Heroes do bisturí

imagen

Siameses son aqueles xemelgos cuxos corpos seguen unidos despois do nacemento, nacendo o 50% dos casos mortos. A porcentaxe de supervivencia dos xemelgos siameses oscila entre o 5% e o 25%.
Algunhas veces teñen solución cirúrxica. Os casos máis difíciles son aqueles nos que os bebes comparten órganos  o que en ocasións obriga a ter que optar por salvar a vida dun deles. Tipos de siameses  que comparten cabeza e tórax 70%,  pelve 20%,  columna 5%,  e o cranio 2%.
Para os médicos,  o caso de María Teresa e María Jesús, as siamesas guatemaltecas, operadas en 2002, foi un auténtico reto.  Para os seus pais foi  un milagre. Naceron unidas pola parte superior do cranio pero os seus cerebros estaban separados. Esto, segundo os médicos, se produce unha vez cada dous millóns de nacementos. Neste caso fixéronse uns preparativos antes da operación que consistiron en introducir baixo a pel uns globos que inflaron pouco a pouco para conseguir pel que logo   necesitaron para reconstruír as cabezas. Provocaron  o coma ás nenas,  dous anestesistas ocupáronse de cada unha das nenas. Os cirurxiáns abriron a pel; os neurocirurxiáns fixeron unha pequena fiestra no cranio, a través da cal separaron tecido cerebral e vasos sanguíneos entre 60 e 100 veas, o maior risco era unha hemorraxia. Unha vez que o tecido cerebral foi separado ábrese o resto da estrutura ósea do cranio. Separadas por primeira vez se les colocó   unha tapa de cranio sintético a cada unha delas. Finalmente os cirurxiáns plásticos  pecharon os buratos das súas cabezas.
A élite da cirurxía mundial practica a medicina extrema. Hoxe en día realízanse operacións no útero,  de fetos de 30 cms. A cirurxía intrauterina  só practícase en España, Estados Unidos, Bélxica, Brasil e Reino Unido.

Autora: Gabriela López

Esta entrada foi publicada en 3. Novas técnicas médicas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to Heroes do bisturí

  1. tatiana barbosa di:

    Sorprendeme moito o que se está chegando a facer no campo da medicina, porque ainda que estas separación facianse hai moito tempo, unha operación como á que se someteron estas nenas sería impensable fai uns anos. A primeira separación de siameses fíxose no ano 1689, a uns siameses unidos polo ombligo, pero os siameses máis antigos que se coñecen son unhas nenas nacidas en 1100 en Inglaterra que só tiñan un par de extremidades superiores e inferiores e que ainda asi lograron vivir ata os 34 anos.

    Pero nos non somos os únicos animais que nacen siameses, senon que hai moitos casos de outros animais nos que tamén se dan estes casos. Aquí vos deixo un enlace cunhas fotos de outros animais siameses sorprendentes:
    http://www.ojocientifico.com/2009/05/23/siameses-en-el-reino-animal-no-apto-para-impresionables/

  2. raquel blanco di:

    Esta noticia recordoume á historia dos dous irmáns, Chang e Eng, ós que lle debemos o nome de “siameses”.

    Chang e Eng naceron no ano 1811, nun pequeno pobo de pescadores en Siam. Chegaron a alcanzar unha estatura de 1.54 Chang e 1.57 Eng, e para compensar esta diferenza de estatura Chang usaba uns zapatos cuns tacóns especiais.

    Os dous falaban en forma simultánea, é dicir, un comezaba a frase e o outro a terminaba. Certo día, cando os irmáns tiñan dezaoito anos, viunos un capitán dun barco norteamericano que chegara ao porto. Velos e ter a idea de levarllos foi unha decisión instantánea na cabeza do capitán.

    Levounos a Boston, e logo de exhibilos nesa cidade, foise coa inseparable parella a Europa, onde foron vistos co mesmo interese e causando a mesma sensación que nos Estados Unidos, e todo indica que fixeron un percorrido de máis de 4.000 quilómetros polas Illas Británicas, logrando ser vistos por máis de 300.000 espectadores.

    O Colexio Real de Cirurxiáns deu un té na súa honra e despois de examinalos con prolixidade, os científicos e eminencias, perplexos e desorientados declararon aos siameses “Lusus Naturae”, é dicir, un capricho da natureza, e talvez isto explicaba tamén a súa ignorancia neste caso.

    Cando os irmáns camiñaban facíano sempre uno á beira do outro, e durmían deitados cara a cara. Para cambiar de posición sinxelamente pasaba un por encima do outro sen espertarse. Eran completamente normais, excepto por unha pequena tira cartilaginosa e flexible dun nove centímetros de longo e un vinte de circunferencia que os mantiña unidos polo esternón e estendíase até o abdome.

    Nunca os médicos da época lograron porse de acordo sobre a real natureza da curiosa ligazón que unía aos irmáns, nin tampouco das funcións que interiormente se producían. Foi necesario esperar até a autopsia para develar o misterio fisiológico. Pero no que se estaban todos de acordo era que se os irmáns eran operados para lograr separalos, estes morrerían sen remedio.

    Pero tamén hai otra historia dunhas irmás siamesas na actualidade que é realmente impresionante. Deixo aquí o enlace:
    http://www.youtube.com/watch?v=wBb-C-W8vIE

  3. Laura Solano di:

    O tema dos siameses cada vez impresioname máis.
    De feito hai un caso que me chamou bastante a atención .
    No pasado, exactamente en 29 xunio 1993 coñecíase o primer caso dunha operación exitosa da separación de unos siameses que estaban unidos polo peito
    e que compartían órganso tan vitales como eran o corazón e o figado.
    Aínda que xurdiron pequenos inconvenientes no cremento dun dos pequenos despois da intervención ,os resulatados a largo prazo foron favorables.
    Déixovos o video deste caso:
    http://www.youtube.com/watch?v=UKr9krMp6O4

    Pero as veces os siameses non son sometidos a separación e conviven xuntos durante a súa vida. Este é o caso
    das siamesas Abigail . Naceron en Minnesota (Estados Unidos) cunha extraña “anomalía”
    coñecida como Policefalia (Polycephaly) e ten a singularidad de compartir un solo corpo, ter duas espinas dorsais,
    dous corazones, tres riles, dous estómagos e tres pulmóns.
    Soamente foron sometidas algunhas intervencións ,como a amputación de un dos seus brazos ou a ciruxía para correxir unha escoliosis.
    Co paso do tempo as rapazas foron adaptándose a esta clase de vida ,pero aínda que teñan un só corpo ,comparten gustos diferentes.

    http://www.youtube.com/watch?v=qAVdyHbSQYg&feature=related

    http://www.noseas.com/2006/12/21/las-siamesas-abigail-y-brittany-hensel/

  4. carolina lopez di:

    Ao longo da historia, moitos “siameses” foron explotados en circos e ofrecidos aos curiosos como verdaderos fenomenos como Jean Libbera quen traballo en varios espectaculos anunciandose como “O home con dos corpos”.

    Pero hoxe en dia, cos avances medicos se poden separar como ocurreu coa nena india Lakshmi Tatma, nacida con oito extremidades a cal pertenece ao grupo dos asimétricos (os heterópagos) que son xemelos incompletos (parásitos) unidos a irmáns completos (autósitos). O organismo dos últimos posibilita a supervivencia dos primeiros, doutro modo imposible por falta da maioría dos órganos, incluindo unha bomba cardíaca propia. A avanzada ciruxía actual resolve con éxito un gran numero destos casos.

  5. alejandro_lopez di:

    Os nacementes dos Siameses é algo moi curioso pero tamén incómodo.
    Se unha parella teñen fillos siameses no habería ningún problema (dentro do que cabe), pero o problema viría se os ditos pais, quixeran separalos.
    Neste caso existiría un risco bastante alto de que algún deles ou os dous poidan perder a vida.

    Aquí déixovos unha páxina onde podedes obter algo de información: http://www.elcultural.es/version_papel/CIENCIA/2185/Siameses_en_conflicto

  6. carolina rodriguez di:

    O caso de siameses que máis me sorprendeu a min foi o dunhas nenas norteamericanas q teñen só un corpo para as dúas cabezas, deixo aquí un video no que nos ensinan a súa vida, totalmente normal, indo a escola e estando cos seus amigos,e conducindo.
    http://www.youtube.com/watch?v=BkKWApOAG2g
    Isto nos ensina que ainda que as veces é moi tráxico o nacemento destes xemelgos siameses, poden vivir e ser felices despois de todo.
    Ainda así , espero , e vexo que xa se está a lograr, que a medicina logre separalos e darlles unha vida normal, coa mesma esperanza de vida que o resto da poboación, e sen ningún efecto secundario.

  7. laura garcia rueda di:

    A imaxe e o caso, impresionoume moito. Me imaxinaba que era unha operación difícil debido á zona onde estaban unidas, pero que usaran cerebreps diferentes era un gran prol para a súa separación.

    Buscando en internet encontrei unha páxina que nos falaba dos 10 casos máis extraños e famosos da historia de irmáns que naceran siameses, deixovos os que máis me sorprenderos, e tamén enlázovos a páxina para que podedes ver os demáis e as fotos dos casos:

    Lázaro y Joannes Baptista Colloredo.
    Estes siameses italianos estaban unidos polo centro. Lázaro era capaz de manterse en posición vertical e falar, mentres que o seu irmán (quen ademais tiña a perna esquerda pegada á de Lázaro) era incapaz de todo isto polo que sempre se mantivo cos ollos pechados e a boca aberta.

    Edward Mordake
    Edward naceu na Inglaterra victoriana. Era fillo dunha familia adiñeirada e posuidor dun extraordinario talento para a música e os estudos. Con todo, na parte posterior da cabeza, tiña un rostro feminino. Destoutra cara díxose de todo: que tiña unha expresión maligna, que seguía coa mirada a calquera, choraba, ría e movía os beizos (pero non falaba). Antes de suicidarse aos 23 anos, Mordrake pediu que destruísen aquel rostro maligno que o atormentou toda a súa vida.

    Jean e Jacques Libbera
    Coñecido como “o home con dous corpos” (caso que menciona a nosa compañeiro Carolina), Jean Libbera nomeou ao seu irmán xemelgo Jacques. Jacques tiña cadeiras, coxas, brazos, pernas e o que posiblemente fose a súa cabeza dentro do corpo de Jean. Jean tivo catro fillos e levou unha vida de casado até 1936, ano no que morreu.

    Chang y Eng
    Nacidos o 11 de maio de 1811 en Siam (actual Tailandia), estes xemelgos estaban unidos por un pedazo de cartílago. Naquela época, a separación era moi perigosa, polo que decidiron permanecer unidos. Logo de viaxar por todo o mundo, os siameses instaláronse en Carolina do Norte, onde casaron con dúas irmás. Chang e a súa esposa tiveron 10 fillos, mentres que Eng tivo 12 coa súa. En 1874, faleceu e Chang e, horas máis tarde morreu Eng.

    O último caso sorprendeume bastante pola cantidade de fillos que tiveron cada un coa súa respectiva muller. ¡10 e 12 fillos!

    Este é un caso bastante común no que as dúas siamesas comparten o corpo dunha delas desde o pescozo, no que conecta á cabeza da outra.
    http://www.youtube.com/watch?v=zPMXi1xAwn0

  8. jose luis lopez di:

    Na cirugia de siameses hai un home destacado é o Dr. Benjamin Carson, en septiembre de 1987 participou na separacion dos xemelos siameses alemans Patrick e Benjamin Binder, de sete meses de edade, unidos pola parte posterior da cabeza.Estas operacions sempre remataron na morte dos bebes, pero os gemelos sobreviviron.

    En 1997 Carson e o seu equipo foron a Sudafrica para volver a separar con exito a uns bebes siameses, esta vez eran os bebes Luka e Xose banda convirtindose no primeiro caso da historia en que separou aos siameses pola parte superior da cabeza.

    Aqui deixovos un enlace sobre o Dr. Carson:

    http://www.america.gov/st/peopleplace-spanish/2010/October/20101019164231×0.154533.html

    Pareceme que a vida dos siameses é difícil pero non he un impedimento para vivir xa que alguns se casaron e tuveron fillos.

  9. ana dominguez di:

    Este caso ou casos coma estes de siameses impactanme e desagradanme.
    Estes ciruxans que inteveñen estes casos parecenme autenticos heroes como ven pon o titulo,non chego a entender como a mediciña pode chegar a evolucionar tanto para facer este tipo de operacions.

  10. paula manteiga di:

    Quedeime fascinada do bó que pode chegar a facel alguén ó querer salvar ás vidas de dous rapaces unidos por si memos.
    Estiven investigando e encontrei un caso parecido a este, pero aparte as rapazas estaban unidas polos vasos sanguíneos, e non saiu ben poque tiveron parada respiratoria, pero outro coma o de un médico australiano qe estivo 32 horas nun quirófano para separar dúas horfas de 2 anos, no que saiu correctamente.

  11. jorge suarez di:

    O caso que mais me chamou a atencion fui o de soledad parece imposible que podan vivir nun só corpo 2 persoas con 2 cabezas.Os avances que estan a ocorrer permiten que a vida destas persoas poda ser mellor ou que se podan separar por iso e nisto no que hai q investir o diñeiro

  12. alicia lopez di:

    Penso que é un gran esforzo o que teñen que facer os ciruxáns para salvar a vida dos siameses, especialmente cando a solución é dificil.
    Sorprendéronme moito os casos extraños de siameses que expuxo Laura García, asi que busquei máis información e por exemplo de Jean e Jacques Libbera descubrín que.. é o home araña! ten oito extremidades! http://www.google.es/imgres?imgurl=http://2.bp.blogspot.com/_R3NKMt2fxV4/ST3AYhkIz6I/AAAAAAAAARk/icL_7BoXzUA/s320/lakshmiBARCROFT_468x474.jpg&imgrefurl=http://blog.sorprendente.org/2008_12_01_archive.html&usg=__8nxu_HAIvdbaftGMQDcbJ6EA60w=&h=320&w=316&sz=27&hl=es&start=0&zoom=1&tbnid=AqOwoqnZsKSqfM:&tbnh=133&tbnw=131&ei=_r1iTcGdLYmgOv6fvdMJ&prev=/images%3Fq%3DJean%2B%2526%2BJacques%2BLibbera%26um%3D1%26hl%3Des%26client%3Dfirefox-a%26sa%3DN%26rls%3Dorg.mozilla:es-ES:official%26channel%3Ds%26biw%3D1008%26bih%3D585%26tbs%3Disch:1&um=1&itbs=1&iact=hc&vpx=527&vpy=257&dur=4053&hovh=226&hovw=223&tx=170&ty=154&oei=_r1iTcGdLYmgOv6fvdMJ&page=1&ndsp=20&ved=1t:429,r:11,s:0
    Mais cando se fixo adulto deixou de ter este aspecto e pasou a ter o de un home cun ovillo de pernas enredadas na cintura.
    O caso de Edward Mordrake pareceume triste e aterrador.. durmir cunha cara detrás e pensar que a estás a afogar debe ser moi paranóico.

  13. aida rodriguez di:

    Isto non é que nos pode tocar na vida, ainda que non debe de ser moi doado vivir cun irmán pegado…

    É realmente gratificante saber, que dende hai moito tempo os ciruxáns poden poñerlle fin a isto. Pero as veces non son capaces de que sala ben a operación coma sempre pode pasar nas operacións con certo riesgo. Deixo eiquí este enlace: http://www.lavoz.com.ar/ciudadanos/fallecieron-siamesas-deficiencia-cardiaca nel se fala de que unhas siamesas morreron tras a operación debido a unha deficencia cardíaca.

  14. María Iglesias García di:

    Tódalas historias que puxeron os meus compañeiros son moi interesantes, aínda que vivan unhas vidas como as nosas. Non me sorprende, xa que teñen todo o dereito tamén, ademáis como puiden observar, hai xente que cando se acostumbra tómase con absoluta normalidade esta situación.

    O que me pode abraiar máis son os métodos quirúrxicos que poden emplear os médicos para separalos nalgúns casos.

    Buscando sobre o tema encontrei un documental no cal explica o método de cómo separan por una parte a dous dunhas trillizas americanas (que ata comparten o suministro de sangue) e a un pequeno siamés cun xemelgo parásito de Nepal (como explicou a miña compañeira Carolina López, este é un exemplo de “heterópagos”.

    O número de médicos que poden acudir a este tipo de ciruxías son de, por exemplo, oitenta persoas, algo incríbel. E moi estresante saber que a decisión dunha pequena cousa pode ser decisivo para que a operación sexa un éxito o un desastre.

    Impresiona o medo a familia de cada un deles, das diferentes vidas que teñen, a forma de explicalo e os problemas que hai durante a ciruxía.

    Aquí tedes o documental:
    http://www.megavideo.com/?v=H0DVKH80

  15. laura sanjurjo di:

    Alegra moito saber que actualmente a mediciña avanzou tanto como para poder separar a algúns siameses. Máis no caso de que se quixesen separar e fose un caso complicado, ¿a quen escoller pra que continue coa sua vida e a quen deixar morrer?
    Como curiosidade, o nome de siameses púxose en honra os xemelgos Eng e Chang, que eran coñecidos coma os Xemelgos Siameses xa que proviñan de Siam (actualmente Tailandia).
    A primeira separación de siameses que tivo éxito foi en 1956.
    O actor Andy García naceu unido a un irmán siamés que non terminou de desenvolverse e faleceu.
    A maioría dos siameses son de xénero feminino. E tamén a maioría deles nacen unidos polo peito.

  16. sabela rey di:

    Aquí é onde se ve o sorprendentemente rápido que avanza a ciencia, pois como di no seu comentario Jose Luis o Dr. Carson, realizou no 1987 a primeira operación con éxito de separación en xemelgos unidos pola parte posterior da cabeza; e dez anos máis tarde tamén realizou con éxito a primeira separación pola parte superior da cabeza. O caso de Edward Mordrake paréceme “fascinante”, e fai verdade o dito de que a realidade sempre supera á ficción.

    Buscando sobre doctores e siameses non cheguei a atopar moito, sen embargo si que lin a noticia dunha separación de xemelgas siamesas, que se atopaban unidas polo fígado. Así mesmo, coméntase que unha delas estaba tendo problemas co fígado e, aínda que non figura, a rapaza acabou morrendo; sen embargo a noticia, de finais do ano pasado, gústame se trata da primeira vez que en Panamá se realiza unha operación de semellante magnitude. Aquí está o enlace: http://www.suite101.net/content/separan-siamesas-por-primera-vez-se-realiza-operacion-en-panam-a27001

  17. juanjo regaldie di:

    1º) Decir que sí,estes ciruxanos son todos uns heroes,xa que non é o mesmo facer unha operación para separar a duas persoas que son siamesas que una simple operación de apendice por exemplo.
    2º)Tampouco hai que poñerse tan sentimental e tan triste por estas persoas,claro que non poden levar unha mesma forma de vida normal,pero non é unha cousa do outro mundo.Si que son persoas que teñen mala sorte,pero non é para chorar como din alguns.

  18. judit pousada di:

    Pareceme moi interesante este tema que nos conta Gabriela.Para os pais ás veces non debe ser doado cando é un caso extremo elixir cal dos dous siameses debe vivir e cal morrer,nalgúns casos as cousas saen ben pero noutros pola contra saen moi mal.
    Encontrei unha nena que non tiña unha siamesa pegada pero tamén tiña un problema moi peculiar.
    Tiña as pernas pegadas entre si,faciase chamar “a nena sirena”
    Déixovos un enlace para que o veades:

    http://www.elargentino.com/nota-124273-Milagros-la-nina-que-nacio-con-las-piernas-pegadas.html

  19. lizeth viancha di:

    Ao ver este tipo de casos daste conta da cantidade de cousas que poden pasar nun embarazo e as poucas que sabes. Realmente non me sorprende que, en épocas anteriores, os médicos non se atrevesen a operar nin tratar este tipo de pacientes xa que, como non existían os raios x, non podían observar que cousas se comparten no corpo dos siameses. Buscando na rede atopei unha imaxe que me sorprendeu xa que non sabía que este tipo de cousas pasaban tamén en medios acuáticos: http://4.bp.blogspot.com/_SZ3JC8LcLxc/S-GzNFhgkPI/AAAAAAAAAGg/PstDT0jC1PM/s1600/pezes-siameses_imagenGrande.jpg

    Todos os exemplos que puxeron os meus compañeiros son abraiantes e, en especial, chamoume a atención o caso de Edward Mordake porque, ao ler a súa vida, parece sacado da imaxinación dun home, realmente escalofriante.

  20. adrian ballesteros di:

    Este tema chamoume moito a atención e pareceme chamativo e alguns dos casos moi chamativos e estiven vendo fotos en google imaxes e alguns son absoluta chamativos e este tema gustome tratalo na clase porque é importante saber sobre este tema.
    Espero que a medicina mellore para que en todolos casos podase salvar a vida dos dous siamese se é posible claramente.

  21. diana fernandez di:

    Pareceme extraordinaria a labor que fan estes médicos. Grazas a eles poderase salvar a vida de moitos nenos que nazan así.
    Tamén pola contra cando esto non pode ser e deben ser os pais os que teñen que decidir cal dos dous queren que vivan debe de ser tremendamente difícil xa que tanto un como o outro son os seus fillos.

  22. adriana rey di:

    Separar os siameses ten os seus riscos, agora non tanto porque a medicina avanza, pero anos atrás era demasiado complicado e moitas veces levaba á morte, ainda que eu creo que a veces e millor morrer que vivir en isa situación, máis antigamente que a sociedade estaba coas mentes máis “pechadas” .

  23. andrei lee di:

    Estiven buscando sobre este tema e encontrei que os primeiros siameses dos que temos informacion foron os que naceron en 1100 en Biddenden, Kent, Inglaterra. Chulkhurst Mary e Eliza, que pasarían á historia como as Biddenden Maids, aperecem unidas polas súas caderas e ombros en representacións pictóricas da época, o que suxire que foron siameses pigópagos. Coa morte dunha delas, os médicos lanzaron a idea de separalas para salvar a vida da sobrevivente.
    “Así como llegamos juntas, nos iremos juntas”, conta a lenda que dixo esta última, que por aquel entonces tenía 34 anos. A súa morte podería ocorrer dentro horas, mais ambos foron lembrados ata hoxe grazas a 20 hectáreas de terra doadas por elas para a igrexa local.

    Naqueles anos, o nacemento de siameses pigópagos adoitaba ser atribuído, entre outras cousas, a ira de Deus, a influencia do demo, ou algo que tiña visto a muller durante o embarazo. Xa no século XVI, o ciruxano francés Ambroise Paré decidiu descubrir a causa científica deste fenómeno, que considerou “contraria á lei e á orde da natureza.”

  24. francisco lopez gonzalez di:

    Pareceme impresionante o desarrollada que esta a medicina con respectoa cualquier outro ambito cientifico.
    Nestes casos houbo unha gran mexoria xa que antes habia que tomar a decesion de só salvar un dos siameses nos casos en que compartian organos peor agora parece que xa ningun caso e imposible.
    Pero na medicina non todos os campos avanzan a mesma velocidade xa que enfermidades que actuan sobre todo en africa non son estudadas xa que os investigadores no sacarian ningun benevicio con eso e as farmaceuticas non os querrian mercar.

  25. Soledad Muiño di:

    Pareceume extraño que ninguén buscase información sobra a ciruxía intrauterina, que tantos beneficios pode aportar a saúde e calidade de vida dos futuros recién nacidos.
    A pesar de que a ciruxía intrauterina é similar á que se practica despois do parto, é mais efectiva porque repara o dano antes de que sea irreversible. O estudo demostrou que se poden reducir ata nun 30% a necesidade de implantar unha válvula para reducir a hidrocefalia, mellora do desarroio mental e aumenta as posibilidades de caminar sen axuda.

    Deixo un enlace con mais información sobre esta ciruxía:

    http://www.uab.es/servlet/Satellite?cid=1096481466568&pagename=UABDivulga%2FPage%2FTemplatePageDetallArticleInvestigar&param1=1233819348511&setletertype=_a:1

  26. alexandra di:

    E increible o abanzada que esta a ciencia como para separar a uns siameses que compartan alguns organos e a operación salga con exito.
    Mirei un pouco por internet sobre os isameses e atopei a sua clasificación segun por onde etean unidos:
    -Toracópagos, xifópagos o esternópagos (73-75%): Conexión de la región external o cerca de ella, con los individuos situados cara a cara. La anatomía interna es variable; habitualmente tienen órganos separados, excepto el hígado.
    -Pigópagos (18-19%): Conexión por la espalda, usualmente por la pelvis, con sacro y cóccix comunes, y los tubos digestivos que acaban en un ano y recto común. Con frecuencia existen malformaciones genito-urinarias.
    -Isquiópagos (6%): Conexión a nivel de la pelvis inferior, cuerpos fusionados en la región pélvica hasta el ombligo; por encima los cuerpos están separados y son normales.
    -Craneópagos (1-2%): Por lo general se hallan unidos por la parte media de la cabeza; casi siempre los cerebros están separados o sólo ligeramente fusionados.

Deixa unha resposta