O aire sobre o Mar Morto

imagen

  En hebreo, o Mar Morto é denominado “mar de sal”. Agora,  novas medicións móstrannos que o sal deste mar ten efectos profundos sobre a química do aire  da súa superficie. Este aire    contén unha alta carga de mercurio oxidado. Ata hoxe niveis semellantes so foron atopados no aire de zonas polares pero,   nun lugar onde as temperaturas acadan 45ºC, estos datos son  inesperados.

 O mercurio existe en dous estados: normal e oxidado. É emitido por procesos naturais e artificiais, e pode cambiar na atmosfera dun estado a outro.  O mercurio oxidado pode ser moi perigoso. Unha vez depositado, pode acumularse ao longo das cadeas alimenticias dos ecosistemas, chegando a niveis moi altos de concentración nos peixes.   O mercurio é unha potente neurotoxina para aquelas persoas que consuman productos contaminados

Autor: Alejandro López

Esta entrada foi publicada en 4. Contaminación e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

17 Responses to O aire sobre o Mar Morto

  1. dante varela di:

    De primeiro esa cantidade de mercurio no ambiente debese á cantidade de sal que hai no mar? gustariame saber que ten que ver porque non o atopei.

    Encontrei que o incremento de mercurio no ambiente e nos lagos normalmente debese ó uso de fertilizantes ou á quema de de productos fósiles, minerais… e este mercurio é perxudicial para a nosa saude xa que afectanos no sistema nervioso, no ADN e cromosomas, pode producirnos alerxias e afecta ós embarazos.
    Este mercurio chega ó noso organismo a partir de aire que respiramos normalmente, pero tamén pola nosa alimentación xa que nos alimentamos polos peixes destes lagos.

    Esta cantidade de mercurio no ambiente afecta moito as persoas que viven nestas zonas, pero, si esta cantidade de mercurio tamén atópase na auga do mar producira unha crise para os pescadores.

  2. ivan garcia di:

    Estiven lendo sobre as concentración de mercurio nas zonas polares e polo que lin no enlace que deixo o final a causa deste fénomeno dase cando o Sol sae despois dunha longa noite polar. Non se sabe con moita certeza, pero se cree que a luz e un factor moi importante para este proceso.
    En relación coa noticia e moi preocupante que estas cargas de mercurio son moi perigosas para os seres vivos xa que afectan o sistema nervioso. E se estas cargas contaminaran os peixes as persoas nos veríamos moi afectadas por este suceso.
    Deixo o enlace a continuación:
    http://www.bioblogia.com/2011/02/explican-misteriosa-presencia-de-mercurio-en-el-artico/

  3. anton perez di:

    Pois eu non vexo o problema no Mar Morto, xa que teño entendido que non hai peixes, de ahí o seu nome.
    Por outra banda creo que se habería que preocupar máis polas emisións non naturais de metais pesados, xa sexa no aire ou nos ríos e mares por medio das industrias pesadas, xa que metais como o mercurio ou o chumbo nunca foron moi bos aliados, senon preguntádelle aos romanos, que facían tuberías de chumbo e así acabaron.
    A miña opinión persoal é que isto estase regulando cada vez máis poñendo multas e firmando tratados internacionais para evitar todas estas aberracións.
    A verdade é que o futuro non pinta moi mal segundo estas gráficas.
    http://www.eea.europa.eu/highlights/emissions-of-sulphur-oxides-and/figure-es.1-eu-27-emission/image_large
    Fixádevos sobre todo na segunda

  4. adela di:

    Ademais dos fertilizantes e os productos fósiles.. que outras formas hai de contaminación con mercurio?

  5. ana dominguez di:

    Deixovos unha paxina donde pon a contaminacion do mercurio en aparellos en peixes..
    http://www.nrdc.org/health/effects/mercury/espanol/effects.asp

  6. carolina rodriguez di:

    Eu estiven mirando algúns dos sintomas da acumulación de mercurio en seres humanos:

    -Pode afectar o cerebro do feto xa que é moito máis vulnerable co do adulto.
    -Os nenos que respiran vapor de mercurio poden ter acrodinia( http://www.portalesmedicos.com/diccionario_medico/index.php/Acrodinia )
    -A inhalación deste gas produce danos no sistema nervioso central e son absorbidos polo parénquima pulmonar.
    -A intoxicación severa produce:Incoordinación na actividad muscular voluntaria, disminución da agudeza visual, que pode chegar a ceguera, retardo mental, espasmos mioclónicos e patrones encefalográficos anormales.

    Deixovos a páxina de onde saquei esta información que fala do tema do mercurio en profundidade: http://www.ambiente-ecologico.com/ediciones/2002/085_09.2002/085_Investigacion_LuisBarretoSerrano.php3

  7. laura garcia rueda di:

    Encontrei unha noticia que nos fala moi ben deste suceso:
    http://www.lagranepoca.com/stories/20101205/15549-hallan-niveles-elevados-de-%C3%B3xido-de-mercurio-sobre-el-mar-muerto

    Nela conta que despois da deposición do mercurio no mar morto, este pode acumularse a través da cadea alimenticia, onde pode alcanzar niveis moi elevados. Segundo Obrist, científico de la National Science Foundation: “Estes niveis son de maior preocupación para os humanos, especialmente no consumo de peixe cargado de mercurio”. O peixe que se captura nos océanos é a principal fonte de inxesta de mercurio na poboación estadounidense. Esto confundeme porque igual que o meu compañeiro Antón, tiña entendido que no mar Morto non hai peixes nin nada.

    Achar niveis tan altos de mercurio oxidado sobre o Mar Morto, un lugar onde as temperaturas alcanzan os 45 graos centígrados, foi do todo inesperado. Non se cría que fóra das zonas polares puidese darse o proceso responsable deste fenómeno. Supúñase que as altas temperaturas impedirían este proceso químico.

  8. alicia lopez di:

    Eu tamén pensaba como Laura e Antón que no Mar Morto non había peixes, primeira noticia.
    Buscando na rede atopei outra maneira natural de liberación de mercurio; as erupcións volcánicas. Pero tamén hai outras moitas formas artificiais de liberación de mercurio, como por exemplo na producción de cloro e mesmo na cremación de cadáveres, xa que os nosos dentes conteñen 50% de mercurio, 35% de plata, 13% de estaño, 2% de cobre e un pouco de zinc.

    En canto os procesos que menciona Dante tampouco atopei nada, pero sí os que se dan nos polos: o mercurio oxidado fórmase durante un proceso de agotamento de mercurio, durante o que o mercurio elemental convértese en óxido de mercurio, que logo se deposita nas superficies.

  9. Laura Solano di:

    O mercurio está moi presente en moitos ámbitos da nosa vida e isto pode
    chegar a ser punto crítico e incluso tóxico para nós. .
    Os efectos de intoxicación de este material en humanos pode manifestarse de catro formas diferentes :
    1- Intoxicación aguda por vapores de Hg
    2.- Intoxicación subaguda
    3.- Intoxicación crónica ( frecuentemente no medio laboral e costitue o denominado ” Mercurialismo”)
    4.- Mercurio elemental (vapor e compostos inorgánicos)

    Un exemplo dos casos nos que o mercurio está presente no noso aredor pode ser na odontoloxía. Máis do 80% da pobación española leva empastes de amalgama métalica (material de restauración utilizado na odontoloxía)
    ou como tamén se coñece mellor ”Obsturación de prata”.
    Só un 15% desta composición está composta de prata mentres que máis da metade é de Mercurio.

    A Academia Internacional de Medicina Oral e Toxicología demostrou que o mercurio das amalgamas evaporase de forma alarmantes.
    Ainda así ni os médicos ni os afectados relacionan as intoxicacións
    coas amalgamas xa que o seu proceso é moi lento e poden chegar a pasar moitos anos ata que se presenten os primeiros síntomas de
    malestar.

    Déixovos o enlace do significado de amalgama máis os enlaces onde
    saquei a información.

    http://www.iaomt.org/?from=mercurioenlaboca.org

    http://es.wikipedia.org/wiki/Amalgama_(odontolog%C3%ADa)

    http://www.mercurioenlaboca.org/

  10. jorge suarez di:

    Encontrei un enlace con toda a informacion sobre as causas da contaminacion por mercurio e as suas consecuencias :
    http://www.unicartagena.edu.co/Mercurio.htm

  11. breixo gonzalez di:

    O que realmente me sorprendeu foi o das zonas poalres con 45ºC.
    Deixo un enlace que fala do problema de perda de auga do Mar Morto pola extracción de sales.
    Unha curiosidade, sabíades que é o lugar máis baixo da terra a ceo aberto?http://www.sabercurioso.com/2008/06/12/el-mar-muerto/

  12. judit pousada di:

    Deixovos este enlace onde conta o peligro do mercurio no oceano.
    Fala de que o deshielo do ártico manda mercurio ao ecosistema mariño.

    http://www.vistaalmar.es/content/view/527/203/

  13. adrian ballesteros di:

    É chamativo que pase isto nos polos opostos da temperatura porque si pasa no mar morto e nos polos non sei porque sera pero e chamativo e eu creo que si hai mercurio no aire non é moi saludable ou eso creo eu .

  14. lizeth viancha di:

    Sempre pensei que no Mar Morto non habia signos de vida pola súa salinidade pero investigando atopei que en realidade hai algunhas bacterias (chamadas artemias). Deixovos o enlace da wikipedia onde vos fala delas:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Artemia

    Preocúpame o que cita Alejandro na noticia sobre a acumulación do óxido de mercurio nas cadeas alimenticias xa que podería causarnos úlceras, shocks e incluso a morte, aínda que depende da cantidade.

  15. carolina lopez di:

    Sorprendeume a concentracion de mercurio en lugares de temperaturas tan opostas e as graves consecuencias que trae o mercurio. Aqui os deixovos un video que me parece moi aclaratorio sobre o mercurio:
    http://www.youtube.com/watch?v=37nfw8M2NHQ
    Nel chamoume a atencion como a industria e demais poden causar graves consecuencias á saude humana e ao medio ambiente, sendo so necesario un gramo de mercurio para contaminar 30.000 litros de auga.

    No Mar Morto como xa han dicho non hai vida pero hai unha fauna de microorganismos halófilos, é decir, capaces de sobrevivir en ambientes salinos: un protozoo ciliado, algunhas algas e un grupúsculo de bacterias dos xéneros Flavobacterium, Halococcus e Halobacterium, entre outros.
    (como as nomeadas por Lizeth)

    Os halofilos desenvolvense en augas salobres gracias a unha adaptacion fascinante. Os biologos descubriron que, para evitar deshidratarse, debido á alta concentracion de sal exixtente no exterior, estos microorganismos producen grandes cantidades dun composto interno ou retienen un extraido do medio. por exemplo, Halobacterium acumula unha forte dosis de cloruro potasico no seu interior.

  16. Soledad Muiño di:

    Falando mais a groso modo a contaminación do aire debida a diversos factores ten como consecuencia a morte de 2 millóns de persoas ao ano. Os efectos da acción humana sobre o planeta comenzan a afectarnos a saúde seriamente. Asi o demostran datos do informe “O tempo, o clima e o aire que respiramos”, da Organización Mundial da Meteoroloxía (OMM), que di que a polución do aire causa a morte de dous millóns de persoas ao ano.

    Michel Jarraud, director xeral da OMM: “Os gases e as partículas tóxicas que son emitidas na atmósfera teñen efectos moi nocivos para a saúde humana”. Ademais de estos nocivos datos segundo o informe, o panorama empeorará debido ao quentamento global, e se estima que éste causará o aumento da desertificación, de mais tormentas de arena, e o incremento de incendios, que intensificarán a presencia de partículas dañinas.

    Un invento beneficioso foron os filtros nasais, aínda que pouca xente os emprega xa que resultan antiestéticos, poden resultar moi beneficiosos.

    http://www.muyinteresante.es/filtros-nasales-contra-la-contaminacion-y-las-alergias/imprimir

    E neste enlace, mais información sobre o tema:
    http://www.enbuenasmanos.com/articulos/muestra.asp?art=231

  17. alexandra di:

    Primeiro decir que eu non sabía a existencia de vida no mar morto, como tampouco o sabian outros compañeiros meus, e tampouco sabia a existencia das artemias, mencionadas por lizeth, o increible delas, ademais de que podan vivir nun medio acuatico con moita cantidade de sal, é que son anteriores os dinosaurios e segan a existir hoxe en dia. Eu creo que se se investigara esta especie poderia darnos grandes aportaciones, xa que como pode seguer existindo despois de tanto tempo na terra?

    Agora falarei do que vai a noticia, o mercurio, non sabia que pode causar depresion, esquizofrenia, bipolirade e alzheimer ; enfermidades xa dedicadas a falar sobre elas noutras entradas. Engadir que creo co video que deixou carolina é moi interesante e explica todo moi ben.

    Investigando por internet sobre o mercurio vin que se esta a temperatura superiores a 40º evaporase, enton se no mar morto no aire hai mercurio, e nese lugar as temperaturas poden chegar os 45º, como e que non combirtese en vapor?

Deixa unha resposta