As maiores explosións do universo


Os brotes de raios gamma (BRG), son grandes desteios de raios gamma relacionados con explosións moi enerxéticas. Estos eventos, son os máis luminosos do universo. Soen durar  uns segundos. Nese instante, liberanse aproximadamente o que emitiría o Sol en toda a súa vida (uns dez mil millóns de anos). Podense producir por unha supernova. Cando esta estrela, de gran rotación e masa, colapsa, pode  formar un buraco negro.

Existen dous grupos de BRG:

  • Os BRG cortos, formados pola fusión de estrelas binarias de neutrones, duran uns segundos.
  • Os BRG largos,  formados pola morte de estrelas masivas (supernovas e hipernovas), estas duran máis e deixan unha estela de luminescensia.

Os brotes de raios gamma, foron observados por primeira vez polo satélite vela, en 1960. Este satélite tiña a función de detectar os pulsos de raios gamma emitidos nas probas de armas nucleares no espacio.

Deixovos o enlace co documental enteiro por se o queredes ver.

imagen

Autor: Luis Ogea

Esta entrada foi publicada en 2. Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

22 Responses to As maiores explosións do universo

  1. adriana jimenez di:

    Para min o universo é todo un misterio, toda a infinidade de cousas que pode haber nel e as cousas e procesos que suceden nel son realmente abraiantes. Ver que o estalido dunha estrela pode acabar con parte do Planeta, e con moitas das especies é moi abraiante, unha estrela ,que nós a vemos dende aqui abaixo tan insignificante.

    Déixovos unha páxina con información sobre as supernovas e un video da súa formación: http://www.oarval.org/supernovaesp.htm
    http://www.youtube.com/watch?v=-QVBWog4nuE

    E aqui vos deixo outro video con información dobre os buratos negros: http://www.youtube.com/watch?v=uzx5oCYzeI8&feature=related

  2. Soledad Muiño di:

    Non tiña coñecemento deste fenómeno natural tan impresionante, que tan perxudicial sería para nós, se a Terra o chegase a experimentar.

    1) Al menos, dúas cuestións sobre os raios gamma permanecen sen responder:

    – Unha delas, a orixe dos brotes dos raios gamma.

    – Outra, se a orixe das explosións sería a fusión de dúas estrelas de neutróns ou se un burato negro atraira a unha estrela de neutróns o que ocasionaría unha forte explosión.

    Nesta páxina atópase mais información sobre este tipo de raios:
    http://www.astrocosmo.cl/astrofis/astrofis-05_02.htm

    2) A potencia dos raios gamma os fai útiles na esterilización de equipos médicos. Son emprégados numerósamente para matar as bacterias e insectos en alimentos coma a carne, cogomelos, ovos e vexetais para manter a súa frescura.

    Debido á capacidade que teñen de penetrar tecidos, raios gamma teñen unha ampla variedade de usos médicas, como a conclusión do CT e radioterapia. Con todo, coma unha forma de radiación ionizante, teñen a capacidade de producir alteracións moleculares, puidendo ter efectos canceríxenos se o ADN fora afectado.

    A pesar das propiedades canceríxenas, os raios gamma tamén son usados para tratar certos tipos de cancro. Na cirurxía chamada gamma-knife, múltiples concentracións de raios gamma son dirixidas as células cancerosas. Os raios son emitidos dende distintos ángulos para focalizar á radiación sobre o tumor, minimizando os danos aos tecidos.

    (Información sobre este tipo de ciruxía gamma-knife : http://www.radiologyinfo.org/sp/info.cfm?pg=gamma_knife ).

  3. adriana rey di:

    Seria un problema para nos que lle pasara isto ó sol. Aquí vos deixo unha páxina onde
    explica isto : http://noticias.es.msn.com/verde/fotos.aspx?cp-documentid=151179103&page=9

  4. antia navajas di:

    Claramente se as GRB chegasen a pasar, sería un gran desastre para nós que estamos tan acostumados a vivir coas condicións ambientais das que agora “gozamos” e non temos medo a seguir danándoa, pero posiblemente podería seguir habendo vida, pois a nosa non é máis que un fato de coincidencias.
    Estas explosións ocorren cando as estrelas moi masivas, centos de miles de veces máis pesadas ca o noso Sol, terminan os seus suministros de gas de hidróxeno, e teñen suficente combustible para levar a cabo a fusión nuclear. Unha vez que se alcanza un certo umbral, a estrela se contrae no seu propio núcleo nunha explosión masiva. Nun dos novos estudios, demostrouse que só a contracción dunha estrela nun buraco negro pode producir a GRB máis intensa que foi observada ata agora. Outro estudio encontrou que as estrelas masivas que producen GRB cando morren poden contraer en magnetar (http://es.wikipedia.org/wiki/Magnetar) nun lugar de buracos negros. Os científicos detrás destes estudio dicen que as dúas investigacións non entran en conflicto entre sí de modo algún.
    A diferenza entre os magnetars e os buracos negros son os seus respectivos límites en términos de masa. Cando as estrelas colapsan en magnetars, os órganos resultantes só poden crecer ata que alcanzan un umbral determinado.
    Unha vez alcanzado ese límite, a gravitación do corpo vólvese demasiado intensa, e tamén ela colapsa nun buraco negro. Pero os buracos non teñen ningún límite de masa, e poden crecer a tamaños masivos.

  5. jose luis lopez di:

    Pareceume interesante que na guerra fria deuse a coñecer a existencia de os raios gamma no universo, a parte do xa coñecido para a creacion da bomba atomica ( A bomba atomica producese pola fision ou division do nucleo de uranio) que se lanzou en Hiroshima e Nagasaki.

    Aqui deixovos un enlace de como se produce raios gamma terrestres:
    http://www.lagranepoca.com/stories/20110124/16486-las-tormentas-el%C3%A9ctricas-fabrican-antimateria

    Pareceume sorprendente que se den estos fenomenos tan potentes, no enlace explican como se xeneran particulas de antimateria nas tormentas electricas terrestres polos relampagos sendo un dos casos en que se producen raios gamma na Terra.

    Aquí deixovos este video que explica lo que é a antimateria:
    http://www.youtube.com/watch?v=xpSaH-qSQYw

  6. carolina lopez di:

    Sorprendeme como no universo a morte de estrelas masivas (supernovas) e na Terra coas tormentas electricas como mostranos Jose Luis producen Raios Gamma que poden afectar considerablemente a o noso planeta.
    Aqui os deixovos un enlace que me pareceu moi interesante:
    http://institutocopernico.org/mensajero/index.php/2010/07/30/estallidos-de-rayos-gamma-podrian-matar-la-vida-en-el-oceano/
    Nel se fala de como os raios gamma que é un tipo de radiación electromagnetica poden producir a morte da vida no oceano se golpea a Terra, debido a que os raios gamma descompón a atmósfera e a capa de ozono e esto produce que os raios ultravioleta pasen, estes raios son perxudicial para o planton que é o primer eslabón de moitas cadeas alimentarias oceanicas e a súa desaparicion afectaria a toda a vida no oceano. Aínda que alguns cientificos din que xa que estes raios formasen en galaxia pouco ricas en metales só sucederia un raio GRB cada 10 millons de años en nuestra galaxia.
    Outras cousa que me pareceu chamativa foi a unión que fan alguns cientificos sobre os raios gamma e a extincion do ordovicico.

  7. laura garcia rueda di:

    Eu descoñecía este fenómeno, pero busquei e informeime máis e parécenme espectaculares.

    Esta páxina é moi interesante xa que da moita información sobre estes brotes de raios gamma, da súa historia, do seu descubrimento, a súa clasificación.. etc
    http://wapedia.mobi/es/Brote_de_rayos_gamma

    As cousas que máis me chamaron a atención foron que por exemplo estas explosión poden chegar a durar desde uns nanosegundos ata unha hora. é incribel.

    Tamén comenta na páxina que os satélites que orbitan ao redor da Terra detectan actualmente unha media dun brote de raios gamma ao día, pero non vos preocupedes pois según as investigacións dí que na Vía Láctea é casi imposibel que poda suceder unha explosión destas xa que estas explosións suceden en rexións cun baixo nivel de metalicidad e que a Vía Láctea sempre tivo un alto nivel de metalicidad (incluso antes de que se formara a Terra).

    Na páxina di que os posibles proxenitores destas explosión sean as estrelas de Wolf-Rayet que son son estrelas masivas (con máis de 20-30 masas solares), quentes e evolucionadas que sofren grandes perdas de masa debido a intensos ventos estelares.
    Na mesma páxina, hai un artículo con máis información sobre este tipo de estrelas:
    http://wapedia.mobi/es/Estrella_de_Wolf-Rayet

    Deíxovos cun pequeno documental sobre os raios gamma:
    http://www.youtube.com/watch?v=0RmvAQiSKQ0

  8. carolina rodriguez di:

    A verdade , é incrible o insignificantes que somos no universo. Como ben di Adriana, as cousas que pasan nel son un total misterio, e eu penso que por moito que o estudemos e averigüemos , a humanidade nunca chegará a coñecerlo nin nunha pequena parte.
    http://www.youtube.com/watch?v=JQMcRUE33VM
    Este video ensina unha das teorias de como se formou o universo.
    http://www.youtube.com/watch?v=zCIR5lYDLOw&feature=related
    este outro, explica perfectamente ao que me refero cando digo que somos insignificantes.

  9. aida rodriguez di:

    Na rede, atopei que unha das causas da morte masiva de animais poden ser por causa dos raios gamma, deíxovos aquí o enlace para que o vexades: http://www.lagranepoca.com/stories/20110116/16362-los-rayos-gamma-podr%C3%ADan-ser-la-causa-de-las-muertes-masivas-en-el-mundo .

    Unha análise do GRB chamado GRB060714 demostrou que as labaradas de raios X son efectivamente unha continuación da emisión de raios gamma, demostrando que os motores centrais dos GRB permanecen activos durante máis tempo do que se pensaba anteriormente. Deixo aquí un enlace da páxina da NASA que fala da duración dos raios gamma (está en inglés):http://www.nasa.gov/centers/goddard/news/topstory/2007/long_gammaray.html

  10. lizeth viancha di:

    A hipótesis que presenta o vídeo sobre a fraxilidade da Terra ante perigos espaciais dannos a entender que o fin do planeta, e polo tanto da nosa vida nel, non só esta na contaminación nin en xeadas extremas cíclicas senón que tamén hai que ter en conta o de fóra.

    A verdade é que me sorprendeu a cantidade de poder que desprenden os raios gamma xa que non tiña nin idea do proceso que levaba no espacio, menos mal que só recibimos un dos trescentos que hai porque senón o perigo seria aínda maior (cousa que non nos debería de calmar xa que se éste único nos afectara non poderíamos anticiparnos a él, nin coa axuda do “satélite vela” como se di no vídeo).

    O estudio destos raios e o seu avance sería oportuno xa que un estalido de raios cósmicos pode ocasionar a nosa extinción, como xa pasou coa primeira extinción en masa do planeta.

    Deixo un enlace da nasa que fala das explosións de estos raios:
    http://ciencia.nasa.gov/science-at-nasa/2009/20feb_extremegrb/

  11. sergio gonzalez di:

    Polo que vexo nos comentarios todo o mundo ten interes y fascinase cando falase de explosions e de temas relacionados cos astros que tantos misterios envolven a cabeza dos nosos cientificos e astronomos…
    Fai un tempo que teño un programa chamado Stellarium completamente en castellano que permitenos ver as costelacions e os pranetas con detalles e moitos mais datos…
    Deixovos este programa totalmente gratuito e ainda en proceso de creacion e perfeccionamento.

    http://www.stellarium.org/es/

    Tamen a sua respectiva guia

    http://www.stellarium.org/wiki/index.php/Gu%C3%ADa_r%C3%A1pida

    O apartado da guia permitenos ter un control básico do telescopio . Nesa paxina tedes tamen curiosidades que aportan outras persoas para coñecer as funcionalidades do programa.

    Respecto o das supernovas o tema ten moita temática .
    O que dixo Adriana de que e abraiante que algo tan insignificante poda facer tanto dano poderiamos falar de que a humanidade dende o uso das armas a sua modernizacion fixo que cousas insignificantes podan facer o dano destructivo xamais visto, ou polo menos, iso foi o seu obxectivo.
    Tamen respondo o que dixo Soledad de que quedan preguntas sen responder :

    ” – Unha delas, a orixe dos brotes dos raios gamma.”

    Pareceme , e perdoa se me equivoco, que no video dí que a orixe dos brotes dos raios gamma ocorren cando parte da estrela resistese a ser absorbida e polo tanto os polos rotatorios que se forman, son os que ocasionan eses raios gamma que vemos.
    Repito que alomellor equivocome e quixeches dicir outra cousa pero o aclaro.

    Deixovos un link interesante sobre as estrelas carnivoras espero que os guste.

    http://www.youtube.com/watch?v=CyHCAIRjskU&feature=related

  12. alejandro_lopez di:

    O tema do universo sempre é algo moi complexo.
    Estiven buscando información sobre estas explosións e parécenme fascinantes e son algo incrible, aquí vos deixo un pouco de información destes fenómenos do universo: http://ciencia.nasa.gov/science-at-nasa/2008/20oct_briefmystery/

  13. andrei lee di:

    Este fenómeno é tan impresionante como aterrador, solo pensar que podería arrasar coa terra e practimente toda a súa vida nos fai imaxinar o potencial de este fenómeno como nos explica Luis é tan forte como toda a luz emitida do sol en toda a súa vida.

    Os que o detectaron por primeira vez foron os satélites Vela, en 1967, estes satélites estaban destinados a detectar armas nucleares encubertas. Nos anos seguintes producironse cientos de modelos técnicos para explicar estos brotes, como as colisións entre comteas e estrelas de neutrones. Non se puido comprobar con exactitude ata 1997 coa detección dos primeiros raios X, resplandores ópticos e a medición directa dos seus “corrimientos al rojo”(fenómeno polo cal o espectro de emisión ou absorción de radiación, proveninte dun obxecto cosmolóxico, resulta desplazado hacia lonxitudes de onda maiores debido á acción dalgún proceso independente do mecanismo de emisión ou absorción de radiación) usando espectroscopios ópticos (instrumento adecuado para descompoñer a luz no seu espectro). Estos descubrimentos e estudos posteriores foron capaces de clarificar a distancia e a luminosidade deste fenómeno.

  14. breixo gonzalez di:

    Gustaríame saber se este fenómeno poderíase apreciar desde aterra a simple vista ou sen aparellos moi complexos.
    O tema do universo e as estrelas paréceme fascinante e moi misterioso, é un campo moi extenso e difícil de investiagr pero vale a pena.
    ao mellor dentro dalgúns anos o home acabara por conquistar o universo, ou aunque sexa o sistema solar.

    Este tipo de cosuas fanme pensar que se tantisima enerxía é liberada nesto, con tan solo aproveitar unha mínima parte estarían solucioandos moitos problemas relacionados ca enerxía, Non vos parece?

  15. laura montes di:

    Xa conocía estes fenómenos, e penso que son increíblemente bonitas, estas supernovas.

    Tamén quero dicirvos que as supernovas non son soamente creadores destes brotes de raios gamma, senón que tamén poden dar lugar a novas estrelas, sistemas planetarios… etc.

    Como vexo pouca información sobre as estrelas de neutróns, quero dicir que son corpos bastante interesantes, aínda que menos chamativas que as supernovas.
    As estrelas de neutróns son outro dos resultados derivados da morte dunha estrela masiva. Ao rematar de consumir o ferro no seu interior, comeza a contraerse ata que chega a un punto de equilibrio (só ocurriría se a estrela tuvera menos de 3 masas solares), de manera que termina sendo un corpo compacto de tan só uns 10 km de radio!
    Isto fai que aumente de grande maneira a súa gravidade e tamén a súa velocidade de xiro.
    Por exemplo, se o Sol se transformase nunha estrela de neutróns, pasaría de tardar en xirar sobre sé mesma 26 días a tan só 4 milisegundos!! Isto tamén provoca un increíble campo magnético.

    As estrelas de neutrón son coñecidas como os faros de universo. Se queredes ver unha breve explicación de cómo funcionan, déixovos este vídeo de un minuto: http://www.youtube.com/watch?v=0tSFFB5Yo_c

  16. alicia lopez di:

    Aínda que este fenómeno é moi perigoso, hai outros máis probables que poderían acabar coa Terra ou a lo menos danala en gran cantidade.
    Vendo morte e máis morte (de estas grandes estrelas) pregunteime qué pasaria se o Sol tamén morrera, e atopei un vídeo que o explica en 56 segundos.
    http://www.youtube.com/watch?v=Zus153wfBr4&feature=related

    Como o Sol é unha estrela pequena, non estalaría. Vendo outros vídeos comprovei que algúns din que o Sol, o aumentaren o seu tamaño podería variar as órbitas e non destruír a Terra, pero para entón a Terra sería un lugar sen vida tan ou máis quente que Marte.
    Moitos falan da necesidade de emigrar dentro de 5.000 millóns de anos a planetas máis lonxanos, pero esta idea paréceme descabellada, posto que a vida tal e como a coñecemos, non é posible neses planetas, pasando por alto o feito de que penso que para cando o Sol morra a Terra estará xa destruída e sen vida.
    Ademáis paréceme un atrevemento, e un insulto, non contentos con intoxicar a Terra ir intoxicar outros planetas.

  17. adrian ballesteros di:

    Antes de ver esta noticia e o ducumental non sabía nada dos raios ganma e creo que si eso ocurrira si álgun se aproximase a terra avería que correer pero non nos daría tempo e sería unha morte rapida .
    E eu creo que si tocara a terra dera polo lado da terra que dera afectaria tarde ou temprano á totalidade da terra e creo que non poderiamos facer nada.

  18. lizeth viancha di:

    Quería engadir un vídeo que atopei nunha entrada do blogue “Sopa de ciencias”, que para o meu parecer é impresionante, sobre a explosión dunha supernova:
    http://www.sopadeciencias.es/post.php?id=368

  19. francisco lopez gonzalez di:

    O peor destas explosion é que como unha destas supernovas este o suficiente mente cerca da terra como para que nos alcance minimamente esta explosion os seres humans non teremos a posibilidade de escapar nin refuxiarnos xa que iso non habisa, incluso maña poderia estoupar un estrela que agora mesmo non coñecemos e chegaria ata aqui a sua explocsion.

  20. alexandra di:

    Pareceme moi increible esta noticia, porque saber que unha exposion dunha estrela superior o sol poderia acabar coa destruccion da terra, ou incluso ca explosion do sol; pero para iso suponse que quedan anos. E a explosion dunha estrela mais grande co sol que poda acabar ca terra, como di francisco, poderia ocorrer agora mesmo sen avisar e nos non poderiamos facer nada xa que nada poderia protexernos.

    Eu estiben buscando información de todo o relacionada cas supernovas, raios ganma… pero xa o dixeron todo os emus compañeiros.
    Así que eu saquei a conclusión de que habería que investigar moito mais sobre isto para evitar que calquera dia unha supernova cercana a terra podese acabar con ela, para non perder este marabilloso mundo que temos.

Deixa unha resposta