It’s raining birds…

 

Paxaros mortos

Os primeiros falecementos produxéronse en Arkansas. Unha misteriosa choiva de paxaros mortos (uns 5.000 turpais vermellos) caeron durante a Noitevella na localidade de Beebe, a pouco máis de 150 quilómetros da capital do estado, Little Rock.

Posteriormente coñeceuse a morte doutros 500 exemplares aproximadamente, no veciño estado de Luisiana. E dias despois coñecéronse casos similares que se produciron noutros estados como Maryland ou Kentucky.

E non só foron paxaros, se non que tamén se atoparon uns 100.000 peixes mortos nun río de Arkansas. Unha situación que provocou que nalgúns ámbitos falásese de ‘Apocalipse animal’.

 

Aínda así, ante a sorpresa, distintos medios de Arkansas lembran que non é a primeira vez que sucede un incidente similar. En 1973 unha repentina tormenta de saraiba provocou a morte de centenares de patos. E en 2001 os raios causaron a morte dunha bandada de pelícanos que voaban pola zona.

Cales creedes que foron as causas destas masivas mortes?

Algunhas das hipóteses apuntan a un tornado, tormentas, saraiba ou ao estrés producido polos fogos artificiais da dita noite.

 

Deixovos un vídeo da BBC sobre esta noticia: http://www.youtube.com/watch?v=N9xBQNr25IU

 

Autora: Laura García

Esta entrada foi publicada en 4. Clima, 4. Contaminación e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to It’s raining birds…

  1. anton perez di:

    Hai xente que di que isto foi por culpa dos fogos artificiais de fin de ano, pero o que a min me preocupa é que non so foi nos Estados Unidos, xa que isto tamén lle pasou a algúns paxaros, peixes, sapos e cangrexos en sitios moi alonxados como Inglaterra ou Nova Zelanda.
    Para min que isto é culpa “nosa”

  2. juanjo regaldie di:

    Eu,o contrario que Anton non creo que teñamos moito que ver coa morte de estes paxaros,xa que como di no video,as posibles causas(excepto a dos fogos artificiais)de morte son:ou ben un rai,una granizada,unha ventisca de area… estos sucesos son sorprendetes.

  3. Laura Solano di:

    É verdade que é un fenómeno moi extraño.

    O que máis me impresionou e que no día de hoxe segue sendo un misterio o sucedido.

    Se baraxan varias hipótesis, entre elas os fogos artifiacias(xa citada por Antón) que os poideron asustar provocando que emprenderan un vó desorientado durante aquela noite, e sendo aves que ten mala visión, impactaran contra os árboles, casas… e demáis.

    Pero tamén pode ser debido a meteroloxía tan adversa que sufría aquel tempo Arkansas, dos cales,sendo bandas paxaros que voan en grandes grupos, colisinaran no aire ou mesmo polo impacto dun raio.

    O curioso e que pocos días despois, este fenómeno foi acomapañado doutro no menos impactante.
    Miles peces apareceron mortos
    flotando nun río na localidade de Beebe , cerca do estado Arkansas.
    Déixovos un elance sobre a noticia.

    http://lomas.excite.es/arkansas-se-llena-de-peces-muertos-tras-la-lluvia-de-pajaros-N17046.html

    Aínda que se trate só dunha simple coincidencia creo que non debería descartar que poida haber unha certa similitude nestes dou fenómenos.

  4. raquel blanco di:

    Penso que é moita casualidade que ocorrese o mesmo en varios lugares tan afastados e no mesmo día. Nesta páxina http://www.larazon.es/noticia/2489-seis-teorias-y-una-conspiracion-para-explicar-la-misteriosa-lluvia-de-pajaros , atopei unha serie de teorías que pensan que puido ocorrer neses estados.
    Un veterinario estadounidense, anunciou que podemos eliminar a posibilidade do envenenamento, posto que á hora de faceslles a autopsia, tiñan o estómago valeiro.
    Outros din que foi a causa de colisións. Explican que estes paxaron as veces non distinguen con claridade na noite.
    Tamén din que puido ser por medo, xa que houbo explosións para espantar as aves.

  5. judit pousada di:

    Eu creo que si que é posible que estes paxaros morreran a causa dun fenomeno meteorolóxico.Non penso que os humanos teñamos nada que ver con isto xa que como di a noticia isto xa pasou outra vez fai tempo.
    Deixo un enlace no que explica o que puido haber pasado con estes animaliños:
    http://www.elmundo.es/america/2011/01/03/estados_unidos/1294092160.html

  6. lizeth viancha di:

    Penso que a posibilidade do raio ou da saraiba é completamente aclaradora. A idea do “apocalipse animal” paréceme absurda xa que aínda que pasasen fenómenos parecidos noutras zonas do planeta non indica a morte dos animais polas revelacións escritas por San Juan no Novo Testamento.

  7. naiara varela di:

    Eu penso que foi debido a contaminacion que hay no mundo e sobre todo por esas zonas que estan quedando sen bosques e sen vexetacions nesta paxina http://historiasextraterrestres.blogspot.com/2011/01/ultimo-arma-quimica-habria-causado.html
    di que cerca de onde morreron estes peixes e paxaros habia unha fabrica onde facian as pezas dos avions enton eu creo que e mais por contaminacion que por outra cousa

  8. adrian ballesteros di:

    Este tema é moi chamativo a verdade e eu non sei porque sera pero que morreran 5.000 paxaros e tamen 100.000 peixes e moi chamativo.
    Eu creo que o mellor tamen pode ser por contaminacion nnon o sei pero quen sabe .

  9. ivan garcia di:

    Eu a este suceso, apartir da información que lin, podese deber a duas causas:
    A primeira, pesticidas que poideran envenenar a este gran número de aves. En Estados Unidos nos cultivos utilizanse pesticidas moi fortes que poden envenenar a este paxaros.
    A segunda poder ser por o estres que estas aves puideron sufir. Con isto me refiro a grandes tormentas ou escasez de alimentos.
    Pero dende logo unha cousa esta clara, non se trata de ningún apocalipse animal xa que é absurdo pensar esta idea cando se ten diferentes hipóteses cientificas.
    Deixo o enlace no que vin a información que menciono:
    http://www.lavanguardia.es/lectores-corresponsales/20110109/54097880846/la-lluvia-de-pajaros-podria-estar-relacionada-con-la-muerte-de-wheeler.html
    Tamén decir que isto se trata de casos puntuais como nunha noticia do ano pasado na que se conta un suceso no miles de peces apareceron mortos a causa dun cambio brusco nas temperaturas da agua. Este tipo de sucesos non quere dicir que agora de repente comecen a morrer todas as aves nin nada polo estilo.

  10. sabela rey di:

    Coincido no xa dito: un apocalipse animal é unha idea absurda. Tamén penso que se debe máis a condicións meteorolóxicas puntuais, ou os fogos artificiais. Probablemente, digo eu, que unha gran tormenta, a propia saraiba…

    O que me fai pensar que estes sucesos non son por culpa da actividade humana non é que xa ocorrera noutras ocasións, que por un lado tamén, máis ben é intervalo temporal de diferenza entra todas esas datas: 1973-2001-2011.

  11. tatiana barbosa di:

    Sen duda este fenomeno é moi extraño, pero non é un fenomeno actual, felase del desde hai moitos anos, nos papiros do Antigo Exipto, na Biblia e en historias que datan da Idade Media.

    O primeiro que intentou atopar unha explicación a este fenomeno, foi o físico francés André-Marie Ampère que decía que: nalgunhas épocas, os sapos e as ras iban polo campo en grandes grupos e os ventos moi fortes podían collelas e desplazalas grandes distancias. Investigacións máis recentes non desminten a explicación que deu este científico, pero non o atribuen a grandes ventos senon ás trombas mariñas ou aos tornados.

    Deixo este enlace que atopei no que se explica un caso que se deu en Galicia e onde aparecen outros moitos casos:http://alicantino.es.tl/LLUVIA-DE-PECES-EN-GALICIA.htm

  12. laura sanjurjo di:

    Eu non sabería que crer. É certo que puido ser polos fogos artificiais. Máis tamén puido ser ocasionado pola tormenta ou os tornados, xa que estes tipos de sucesos sempre traen desgrazas, e esta é unha delas.

  13. alejandro_lopez di:

    Eu opino o mesmo que moitos dos compañeiros e creo que estas mortes dos paxaros débense a calquera tipo de condición meteorolóxica.
    Aínda que non se sabe con certeza, pode ser que tamén “nos” teñamos algo que ver pero o que é a miña opinión é que isto é causa de fenómenos como o granizo, a saraiba etc.
    Aqui vos deixo un vídeo interesante sobre as mortes dos paxaros:
    http://ies.fernandowirtz.ccmc.climantica.org/2011/02/23/its-raining-birds/#comments

  14. adriana jimenez di:

    Eu entereime deste extraño caso nunha clase de conversación de inglés co profesor americano Mike, porque emepezou a comentar o que estaba a pasar e quedeime realmente abraiada.
    Eu como moitos dos meus compañeiros non penso para nada que sexa un apocalipse animal, e ademais paréceme unha idea un tanto arraigada a crenzas relixiosas.
    As opción máis lóxicas que eu vexo son ou pola contaminación ou polos fogos artificiais.

  15. aida rodriguez di:

    A verdade é que a idea dunha Apocalipse animal é parte dunha crenza relixiosa, pensando ben algunha xente pensará isto e a verdada, pero coma sempre debemos separar a ciencia e a relixión.

    Penso, que os humáns poderían haber provocado a “choiva” de paxaros se soamente se dese neste caso puntual, debido a utilización de fogos artificiais de forma ilegal.

    Pero a verdade é que isto xa ocorreu, non é algo novo e polo tanto a acción dos humáns non debe de ser a causa. A causa probablemente sexa debido a causas meterolóxicas.

    Outros casos que se deron noutros lugares foron: En Norteamérica, en xullo de 1953, dúas tormentas seguidas nas pradarías de Alberta, en Canadá, mataron a máis de 148.000 patos, así como a outras moitísimas aves. En abril de 1970 outra tormenta fixo estragos. Nas illas Aleutianas, ao suroeste de Alaska, desatouse unha tormenta con ventos que chegaron ao 135 km/hora, o que fixo que despois aparecesen máis de 100.000 arádevos (aves mariñas) mortas nas costas americanas. Noutra ocasión, un tornado en Luisianan matou, en abril de 1993, a unhas 40.000 aves que estaban en migración. Outro exemplo é o que aconteceu en 1928, cando, por unhas condicións de néboa moi pechada, varios centos de cisnes morreron ao meterse baixo as cataratas do Niágara

  16. alicia lopez di:

    Eu, como Adriana tamén me enterei desta nova grazas a Mike.
    A min non me parece tan absurda unha apocalipse animal; neste caso si, porque eu penso que foi a liberación ó ambiente de algún producto químico da fábrica de avións, que menciona Naiara, que a esta especie, e ós peixes mortos, lle resultou tóxico… sinceramente non son quen de imaxinarme os paxaros tolos chocando uns con outros desorientados.
    Lonxe deste caso, esa “apocalipse animal” (non me gusta este termo, parece unha película de terror) algún día chegará, e falo por suposto tamén de nós, está claro neste camiño que levamos.

  17. luis ogea di:

    Na miña opinión como a maioría dos meus compañeiros, non creo que sexa parte dunha apocalipse animal, xa que estes procesos ocorren desde fai moito tempo, e a culpa da humanidade non encaixa moi ben tampouco, as causas non se coñecen, pero na miña opinión, pode ser polo medo das aves ou por causa do clima (por exemplo un tornado).

  18. diana fernandez di:

    Eu como a maioría dos meus compañeiros tampouco creo que fose por unha aopcapise animal , non hai que buscar as causas tanto alá . Seguramente fose por causas meteorolóxicas sen máis.

  19. adriana rey di:

    Eu non creo que morreran por causas meteorolóxicas. Case todos os dias hai tormentas e fortes choivas por todo o mundo e non morren animais en masa de esa maneira. Ten que ser por otros motivos, como por exemplo contaminación.

  20. cristina gonzalez di:

    Como alguns compañeiros,tamen creo que pudo haber sido pola contaminación ambiental o polo estres dos paxaros ese dia, aínda que non hai nada claro.
    Acabo de ler que tamen houbo 200 mortes de vacas en Wsiconsin (EEUU) recentemente.

  21. carolina lopez di:

    Sorprendeme a cantidade de lugares nos que aparecen estas mortes masivas de animais e sen explicacions conectadas entre si. Eu opino que non esta claro a causa da morte dos animais pero é posible as hipotesis que nos presentan os cientificos como a dos fogos artificiais, tormentas, etc…

    http://www.cadenamarianomoreno.com.ar/?p=3768
    Neste enlace nos aparece casos diferentes en 24 lugares diferentes como:
    -Inglaterra coa aparicion de 40.000 cangrejos “Diablo” mortos nas playas.
    -Italia onde apareceron miles de Tortolas,etc…

    E chamoume a atencion o do Municipio de Santa Lucia en Colombia onde apareceron unha cantidade de sapos da nada ainda que esta vez non eran mortos.

  22. claudia valina di:

    Quero destacar un dato que dixo Dante que destos sucesos tempos provas desde hay moitos anos escritos nos que se relatan sucesos imposibles que pola epoca se lle daban explicacions relixiosas pero hoxe en dia temos unha serie de coñecementos e porfavor non volvamos atras e non pensemos nunha apocalipse animal, ainda que os sucesos son bastantes sorprendetes danse miles de probabilidades de porque eu penso que a mais acertada e a de fenomenos metereoloxicos.

  23. francisco lopez gonzalez di:

    Estes casos de mortes masivas de animais son moi estraños xa que non podemos saber a que se deben o unico que se poderia facer e investigar que caracteristecas son similares en todas estas catastrofes animais e asi talvez conseguiriamos chegar a clave.
    Como isto foi investigado supoño que co tempo saberemos a verdadeiras razons pero polo de agora ningunha razon pode ser descartada.

  24. Soledad Muiño di:

    Este fenómeno xa non me impacta tanto, xa que fai tempo lera que estes sucesos eran provocados por fenómenos metereolóxicos fortes (coma tornados por exemplo) que arrastraban estes animais hasta determinadas zonas,e como todo o que sube baixa, o mesmo ocorreu nestes casos, e pareceme un tanto “estúpido” que a xente o relacione con temas da relixión.
    Neste enlace, móstranse explicacións diversas:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Lluvia_de_animales

  25. gabriela lopez di:

    Xa escoitara falar disto e escoite cousas tan contrarias.
    -A primeira versión foi: Estes paxaros morreron a causa de fenómenos “sobrenaturais” consecuencia de algo inexplicable, como non, escóiteo en cuarto milenio.
    -A segunda versión escoitada nunha reportaxe foi: Que as causas podía ser varias. como por exemplo, fenómenos meterológicos, os lume artificiais de fin de ano, entre outros.
    Evidentemente non dubide na veracidade do segundo.

    Déixovos coa explicación científica do fenómeno, e a explicación antigua( sen fundamento)
    http://es.wikipedia.org/wiki/Lluvia_de_animales

  26. laura montes di:

    Sucesos como estes son bastante increíbles. Nun primeiro momento parecen obra de maxia. A de casualidades que chegan a ocorrir no noso planeta…

    Hai non moito houbo unha noticia semellante. Millones de peixes apareceron flotando mortos nun porto de Los Ángeles. Penso que o motivo é o mesmo en moitos destes casos: unha corrente de contaminación máis alta do normal pilloulles en mitad do voo, ou no mar…
    Pero ningunha empresa vai culpabilizarse a se mesma, coma é usual.

    Déixovos o artículo desta corrente de caballas e sardiñas mortas no porto de Los Ángeles. E un caso moi similar:
    http://www.lavoz.com.ar/ciudadanos/ambiente/aparecen-millones-peces-muertos-angeles

  27. alexandra di:

    Eu creo que estes sucesos suceden ou por fenómenos metoroloxicos ou algunhas veces pola contaminación, embelenamento ou polo fort ruido dos fogos artificias, dos avions,etc.

    De todos os caso o que máis me chamou a atención foi o da choiva de carne e sangue, porque onde saiu esta sangue e carne? que seguramente a levou un tornado e logo cando rematou o tornado, a sangue e a carne caeu.

    O que tamén me extraña e porque cando suceden estes fenómenos só suceden nunha soa especie, por exemplo a da noticia, só foron paxaros da especie turpais vermellos, porque non lle afectou os demais paxaros?

Deixa unha resposta