética pode ser unha saída importante para moito dos problemas que o home ten na súa vida diaria. O importante é ter estudiosos que analicen e busquen solucións a problemas que coincidan en algo coas solucións naturais que xa existen en seres que se foron adecuando para resolvelos. Ver e descubrir necesidades e solucións tería que ser a principal forma de axudar a conservar a natureza e conseguir ter unha vida mellor e natural.

Deixa unha resposta