A verdade está aí fora

Cando pensamos en vida extraterrestre adoitamos pensar nisto:

imagen

A maioria da xente diría que estas tolo se dis que te atopaches cun destes. Pero o certo é que o universo é tan grande como para que exista calquera forma de vida, incluso intelixente. Aínda que é tan grande como para que nin nun millón de anos nos atopemos con eles.

As axencias espaciais levan gastado moitos cartos neste tema, co fin de atopar a mínima mostra de vida actual ou pasada en sitios como Marte. Aínda así segundo a Hipótese da Terra Especial a Terra sería o único planeta no que podería haber vida, debido ás moitísimas casualidades que se deron nela.

Hai varias décadas lanzáronse ao espazo sondas e sinais co motivo de intentar descubrir civilizacións alieníxenas. Un exemplo son as sondas Voyager, que levan consigo un disco feito de ouro con sons da terra gravados

imagen

E as sondas Pioneer que levan unha placa representando a posición da terra e á humanidade.

imagen

Outro é a mensaxe de Arecibo, que se enviou máis que nada para demostrar a superioridade tecnolóxica dos anos setenta.

Isto coma todo ten unha parte seria, pero tamén unha parte de negocio xa que se desenvolveron un feixe de timos, películas, series, etc.

Unha das películas máis famosas sobre o contacto con vida intelixente é Contact, baseada nun libro de Carl Sagan,  o cal fala dun proxecto real con base en Arecibo (Puerto Rico), que intenta detectar sinais dunha hipotética civilización espacial extraterrestre. Neste caso a civilización alieníxena tiña intencións benevolentes, pero a maioría delas a terra é invadida por extraterrestres e os EUA salvan a toda a humanidade, coma no caso de Independence DayA Guerra dos Mundos, etc.

Pensades que buscar vida extraterrestre serve de algo ou que se están a gastar moitos cartos?Credes que a verdade está aí fora, e no caso de contactarmos  con alieníxenas pensades que terían boas intencións ou serían malvados como no caso dos lagartos de V?

Autor: Antón Pérez

Esta entrada foi publicada en 2. Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

32 Responses to A verdade está aí fora

  1. sergio gonzalez di:

    Na miña humilde opinión, gástase demasiados cartos. Vale que ten que ver coas dudas da humanidade , e a curiosidade e algo increible cando se mezcla coa posibilidade de investigar esa pregunta que temos en mente…
    Penso que actualmente temos alguns problemas maiores que poderianse resolver se invertisen mais na industria da microbioloxia e da medicina en xeral…
    Coma todo, isto ten moitas teorias e moitas opinions a cada unha mais enrevesada e impresionante ca anterior.
    Pero a pregunta que formulas de que pensamos que farian, e unha das preguntas que implica a sua investigacion.

    Respecto a mensaxe de Arecibo penso que é un atrevimento por parte da ignorancia tecnolóxica desa época por non ter en conta que pode haber outras civilizaciones superiores. Como todo,este tipo de investigacion ten parte de negocios. Podese apreciar nas peliculas e teorias que saen continuamente respecto a este tema.
    Deixovos este interesantimo link sobre a futura busqueda de vida extraterrestre con novas tecnoloxias.

    http://ciencia.nasa.gov/science-at-nasa/2002/10jan_exo-atmospheres/

  2. raquel blanco di:

    Penso que nos milleiros de recunchos que ten o universo, nalgún sitio pode haber vida. Quizás non como a nosa. Pode que estén formados por outros elementos que na Terra no existen. Tamén cabe a posibilidade de que eses debuxos que mandamos, non os sepan interpretar.
    Pero por outra banda penso que é moi difícil que exista vida no noso sistema solar debido ás baixas ou ás altas temperaturas e outros moitos inconvintes.

  3. paula manteiga di:

    Contestando as preguntas de Anton, penso que non hai vida fora do planeta terra, posto que de tanto saber de tódolos planetas o que é a ciencia xa encontraría algo. Tamén penso que é cousa de cartos todo o que esta detras de iso, porque como ti contas, hai moitas peliculas nas que fan a xente pensar, poño o caso da película de “La Cuarta Fase”, na que falan diso poñendo imaxenes reais.
    ( http://www.youtube.com/watch?v=HAU1lRpL_fk )
    Aunque tamén penso que esto é depende a relixión de cada un, e a sua forma de pensar.

    Se nun futuro descúbrese algo, se hai vida ou non, penso que todo cambiaría, e que nada seria igual, pero ata agora, amin esto non me preocupa, porque se hai ou non hai, mentras non fagan nada…

  4. vera lopez di:

    Respondendo á pregunta de que se buscar vida extraterrestre serve de algo ou non, particularmente para min, non moito, amin tamén intrígame moito todo este tema, pero eu, coma Sergio tamén penso que hai outros problemas moito maiores ca ese. Ainda que cada un ten as suas propias prioridades.
    Este é un tema que da moito de que falar, porque uns poden pensar que se houbese vida extraterreste co “avanzados” que somos, xa houbéramola encontrado, e outros poderían alegar que o universo é enorme, e polo tanto non podemos falar sen coñecer.
    Penso que se nalgún futuro chegamos a encontrar que non somos a única forma de vida intelixente ós humáns vaisenos caer o noso mito de que somos os mellores, e eso traería problemas.
    (Antón, de verdade que espero que non sexan como os lagartos de V)

  5. alicia lopez di:

    Penso que sí que hay vida, pero que, como di Raquel, está moi lonxe de nós e probablemente nunca a atopemos. E non só iso, penso que ademáis esa vida é mellor ca nos, no sentido de que non contrae tantas enfermidades. Evidentemente non teño probas, só é unha suposición.

    Non sabía da existencia de tantas probas realizadas no espacio e chamoume a atención a das Sondas Pioneer, atopei un páxina explicativa sobre as sondas interplanetarias http://www.upv.es/satelite/trabajos/Grupo13_98.99/index.html

  6. ivan garcia di:

    Eu para facer o meu comentario nesta noticia voume basear na seguinte imaxe:
    http://2.bp.blogspot.com/__mADelK4o78/TN5_Z6ST0hI/AAAAAAAAGa0/8YgVYEUxlD4/s1600/vialactea_f.jpg
    O punto nos indica onde se encontra o Sistema Solar na Via Láctea, de verdade alguen pode pensar que no Universo seamos a única vida intelixente? Eu o dudo bastante. Non creo, como saen nas películas, sexan formas de vida parecidas o ser humana senon noutro tipo de vida. Tamen me parece algo atrevido decir antes de tempo que no Sistema Solar non existe vida xa que na actualidade soamente nas viaxes espaciais fomos a Lua e en Marte estamos empezando a mandar robots xa que nos de momento non podemos viaxar. Asi que nun futuro non sería nada extraño que se atopara algun tipo de vida no restro de planetas do noso sistema.

  7. carolina rodriguez di:

    Este é un tema ainda sen estudar profundamente, e os cartos que se gastan en investigacións, pode que sexan rentables se se atopa algo interesante , e con aplicacións na terra.
    Penso que si hai vida ou non no sistema solar, ainda que parece improbable, non é do todo imposible, e do que si estou segura e de que no resto do universo hai mais seres vivos, mais ou menos intelixentes que nós, e por suposto non teñen porque ter un aspecto humanoide , xa que o que nos fixo así foi o ambiente no que vivimos, e eles viviran en outro ben distinto.
    Deixo aqui un video no que se ve o que di Stephen Hawking sobre a vida extraterrestre, totalmente racional no seu punto de vista:
    http://www.youtube.com/watch?v=5E_LHikwMeA

  8. laura garcia rueda di:

    Eu son das que pensan que sí pode haber máis seres vivos desperdigados polo universo, e mesmo os pode haber nunha zona determinada da Vía Láctea xa que non coñecemos apenas nada de ela. O feito de que nos estamos aquí por unha gran sucesión de casualidades tamén puideron pasar noutro planeta de xeito totalmente diferente, facendo que haxa vida, pero unha vida completamente distinta á nosa.

    Respondendo á pregunta que nos fai o noso compañeiro Antón sobre se están gastando cartos inultimente nestas investigacións, diría que non. Xa que poden pasar dúas cousas; podemos pasarnos a nosa existencia gastando esa cantidad de cartos en facer investigacións de todo tipo e encontrar algo, nese caso os cartos serán ben utilizados porque sí teremos resultados. No caso no que non atopemos nunca nada pódese interpretar como un malgasto dos cartos, pero na miña opinión creo que non, porque eu creo que unha parte importante da investigación é arriscarse, arriscarse a encontrar ou non algo, se se encontra ben e se non, pois nada.

    Deíxovos aquí un fragmento dun documental sobre outro tipo de sondas, as sondas Venera, que son unha serie de sondas soviéticas enviadas a Venus, para saber se Venus podía ser un lugar como a Terra. Máis información sobre estas en:
    http://enciclopedia.us.es/index.php/Venera_%28sondas%29

    http://www.youtube.com/watch?v=mu0UvAXdsTY
    http://www.youtube.com/watch?v=axLDvZ8SxIE&feature=related

  9. vera lopez di:

    Outra pregunta que me intriga moito é…se eles están alí fora, e son mellores ca nós, porque non nos encontraron eles, envez de ao reves?

  10. sabela rey di:

    Eu penso que se nos saíra diñeiro das orellas non estaría mal investigar estes temas. Mais a búsqueda concreta de vida noutros planetas cunha inversión restrinxida me parece innecesaria ante outros posibles proxectos.

    É certo que todo diñeiro invertido en ciencia pode dar os seus froitos, e o só feito de invertir é algo positivo, pero non debería ser prioritario isto. Ollo, non quero dicir que non me “emocione” (entre comiñas porque non é que a agarde con expectación) a idea de non estar sós; seguramente non o esteamos e seguramente nunca teremos a certeza. Espero que non sexan como en V, preferiría algo máis do tipo Distrito 9 ou Homes de Negro.

    Busquei información e atopei esta noticia na que se menciona ao final: Stephen Hawking está seguro da vida extraterrestre e aconsella aos humanos evitar manter o contacto con eles. Aquí o enlace:
    http://www.elmundo.es/elmundo/2011/01/10/ciencia/1294675874.html

  11. juanjo regaldie di:

    Eu como Vera,tamen me fago moitas veces esa pregunta,”e se os extraterrestres son mellores que nos e algun dia aparécenos una nave espacial ou algo polo estilo?”,realmente penso que isto pode pasar.O universo é tan grande que, como no caso da terra, puido haber moitos mais planetas que ainda que non tiveran as mesmas casualidades a hora de crearse como a terra, ó mellor ocorréronlle outras cousas mellores o as especies de ese planeta son moito mais superiores que nós.A verdade é que neste tema pouco mais que unha opinion persoal se pode aportar,aínda que se lle pode votar moita imaxinacion a hora de pensar o que hai ahí fora.

  12. andrei lee di:

    A verdade, na miña opinión o uniiverso é enorme, infinito, hai moitas probabilidades de que existe vida noutros planetas pero a pregunta que me formulo eu é, de verdade queremos nós que nos encontren? Podemos dar cunha vida intelixente e civilizada como a nosa, ou tamen cabe a posibilidade de que sexan salvaxes e hostiles, ou simplemente sexan células en proceso de evolución que para min é o máis probable, pero todo pode ser…

    E grazas ao estudo da bioquímica poderíamos saber máis ou menos a composición dun planeta no que haxa vida similar á da Terra.Toda vida na Terra require de carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, azufre, fósforo, así como de outros moitos elementos en menores cantidades, como certos minerales; require ademáis de augua como solvente no cal as reacciones ten lugar. Cantidade suficiente de carbono e demáis elementos constituintes da vida, xunto co auga, farían posible a formación de organismos vivientes noutros planetas cunha química, presión e temperatura similares á Terra.

  13. luis ogea di:

    Na miña opinión, é que existe vida fora da terra, e apesar de non ter probas, e dificil, non pnesa que no inmenso universo, non existe unha forma de vida, aínda que sexa en forma de célula.
    Respondendo á pregunta de Vera, de porque non houbo contacto,vin fai pouco tempo nun documental, unha posible pregunta a esta pregunta, a resposta que daban, era que poden estar observandonos, pero que non nos visitan, ao mellor, porque non lles interesamos.
    E non creo que o diñeiro dedicado á súa busqueda, sexa desperdiciado, na miña opinión vale a pena invertilo, e sobre o que poidan facer os extraterrestres, non creo que o adiviñemos, ata que pase.

  14. breixo gonzalez di:

    Non creo que os extraterrestres sexan coma os de V iso e ciencia ficción.
    Sinceramente eu si creo que hay vida intelixente no universo, realmente é demasiado grande e o das casualidades, eso so seria para seres terrestres, é dicir que vivan an terra, porque en calquera outro planeta pdoerían daarse outras casualidades e saír seres completamente diferentes. O de comparar os seres con humáns é moi frecuente esa atropomorfización, facémola con todo: na ciencia ficción, mesmo cas relixións.

    Fai non moito uns científicos descubriron unha bacteria ue cambia o fosforo da sua composición básica polo arsénico, un elemento hasta ahora considerado moi venenoso.
    http://www.elpais.com/articulo/sociedad/bacteria/vive/arsenico/amplia/receta/vida/elpepusoc/20101202elpepusoc_9/Tes

  15. dante varela di:

    Eu penso que é unha tonteria gastar cartos en enviar sondas para que as atopen uns “alienixenas” e podan saber onde nos encontramos, de primero porque no caso de que existan tales seres a posibilidade de que atopen esa sonda é minima, e por outra parte si o atoparan se sabe se o van a entender.
    Eu pense que si que hai maís vida no universo, pero non creo que nos atopemos nunca con esos seres, primeiro porque a tecnoloxia que temos non nos permite ir moi lonxe, de segundo pudo haber vida pero xa extinguironse, ou mesmo porque nos podemos extinguirnos en un futuro non mio lexano e tal vez son eses seres os que busquen rastros de nos.

  16. aida rodriguez di:

    Nos tempos que corren, buscar vida intelixente noutros planetas non é o máis preciso.

    Penso que deberíamos intentar arranxar o planeta no que habitamos, e despois se temos tempo (que mirando tal é coma estamos na actualidade, buscar a vida intelixente nos universo. Con isto non quero decir coma os meus compañeiros que non poida existir, pero coma ben di Dante ainda que enviemos sondas e atopemos algo, non sabemos coma nos podermos realicionar ou entender.

    Pero, queridos compañeiros isto non será un gran problema por que os extraterrestres xa terán a súa embaixada designada pola ONU, e coma tal ten unha embaixadora Mazlan Othman (astrofísica). Según ela: “A constante procura de comunicación extraterrestre mantén a esperanza de que a Humanidade poida recibir os seus sinais algún día. Cando o fagamos, deberiamos ter preparada unha resposta coordinada que teña en conta todas as sensibilidades relacionadas con esta cuestión, e a ONU é un mecanismo especialmente deseñado para tal coordinación”.

  17. lizeth viancha di:

    A idea de buscar vida fora resúltame interesante pero neste momento hai cousas mais importantes por solucionar na Terra polo que, para min, ese tema quedaria gardado para cando teñamos tempo, e diñeiro que non sobra e o que hai se malgasta porque ¿qué obtivemos ata agora dese gasto?, para pensar nos demais.
    A idea de que haxa vida fora paréceme inquedante xa que encantaríame saber como son e as características que adquiriron co tempo (que ata ao mellor son máis vellos ca nós).
    Apoio o que di Breixo no seu comentario de que comparamos todo cara nós xa que, non sei se vos fixástedes, pero sempre que nunha película representaron vida alieníxena sempre tiñan ollos, boca, nariz, oídos, etc.

  18. laura montes di:

    Penso, como moitos dos meus compañeiros, que gastar unha cantidade tan grande de cartos na procura de vida extraterresetre é esaxerado.

    Con respecto á cuestión de se os extraterrestre serían bós ou malos, a pregunta comprométenos bastante. Xeralmente, o cine mostra os alieníxenas como figuras humanoides e case sempre se cumpre que: se son intelectualmente inferiores a nós, adoitan ter boas intencións e se son máis intelixentes, adoitan querer acabar con nós.

    Opino que esta maneira de ver a vida intelixente noutros planetas é bastante humana. Se os invasores fóramos nós chegando a un planeta con vida intelixente, é moi posible que o resultado fora o mesmo que no filme “Avatar”: o veríamos como un conxunto de recursos explotables máis.

  19. laura sanjurjo di:

    Non creo que máis aló exista vida intelixente, se non penso que a estas alturas xa estariamos enterados.
    Pero se por casualidade, ou máis ben por mor da investigación, descubrisen que sí existe, non creo que fose unha boa noticia. Non saberian que intencións teñen, e posiblemente fosen moi distintos a nos e con outras formas de vivir e pensar.
    Tampouco creo que se deban gastar os cartos niso, polo menos nun principio, primeiro deberian de arranxar os problemas máis graves e, unha vez todo solucionado, sí dedicarse á exploración doutras novas formas de vida intelixente.

  20. ivan garcia di:

    Na maioria de comentarios, por non decir case todos, estan en contra da busca de vida noutros planetas. Na miña opinión penso que isto non é unha mala inversión seno unha inversión con vistas o futuro. Explicome. Cando un pais inverte na investigación de vida noutros planetas non soamente buscan a unha especie de “marciano” como citan nalgun comentario, senon algun tipo de existencia de vexetación ou simplemente auga (como se estivo a investigar en Marte). Con isto o que quero dicer e que a busca de auga e outros recursos noutros planetas empeza a ser necesario debido a que na Terra se estan a esgotar, enton penso que poder extraer doutros planetas como última solución non é mala idea. E se aparte algún dia encontramos vida noutro planeta esto podia ser moi interesante xa que se poderia estudar por exemplo a resistencia que ten esas outras de vida en outras condicións climatolóxicas, no case que algún dia encontremos vida claro.

  21. ana dominguez di:

    Para o meu parecer estamos a gastar os cartos,penso que onque descubran que hai vida e moitas outras cousas que naide se vai ir a vivir ali.Penso que case todos os compañeiros pensamos asi.
    Con respecto o que di Ivan non estou de acordo xa que onque encontremos auga,vexetacion.. e moi caro chegar a el e seguiriamos gastando cartos para nada porque non sacariamos nada de proveito.

  22. Diego Lousa di:

    Aínda de non ter a evidencia creo profundamente na existencia de vida e seguramente vida máis ou menos intelixente no universo ademáis da nosa. Penso isto polo simple feito de que o universo é infinito, é dificil imaxinar estas dimensións pero para facerse á idea:

    -A luz tarda 7 minutos en chegar desde o Sol á Terra.
    -Un ano ten 525600 minutos (60*24*365). Polo tanto un ano luz é a distancia equivalente a 75000 veces (60*24*365/7) a distancia do Sol á Terra.
    -As galaxias teñen un diámetro que oscila entre 6 mil e 170 mil anos luz.
    -Estímase que no universo hai 100 mil millóns de galaxias

    Tamén creo que houbo vida en tempos pasados e xa está extinta, ademáis de que haberá en tempos futuros. Probablemente xamais atopemos estas vidas.
    Aínda así penso que si é interesante e proveitoso estudiar posibles formas de vida noutros planetas, os que pensen o contrario que pensen nas cousas moito máis inútiles nas que se invirten cantidades de diñeiro moito maior. O que me parece ridículo e inutil é o envio das sondas Voyager, Pioneer e a mensaxe de Arecibo. Xa dudando da posibilidade de que sexan atopadas por outros seres, no caso de que fora atopada, por qué pensamos que serán capaces de interpretar iso coma nós esperamos? Nin sequera sabemos se os posibles seres que atopen isto teñen desenvolvidos os nosos sentidos da vista e do oído ou como os teñen desenvolvidos (xa entre as especies do noso planeta hai grandes diferenzas), as dimensións deste outro tipo de vida (seres xigantes ou diminutos) ou cómo interpretan a realidade. E o que xa roza o absurdo é pensar que estamos vixiados por seres descoñecidos. En xeral estou bastante de acordo cos comentarios de Dante e Iván.

    Deixo un enlace cun documental de 43 minutos lanzado en setembro do ano pasado no que Stephen Hawkiing especula sobre cómo serían os seres extraterrestres, penso que é bastante entretido:
    http://www.teledocumentales.com/el-universo-de-stephen-hawking-extraterrestres/

  23. carolina lopez di:

    Eu penso que o universo é inmenso, está en continua expancion e existen moitos trillones de planetas polo que a existencia de vida é moi probable pero non iguais á nosa xa que os fenomenos que se deron na orixen de vida na Terra poden repetirse noutra parte, onde as condicións se parezcan o suficente, pero debido a que non se dispón todavia de información sobre dichos lugares con similitudes, a pregunta sobre a existencia de vida extraterreste permanece todavia sin unha resposta cientifica.
    Non creo que os envios de mensaxes para contactar con vida sexan de moita utilidade xa que viaxan ao longo do universo é esto demora moitos anos.

    Pareceume interesante o documental que nos deixa Diego, en el que Stephen Hawking explicanos a posibilidade de vida dandonos hipotesis da súa posible composicion e forma de vida como a sustitucion do carbono por silicona na súa quimica e de que poidan ser gaseosos ou a posibilidade en Europa (Satelite de Jupiter) ou Marte de que haxa vida.

  24. jorge suarez di:

    Eu penso que ainda que o universo sea moi grande a posibilidade de que haxa vida nel e casi nula xa que deberianse dar unhas casualidades como as que se deron na terra e iso e moi dificil por eso gastar tanto diñeiro en encontrar unha cousa que non sabemos se existe pareceme unha tonteria.Poderiano investir en arreglar o noso planeta

  25. judit pousada di:

    Realmente non é posible asegurar que non exista vida fora da terra.Como ben din os compañeiros o universo é moi grande e nunca se sabe o que poida haber ahi fora.A única fprma de averigualo sería ir a estes lugares pero hoxe en día esa posibilidade é imposible e moi dificil.Para estos temas hai opinións moi diversas pero eu persoalmente non descarto a presenza de vida fora da terra.

  26. judit pousada di:

    Realmente non é posible asegurar que non exista vida fora da terra.Como ben din os compañeiros o universo é moi grande e nunca se sabe o que poida haber ahi fora.A única forma de averigualo sería ir a estes lugares pero hoxe en día esa posibilidade é imposible e moi dificil.Para estos temas hai opinións moi diversas pero eu persoalmente non descarto a presenza de vida fora da terra.

  27. diana fernandez di:

    A min tamén como algúns dos meus compañeiros paréceme que hay máis cousas importantes nas que gastar os cartos que esto.
    Pero tamén por outro lado porque non iba haber vida noutro planeta? O universo é moi grande e podería habela e que nos no soubesemos.
    Como por exemplo deixovos aquí un link
    http://www.elsiglodetorreon.com.mx/noticia/79985.html
    Nel fálanos de que encontraron auga salada en marte. Quen nos di que alí non pudo haber vida?

  28. francisco lopez gonzalez di:

    As respostas que plantexa Antuan son moi complexas de responder xa que no hai nada que nos faga inclinarnos hacia un lado u outro, hai duas posibilidades:
    -Que non exista ningunha vida intelixente, enton esta claro que e unha perda de cartos a sua investigacion.
    -Que si que exista vida intelxente.Esta caso xa seria mais complexo xa que avarcaria varios casos mais:
    a)Que exista vida pero que ni eles nos coñezan nunca nin nos nunca a eles.
    b)Que existan pero que nos non lles interesemos.
    c)Que existan e queran comunicarse con nos ou o contrario que queran aniquilarnos.
    d)Que nos coas tecnoloxias os encontremos a eles e eles a nos non.
    Nestes caso si que considero que haberia que invertir cartos pero agora mesmo e imposibel saber o que dicir.
    E no caso en que nos os descubrismos a eles e que tivesemos os medios para controlalos, non pensades que os nosos medos reflexados nas peliculas se convertirian nos medos que nos lles fariamos sofrer a eles?

  29. aida rodriguez di:

    Na rede atopei unha páxina que fala da vida extraterrestre, é ” el escéptico dixital” deixo eiquí o enlace: http://digital.el-esceptico.org/leer.php?id=202&autor=12&tema=25

  30. Soledad Muiño di:

    Sinceramente eu penso que quizais estean a malgastar demasiados cartos, xa que aquí, na Terra, e precisamente nestos momentos a humanidade está chea de carencias e graves problemas… cómo podemos pensar en colonizar outro planeta (marte) se nin sequera podemos organizarnos no noso propio.
    Está ben que se dedique inversión a ciencia pero tamén recordar que o diñeiro e os recursos non nos sobran. Pregúntome se atopar outros “seres” ou que eles sepan da nosa existencia, poida traer boas consecuencias ou consecuencias espantosas.

  31. gabriela lopez di:

    Non podemos saber con exactitude que hai máis aló do noso planeta. E polo tanto a pregunta de Anton é complicada.
    A mim particularmente foi un tema que sempre me espertou curiosidade ( pode que sexa causa das múltiples películas sobre o tema) e ao igual que Vera teño moitas preguntas sen resolver.
    E en canto busco sobre o tema, aparécenme infinidade de páxinas unhas afirmando e outras negando este suceso.
    Déixovos coa busca que fixo entre outras organizacións a NASA sobre se hai ou non vida fóra do noso planeta.

    http://ciencia.nasa.gov/science-at-nasa/2002/10jan_exo-atmospheres/

  32. alexandra di:

    Eu creo que si que poderia haber vida no universo, porque como di Stephen Hawkiing no video que deixou Diego: a vida que pode haber no universo non ten porque necesitar auga, senon que pode sustituir a auga por outros compoñentes semellantes a ela. Asi que hai moitas posibilidades de vida extraterreste o problema e como seran, saberan a nosa esistencia e se algunha vez tiberamos a ocasion de encontrarnos, aquel encontro seria pacifico ou acabaria nunha gerra entre especies de distintos planetas.

    Eu creo que non podo poñer moita mais informacion sobre a vida no exterior xa que os meus compañeiros poñer moitisima.

    Sobre se se esta a gastar cartos invertindoos en buscar vida extraterreste, eu creo que non porque e algo moi importante de saber, na miña opinion, e se fose unha perdida invetir diñeiro nisto e peor a perdida de diñeiro na inversion que se fai en cousas moito mais inutis, como e o caso en españa da inversion no futbol, xa que en españa invertese tanto diñeiro no futbol coma o que se inverte noutros paises na ciencia. Eu creo que isto si que é unha perdida de cartos e non a investigacion de se hai vida no universo. Outra cousa que creo que é un desperdicio de cartos e o que pon na entrada Anton, todas as mensaxes enviadas o espacio para que as reciban a vida do universo, porque o mellor non has recibe ninguen ou se as reciben non as entenden.

Deixa unha resposta