Tes sono?

Bostezo.jpg

O sono é un estado de repouso uniforme dun organismo. Caracterízase polos baixos niveis de actividade fisiolóxica (presión sanguínea, respiración) e por unha resposta menor ante estímulos externos. Cando entranos sono, o cerebro de forma inconsciente pide máis osíxeno para manterse alerta. Entón,  prodúcese o bocexo, que recolle moito máis osíxeno que unha inspiración normal. Os bocexos tamén regulan a temperatura corporal e cerebral.

O psicólogo norteamericano William Charles Dement, estudando a certos dormentes, reparou en que durante unha etapa do seu sono tiñan lugar movementos oculares rápidos ( REM, rapid eye movement), acompañados por un aumento da respiración, a pulsación, e a presión sanguínea, que alcanzaban os niveis propios da vixilia. Este fenómeno ocupa unha cuarta parte do tempo que unha persoa pasa durmida. Aquelas persoas ás que se despertaba durante o sono REM manifestaban claros indicios de trastorno psíquico e lembraban ter soñado.

O ciclo do sono ten 5 etapas, catro NREM (sen movemento rápido do ollo) e unha REM .

Algúns estudios confirman a idea de que o sono está profundamente implicado nas funcións da memoria en humanos e animais. Sen embargo, os datos dispoñibles aínda son  escasos.

As persoas que están privadas de sono convertense en dormentes cun sono máis eficiente. Concretamente, no seu sono hai unha proporción máis alta de ondas lentas (fases 3 e 4), o que parece servir á principal función de recuperación.

Áreas do encéfalo implicadas no sono:

  • Rexión anterior do Hipotálamo, área do prosencéfalo basal (sono).
  • Rexión posterior do Hipotálamo, área do mesencéfalo (vixilia).

O acto de soñar so ha sido confirmado no Homo sapiens. Algúns animais tamén pasan pola fase REM do sono, pero a súa experiencia subxetiva é difícil de determinar. As baleas e os golfiños son diferentes aos humanos: sempre teñen que estar conscientes, xa que precisan sair á superficie a respirar, so unha parte do seu cerebro durme cada vez.

Horas que precisamos dormir:

Un bebé necesita durmir un 70% do seu día, e de ese sono, un 40 ou 50% está dedicado á fase REM. Os recién nacidos durmen unhas 16 horas ao día; aos 6 meses , de 13 a 14 horas; os nenos precisan durmir de 12 a 14 horas; dos 6 aos 12 anos, de 9 a 11 horas. Os adolescentes teñen que durmir de 9 a 9 horas e media, é fundamental para un bo rendimento. E finalmente, un adulto terá que durmir de 7 a 8 horas.

Autora: Carolina Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Tes sono?

  1. anton perez di:

    Nesta noticia a verdade é que non sei que comentar, xa está todo dito. Aínda que iso si, o de durmir as horas que hai que durmir ás veces costa bastante. O que si que me chama moito a atención é o dos soños xa que non teñen unha función concreta nin esencial. Será que cando non nos damos de conta o cerebro fai o que lle da a gana.

  2. laura sanjurjo di:

    Como di Anton, a verdade e que non hai moito que comentar xa que todo está dito, é unha noticia moi completa. Por outra parte, eu nunca oira que o de bostezar debiase a iso, escoitara moitas versións, máis nunca esta. Non creo que as horas de soño veñan dadas pola idade, creo que cada persoa deberá de durmir o que precise, xa que non todos necesitan as mesmas horas de descanso.

  3. raquel blanco di:

    Hai uns día,contoume Antón que para non ter sono, podía durmir múltiplos de 90 minutos, é dicir, durmir hora e media ou tres horas, o 4 horas e media. Desta menera parece ser que non teremos sono á hora de levantarnos da cama.

    Tamén outro truco é poñer duas alarmas, ainda que moita xente pensa que isto non serve para nada. A primeira alarma terá unha música relaxante para despertarnos dun sono profundo, e a segunta alarma, será co sonido normal do despertador.
    Nesta páxina foi da que saquei información. Creo que é interesante lela.

    http://www.taringa.net/posts/info/4758896/Como-Despertarse-Sin-Tener-Sueno.html

  4. alejandro_lopez di:

    Estiven a ler o enlace que nos deixa Raquel aquí e, isto das dúas alarmas é interesantísimo.
    Se é isto verdade, teño que probalo porque ao longo do día síntome canso aínda que durma as horas mínimas recomendadas.

  5. paula manteiga di:

    Eu tampouco sabía o do bocexo, a verdade e que sorprendeume, pero despois de ler isto busquei a informacion de que si os bocexos se contaxian e apareceume isto:
    http://www.aprendergratis.com/%C2%BFpor-que-se-contagian-los-bostezos.html

    Pareceume una entrada divertida, posto que a maior parte do día o pasamos durmindo, por sono, o por aburrimento.

  6. Laura Solano di:

    Parece una noticia realmente curiosa.
    De feito léndoa ocurreuseme unha pregunta, ¿qué pasa se non dormes as horas recomendadas?
    Pois ben que estarás sufrindo unha morte prematura.

    Esta reposta ven dada por unha investigacíón que se fixo acabo na Universidad de Warwick (Reino Unido), en colaboración coa Facultad de Medicina Federico II que descubriron que as persoas que dormen menos horas das recomendadas son máis propensas falecer.

    A investigación analizou a relación entre o nivel de duración habitual do sono e a mortalidad revisando 16 estudios prospectivos do Reino Unido, Estados Unidos, Europa e Asia Oriental. Este estudio incluiu a más de 1,3 millones de pacientes, que foron seguidos durante 25 anos, periodo no que se rexistraron máis de 100.000 muertes en este grupo.

    A mesma investigación tamén aclara que os españois ten problemas para dormir e que casi a cuarta parte sufre de insomnio de maneira crónica.

    Este é o enlace da noticia:
    http://www.xatakaciencia.com/salud/si-duermes-menos-de-6-horas-al-dia-muerte-prematura

    O certo é que a acción dormir é moito máis importante do que pensabamos.

  7. diana fernandez di:

    Eu tampouco sabía nada de que o bocexos regulasen a temperatura corporal e cerebral.
    O que si estaba claro e que un bebe sempre durme moito máis que unha persona que sea máis maior, canta máis idade menos se durme.
    Pero aún así esta noticia paréceme moi completa e moi interesante.

  8. vera lopez di:

    Cando lin o comentario de Paula ilusioneime moito, porque sempre quixen saber como se contaxiaban os bocexos. Lástima que realmente non se sepa. Ese paréceme un tema moi interesante á par que intrigante, porque moitas veces cando vexo a alguén bostezar eu tamén o fago, sen embargo hai outras nas que non ¿A que se debe? Espero que algún día pódase averiguar.

  9. lizeth viancha di:

    Ata agora tiña entendido que os bocexos non servían para nada pero vendo a importancia que teñen na recuperación do noso corpo polas noites véxoos doutra maneira. Sempre me preguntei o que di Vera no seu comentario aínda que non sexa importante, non vexo interés nestas investigacións xa que non se sacaría nada con relevancia. En canto ás horas necesarias de sono penso que é bastante complicado cumplilas e máis nos adolescentes que levamos unha vida máis despreocupada e de ai é de onde saen os trastornos do sono que moitos sofrimos. Atopei unha páxina onde se fala, aparte do sono, da clasificación destos trastornos: http://www.ibermutuamur.es/sueno-trastornos.html

    Lembro que hai un tempo vin nas noticias un despertador que elixía cando era bo despertarte sen interrumpir a fase REM, déixovos o enlace do despertador que falo:
    http://www.tecnoadicto.net/2009/12/lanzamiento-despertador-inteligente-axbo/

  10. carolina lopez di:

    O soño é tan importante en humano, xa que cando non durmimos reducese nosa habilidade de comunicacion de forma clara e precisa, ao igual que nos animais:
    Nun enxambre de abellas melíferas, as obreras necesitan periódicamente un soño reparador. Se non descansan, deixan de comunicar adecuadamente a localización dos alimentos ao súas compañeiras de colmena. Tras moitas horas de vixilia a unha abella costalle indicar a dirección exacta dun sitio onde hai alimento. E eso fai menos competitiva á colonia.

    O delfin teñen varias alternativas. Con frecuencia veselles en parellas para turnarse no soño, de modo que un delfín duerme deixándose levar pola estela do outro, que o manten en movemento e alerta ante cualquier perigro.
    Pero sen dubida o máis sorprendente nestos mamíferos mariños é a sua capacidade para deixar dormido medio cerebro e permanecer despierto co hemisferio oposto, que se encarga de exercer o control sobre as funcions vitais, especialmente a respiración. A mitade do cerebro que permanece activa evita que viaxe á deriva.

    Esto permite demostrar a importancia do soño non so a nivel individual senon grupal como no caso das abellas.

    Existen moitas teorías sobre cal é a función do soño, ningunha está completamente demostrada. a teoria clasica é que sirve para “descansar” ao cerebro. outra que se propuso é que o soño podría servir para clasificar e organizar as memorias de os acontecimentos que tiveron lugar durante o día.

  11. Diego Lousa Pazos di:

    Moita xente se pregunta por qué se contaxian os bocexos. Fai tempo lira nun libro que se debe a nosa capacidade de empatía, inconscientemente tendemos a imitar para saber cómo se sinte aquela persoa.
    Penso que as horas de sono que precisa cada persoa deberían ser algo máis respetable pero moitas veces é dificil de levar a cabo polos ditosos horarios.
    Tamén en relación coa entrada paréceme interesante citar á sesta, moi beneficiosa cando non supera a duración de 30 minutos (as dúas primeiras fases do sono) pois reduce o agobio, mellora a concentración e incluso mellora a productividade dos traballadores, motivo polo que cada vez máis empresas comezan a promover esta práctica nos seus traballadores. Estímase que 20 minutos de sesta equivalen a unha hora de sono nocturno.

  12. ivan garcia di:

    Eu queria comentar nesta noticia duas enfermidades relacionadas con sono como son a narcolepsia e o síndrome de morte súbita inesperada. As duas, ainda que pode ser chistoso, son duas enfermidades que producen bastantes mortes.
    A narcolepsia que consiste basicamente en quedar dormido nos sitios mais inesperados.
    Os períodos de somnolencia se da, mais ou menos, cada 3 a 4 horas. Cando este ataca de sono repentino se da o individuo experimenta un impulso forte de sono en para logo quedar profundamente dormido durante un período curto.
    O curioso disto esque estes ataques se poden dar en calquera momento: falando con alguen, comendo, traballando….etc facendo a vida do individuo afectado de alto risco para o seu benestar.
    Pero a mais curiosa das enfermidades relacionadas co sono posiblemente sexa o síndrome de morte súbita inesperada. Esta enfermidade consiste, simplemente, en morrer por culpa dun sono. Deixo abaixo un video onde se conta unha destas mortes.
    http://www.youtube.com/watch?v=bXCF_6yDdTo

  13. lizeth viancha di:

    En relación cos dous últimos comentarios penso, por unha parte, que para algunhas persoas a intención de dormir a sesta durante só 20-30 min. é imposibel xa que sempre quererás durmir máis e, por outra parte, quería citar un dato sobre os narcolépsicos, xa que tiven un amigo con esta doenza, e é que sempre teñen que ir moi protexidos con cascos, codeiras e demais protecións para non facerse danos nas caídas de sono.

  14. claudia valina di:

    E incrible as cousas que non se saben, sempre se dixo que e bo durmir unhas determinadas horas pero non asta o punto da morte prematura.
    Eu os bostezos non lles daria tanta importancia como as enfermidades relacionadas co sono , que si que todo o mundo oíu falar delas todo o mundo o viu algunha vez no telexornal pero non lle amosamos moita importacia e en realidade a Narcolepsia afecta a un 0.5 por cento da poboacion empeza a mostrarse na nenez e na adolescencia.
    Deixovos o enlace dun caso real:http://www.youtube.com/watch?v=XRGDBZ5jRHk

  15. claudia valina di:

    http://www.youtube.com/watch?v=XRGDBZ5jRHk
    Volvovos a deixar o enlace anteriormente mal copiado.
    E quero destacar o dato da siesta sendo beneficiosa.

  16. Diego Lousa Pazos di:

    Para darlle un pouco máis de rigor ao meu comentario anterior vou engadir un par de enlaces en relación coa sesta, penso que aportan datos moi curiosos e interesantes desta práctica tan habitual:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Siesta
    http://gl.wikipedia.org/wiki/Sesta

  17. sabela rey di:

    Pareceume moi interesante esta noticia e tampouco tiña nin idea de que os bocexos regulaban a temperatura corporal e cerebral. Tamén me sorprendeu a noticia de Laura sobre a maior propensión a unha morte prematura se durmes menos de seis horas (tereino en conta).

    A raíz do comentario de Iván máis arriba busquei información sobre a narcolepsia e sorprendeume atopar que era hereditaria, que a causa se descoñece; e que fóra de ser unha enfermidade é un trastorno neurolóxico. Aquí adxunto o enlace: http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/000802.htm

  18. jose luis lopez di:

    Chamoume a atencion esta noticia pois pasamos gran parte dormindo.
    Atopei un articulo interesante sobre porque non recordamos cando nos dormimos; motivo é que no momento de dormirse producese amnesia, o perda da memoria, dos ultimos minutos antes dese monmento.

    tamen atopei que hai persoas que sofren apnea de sueño (apnea, significa falta de
    repiracion), uno despertase pola sensacion de asfixia, volven a repirar e volvense a dormir imediatamente ainda que o episodio borraselle da memoria. estas persoas despertasen varias veces durante a noite.
    o tempo que dormen foi menor dos normal, sentense sonolientos todo o dia e sen conciencia disto.

    As persoas con apnea do sueño poden:
    * Actuar malhumoradas, impacientes o irritables.
    * Ser olvidadizas.
    * Quedarse dormidas mentras traballan, len o ven televisión.
    * Sentirse soñolientas mentras conducen o incluso quedarse dormidas ao conducir.
    * Ter dores de cabeza difíciles de tratar.

  19. cristina gonzalez di:

    Durante os últimos cen anos as horas de sono reducironse ao menos un 20 por cento, es decir, casi duas horas diarias. Según o profesor Jorge Alberto Costa de Silva, da Universidad de Nueva York, este hecho debese ao estrés motivado polo novo ritmo de vida. Por este motivo, a Federación Mundial de Sociedades de Investigación do Sono, xunto coa Organización Mundial da Saude (OMS) han decidido designar ao 21 de marzo Día Internacional do Sono.

  20. aida rodriguez di:

    A verdade, que a maioría des veces non nos dectamos da falta que nos faría descansar e dormir as horas necesarias, penso que sempre temos excusas para non facelo: que temos que estudar, que temos que ver algo na tele, que estamos de viaxe e queremos ter máis tempo…

  21. aida rodriguez di:

    O síndrome de Eknorn é tamén chamado o síndrome das pernas inquietas, consiste nunha sensación desagradable fai que teñas falta de mover as pernas.

    Deíxovos este enlace: http://www.botanical-online.com/medicinalssindromedelaspiernasinquietas.htm nel falan do síndrome que citei anteriormente, tamén hai uns enlaces arriba de todo que fala da Narcolepsia citada por algúns dos meus compañeiros anteriormente e o insomnio.

  22. gabriela lopez di:

    O noso cerebro non funciona moi ben cando non durmimos o tempo que necesitamos, o cerebro segue aprendendo, cando está durmido. O neurocientífico Matthew Walker, encontrou que cando durmimos, podemos mellorar a eficiencia da nosa memoria nun 20%, pois ese é o momento en que o cerebro relaciona os novos coñecementos, con outros recordos ou capacidades que xa posuïamos.
    Mentres durmimos, a información recibida na vixilia é rememorada, para ser almacenada ou descartada. Este proceso de almacenamento fortalece as sinapses entre as neuronas que albergan o aprendido, e é a mellor forma que ten o cerebro de imprimir a nova información.

    Conclusión, permitirnos durmir as horas que necesitamos, nos axuda a recuperarnos mental e, fisicamente das actividades do día, algo sumamente importante pois sen un bo descanso, tampouco poderemos estar en condicións de aprender e iso deberían tamén considerar os profesores e non tomar os examéns todos xuntos.

  23. laura montes di:

    Cristina, o día internacional do sono debería ser festivo para poder durmir máis. Pero mañá é 21 de marzo e vou ter que madrugar o mesmo…

    Os procesos neuronais que levamos a cabo mentres durmimos son realmente complexos, quén o diría. Interésame especialmente o tema dos soños, é dicir, a fase REM. De verdade no soñamos por ningún motivo? Gustaríame sabelo.

    Con respecto a alteracións do sono, hai un tempo apareceu no periódico unha reportaxe respecto da enfermidade chamada “Insomnio Fatal” que adoita ser hereditario. En España, hai uns 40 casos e a maioría se concentran en País Vasco. Esta enfermidade priva de sono ao afectado totalmente, non lograr volver durmir. Aos poucos meses dos primeiros síntomas, a degradación e terrible e a persona deixa de poder moverse ou comer, pero sigue consciente do que ocurre ao seu redor. Finalmente, entra en coma irreversible e morre sen poder facer nada para evitalo.
    É terrorífico pensar nunha enfermidade que nos impida durmir. Estar cansados pero sen poder descansar durante meses e meses…
    Penso que é terrible morrer así.
    Déixovos un enlace á Wikipedia con información da enfermidade:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Insomnio_familiar_fatal

  24. cristina gonzalez di:

    ¡Opino o mesmo Laura!
    Soñamos por que no noso cerebro ocorren uns cambios químicos , donde este se activa e fai un reconto dalgunhas vivencias o sucesos que ocorreron no transcurso do dia .Á etapa de soñar recoñecese co nome de REM onde o cerebro activase e o unico movemento rexistrado é o dos ollos, tódolos demais órgano traballan lentos. Isto ocorre debido a que o tronco cerebral bloquea as nosas neuronas motrices.

    Algunhas persoas logran dalgunha maneira controlar os seus sonos polo que se volve case unha adicion para eles o chegar a dormir , estas persoas teñen a facilidade para recordar cada un dos sonos polo que se lles coñece como sonadores lucidos , estas persoas logran manipular os seus sonos onde experimentan o poder volar e viaxar a outras partes donde tal vez nunca estiveron. Logran manterse consciente durante o sono.O por que soñamos foi descuberto desde 1953 en Chicago pero aínda faltan moitos misterios por descubrir.

    O mundo dos sonos, como se ve, é apasionante. Canto nos axudaría o recordar e comprender todos os nosos sonos! Descubriríamos cosas inimaxinables sobre nos mesmos. Porque xa o dixo Platón “Ao home, en verdad, soamente se lle coñece polos seus sonos”

  25. raquel gomez di:

    Este é un problema realmente importante…Despois de todo o esforzo fisico(uns mais e outros menos) que se fai durante o dia e completamente necesario recuperarse durmindo,senon,cando se descansa?
    Sinceramente eu nunca chego a durmir mais de 7 horas agás os findes de semana.Se a min pasame isto,non me quero imaxinar a alguén que non concilia o sono polas noites,realmente ten que pasalo moi mal…
    Por certo,teño entendido que ademais dos golfiños e as baleas,os cans tamen teñen soños,eu non sei se é verdade,pero mais dunha vez vin á miña cadela durmindo e facendo ruidiños coma pequenos ladridos.Pola miña parte eu creo que si.

    Deixovos unha páxina que encontrei sobre os cans e os soños:

    http://naturacuriosa.blogspot.com/2009/06/suenan-los-perros.html

  26. Soledad Muiño di:

    Un tercio da poboación adulta e un 25 por cento dos nenos teñen algún trastorno do sono, E se estima que a excesiva somnolencia diurna afecta a un cinco por cento da sociedade. Por iso, o pasado venres 18 de marzo celébrase O Día Mundial do Soño.

    O obxetivo foi e é, recordar a importancia que ten o soño na vida do ser humano e que a veces olvidamos. De feito, en España este problema vese agravado polo que os expertos denominan coma «falta de orden do soño» producido polo ritmo de vida que levamos e as costumbres arraigadas, coma os horarios de cena, os horarios de espectáculos e concertos e en xeral, á creencia xeneralizada de que «durmir moito é perdelo tiempo».

    Deixo un enlace que fala mais sobre a gran importancia de dormir ben:
    http://www.ejerciciocerebral.com/2009/04/la-importancia-de-dormir-bien.html

    E este outro no que nos citan seis grandes beneficios de durmir ben:
    http://www.muyinteresante.es/seis-beneficios-de-dormir-bien

  27. francisco_lopez di:

    Esta e unha noticia moi interesante xa que durmir e moi importante para a nosa vida xa que un mal descanso pode trastornar o noso carecter por exemplo podemos estra de mal humor, mais irritables e sobretodo mais despistados.
    Tamen e certo que xa se han inventado aparellos para aproveitar estes descubrimonto, hai un despertador que sabe en que momento estas na fase NREM e cando estas na fase REM e axustandoo cun tempo de imflexion de media hora soara no momento en que te vaia sentar “mellor” (xa que nunca senta ben)despertarte.
    Se estas disposto a perder 30 hora de sono e un moi bo invento

Deixa unha resposta