En “Centauros do deserto” (J. Ford, 1956) o actor John Wayne é un soldado que busca desesperadamente durante anos á súa sobriña. Durante esa viaxe descubrimos os seus métodos e a súa personalidade. Nunha ocasión, tras matar a un indio gasta dúas balas máis en disparar aos seus ollos. O seu compañeiro de fatigas pregúntalle por que o fai, o Sr. Wayne contesta que os indios cren na vida das almas despois da morte, e que se non teñen os ollos estarán condeados a vagar eternamente sen descanso. Esta tolemia de Ethan Edwards (Wayne) e a súa obsesión en exterminar aos indios traduciuse nunha destrución simultánea do ecosistema e dos animais.
A finais do século XVIII independizáronse trece colonias de Norteamérica nacendo así os Estados Unidos de America. No s. XIX comeza unha loita entre as grandes potencias por crear un grande imperio, con poder e territorios aos que controlar; o Imperio Británico era practicamente intocable. Desenvólvese entón unha política baseada na Doutrina Monroe (a cal defendía “América para os americanos”) e o Destino Manifesto (arraigada defensa da expansión do Estado, que debe controlar de este a oeste a zona). Conclusión: hai que chegar ao Pacífico, non importa o que haxa diante.
Comeza así a Conquista do Oeste, na que a única victoria por parte dos indios produciuse no 1876 cando os cheyennes e sioux se uniron, baixo o mando de Toro Sentado, para enfrontarse co Sétimo Reximento de Cabalería; a famosa batalla de Little Big Horn. Tras a inevitable derrota dos indios os poucos que quedaban foron vivir ás reservas, lugares alonxados dos seus fogares.
Os métodos do exército americano son máis que cuestionables. Chegaron a matar a milleiros de bisontes, co obxectivo de quitarlles a principal fonte de alimento e supervivencia aos indios. Antes da chegada do home branco a America o número de bisontes oscilaba entre os 60 e os 70 millóns de exemplares, tras toda esta barbarie e grazas a unha serie de medidas protetoras tomadas a principios do XX hoxe en día sobreviven 25000 exemplares, dos cales o 60% habitan no Wood Buffalo National Park, en Canadá. Esta diminución levou á conseguinte desestruturación do ecosistema, cambiándoo completamente. Aquí unha páxina que fala sobre a degradación dos ecosistemas.
Ista é a dramática historia do bisonte americano (bison bison), e a do bisonte europeo (bison bonasus) non queda moi atrás. O primeiro caso é especialmente impactante polo feito de que foron masacrados para eliminar aos indios, pois a súa comida e vestimenta dependía directamente deles.
Que vos parece? Coñecedes algún outro caso no que a case extinción dunha especie animal débase a motivos tan pobres (aínda que ao final todos o sexan)?
Autora: Sabela Rey
O mesmo pasa coas baleas que aínda que en moitos paises está vedada a súa caza outros seguen a cazalas, como no Xapón.
Eu creo que nestes casos o importante non son os animais en si, senon a destrucción das cadeas tróficas e dos ecosistemas, xa que é como quitar unha peza dunha ponte de pedra, que con todas aguanta pero sen unha cae.
Tiven que reler duas veces a noticia porque a primeira vez non mo creín. Este é outro caso no que o home branco fai eco do seu poderío e o demostra facendo o que mellor sabe facer: matar.
As causas da extinción dos animais poden separarse en varios grupos según a sua orixe. A importancia da acción do home no proceso de extinción é innegable. Todos deberíamos tomar cartas no asunto para axudar a preservar as especies máis amiazadas.
Diferentes procesos poden causar a extinción dunha especie e podemos separalos en diferentes grupos:
-Causas Naturales:
Envexecemento
Enfermidad
Parasitismo
Competencia con outras especies
-Catastrofes Naturais:
Incendios
Sequías
Inundacións
Volcáns
Glaciares
Huracáns
-Catastrofes provocadas polo home:
Incendios
Destrucción do medio ambiente
Sobre explotación dos recursos
Explotacion agropecuaria
Explotación forestal
-Outras causas provocadas polo home:
Trafico de fauna
Caza de plagas
Caza furtiva
Caza deportiva
Caza comercial
Sen dubida, o maior responsable da extinción dos animais é o HOME, debido a alteración destes habitats:
-Destrución de lagunas
-Manglares
-Pantanos
-Areas rocosas
-Bosques de terras baixas
-Drenaxe e recheo de terras inundables
Aquí os deixo este enlace sobre animais extintos por culpa do home: http://comunidad.terra.es/blogs/nationalgeographic/archive/2008/04/09/almenos500especiesextinguidasporculpadelhombre.aspx
Eu realmente o preocupante paréceme que os bisontes poderían formar parte da alimentación dos humanos e se acabaramos con todos non haberia alimento, é como destruir o teu propio cultivo. Pero estamos a falar do mesmo de sempre, non é nosa culpa o que fixeran os nosos antepasados, pero non por isto temos dereito a facer o mesmo.
Pareceme fatal que o home branco fixese iso. É moi cruel quitarlle ós indios unha das suas fontes de sustento e de vestimenta, e con iso, a súa supervivencia. E tamén pareceme incrible que descendese tanto o número de bisontes dende a chegada do home branco, co seu correspondente cambio no ecosistema, iso so demostra como se pode ser de cruel con tal de conseguir o seu obxectivo: eliminar os indios.
Os seres humanos han traballado agresivamente pola extinción de moitas especies de virus e bacterias co obxecto de erradicar distintas enfermidades. A bióloga Olivia Judson, entre outros científicos, defenderon a idea sobre a extinción deliberada dalgunhas especies específicas, como os mosquitos Anopheles (que transmiten a malaria) e Aedes (que transmiten o dengue, a febre amarela, entre outras enfermidades), argumentando que a súa erradicación podería salvar polo menos a un millón de persoas.
Paréceme unha pena o que lles pasou a estes animais sólo por unha “rifa” entre dúas culturas diferentes.
Outra causa bastante degradante da extinción animal foi o “xoguemos a cazar”. Cazar animais convertérase nun xogo durante o século XIX, e as exicencias da moda puxeron en perigo de extinción a outros animais como os rinocerontes, os cocodrilos, os elefantes ou os tigres.
Esta noticia amósanos unha historia moi triste na que por culpa do racismo estragouse un ecosistema que anteriormente vivía en equilibrio. Pareceume moi cruel o que fai o protagonista da pelicula co indio, disparandolle nos ollos para que non descanse en paz. Non podo comprender como podían pensar ( e algunha xente continua a creelo) que por ser diferentes por fora, non son iguais ca eles por dentro, e so por iso non merecen levar unha vida digna.
En canto ao tema da extinción, atopei unha páxina no que mostrase unha táboa cos numeros de especies de grupos de animais extintos ou en perigo.
http://www.tecnun.es/asignaturas/Ecologia/Hipertexto/12EcosPel/123BiodivPelig.htm
Aquí falannos tamén das causas de extinción entre as que destacan a destrucción da selva tropical, as prácticas agrícolas modernas e a contaminación de aguas e atmosfera, todas elas causadas principalmente polo home.
A verdade que si que é bastante triste ver que por culpa de uns colonizadores mais avanzados se destruian vidas de animais e non so son esas vidas, senon tamen os bosques onde eles vivían para facer cidades pareceme moi triste porque asi empezaron e asi estamos acabando con animais en perigo de extinción e case sen vexetacion.
Non estou de acordo con Antón. ¿Cómo que o que menos importa son os animais en sí? Entón o que non importamos somos nós en sí, matémonos. Paréceme unha visión egoísta pensar na cadea.
Sinceramente cáusame máis tristeza pensar que todos esos bisontes morreron por unha rifa do humano e a súa morte nin sequera serviu a modo de alimento, que o que lles pasou ós indios.
Moita xente non o ve coma min, pero se non é por sensibilidade, paréceme que deberíase respetar pola súa envergadura; buscando na rede atopei que un bisonte macho americano chegou a pesar 1133 kg..!
Penso, que isto demostra unha vez mais que os seres humáns, e sobretodo os de cor branco somos superiores os demais. E pensar que soamente por loitar contra outras etnias, isto si que e realmente vergoñoso…non sabía eu isto, pero pareceume moi interesante.
Non teño palabras sobre esta noticia, paréceme tan inxusto, e tan cruel…
Como di Aida, os homes brancos nos cremos con mais poder que os de calquera raza, e deixando a millares de persoas sen comer, vestirse.. paréceme moi inxusto
Isto é algo imperdonable cara ao ser humano porque como ben comentan algúns, non só é o feito de matar animáis, senón de que se pode chegar a extinguir unha especie en concreto pertencente a un ecosistema existente na actualidade.
Paréceme algo lamentable o que fai o home blanco con tal de sentirse superior. O dano que lle fixeron a esa xente é imperdonable, se ahora mismo viven nesa miseria non é por outra cousa que por eso. Antes de que nos chegásemos vivían perfectamente pero cando os invadimos e lle ocupamos as terras , o haber xente de máis quitamoslles TODO.
Non foi a primeira vez que o fixemos, nin a ultima que matamos para o noso beneficio e sin remordementos.
E seguimos sendo crueis cos animais e triste dicilo pero os animais estan a nosa disposicion para nos e o noso substento , foi o noso transporte e sendo asi entendo que lles dera igual extinguir unha especie a eles que mas lles tiña? Non tiñan os coñocementos que hoxe en dia temos e non entendian as repercusions das suas accioons.
O malo e que ainda hoxe hai xente que ten esos pensamentos.
Esta noticia fíxome recordar ao Libro de Mario Vargas LLosa “O sono do Celta” onde os colonizadores tanto no Congo Belga como na Amazonia de Sudamerica, mataban os indíxenas cando non rendían o suficiente no traballo, chegaron a reducir a poboación indíxena ao 40%, os horrores do colonialismo non só déronse cos animais como nos conta Sabela no seu artigo se non ata cos seres humanos.
Por outro lado comentalos, que dentro dos animais en extinción se encontra o Cóndor, é a ave máis grande do mundo, o perigo que corre o Cóndor de que o cazen é moi real, debido ao costume relixiosas hai moitos mitos e lendas de curación consumindo a carne, ollos ou estómago do cóndor. Neste caso son
os indíxenas, que pensan que se poderán beneficiar.
O planeta esta en perigo de perder unha especie de ave sen igual e a responsabilidade disto e de salvala é do home.
É realmente triste pensar que por motivos tan pobres coma os deste caso cheguen a extinguirse especies enteiras.
Pero non é o único caso.
Estamos a facer o mesmo coas quenllas (tiburóns). Ou polo menos aqueles países asiáticos onde a aleta de tiburón é considerada coma afrodisíaca. Está demostrado que non é máis afrodisíaca que un grano de arroz, pero as creencias da poboación, moitas delas por falta de cultura, continúan permitindo a caza e tortura desdes animais que lograron sobrevivir á evolución dende logo moito máis tempo ca nós.
Os dodós tamén se extinguiron por causa de “diversión”. Eran cazados de maneira continua e indiscriminada soamente polo sencillo que era cazalos (esta especie medrou sen ningún tipo de contacto co ser humano e por iso non o consideraba coma unha ameaza). Aínda que neste caso influíron tamén as invasións doutros animais no seu hábitat.
Coma estes, hai moitos outros casos.
É unha lástima que o ser humano non logre aprender destes desastres e continúe con eles polo interese económico. Poñemos solución aos problemas cando xa non a teñen.
Esta historia reflexa perfectamen a mentalidade da case todos os homes que é querer ser “intocables” é dicir sentirse superiores o resto e pensar que poden conseguir o que queiran sen que nada ni nadie lles poida deter e menos a suás conciencias como neste caso de extincia completa dun animal.
Indudablemente a eliminacion dunha especie por motivos de superioridade ou crencias é algo horrible, moitos animais morren pola caza furtiva, é a inútil matanza de sangre que só o home considera un deporte e practica sen necesidades de alimentación.
Un exemplo é a caza de elefantes e morsas, ainda que o numero de elefantes é maior, para obter o marfil (chamado tamén o ouro branco) do seus colmillos co que se fabrican adornos e xoias, etc… .
Os expertos en elefantoloxia advirten que cada ano menoscabase a poblacion de elefantes un 8% por culpa da matanza clandestina. Desde 1980 perdeuse un de cada tres elefantes debido á accion de cazadores furtivos.
Deixovos este enlace:
http://aula2.el-mundo.es/aula/noticia.php/2000/12/14/aula976725163.html
Pareceume interesante un dos parragrafos no que din: ” Ao parecer, a venta anual deste material move uns 117.000 millons de pesetas. Eso sí, como sole suceder nestos casos, deste diñeiro só se queda en Africa unha parte mínima que apenas supera os 1.000 millons. Os cazadores de elefantes, pola sua parte, apenas reciben unas 5.000 pesetas por colmillo”
Deixa unha gran reflexion sobre quen é o que se beneficia desta matanza horrible, os paises exportadores (os desenvolvidos)
Paréceme unha gran atrocidade o acto que acometeron estes colonizadores, e dame moita pena que tivese que terminar así.
Noutros lugares todavía seguen a ocorrer matanzas animais, coma as baleas en Xapón aínda que xa foi “medianamente” erradicado pola presión dos activistas. En Canadá promóvese a matanza das focas, e ademais dunha manera moi violenta. Neste enlace aparecen mais detalles:
http://www.conciencia-animal.cl/paginas/temas/temas.php?d=785