Mar + Terremoto = Tsunami

imagen

Como ben sabemos, a definición de tsunami é a de unha onda ou serie de ondas producidas nunha masa de auga ao ser empuxadas de maneira violenta por unha forza que se despraza verticalmente. A orixe destes desastres naturais está nos terremotos, pois este movemento desestabiliza o océano e cando estas grandes masas de auga tratan de recuperalo seu equilibrio normal, prodúcense as ondas.
Con todo, estes tsunamis poden ser igualmente orixinados por outros fenómenos xeolóxicos coma as avalanchas, as erupcións volcánicas ou as explosións submariñas, aínda que polo xeral as ondas deste tipo son disipadas máis rapidamente. O comportamento destes tsunamis varía moito dependendo da profundidade da zona oceánica que estén atravesando. É dicir, en mar aberto as ondas xeradas polo maremoto poden viaxar grandes distancias sen perder apenas forza. En cambio, é no momento no que chegan á costa cando perden forza e a cambio gañan velocidade e altura, chegando a alcanzar incluso os 30 metros de altura.

O comportamento dos tsunamis á súa chegada á costa adoita constar dun retroceso da costa, deixando secas grandes extensións de fondo mariño. Posteriormente, a primeira onda chega cunha velocidade de máis de 100 km/h.
A partir desta primeira onda, poden chegar dez ou incluso máis ondas nas seguintes 12 horas.

Estes fenómenos son incontrolables pola inmensidade das masas acuáticas.
Que poderíamos facer para reducir dentro do posible a devastación destes fenómenos naturais? Que medidas de previsión pode levar a cabo a poboación? Existe algún tipo de medida para evitar a destrucción do terreo trala chegada dun tsunami?

Por último, póñovos este link á escena do tsunami da película Impacto Profundo,  que é causado polo impacto dun meteorito. É bastante impresionante.
http://www.youtube.com/watch?v=9-W46tUYdlg&feature=related

Autora: Laura Montes

Esta entrada foi publicada en 2. Tectónica de Placas, 4. Riscos naturais e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Mar + Terremoto = Tsunami

  1. diana fernandez di:

    Aquí vos deixo unha páxina donde responde a primeira das preguntas.
    http://www.elpais.com/articulo/internacional/Podemos/evitar/tsunami/elpeputec/20041231elpepiint_6/Tes
    Respecto a última pregunta, creo que para evitar unha maior destrucción o que hay que facer e non construir en zonas de influencia sísmica.
    Aquí deixovos un enlace do último tsunami que deixou atrás a miles de personas , isto sucedeu en China.
    http://www.elmundo.es/elmundo/2011/03/11/internacional/1299824643.html

  2. anton perez di:

    Estiven mirando algo sobre os terremotos dende que oín a noticia do terremoto de Xapón e vin que equivale a 10000 bombas como a que tiraron en Hiroshima, ou o que é o mesmo 240 megatóns (millóns de toneladas de TNT) Claro está esta vez sen radiación, polo menos directamente xa que o nucleo da central de Fukushima podería estar xa fundido, debido aos restos radiactivos no aire.

    O que máis me impresionou e que Xapón se desplazou 2,4 metros, e o eixo da terra tamén se alterou, o que afecta na duración dos días.

    O bo disto é que foi en Xapón e non noutro sitio máis pobre, xa que os edificios de Xapón están máis preparados. Aínda que o peor foi o Tsunami, que se meteu 5km cara dentro da costa. http://www.youtube.com/watch?v=TWdtmrFD0Mo O que máis me impresiona é a forma en que arrastra lama e ver como arrasa todo.
    Ao final o bo é que non houbo danos graves nas costas do Pacífico, aínda así fixeron ben en poñerse en alerta.

  3. anton perez di:

    Por certo, Adela parece que estivo buscando o momento para colgar a noticia. Ao mellor sabia algo.

  4. adela di:

    Claro, non vedes que o blogue necesitaba algunha noticia de riscos naturais?

  5. laura sanjurjo di:

    Eu non creo que se poida facer nada contra isto, máis adiante igual faranse edificios que poidan resistir o impacto destes tsunamis. Máis mentres o único que queda facer é mirar impotentes como se derrue todo. O tsunami de China pereceume impaztante, ver como levaba todos os coches e derrubaba casas.

  6. adriana rey di:

    Eu penso que non se pode facer moito para evitar os tsunamis, son olas moi grandes e para paralas calquera solucion seria inutil porque coa forza que ten levaria a todo por diante.

    Respecto ao de Xapón, estou de acordo con Antón cando di que é millor que sucedera ahí que non noutro sitio.

  7. laura garcia rueda di:

    O único que eu creo que poderíamos facer é construír edificios ben preparados para estes fenómenos, como hacen en Capón, aínda que, coma vimos nesta última noticia do tsunami que ha desvastado gran parte do seu territorio, non é suficiente, xa que aínda que se preparasen para estes tipos de riscops naturais nunca se sabe como poden volver a chegar, pois non poden preveer o futuro ecolóxico, polo de agora.

    As novas tecnoloxías e innovacións de construción, inxeñería e arquitectura seguerán avanzando e pouco a pouco conseguermos construir edificios preparados para as peores situacións que nos poidamos chegar a imaxinar.

    É de comentar que seguramente aínda que avancen moitísimo os riscos naturais irán por un paso diante nosa e volverán a ocorrerse catástrofes coma a de Xapón aínda que estemos moi preparados.

    Aquí deíxovos un enlace dunhas animacións sobre as 3 fases que ocorren e que producen o tsunami:
    1 Seísmo
    2 Onda
    3 Tsunami
    http://www.edumedia-sciences.com/es/a98-tsunami

  8. juanjo regaldie di:

    Unha resposta a pregunta de que poderiamos facer para desviar un tsunami,eu penso que poderiase ir cun barco asta alta mar e cando o tsunami estea a pasar,facer explotar unha bomba a unha certa profundidade para asi despexar algunha cantidade de auga e que non impacte todo o forte que poderia impactar. Haberia que estudalo moito.

  9. adela di:

    Tedes razón en que hai moito que estudar para poder predecir seismos e posteriores tsunamis. Pero que pensades da conveniencia de instalar reactores nucleares en determinados lugares?

  10. anton perez di:

    A min as centrais nucleares non me disgustan pero creo que polos riscos que conlevan había que facelas e controlalas cun pouco de sentido, sobre todo en Xapón que é unha zona moi inestable e é un país moi poboado.

  11. dante varela di:

    Por iso mesmo en Xapón colocan estas centrales nucleares, eles queren a enerxía e non lles importa como.
    Como xa dixeron non se poden parar estes tsunamis so podemos desprazar ás persoas para que non ter víctimas mortais, xa que igualmente seran víctimas pola perda dos seus hogares.

    Pero como podemos ver neste caso, en Xapón o número de afectados foi bastante menor do que pasou co terremoto en Haití, e so porque é un pais rico e teñen unhas boas infraestructuras, se isto chega a pasar outra vez en centro América estariamos a falar de outra cousa.

  12. gabriela lopez di:

    Eu creo que non podemos facer moito ante isto, posiblemente no futuro construiranse edificios cunhas estruturas suficientemente fortes para soportar fenómenos deste tipo.
    Por agora creo que unha das poucas cousas que se poderían facer é formar un bo plan de evacuación cando se produzan estes fenómenos naturales,y facer simulacros para estar preparado se acontece algo.
    E isto é posible, e esta ao alcance de calquera tipo de país. Nunca esta de mais unha boa organización, sobre todo en lugares con moito riscos sísmicos, como os situados preto de fallas, cadeas volcánicas, dorsais oceánicas, etc.
    Déixovos os tipos de graos que poden alcanzar os sismos.
    Menos de 3.5 = Generalmente non se sente, pero é rexistrado
    3.5 -5.4 = A miúdo séntese, pero só causa danos menores
    5.5 -6.0 = Ocasiona danos lixeiros a edificios
    6.1 -6.9 = Pode ocasionar danos severos en áreas moi poboadas.
    7.0 -7.9 = Terremoto maior. Causa graves danos
    8 ou maior = Grande terremoto. Destrución total a comunidades próxima

  13. claudia valina di:

    Eu creo que este tipo de fenomenos seran o noso inimigo durante moito tempo, hay moitos tipos de tsunamis segun porque sean causados deixovos unha paxina que explica moi ven os tsunamis e indica cales foron os maiores da historia da historia .
    http://www.marenostrum.org/ecologia/oceanografia/tsunami/

    Noutro lugar parecenme xenial que estean tan preparadas ante estes fenomenos pero o das centrais nucleares nun pais destas carecteristicas non cabe dentro de min.

  14. lizeth viancha di:

    Dende logo a imaxe dunha ola xigantesca non é para tomalo a broma e ao ver o vídeo da noticia quedeime abraiada da súa altura.

    En canto ás preguntas, como ven di Laura Montes, estos fenómenos son incontrolables xa que aínda que o home pense que é mais forte ca natureza ela sempre vai un paso adiante porque cun so azote pódenos causar danos enormes, non só en canto a diñeiro senón en vidas, como lle está a pasar a Xapón (un desastre véxase por onde se vexa).

    Penso que non hai nada que facer contra estos fenómenos, o único que podemos planear son evacuacións, fabricacións de estruturas máis resistentes cara estos fenómenos (edificios, estradas, etc) e respectar o máximo posible á natura.

    A idea da instalación destos reactores paréceme absurda, ¿e que non pensan nas vindeiras xeracións? e aínda máis coidado deberían tener debido á situación xeográfica de Xapón (que non é moi apropiada para a vida e con ísto me refiro ao “cinto de fogo”).

    Déixovos un enlace con información sobre esta subdición do Pacífico:
    http://liberacionahora.wordpress.com/2009/12/10/el-cinturon-de-fuego-del-pacifico-acumula-una-enorme-tension-sismica/

  15. ivan garcia di:

    Un dato importantísimo, e o que mais me impresionou, e o desplazamente que sufriu Xapón e o eixe terrestre. Se esta a falar de que Xapón sufriu un desplazamento de uns 2,4 metros e que o eixe terrestre sufriu un desprazamente de 10 centímetros.
    E o efecto que causa isto e que o día se acorte en microsegundos.
    Por outro lado comentar de que Xapón non tivo un maior numero de victimas soamente porque sexa rico e teña mellores infraestructuras senon que a población esta tamén maior preparada para as catástrofes.
    E sobre as explosión na central nuclear penso que hai que pensar duas cousas: a primera e claramente que con este tipo de catástrofes se ven un dos inconvenientes das centrais e a segunda é que tamén hai que pensar que houbo antes moitos terremetos en Xapón e que nunca antes pasara nada.
    Por último deixo un enlace no que se ven as imaxes do antes e o despois na zona de Xapón:
    http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2011/03/110313_galeria_japon_antes_despues_terremoto_tsunami_fp.shtml

  16. aida rodriguez di:

    Coma ben cita a miña compañeira Adriana Rey, hoxe por hoxe ainda non existen estructuras de edificos resistentes coma os que soportan os terremotos.

    Tamén decir que isto non ten porque ser provocado polo home porque coma xa ben se dixo no artigo subido por Vera.

  17. Cristina González di:

    Por moitos medios que teñamos ao noso alcanze, este tipo de catastrofes naturais e moi dificil ou case imposible evitalas. Como metodos preventivos penso que habera que estudar os sitios mais propensos a catastrofes, tanto tsunamis, huracans, terremotos… e aplicar nesas poboacions os metodos dos que se dispoñan.
    No caso dos tsunamis penso que una opcion seria ter un plan de evacuacion rapido da poboacion, e manter a poboacion ben informada.

    Outra opcion seria a construccion de diques o plataformas coa resistencia necesaria para que poidesen desviar o tsunami o mais lonxe posible da poboacion.
    En canto ao reactor nuclear penso que e un erro que non tivesen en conta este tipo de sucesos, xa que en Xapon e frecuente, e que deberian de contar con medios apropiados de seguridade para controlalo, xa que todos recordamos a explosion de Chernobyl e os problemas que conleva a radiactividade para a poboacion. Non e conveniente instalar reactores nucleares en lugares non apropiados para iso.
    Deixo un video dos efectos do tsunami do pasado vernes en Xapón.
    http://video.l3.fbcdn.net/cfs-l3-snc6/81489/34/1605260179420_2624.mp4?oh=ac31b4d8738221641ba490396dc19636&oe=4D7F9F00&l3s=20110313100648&l3e=20110315101648&lh=0a6cfa5eeaecd6dc12abf

  18. María Iglesias García di:

    Observei que dous dos meus compañeiros falaron do desprazamento que sufriu o eixe da Terra como consecuencia de este terremoto en Xapón, e sí, é abraiante, pero estes desprazamentos sempre ocorren en menor ou maior medida cuando hai un terremoto, aínda que sigue sendo algo novidoso.

    En relación con Xapón, quero que vexades estas fotos que encontrei, mostran o antes e o despois desta catástrofe:

    http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2011/03/110313_galeria_japon_antes_despues_terremoto_tsunami_fp.shtml

    Tamén, quero que teñades en conta que terremotos hai sempre, en todo momento e por todo o planeta, uns de máis intensidade e outros de menos, pero sempre. Por iso, poño outro enlace no cal poderedes ver os terremotos que hai por todo o planeta, cando ocurriu, etc.:

    http://www.iris.edu/seismon/

    Por último, quero falar dunha noticia de non fai moito que fixo que moitos habitantes de Galiza comenzasen a dicir certas cousas. ¿De qué falo? Este domingo houbo un pequenísimo terremoto en Galiza, dunha intensidade de 3’5. Aínda que é pouca, parece ser que os habitantes da zona que o sufriron identificaron o temblor coma se nunha “centrifugadora” estiveses. Se só con 3’5 sentiron iso… ¿Con 8’8?

    O que quero chegar e que os habitantes desas zonas comenzaron a dicir que tiña relación co de Xapón, e non é así.

    Aquí tedes máis información:

    http://www.elmundo.es/elmundo/2011/03/13/galicia/1300032510.html

  19. breixo gonzalez di:

    O preocupante do que pasou é que agora, que gran casualidade, a UE está empezando a revisar as suas centrais nucleares. Penso que as centrais son moi seguras, posto que soportaron un terremoto de 9 grados na escala Ritcher, Non é sorprendente que non caera peza por peza?

    Outro dato interesante é que Xapón ten unhas 50 centrais nucleares mentres que na UE existen máis de 150 centrais… No vos parece que estamos moi pouco nuclearizados?

    Xapón obtiña un 30% da súa electricidade das centrais, a min paréceme unha enerxía pola uqe habería que apostar, o malo é qu teñen mala prensa.

  20. joel taibo di:

    Eu o que non entendo é, como nun sitio con peligo sismico podense facer tantas centrais nucleares, e como outros paises o permiten, eu, na miña opinión creo que terian que poñer mais centrais limpas de enerxias renobables, porque son menos peligosas,estamos a falar de posibles mortes humanas, e sabendo que paises como xapon teñen unha superpoboacion teñen mais probabilidade de ter maior mortalidade.
    Con respecto os terremotos de galicia no so sufriuse un de grado 3.5 se non que se repetiu un de escala 2 cerca da costa e de escala 3 de novo.

  21. aida rodriguez di:

    Nun blogue de ciencia atopei que o nivel de alerta da central xaponesa de Fukushima alcanzou un nivel de alerta nuclear 6, o segundo mais grave da Escala Internacional de Sucesos Nucleares y Radiológicos según el presidente de la autoridad nuclear francesa, André-Claude Lacoste. Deíxovos este enlace dun artigo do ABC que nos mostra máis información e tamén explica os distintos niveis: http://www.abc.es/20110315/internacional/rc-niveles-alerta-nuclear-201103151806.html

  22. roberto fernandez di:

    E estou de acorde con joel no de que e unha temeriadede poñer semexante numero de centrais nunha zona con semexante risgo sísmico como e Xapón, xa que logo ocorren este tipo de desgracias e o país quedase nunha situacion de desamparo ante estes fenomenos.
    Menos mal que Tokio e moitas cidades neste país debido o risco sismico o que estan sometidos teñen edificios e construccions xa preparadas por que se non estariamos ante outra desgracia como a de Haiti

  23. adriana rey di:

    As centrais en Xapón fan falta porque é un dos países máis poblados do mundo e teñen que abastecer con moita enerxia a toda a población e cantos máis medios para conseguila millor. Creo que tiñan que estudar a posibilidade de reforzar as centrais co mesmo material que fan os edficios preparados para os sismos.

  24. ana dominguez di:

    Todos estamos a ver o que pasou en Xapon como foi,de que escala,como o tsunami levaba tanto coches como casas como calquera cousa que collera o seu paso para arrastralo,e por enriba o grande problema como dicen os meus compañeiros da central nuclear..

    Deixovos unha listaxe das cousas que estan a pasar despois deste tsunami :

    Entre cinco y seis millones de hogares se han quedado sin electricidad y en otro millón no hay agua corriente.

    Los técnicos y trabajadores de la planta nuclear son los más expuestos, y se encuentran entre las primeras víctimas del desastre. La población cercana ha quedado expuesta a patologías crónicas, de tipo cancerígenas.

    En la región no quedan más que ruinas y 215.000 personas han tenido que ser alojadas en refugios temporales.
    Desde el año 1963 se define a los tsunamis como “la ola o serie de olas que se producen en una masa de agua cuando es empujada violentamente por una fuerza que la desplaza verticalmente”.

    Los tsunamis (del japonés “tsu”, puerto o bahía, y “nami”, ola) pueden ser provocados por terremotos, actividad volcánica, derrumbes en zonas costeras, derrumbes subterráneos, grandes explosiones e incluso impacto de meteoritos.

  25. alejandro_lopez di:

    Os tsunamis, como moitas outras catástrofes, son fenómenos naturáis contra os que o home, pouco pode facer, por non dicir, nada.
    Por exemplo, agora estamos vivindo a catástrofe que está sufrindo Xapón e xa vedes que o home o único que pode facer nestes casos é, escapar e, hai outros que nin eso poden facer porque foron levados por diante polo tsunami.

  26. María Iglesias García di:

    Non estou de acordo con Alejandro López, xa que pódese construir edificios especializados, ensinar a xente como ten que comportarse ante estas situacións, etc. Sí, estamos a merced do poder da natureza, pero podémonos defender un pouco para poder sobrevivir.

    Estou moi de acordo co comentario de Joel Taibo, pero todo iso fíxose para o consumo do propio país, para conseguir o poder que chegaron a ter, al menos unha das razóns foi esa.

  27. sabela rey di:

    Obviamente este tipo de fenómenos dependen da natureza e non do home, como tal son inevitables. Sen embargo si que podemos intentar minimizar os seus efectos, ter preparada á sociedade para unha situación dese tipo; preparar plans de evacuación, infraestruturas máis resistentes. Non é sinxelo nin barato, pero pouco a pouco débese ir facendo. Por iso estou completamente de acordo con este último comentario de María Iglesias.

    As centrais nucleares en Xapón pode que fagan falta para abastecer a toda a poboación, mais non podemos esquecer os perigos e a contaminación que conleva esta enerxía. En calquera caso, débense contruír centrais “seguras”, afastadas da costa. E ir pensando nunha maneira de atopar outra fonte de enerxía nestes casos. Tampouco tarefa fácil.

  28. carolina lopez di:

    Os tsunamis son fenomenos naturais que non poden ser detenidos pero se poden previr, sendo xeralmente os humanos os mais afectados.

    O terremoto de Valdivia de 1960, conocido tamén como O Gran Terremoto de Chile, ocurreu o dia 22 de maio de 1960 ás 14:55 p.m, en Valvidia, Chile, Sur America, tivo magnitude de 9,5 grados ricther, unha duracion de 10 minutos e produxeronse tres tsunamis.
    Estas olas xigantes asolaron e deformaron a costa chilena con mas de 5.000 victimas fatais, destruccion total de poblados de pescadores e as grandes olas chegaron ata Xapon e ás costas de California, estados unidos onde causaron graves danos e a morte a moitas persoas.
    Deixovos un video do sucedido en Valvidia:
    http://www.youtube.com/watch?v=15wkhQBTGkI

  29. jose luis lopez di:

    Un tsunami é unha serie de olas que se xeneran nun oceano u outro corpo de auga a causa dun terremoto, deslizamento de terra, erupcions volcanicas ou impacto de meteoritos.

    Chamoume a atencion a creacion de “PARIS” o sistema que utiliza a tecnoloxia dos satelites de observacion da Terra para medir a altura da superficie do oceano, podria detectar tsunamis desde o espacio creado por Manuel Martin-Neira, seria lanzado en 2017 pudiendo dar aviso de tsunamis con 30 ou 40 minutos de antelacion.
    Os sistemas vixente para detectar tsunamis son dous:
    Boyas submariñas e os sismografos.
    Pero o inconvenintes é que non hai certeza de que o evento ocurra, pero seria un gran avance se ocurrera.

  30. Soledad Muiño di:

    Creo que deberíase evitar construír nas zonas costeiras cun risco tan grande de sufir este tipo de fenómenos naturais. Ata que non ocorre o desastre parece que non nos damos de conta, aínda que para entón xa sexa demasiado tarde.
    A poboación debe subir as zonas mais altas pero aínda así se as avisan uns minutos antes, poucas probabilidades hai de supervivencia, deberían deixar de facer semellantes cousas coma montar cidades por onde antes pasaba a auga, porque tarde ou temprano , por alí volverá a pasar.
    Deberíase investigar mais acerca de sistemas de prevención, que axudarían moitisimo e evitarían moitisimas mortes. Aínda que tamén e fundamental establecer unhas normas estrictas de construcción.

  31. aida rodriguez di:

    Mirando na rede atopei un artigo do xornal “O mundo” que fala dun tsunami que ocorreu en 1775 e que quizáis poderíase volver a repetir ainda que con máis consecuencias, debido o crecemento demográfico. Deixo eiquí o enlace: http://www.elmundo.es/elmundo/2005/11/18/ciencia/1132302064.html

Deixa unha resposta