Pioneiras

imagenA   persistencia dos estereotipos contribúe ó desequilibrio entre os xéneros.  Antigos   clichés como por exemplo que os rapaces son  mellores nas   matemáticas  ou nas tecnoloxías, son difíciles de erradicar da sociedade.  Tamén axuda o feito de que as   grandes científicas da historia, moitas das cales tiveron que loitar contra os prexuicios para perseguir seus intereses, seguen sendo relativamente descoñecidas. Non obstante, as mulleres realizaron contribucións importantes á ciencia dende o principio dos tempos.

Un claro exemplo é o de Hipatia de Alexandría. Aínda que a súa vida rematou de forma tráxica a mans dunha turba enfurecida, o legado de Hipatia  sobreviviu, chegando a exercer unha importante influenza no progreso do pensamento científico. Nacida no século IV en Alexandría, Exipto (naquel tempo, destacado centro de aprendizaxe) sobresaíu en matemáticas, astronomía e filosofía. Ademáis de profesora e escritora, se lle atribuen varios inventos como o astrolabio plano, o hidrómetro e o hidroscopio.

Os seus eruditos comentarios, en particular sobre as obras de Euclides e Apolonio, contribuíron a difundir o razoamento lóxico e o pensamento racional como base da labor científica. Hipatia foi moito máis alá do papel que se esperaba das mulleres do seu tempo e, hoxe en día, segue a ser  inspiración e tema de varios libros e tamén dunha película de grande presuposto.

Autora: Vera López

Esta entrada foi publicada en 1. Mulleres e ciencia e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Pioneiras

  1. laura sanjurjo di:

    Sempre se dixo iso de que os homes son mellores nas matemáticas, máis tamén houbo mulleres que fixeron grandes descubrimentos, como o de Lise Meitner (a bomba atómica). Ou mulleres tan importantes como Marie Curie, gañadora de dous premios Nobel, deixovos un enlace acerca dela:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Marie_Curie

  2. anton perez di:

    Eu creo que o exemplo que puxo Laura, o de Lise Meitner, non é un dos mellores, xa que ese invento é totalmente prescindible.
    Por outra parte penso que hai máis homes destacados nas ciencias que mulleres, pero non é por que estean menos capacitadas, senón pola propia idea de que non valen para iso, que está inculcada na sociedade. De todas maneiras hai algúns inventos bos ideados por mulleres, tales como o limpiaparabrisas, o tipex ou o kevlar, co que se fan tecidos antibalas.

  3. adela di:

    Lembrade que Meitner non traballou nin colaborou na bomba atómica. Meitner descubriu a fisión do núcleo atómico.

  4. carolina lopez di:

    Desde a prehistoria as mulleres xa fabricaban joyería e mezclaban cosméticos, foi o orixe da ciencia química, sempre han sido curandeiras, ciruxanas e parteras, descubriron as propiedades medicinais das plantas.

    Ao longo da historia un bo numero de mulleres aportaron os seus conocimentos á ciencia:
    Agnodike foi a primeira médica en traballar como tal no seculo IV a. C. en Atenas, predixo eclipses.
    No campo da protociencia da alquimia, María La Judía, se lle atribue a invención de varios instrumentos químicos, incluida a técnica do baño María e un tipo de alambique (utilizado para destilación de líquidos).
    E Hipatia, xa nomeada na entrada quen inventou :
    Hidrometro: é un instrumento que permite medir o caudal, a velocidade ou a forza dos líquidos que se atopan en movimento, dependendo da graduación e aplicación deste mesmo.
    Astrolabio: é un antigo instrumento que permite determinar a posición das estrelas.

    Aqui os deixoos unha paxina con outra mulleres na ciencia:
    http://www.fayerwayer.com/2011/03/7-grandes-mujeres-de-la-ciencia/

  5. jorge suarez di:

    As mulleres destacan na ciencia ainda que non tanto como os homes dado que hai pouco tempo que poden actuar con liberdade sen estar discriminadas.
    deixo aqui un enlace sobre hipatia:
    http://www.fmujeresprogresistas.org/fichavisibilidad/Hipatiaciencia.htm

    e outro sobre importantes mulleres da ciencia:
    http://wvw.nacion.com/ln_ee/ESPECIALES/mujeres/mujeres4.html

  6. vera lopez di:

    Querido Antuan, como ben di Adela, Lise Meitner non traballou nin colaborou na bomba atómica, ela (xunto con Otto Hahn e Fritz Strassmann) produxo o primer exemplo da fisión nuclear. Lise Meitner suxiriu a existencia da reacción en cadea, o que contribuiu ó desarrollo da bomba atómica, pero non foi a creadora da bomba atómica nin moito menos.
    (Aquí tedes unha páxina interesante sobre a sua vida:http://www.madrimasd.org/blogs/astrofisica/2007/08/15/71813)
    É inxusto que por un grupo de homes que creían que eran superiores ás mulleres, os estereotipos aun continuen hoxe en día. E se hai máis homes que destacan no campo científico é porque da maioria das mulleres que dedicábanse a iso, non se teñen constancia.
    Tamén dicirche, Antón, que a tua frase “De todas maneiras hai algúns inventos bos ideados por mulleres” soa un pouco machista. (para o meu punto de vista)

  7. claudia valina di:

    Totalmente de acordo en primer lugar co comentario de Adela e co comentario de Vera en todos os puntos.
    As mulleres tivemos que loitar contra os estereotipos ben sabido por todos, un claro exemplo a muller que amosa Vera que non solo sobreaíu nas matematicas se non que foi a primeira muller matemática da que temos un coñocemento seguro e detallado.
    Como ben se indica serviu de inspiracion en peliculas, libros etc.. Alguns exemplos que para min cabe destacar son :
    pelicula Ágora coñecida por todos nos:
    http://es.wikipedia.org/wiki/%C3%81gora_%28pel%C3%ADcula%29
    Tamen se lle dedicou un capitulo na serie Cosmos de Carl Sangan:
    http://www.astroyciencia.com/2008/07/04/cosmos-de-carl-sagan-episodio-13/
    E duas importantes revistas femininas:
    Hypatia: A Journal of Feminist Philosophy ,Hypatia: Feminist Studies.

  8. jose luis lopez di:

    Un exemplo tamen de muller na ciencia foi Melanie Klein, psicoanalista británica de orixen austrico, nació o 30 de marzo de 1882 en Viena e morreu en Londres en 1960, pionera do analise infatil e do estudio da psicosis (é un termo xenérico utilizado na psicoloxía para referirse a un estado mental descrito como unha pérdida de contacto coa realidade).

    Pareceme moi sorprendente como estas mulleres sacrificaron a sua vida familiar para ter unha oportunidade no campo da investigacion.

  9. Diego Lousa Pazos di:

    É certo que todavía persiste a idea na sociedade de que os homes son máis racionais e as mulleres máis sentimentais, incluso podes afirmalo en público sen medo a ser moi rebatido. Hai moitos estudios que poñen énfase nas diferenzas entre os cerebros de homes e mulleres, e persoalmente non os aturo pois magnifícanse moito e só crean máis prexuizos. Se en tempos pasados o home era o principal opresor para a muller, penso que na nosa sociedade actual, coa situación de igualdade legal, está en mans das mulleres acabar cos estereotipos negativos do seu xénero.

  10. alejandro_lopez di:

    É verdade que nalgúns casos, os homes son mellores nunhas cousas cas muller pero tamén é ao revés. Aquí vos deixo otro exemplo dunha muller exemplar:
    http://www.elkiosko.com.mx/valentina_tereshkova.htm

  11. diana fernandez di:

    Eu tamén creo que a idea de que os homes sirven máis para a ciencia que as mulleres persiste aínda hoxe.
    Aquí vou deixar unha pequena biografía de Hipatía e a historia da biblioteca de Alejandría.
    Hipatia de Alejandría foi a primeira muller que fixo contribucións sustanciais ao desarrollo das matemáticas.Era filla do matemático e filófoso Teón e crese que foi el quen a instruíu. Cirilo alumno de Hipatía convertiuse en patriarca de Alejandría. Esto provocou constanstes luchas con Orestes( amigo de Hipatía) polos prexuicios contra as posicións filosóficas que eran consideradas paganas polos cristians. Estas loitas constantes puxérona no punto de mira.
    Anos máis tarde escribiu comentarios sobre a arimética de Diofanto e os traballos de Ptlomeo (teoría geocéntrica).
    Todas as súas obras se perderon salvo algunha excepción cando os cristiáns entraron na biblioteca de alejandría e queimaron todos os seus libros.
    Por último, Hipatia creese que foi asasinada por uns fanáticos do cristianismo

  12. gabriela lopez di:

    Ao igual que moitos grandes homes que deron o seu granito de area para ir evolucionando pouco a pouco, tamén existiron moitas mulleres que participaron nisto, pero lamentablemente a maior parte delas son completas descoñecidas pola sociedade, así que vos deixo algunhas destas grandes mulleres para que saibades un pouco máis sobre elas:
    -Rosa de Luxemburgo: Política feminista (1871-1919) É a representante feminina do movemento obreiro internacional. Moi nova interesouse pola política e polo socialismo e debido ao seu activismo político tivo que exiliarse a Zürich con 18 anos.
    Pasou no cárcere a Primeira Guerra Mundial e tras a guerra, foi unha das xestoras do Partido Comunista Alemán. Foi asasinada.
    -Teresa de Calcuta: Misioneira (1910-1997) Nació en Albania e ingresou nun convento con só 18 anos. Despois decidiu irse á India, onde primeiro se dedicou ao ensino. Pero non era esa a súa verdadeira vocación, senón a de coidar os pobres, os leprosos e os enfermos.
    Fundou a orde dos Misioneiros da Caridade e abriu numerosas escolas, hospitais e horfanatos. Recibiu o premio Nobel de la Paz en 1979.

  13. sabela rey di:

    En primeiro lugar direi que esta noticia me gusta moito e me parece un tema moi interesante a debatir. Por outra banda comparto o que di Vera no seu comentario (non na entrada) sobre a opinión expresada por Antón, na que eu tamén notei un ton machista, e que tal e como dixo Adela cando dimos a Meitner ela non tivo nada que ver na creación da bomba atómica, ela só descubriu a fisión nuclear. Sobre as mulleres no mundo da ciencia atopei este interesante enlace: http://www.oei.es/salactsi/Mujercie.pdf

    Entre os estereotipos existentes aínda hoxe a lacra que, ao meu parecer, aínda persiste é o de que a enfermería é un traballo desempeñado por mulleres.

  14. lizeth viancha di:

    Penso que hai unha relación entre paradigma e estereotipo xa que moitos deles o facemos sen darnos conta do por qué, ¿por qué se discriminan ás mulleres se son iguais ca os homes?, ¿por qué teñen un salario inferior se realizar o mesmo, ou máis, traballo ca os homes? Algunhas destas preguntas algún de nos sempre as fixo pero ninguén as sabe contestar. Aínda agora existen encostas nas que se ve claramente a inferioridade das mulleres no campo la laboral e ante os resultados non se fai nada, todos estos datos deberian servir para loitar a prol da igualdade xa que, aínda que moitas mulleres vivan á sombra dun home (como lle pasou a Lise Meitner ao principio da súa carreira), hai moitas cun potencial enorme que non vería nada mal neste tempo de enigmas científicos.
    Todos os exemplos citados son coñecidos, aqui vos deixo unha lista na que vos poderedes informar sobre máis casos:
    http://www.ojocientifico.com/2009/07/05/las-10-mujeres-cientificas-mas-importantes-de-la-historia
    Gustaríame destacar da lista a dúas que chaman á atención, a min polo menos, pola súa concienciación co medio ambiente e a conservación da vida: Jane Goodall (polo seu traballo cos chimpancés e a súa idea de levar un tipo de vida máis educado e limpo no planeta) e Rachel Carson (grazas a ela temos a concienciación actual sobre o medio ambiente).

  15. breixo gonzalez di:

    Antón non penso que a bomba atómica sexa imprescindible.
    Sabela eu non notei ningún ton machista no comentario de Antón, claro que existen mulelres na ciencia pero non por iso o descubrimentos feitos por homes teñen menor importancia.
    O que di Antón é como o dos paradigmas, hai xente que xa da pro feito qeu as mulleres son peores en inxenieráis de ahi que pocuas se apunten polo que haberá menso inxenieiras, polo que seguirase a dicir que a inxenierai dáselle mellor ahos homes.
    deixo un artigo que fala dasdiferencias entre o cerebro dos hoems e as mulleres(aínda que non penso o que di o artigo)
    http://www.elpais.com/articulo/salud/Cerebro/hombre/cerebro/mujer/elpepusocsal/20060321elpepisal_5/Tes

  16. aida rodriguez di:

    As mulleres na ciencia hai menos, porque non tiñan acceso a formarse para ser científicas. Tiñan que ir agochadas con vestementa de home ou soamente poder acudir a escoitar as explicacións do profesor, non a examinarse (coma o caso de Meitner).

    Tamén decir que ista entrada recordoume a un experimento que apareceu fai un tempo na revista Hipatia redactada por o profesor Quique Pujales, deixo aquí o enlace que o poderedes ver detidamente: http://centros.edu.xunta.es/iesfernandowirtzsuarez/files/Hipatia%2010.pdf

  17. Diego Lousa Pazos di:

    Lizeth, no ámbito laboral as mulleres son discriminadas polas empresas privadas pola súa posibilidade de pedir unha baixa por maternidade (tamén haila por paternidade, pero moito máis curta) e iso é negativo para ó empresario.
    Fíxome gracia o comentario de breixo cando di que a bomba atómica non é imprescindible pero penso que ten razón, ningún invento é imprescindible pero si algúns dos usos que se fan de el.
    E é certo que o comentario de Antón sonou un pouco machista pois fala como obviando a inexistencia do papel da muller na ciencia pero ”aínda así hai algúns inventos bos…”, non penso que intencionadamente pero é que este tema é demasiado delicado, hai que ter coidado co que se di.

  18. Soledad Muiño di:

    A muller estivo cohibida e coaccionada ao longo da historia debido as circunstancias ideolóxicas, polñiticas, relixiosas…etc que non fixeron mais que perxudiciala.

    A figura de Hipatia de Alexandría, xoven matemática e filósofa brutalmente asesinada por fanáticos cristianos, marca un punto de inflexión entre a cultura dp razoamento griego e o oscurantismo medieval. Como pasa con moitos sabios da Antigüedade, sabese pouco da súa vida, pero sí o suficiente como para considerarla un icono da sabiduría e unha muller adelantada ao seu tempo, que chegou a ser directora do Museo de Alexandría por méritos propios nun mundo masculino que deixaba poucas oportunidades á formación e libertade das mulleres.

    Un dato que atopei foi que as mulleres superan aos hombres respecto a capacidade de memorizar a información:
    http://www.muyinteresante.es/iquienes-tienen-mejor-memoria-los-hombres-o-las-mujeres

  19. francisco_lopez di:

    Eu creo que este tema non hai que tomalo como algo persoal entre homes e mulleres como vexo nos primeiros comentarios entre vera e antuan.
    A verdade e que os homes foron mais importantes de iso non cabe dubida, claro que tamen e certo que a as muller non tiñan nen moito menos a mitade de posibilidade cós homes para poder desarroyat as suas teorias e como nunca poderemos saber que sucederia se a muller nunca fora discriminada esas discusion son absurdas.

  20. laura montes di:

    É evidente que o machismo estivo presente na nosa historia dende case os comezos. Unha herencia tan relevante é difícil de eliminar. A pesar de que hoxe en día as cousas xa cambiaron dabondo, todavía segue a existir xente que paga menos ás mulleres polo seu traballo.

    Que os homes foran máis importantes e a maior parte dos descubrimentos na antigüedade foran ás súas máns non se debe a ningún tipo de inferioridade feminina, senón ao feito de que non se lles daban a oportunidade de optar á investigación.

    Tamén hai que recordar que o orgullo masculino causou moito dano ao longo da historia. Non vos olvidedes do que tivo que sufrir Semmelweis e o gran número de parturientas que morreron a máns dos médicos porque o seu orgullo impedíalles ver que estaban asasinando mulleres.

    Pouco queda por discutir do pasado, porque xa non se pode facer nada por remedialo.

Deixa unha resposta