A longa perda da memoria.

http://laura.enla.net/files/2010/05/alzheimers-brain.jpg

O Alzheimer, é unha enfermidade que vista desde fóra, é dificil, pero  dende dentro é moito peor. O Alzheimer enfermedad neurodegenerativa, que manifiestase coa perda do coñecemento  e dos trastornos conductuais. Caracterízase na sua forma típica por unha perda progresiva da memoria, e doutras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas morren e diferentes zonas do cerebro atrofianse.Esta enfermidade é a forma máis común de demencia. É incurable, e na maioría dos casos terminal.  Aparece con maior frecuencia en persoas maiores de 65 anos de edade. O Alzheimer foi descuberto por Alois Alzheimer   e  Emil Kraepelin, no ano 1906.

O día internacional do Alzheimer  celébrase o 21 de septembro, data elexida pola OMS e a Federación Internacional do Alzheimer.

Deixovos unha páxina que fala  do que é o Alzheimer,  explicando as suas causas, os síntomas e como afecta ó cerebro.

http://www.monografias.com/trabajos14/mal-alzheimer/mal-alzheimer.shtml 

Tamén deixovos este video.


Autora: Paula Manteiga

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to A longa perda da memoria.

  1. andrei lee di:

    Esta enfermidade na miña opinión é unha das peores enfermidades que poda sufrir unha persoa porque o non poder recordar quen eres ou quen son os teus propios fillos é moi duro.

    Na actualidade Araclon Biotech, empresa adicada ó desenvolvemento e investigación de terapias para luchar contra enfermidades dexenerativas, está agora traballando nun proxecto do uqe se podía sacar unha cura contra estas enfermidades.
    Por agora é só un ensayo clínico que comezará a realizarse en humanos a fins de este mes een Austria, 48 pacientes someteránse á vacuna durante 18 meses para asegurarse de que non ten efectos secundarios. É a primeira “imnunzación” que se desenvolve en España e unha das poucas que se están a probar no mundo.

    Cálculase que para o 2017 ou 2018 térase no mercado dicha vacuna, aínda así sigue sendo esperanzador para as millóns de persoas que padecen esta enfermidade. Ademais o laboratorio aragonés xa traballa nun “kit de detección” da enfermidade, proxecto centrado en individuos que non padecen esta enfermidade.

  2. aida rodriguez di:

    Coma ben di Lee no seu comentario, esta enfermidade é moi cruel. Posto que é unha enfermidade sen cura, e a etapa final é realmente dura, xa que a ninguén lle gostaria quedarse nunha cama e non poder sair de la xa que non te podes mover, só coa axuda dos teus familiares.

    Os familiares tamén son unha víctima desta enfermidade, de forma externa pero ainda así, pode chegar a ter problemas psicolóxicos coma por exemplo a depresión. Por isto mesmo existen asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer. Na Coruña temos a AFACO. Os seus obxectivos son:

    *Informar as familias dos afectados.

    *Mellorar a calidade da vida dos enfermos.

    *Velar polos seus dereitos sociais, legais e económicos.

    *Sensibilizar á sociedade sobre a problemática de que comporta esta enfermidade.

    *Fomentar a investigación de todos os aspectos da enfermidade, colaborando con outras asociacións.

    *Conseguir o apoio da administración, das organizacións filantrópicas, dos medios de comunicación e da sociedade en xeral para emendar as carencias actuais.

    Neste enlace podédes ver como é o Alzheimer no núcleo familiar, e como se deben de desenvolver os familiares do enfermo: http://www.psicologiacientifica.com/bv/psicologia-379-1-repercusion-de-la-enfermedad-de-alzheimer-en-el-nucleo-famil.html

    Atopei un video en youtube, que é un himno o Alzheimer, a mín pareceume realmente bonito é triste: http://www.youtube.com/watch?v=skdPcpHMi4s

    Neste outro video, podemos ver coma se sinte o enfermo: http://www.youtube.com/watch?v=XL52RE8YghY&feature=related

    Esta páxina, é de outra asociación, e nela aparecen diversas preguntas que nos podemos facer: http://www.afedaz.com/alzheimer_preguntas.php?id=25

  3. jorge suarez di:

    Esta enfermidade é unha das mais duras que existen pero o contrario que o meu compañeiro eu penso que é mais dura para as persoas q teñen que coidar das persoas que as que as sofren porque ainda que é verdade que eles perdan os recordos,non se enteran do que pasa pero as persoas que coidan deles fan un traballo agotador coidandos.
    Deixo un enlace con toda a informacion:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Enfermedad_de_Alzheimer

  4. adriana rey di:

    Como di Lee, estase investigando unha cura para isto, que é unha vacina preventiva. O obxectivo da
    vacina é deter a principal lesión cerebral vinculada co Alzheimer: a produción de placas
    amoldes. A vacina produciria anticorpos encargados de eliminar o beta amiloide 40 e 42, que son as
    principais causantes da neurodegeneración cerebral.

    Como ista enfermidade non ten cura ainda, o pacente
    cae nun estado de imposibilidad de autosuficiencia polo que os cuidados por terceiros son unha medida obrigatoria durante o curso de esa enfermidade.

  5. albert amor di:

    Na miña opinión, o alzheimer é unha das peores enfermidades que pode ter unha persoa polas súas pérdidas de memoria a corto ou longo prazo, respecto o que di jorge que tamén ten a súa razón creo que o que o pasa máis duro é a persoa que o sufre xa que pouco a pouco xa non acórdase de nada…

    bueno, déixovos aquí unha páxina da fundación de alzheimer en España, onde hai moitas explicación e noticias interesantes sobre o alzheimer
    http://fundacionalzheimeresp.org/

  6. albert amor di:

    e xa que estou aquí vou deixar os 10 sítomas do alzheimer.
    1- Pérdida de memoria
    Son olvidos de cita, de fecha, de encargos…siempre de hechos recientes: “Quién vino a verme ayer?”, “Que hemos comido al almuerzo?”, “Quién llamo al teléfono?”

    2- Repetición frecuentes de preguntas a pesar de recibir respuestas
    “¿Qué hora es?”, “¿Qué hora es?”…o “¿Cuando viene mi madre?,“¿Cuándo viene mi madre?”

    3- Colocación de cosas en lugares equívocos
    Se encuentran las llaves del coche en la basura, sus gafas metidas en una zapatilla…No se acuerda donde coloco las cosas.

    4- Dificultad para recordar el nombre de objetos usuales
    “Dame la…la….Ah! no me acuerdo como se llama”

    5- Pérdida del sentido de la orientación con respeto al tiempo y o al lugar
    “¿Qué día somos?” cuando es obviamente un domingo, “¿Donde estoy?” cuando está en casa. Perderse en el camino de la panaderia donde compra el pan cada mañana

    6- Dificultades a realizar gestos simples y familiares
    No puede abrir con llave, se equivoca en el manejo del cambio de marchas del coche…

    7- Pérdida de interés y de motivación para las actividades que antes se disfrutaba
    Deja de leer el periódico, de ver su emisión favorita a la tele, de jugar al mus con sus amigos…

    8- Dificultades para realizar tareas fáciles
    Se equivoca en la gestión de su cuenta bancaria o tiene difícil hacer un talón. No logra hacer una llamada telefónica

    9- Cambios bruscos en el humor
    Se pone iracundo, de mal humor… sin razón de ser

    10- Dificultad para manejar objetos muy familiares
    Se equivoca al utilizar los cubiertos cuando come. Sabe lo que es un peine pero ha olvidado como peinarse.

    OLLO!!!! AINDA QUE UNHA PERSOA TEÑA ALGÚN DESTES SÍNTOMAS NON TER POR QUE TER ALZHEIMER

  7. paula manteiga di:

    Apoio o que di Jorge, o Alzheimer e unha enfermidade que aunque a sufra unha persoa quen a mais sufre é o seu entorno, posto que a persoa afectada convertese coma nun bebé ao que se lle ten que facer todo.

    Aberto, para min o síntoma máis duro do alzheimer é olvidarte da túa vida, e o máis importante, dos teus fillos, netos …

  8. nerea rosales di:

    Penso que o Alzheimer, o Parkinson, e as outras enfermidades que puxo Paula no link son as máis complicadas de todas, posto que son enfermidades que non teñen cura, ainda que intenten buscar remedio para elas.
    O Alzheimer como sabedes ten varios tipos de fases, deixovos un link para que o vexades.
    http://www.lukor.com/ciencia/noticias/portada/09051407.htm

  9. ana dominguez di:

    Estou moi de acordo con Jorge e con Paula,as persoas que sofren a enfermidade realmente non se enteran de nada como quen di.Quen sofre e o pasa mal e a persoa ou persoas que a cuidan que a ven e ven como esa persoa estaba antes e esta ahora a causa desa enfermidade.
    Deixovos unha paxina donde pon a clasificacion do alzheimer.
    http://www.iqb.es/neurologia/enfermedades/alzheimer/alzheimer01.htm

  10. laura garcia rueda di:

    Eu estou dacordo en que é unha enfermidade horrible, pero tampouco das peores que pode sufrir unha persona xa que hai moitas pouco coñecidas que seguro son peores ca esta. O que sí é que unha experiencia moi mala para os seres queridos do que sufre o alzheimer, pois o ve como vai olvidandose de todos eles, ten que ser moi duro.

    Esta páxina ten moita información sobre esta enfermidade, a súa historia, o que é, consellos, os sintomas, os tratamentos (non para curalo, xa que hoxe en día non hai cura, senón para mantelo), as etapas e máis cousas:
    http://www.elmundo.es/elmundosalud/especiales/2004/04/alzheimer/quees.htm

    Incluso no final nos enlaza unhas páxinas sobre ONG do alzheimer e unha páxina de axuda a nosos maiores.

    Esta enfermidade ten o seu propio día, que é o 21 de septembro, “O día internacional do Alzheimer”.

  11. carolina rodriguez di:

    Penso ,como din os meus compañeiros, que é unha horrible enfermidade e da medo pensar que podes chegar a sufrila algún día xa que comezase a manifestar a partir de certa idade.E tamen penso que o principio a persona que a sofre pasao mal pois é consciente de que comeza a perder a cabeza, pero finalmente é moito peor para a xente do seu arredor, xa que ven a esa persoa e xa non a recoñecen.
    É unha enfermidade relativamente nova xa que antes a esperanza de vida non era tan elevada e non se notaban os sintomas.
    Espero que atopen una cura ou unha maneira de prevenila pronto, e teñan éxito esas vacinas das que falades.
    Por último, os deixo o enlace dunha páxina que fai unha campaña para recaudar fondos para ó alzheimer, utiliza o slogan “regala memoria” e vende pulseiras usb de 1Gb , a min pareceume moi orixinal.
    http://bibiano.lacoctelera.net/post/2009/05/24/regala-memoria-campana-sensibilizacion-sobre-el

  12. lizeth viancha di:

    Non temos porque extrañarnos do Alzheimer xa que non é a única enfermidade neurodexenerativa que nos pode afectar (Parkinson ou a Esclerosis múltiple) sen cura algunha na actualidade. Hai un tempo vin un documental sobre unha persoa que sufria de Alzheimer e vivía soa e non porque non tivese familia senón porque tomou a enfermidade como un reto. No documental ensinaban a súa casa e a tiña repleta de post-its os cales a axudaban en cada tarefa diaria aínda que sexa a máis simple (encontrar unha habitación específica ou mesmo o nome dunha froita). Ao pensar neste documental decateime de que non só penso que os meus compañeiros non teñen razón no de que sofre máis o entorno senón que o paciente pode levar a enfermidade ben (ata un certo punto).
    Déixovos o enlace dunha noticia do xornal “El País” no que se fala dunha campaña sobre a enfermidade falada.
    http://www.elpais.com/articulo/Comunidad/Valenciana/post-it/recordar/Alzheimer/elpepiespval/20100916elpval_12/Tes

  13. adriana jimenez di:

    Primeiro dicir, xa como todos vós, que esta é unha enfermidade moi dura e triste, pero tamén teño que dicir que estou moi de acordo contigo Laura García, porque penso que esta non é a peor enfermidade que podemos sufrir e hai outras peores en relación á dor e sufrimento do pacente.

    A verdade que me gustou moito o himno que puxeches Aida, xa que da a impresión dunha canción esperanzadora pero á vez cun gran significado. Eu póñovos tamén un video con relación ao dia internacional do Alzheimer no que a letra da canción para o meu parecer tamén é moi significante: http://www.youtube.com/watch?v=229-GHL9abY&feature=related

    O spot que puxo Carolina da campaña de “regala memoria” eu xa o coñecia porque un dia o vira mencionado no telexornal e quedei abraiada porque é totalmente o que se pode sentir; a impotencia de non lembrarse de algo que parece tan evidente como recoñecer a alguén.

    Por último déixovos un video dun anuncio que me pareceu moi interesante a verdade : http://www.youtube.com/watch?v=QJkmhhlzqLU&feature=related

  14. alicia lopez di:

    Intento meterme na pel das persoas que sofren esta enfermidade e penso que o máis duro dela non é non recordar, senon non poder controlar as respostas emocionais… sentirse angustiado, deprimido ou eufórico nun intervalo corto de tempo é un sinvivir.
    Eu observei de cerca a algunhas persoas que a padecen e o feito de non saber qué facer nas relaccións sociais agregado a non saber con quen falas converten a vida destas persoas nunha vida baseada na confusión.

    Direi de feito polo que observei que estas persoas soen aferrarse a unha persoa cercana, pois lles é máis sinxelo recordar o nome dunha soa e saben que a coidarán.
    Chamoume a atención o que menciona no video de que son máis as mulleres que a padecen e atopei nesta páxina http://spa.wtfeed.com/posts/7642-alzheimer-es-mas-comun-en-mujeres-que-en-hombres-de-mas-90-anos.html posibles respostas.

  15. Diana Fernández di:

    A min esta enfermidade paréceme moi dura tanto polo lado do que sofre e propia enfermidade como o do seu enterno.
    O propio enfermo porque o principio vaise dando de conta de que está perdendo a memoria e non pode facer nada para solucionalo. Ademáis que chegan un punto que non capaces de recordar quen son , quen foron ou a sua propia familia.
    E os familiares porque se deben de sentir moi mal cando o seu pai , nai ou quen a sufra non se poida acordar deles.
    Aquí deixovos unha páxina que fala sobre o tema. Pareceume moi interesante.

    http://www.ahaf.org/docs/pdf-publications/adr_aboutadspanish.pdf

  16. Soledad Muiño di:

    – Actualmente, preto de 35 millóns de persoas no mundo sofren de Alzheimer e outras demencias e estímase que o número de pacientes será o dobre no 2030 e o triple no 2050.

    – Ter resistencia á insulina ou diabetes tipo 2 aumenta o risco de desarroiar placas no cerebro asociadas á enfermidade do Alzheimer.

    – Investigadores da Universidade de Granada deseñaron un sistema intelixente que podería anticipar o diagnóstico da enfermidade do Alzheimer. Trátase de procesar imaxes cerebrais adquiridas mediante técnicas de tomografía computerizada ( http://es.wikipedia.org/wiki/Tomograf%C3%ADa_axial_computarizada ), tras a administración dun radiofármaco ao paciente por vía intravenosa.

    1) Científicos estadounidenses conseguiron recuperar a memoria e a audición en ratos que padececían a enfermidade do Alzheimer, tras aumentar a concentración dunha proteína no seu organismo.
    http://www.muyinteresante.es/el-alzheimer-se-puede-curar

    Persoalmente, creo que a xente debería tomarse mais enserio a súa saúde e empezar a ter hábitos mais saúdables, cos que se poderían preveñir moitas enfermidades en xeral. Como sempre se dí, concienciar mais a poboación de que certas enfermidades (aínda que non sempre) poden ser evitadas.

  17. carolina lopez di:

    Esta enfermidade clasificada como enfermedade neurodexenerativa xunto ao parkinson e a esclerosis multiple;reduce o numero de neuronas.
    Aqui os deixovos un video que explica que son as neuronas e a súa importancia:
    http://www.youtube.com/watch?v=Krabo0GPc5A
    Chamoume a atencion que as neuronas non se reproducen debido a que son celulas moi especializadas, esto se relaciona co alzehimer xa que moitos cientificos creen que esta enfermedad aparece non porque morran as neuronas senon porque non nacen novas neuronas .

    En 1998, descubreuse que certas partes de noso cerebro eran capaces de xenerar novas celulas, exemplo o hipocampo (responsable do aprendizaxe e do procedemento de novos recordos). Tal vez o hipocampo necesita dunha renovacion constante para poder verselas coa nova informacion.
    O hipocampo das ratas e ratons xenera entre 1.000 e 3.000 novas neuronas ao dia, os animais xovenes crean mais neuronas novas que os vellos.
    Deixovos aqui unha páxina mais informacion sobre a neuroxénesis:
    http://es.wikipedia.org/wiki/Neurog%C3%A9nesis
    ( mirar o apartado de “neuroxénesis en adultos”)

  18. antia navajas di:

    Por desgracia eu xa sei o que é ter un familiar con alzheimer, e moi doloroso ter que ver como nunha das últimas fases desta enfermidade se volve na contra da súa propia familia, como ben dixeron os meus compañeiros.
    Na última fase se ben se di que o enfermo está nun estado vexetativo, tamén ten momentos de lucidez. A única forma de saber con certeza se unha persoa ten o alzheimer é examinar unha mostra de texido cerebral despois da morte.
    Os seguintes cambios son máis comúns no texido cerebral de persoas con alzheimer:

    * “Nudos neurofibrilares” (fragmentos enrolados de proteína dentro das neuronas que as obstruen).
    * “Placas neuríticas” (aglomeracións anormais de células nerviosas mortas e que están morrendo, outras células cerebrais e proteína).
    * “Placas seniles” (áreas onde se acumularon productos de neuronas mortas arredor de proteínas).

    O mal de alzheimer se pode diagnosticar con frecuencia a través dunha historia clínica e un exame físico por parte dun médico ou enfermeira experimentados. Un médico elaborará unha historia clínica, fará un exame físico (incluindo un exame neurolóxico) e levará a cabo un exame do estado mental.

  19. raquel blanco di:

    Penso que o alzheimer é unha mala enfermidade que nos pode tocar coma non. Tamén hai que pensar que algo malo tiña que ter aumentar de tal maneira a nosa esperanza de vida.
    Pero aínda así, podemos previr a enfermidade dalgunha maneira. Pode que non sirva de moito, pero son tácticas que parecen interesantes, como por exemplo: cambir de camiño cada vez que imos a un sitio, vestirse con ollos pechados, mirar fotografías ó revés…
    Hoxe en día, hai medicamentos para o alzheimer pero non garantizan ó cen por cen a súa eficacia, e por non falar do seu custo!

  20. paula manteiga di:

    Ti mesma o dixeches Raquel, o seu custo, non todas a xente que ten Alzheimer pode custarse un producto que e tan caro.

  21. vera lopez di:

    Eu estou dacordocon Laura, porsuposto que o alzheimer é unha enfermidade que acarrea moitos problemas e complicacións -ademais da dor que deben sentir as persoas que vense involucradas nesa situación- pero ainda así, hai milleiros de enfermedades que son moitísimo peores e das que ninguén sabe nada.

  22. sabela rey di:

    Na miña opinión o alzheimer é unha enfermidade pouco “asentada” na sociedade, non sei se me explico, non somos verdadeiramente conscientes dela, xa figuran os datos en varios comentarios de compañeiros. Non creo que sexa unha enfermidade “pouco mala”, como din Vera e Laura; porque co alzheimer non recordas, volves nacer sen ter o dereito a vivir de novo esas cousas. Pode que as investigacións sexan máis efectias noutros campos, mais débese invertir na neurociencia da mesma maneira.

  23. juanjo regaldie di:

    Como Ana, Jorge e Paula, podedes concidir na mesma observacion… paréceme que esta xente sofre pero sin sabelo,hai que poñerse sempre na situacion de estas persoas,e creo que algunha vez pasóubos eso de sair de festa e o dia seguinte non acordarbos de nada,amin persoalmente non me gustou nada,é certo que non sofres,pero ten que ser moi duro que todolos dias te pase eso,levantarte sen saber o que fixeches o dia anterior,verte cada vez mais maior sen saber porque,non recordar momentos bos…
    Estas persoas ainda que non o transmitan teñen que sufrir a narices

  24. breixo gonzalez di:

    O alzheimer , como ben di sabela, non está presente del todo an sociedade. Para nada e pouco mala, e terrible, olvidaste de todo, da tua parella, dos teus fillos, dos amigos, o último que olvidas creo que é a tua nai, e a tua infancia. Ao final xa non che vales por ti mesmo, non sabes falar, escribir andar, non sabes nada.

    Da cura non sei nada, supoño que sera viscando algun modo de rexenerar os tecidos ou algo similar.

  25. laura montes di:

    Efectivamente, como di Breixo, o resultado desta enfermidade é un dos máis tristes que, na miña opinión, poden chegar a producirse no ser humano.

    Con respecto á cura, todavía non hai nada. Os últimos fármacos de diseño moderno foron un fracaso.
    A solución que se propón para reducir o número de mortes por Alzheimer é a súa detección precoz, é dicir, a súa prevención antes de producir demencia.

    Con esta idea de detectar a enfermidade en etapas máis tempranas, está a desenvolverse un método que consistiría en extraer e analizar o líquido próximo á médula espiñal, para detectar a falta da proteína beta-amiloide, a cal é un síntoma da enfermidade.

    Aínda así, últimas investigacións consegueron destruir os axentes que aceleran a destrucción de proteinas vinculadas coa enfermidade. Pero se ve que, a corto prazo, a mellor solución é a detección precoz.

  26. judit pousada di:

    Esta é unha das enfermidade máis tristes non só para a persoa que a sufre senón para esa familia que esta detrás de ela.Debe de ser moi duro que a túa propia nai non sepa quen eres ás veces se asuste ou te vote da súa casa.Deberíase de investigar máis en ela xa que non é unha das enfermidades das que máis se falen.
    Deixovos un enlace con datos interesantes sobre esta enfermidade:
    http://lasmilrespuestas.blogspot.com/2010/10/datos-de-la-enfermedad-de-alzheimer.html

  27. gabriela lopez di:

    Gústome o comentario de Sabela, foi curto pero moi explicito. Pois si, deberiamos saber mais do tema, deberían investir mais niso, xa que é unha enfermidade que se fará mais e mais común, sobre todo na poboación europea que gran parte dela é xente maior.
    Ao meu tampouco me parece un enfermidade “pouco mala” senón todo o contrario, pero xa non só para o que a padece senón tamén para o seu ámbito mais próximo que será directamente o que sufra e vexa a deterioración paulatina desa persoa.
    En xaneiro celebráronse os premios Goya e un dos premios foi para un documental dedicado ao ex presidente da da Generalitat Pasqual Maragall contra a enfermidade de Alzhéimer
    Deixo o enlace, e unha historia interesante.
    http://www.elpais.com/articulo/cultura/Bicicleta/cuchara/manzana/humanidad/Pasqual/Maragall/elpepucul/20100919elpepucul_2/Tes

  28. francisco lopez gonzalez di:

    Na miña opinion esta he a enfermidade no primeiro mundo que mais fai sofrer as persoas que sofren os seus efectos secundarios(familiares), xa que é moi duro que unha persoa como tua nai o teu abo non te recoñeza despois dunha vida enteira o te lado e que cada dia que intentas que mellore notas que vai para atras xa que non hai nada que poda parar por completo o Alzheimer.

  29. alexandra di:

    Sinto a miña tardanza en comentar nesta entrada, pero é que centreime en comentar so nas novas entradas e deixei de lado as antigas entradas que non comentara. Asi que intentarei comentar nas antigas entradas que non comentei e a vez nas novas entradas.

    O alzheimer pareceme unha enfermidade moi dura, tanto para o que a padece como para a xente do entorno do enfemo de alzheimer.
    Os videos que deixou Aida Rodriguez, tanto o himno como o 2º video, estan moi ben, o igual co que deixou adrina jimenez.

    Buscando un pouco do alzeimer atopei a sua “historia”:En novembro do ano 1906, Alois Alzheimer (un psiquiatra e neurólogo alemán) presentou nunha reunión de psiquiatría un tema nunca antes analizado que el levaba estudando dende 1901, “Enfermidade característica da corteza cerebral”, o seu obxeto de estudio era unha muller de 51 anos chamada Auguste D. Catro años despois desa reunión, en 1910, esa enfermidade foi denominada demencia presenil (demencia en casos anteriores os 50 anos).
    Alzheimer describiu o seu segundo caso en 1911, fecha cando tamén apareceu unha revisión publicada por Fuller, cun total de 13 pacentes con enfermidade de Alzheimer, cunha media de idade de 50 años e unha duración promedio da enfermidade de 7 anos.
    As investigacions de Alois Alzheimer non foron del todo ben recibidas polos seus contemporáneos, polo que foron necesarios case 60 anos para que aquelas observacions do médico alemán volveran a cobrar interés para os investigadores.

Deixa unha resposta