Para presumir…teñen que sufrir?


conejo.jpg

 A gran maioría dos produtos cosméticos, incluindo perfumes, champús, pasta dentífrica, tinturas para o pelo, cremas, maquillaxe e desodorizantes experimentanse primeiro en animais. Só na Unión Europea utilizanse anualmente 38 000 seres vivos en probas de toxicidade. En total a porcentaxe de animais “destinados” a probar estos elementos é do 30%.
Estes animaliños entregan o seu corpo á ciencia.. pero ¡mentres están vivos!. O aínda máis triste é que existen métodos, máis fiables científicamente e máis rápidos, que non implican o uso de animais. Estes métodos inclúen o cultivo de células, texidos e órganos; microorganismos tales coma as bacterias, investigación molecular, estudios con texidos post-mortem, simulacións por computador que inclúen estudos da población e investigación clínica con voluntarios humanos. Cada unha destas alternativas pode resultar máis económica e efectiva.
A Lei Europea di claramente que sempre que exista unha alternativa dispoñible sen animais, a equivalente proba con animais non se levará a cabo. Sen embargo a gran maioria dos cosméticos se proban previamente en animais.  As consecuencias poden ser lamentables, porque as reaccións que se poden dar nun animaliño non sempre son as mesmas que nos humanos.

E vós que opinades acerca de este asunto?
Pensades que é necesario tanta crueldade só para que os humanos luzcamos unhas pestanas quilométricas ou teñamos un pelo sedoso e perfecto? Eu penso que esto debería de abolirse e que se recoñezan os dereitos que eles, os animais, tamén teñen.

Autora: Judit Pousada

Esta entrada foi publicada en 6. Repercusións avances tecnocientíficos na sociedade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

36 Responses to Para presumir…teñen que sufrir?

  1. vera lopez di:

    Paréceme horrible o que teñen que sufrir estos animais pola nosa culpa.
    A idea de eliminar as probas en animais foi introducida por primeira vez na lexislación do ano 1992, da que pensar que estemos no 2011 e estas prácticas ainda sigan aquí.
    Estas probas realmente danan os animais, para as probas de cosméticos utilízanse moitos tipos diferentes de experimentos. Por exemplo, a proba dos ollos Draize, donde gotéanse sustancias tóxicas nos ollos de coellos conscientes; a de toxicidad oral, na que os animais vense forzados a inxerir sustancias unha ou repetidas veces para ver os efectos tóxicos; ou as probas de irritación na pel, nas cales úntase sustancia sobre o lomo afeitado dun grupo de animais, que normalmente son coellos.
    Mirade este video, quedei moi sorprendida o ver que unha decena das marcas que teño na miña casa fan probas cos animais:
    http://www.youtube.com/watch?v=P6gLq3LE6I0&feature=related

    Deixovos mais información nesta outra páxina:http://vertte.wordpress.com/2010/09/12/%C2%A1di-no-a-los-cosmeticos-probados-en-animales/

  2. laura garcia rueda di:

    Gostaríame comezar ensinándovos unha imaxe dun anuncio sobre a utilización de animais para a proba dos cosméticos:
    (A imaxe chamoume moito a atención)
    http://www.masr.com.mx/wp-content/uploads/2009/10/enpa_spray.jpg

    Estos son algúns exemplos dos experimentos que fan cós animais:

    -Espuma de Afeitar: Métese a presión no estómago de animais.
    -Laca para Cabelo: Faise inhalar a sustancia até lograr un coma.
    -Shampoo: Obrígase a animais a inxerilo e introdúceselle concentrados aos ollos de coellos.
    -Dentrífico: Fórzase a coellos, ratas e cobaias a inxerilo.
    Máscaras e Sombra de Ollos: Introdúcese nos ollos de coellos até a cegueira total.
    -Maquillaxe: Esténdese sobre a pel afeitada de animais sensibles.
    -Solución para Lentes de Contacto: Introdúcese nos ollos de coellos, máis sensibles que os ollos humanos.
    -Xabón: Fórzase a irritación da pel de animais afeitados.
    -Bronceadores: Exponse a coellos coa pel afeitada a raios ultravioleta para probar estes produtos.

    Na miña opinión paréceme horrible o que estes aniamis teñen que sufrir só para sentirnos “guapos”.
    Na miña opinión a maioría destes cosméticos para a nosa imaxe non os necesitamos e que os indispensables como pode ser unha pasta dentrífica para a saúde dos nosos dentes que se probase con alguna das probas científicas das que nos falaou Judit na súa entrada.

    Nesta páxina fala de moitas alternativas científicas, a parte de máis información sobre estes experimentos:
    http://www.eco2site.com/informes/animaluse.asp

    Temos que recordar que os animais non son meros recursos á nosa disposición para usalos ao noso antoxo, non temos ese dereito. Ao igual que nós, están vivos e senten.

  3. carolina lopez di:

    Pregúntome: por que recorren a experimentar con animais? habendo alternativas que son eficaces, seguras, mais economicas e que levan menos tempo.
    Corrositex é unha proba in vitro empleada como sustituto da tradicional proba en peles de coello. A proba utiliza unha membrana de proteínas que reacciona como a pel ante as sustancias corrosivas. Este método arroxa resultados en poucas horas. Outra alternativa é o desarrollo de pel humana artificial para inxertos e que pode ser usada tamén para reemplazar probas con animais.

    Calquer tipo de mamífero pode chegar a ser utilizado na experimentación, incluindo os grandes primates. Monos, perros, gatos e cabalos, así como cerdos, ovellas, cabras, coellos, hurons, cobayas e marmotas. Tamén as aves, anfibios e reptiles.

    Sorprendeume do video que nos deixa Vera das inumerables marcas coñecidas e que posiblemente usamos, sendo que fan probas en animais.

  4. ana dominguez di:

    Penso que esto deberia de estar totalmente prohibido e con altas multas,xa que os animais sofren e como ben pon Laura neses exemplos xa nos damos de conta o que chega a sufrir un animal para que despos nos estemos guapos.
    Penso que deberian de buscar outra tecnica para probalos e deixar de experimentar con animais.

  5. Laura Solano di:

    Creo que deberían de ter controlado máis esta clase de abusos e recalco o que di nosa compañeira Judit sobre que deben de impoñer os dereitos dos animais, porque o fin do cabo tamén son seres vivos coma nós.

    Sen ben non son os únicos abusos que reciben os animais acausa dos humanos. Debemos recordar tamén aqueles animais que se utilizan a modo de entretenemento para a xente, como poden ser os toros ou os animais nos circos.

    Deixo un video para que vexades algúns dos abusos que podén recibir estes animais nos circos:

    http://www.youtube.com/watch?v=4dB2cM-DJBs

    Aínda así o que máis me impresiona é que aún sabendo todo isto moita xente lle de igual e non colabore para dar un paso adiante en contra estas inxusticias porque, ¿de verdade somos tan inconsientes que non valoramos o pouco que temos?

    Déixovos tamén unha páxina sobre algunhas historias de abusos contra animais e que creo que se ledes algunha os sorprenderedes.

    http://www.findelmaltratoanimal.blogspot.com/

  6. aida rodriguez di:

    A min esta nova non me sorprende moito, xa que a maioría das veces facemos as probas nos animais, con isto non quero decir que este ben feito. Ainda que, eu sempre me preguntei: os animais non deben sufrir cos nosos experimentos, entón en quen os realizaremos? Con isto non defendo para nada que este ben este feito.

    Pero, ainda así, penso que é peor que se maten animais para realizar cosméticos non soamente para probalos.

    Penso que moitos descoñecián por exemplo, as baleas son uns dos animais que os seres humáns utilizamos para fabricar moitas cousas, deixovos eiquí o enlace para que o vexades: http://www.familia.cl/ContenedorTmp/Ballenas/ballenas4.htm

    Volvendo o tema que sacachedes do video de Vera, penso que non debiamos de ser tan “ignorantes” (perdoade polo adxetivo, non é con tipo de ofensa) e decatarnos, que detrás da maioría das marcas coñecidas hai cousas que non coñecemos, e a maioría delas sempre son malas.

  7. paula manteiga di:

    esto ami paréceme horrible. Non entendo esta forma que teñen as grandes empresas, porque hay moitos mais métodos de facer as cousas, e sobretodo agora, que poden inventarse moitas cousas sen facer dano a os pobres animaliños.
    Eu admito que tamén teño moitas marcas das que ensinou Vera no video, pero ainda asi, non me parece normal ni razoable.

  8. aida rodriguez di:

    Contestando o comentario de Paula, o peor de todo é que ainda que teñamos na casa algunhas desas marcas o único que podemos facer é non mercar esas cousas. Posto que coma xa dixen no meu comentario, as cousas malas nunca saen a luz de forma clara. O razoamento é moi sinxelo, a xente que tivese algo de corazón non mercaría un artigo no que aparecera o experimento de proba que foi realizado a través dos animais.

    Penso, estiven reflexionando na miña pregunta, e está claro que existen outros métodos para realizalos, que xa os expuxeron os meus compañeiros algúns e mesmo aparecen na entrada. Pero a clave penso que é a economía da empresa. O meu parecer non lles será moi rentable as novas técnicas para realizar as probas previas o lanzamento do producto o mercado, pero serán máis rentables economicamente?

    Tamén estiven pensando, que hai empresas que non lles importará nada isto e até se en eles estivese o alcance de facer as probas en humáns faríanse. Espero que isto último que digo non sexa real, porque xa sabemos que os humáns podemos ser moi avariciosos, e no terceiro mundo poderíamos atopar presa fácil para probar os experimentos.

  9. andrei lee di:

    Estos experimentos son horribles hasta para unha persoa sería doloroso calquera tipo destes experimentos. Pero sendo empresas tan grandes e posto que a lei non fai moito por investigar as orixes dos produtos aínda hai moitas marcas que utlizan animales na súas probas.

    No 2009 entrou en vigor a lei que prohibía estes experimentos pero non na súa totalidade, suponse que no 2013 prohibirase por completo nos países da UE. Xa moitas marcas han estado quitando estas probas dende o 2008 pero sendo empresas tan grandes as que aínda seguen utilizando isto como Pond’s, Dona Karan, Olay, Max factor… entre outras, e tamen empresas de comida rápida como Kentucky Fried Chicken que teñen as galiñas encerradas en espacios pequenisimos e todas apretuxadas; moitas empresas fan isto cos galos e as galiñas, e seguiran así ata o 2013 se de verdade se prohibe isto.

  10. carolina rodriguez di:

    Verdadeiramente estou horrorizada co que se lle fan aos animais. Nunca houbese imaxinado que nos laboratorios podianse chegar a maltratalos asi, xa que cando se oe testado con animais, non pensas cosas tan dolorosas como en realidade fan.
    Atopei esta páxina con marcas que testan e non con animais:
    http://www.defensanimal.org/para_difundir/dipticos/A4-marcas_experimentacion.pdf
    (está un pouco repetido, pero mais abaixo vese a lista)
    Por certo, ainda sabendo que experimentan con animais, seríades capaces de non comprar algúns dos vosos productos favoritos? Eu sinceiramente, intentarei non facelo, ainda que é dificil.

  11. joel taibo di:

    pareceme unha toleria que o 30% dos animais esten destinados a provas de toxicidade, de productos variados, realmente e unha atrocidade torturar asi os animais e incluso chegar ao extremo de matalos, penso que estos actos deverian castigarse.

  12. breixo gonzalez di:

    O dos animais non me parece moi ético, pero a alguen se lle ocurre outro modo?
    Poruqe seguro que motia xente de aquí usa champú, xel, pasta dentífrica, colonias e moitas desas cousas.
    Tamén se usan animais en vacuans e medicina, e sen eles moitas enfermiddes seguirían sen cura.
    Con esto non xustifico o dano que lles fan aos animais pero non existe outra forma de facelo.
    É igual que seguro que aqui todos comedes carne, ou produtos animais. Os pobres sofren pero ben que os comemos.
    http://www.cocina.org/wp-content/uploads/solomillo4.jpg
    MMMM carne

    O uso dos ratóns nos laboratorios é moi frecuente, dando lugar á denominada rata de laboratorio
    http://es.wikipedia.org/wiki/Rat%C3%B3n_de_laboratorio

    Pero a xente non sinte pena das ratas porque non son tan bonitas coma un precioso coello, ou un amigable perro. E si se usaran cucarachas ou calquera insecto que non fora agradable, de seguro que motia xente non sentiría pena.

  13. aida rodriguez di:

    E verdade Breixo, esa mesma pregunta fixena eu. Pero é que realmente sí que hay outras formas de facer as probas, e máis económicas. Ainda que eu sigo pensando que non debe de ser así.

    Tamén tes razón cando dis o de comer carne, eu persoalmente son moi carnívora. E iso é parte da cadea trófica, sempre e cando sexa de forma moderada e non se chegue a extinción da especie.

    Iste tema non fai máis que plantexarme dúbidas, porque coma xa dixen eu pensaba que se utilizaban animais porque era máis rentable, pero xa está dito que non. Entón, será porque son animais, e os tecidos, órganos… son máis parecidos os nosos?

  14. carolina lopez di:

    Deixovos esta páxina onde fala sobre máis alternativas:
    http://www.animanaturalis.org/p/491

  15. jorge suarez di:

    E unha barbaridade o que estan a facer cos animais para satisfacer as nosas necesidades habendo outras opcions de comprobar si son utiles para o noso uso pero non o fan xa que son mais costosas

  16. ivan garcia di:

    Eu nesta noticia vexo un problema ético.
    Nos dicimos que utilizar o animais para experimentar os productos de cosmética esta mal. Pero tamen temos que pensar que na actualidade é a forma maís efectiva e barata, hai que decilo todo, para probar estes productos. Nun enlace que vin arriba se menciona a utilización de voluntario. Eu preguntome, esta mal que se utilicen animais, pero esta ben que se utilicen persoas ainda que a cambio leve un beneficio económico?
    Tamén quero mencionar, xa que moita xente non o sabe, estos productos levan grasa de algúns animais como as focas e as baleas. Penso que unha das prioridades dos donos de estas compañias deberia ser a busca dunha nova forma para a creación dos seus productos.

  17. lizeth viancha di:

    A crueldade coa que fan estos experimentos me parece excesiva pero como ben di Breixo non hai outras formas xa que, ¿cómo o fariamos se non? Tamén é normal preguntarse por qué facer estos danos só para lucir pero tamén hai que ter en conta que non todo o que proban son cosméticos senón que inclúen cousa de uso mínimo como a pasta dental ou o shampoo, aínda que xa existan shampoos que non se proban con animais como esta marca:
    http://oliviadeoliva.blogspot.com/2010/07/por-que-usar-shampoo-olivia-de-oliva.html

    Ben sabido é, polas páxinas aderidas anteriormente, que non hai leis que prohiban o test en animais directamente pero, como ben saberedes, o diñeiro move ó mundo e se existe a posibilidade de perder diñeiro non hai ninguén que apoie nada.

    Encontro axeitada a pregunta de Iván en canto á experimentación con persoas pero non é igual xa que se esa persoa admite ese experimento é baixo a súa responsabilidade mentres aos animais se lles obliga.

    En conclusión, penso que moito se fala do tema pero non se fai nada e a xente que comenta en contra disto continuará a comprar as marcas citadas…

  18. adriana jimenez di:

    A verdade que cando les e te informas detidamente sobre este tema encólleseche o corazón ao ver as pobres criaturas sufrindo para o noso beneficio, pero é que sempre é así, os humáns pensamos que todo é noso sen importarnos nada, porque cada día vense cousas novas que facemos desfavorecendo e destruíndo a natureza, que tanto a necesitamos, pero algún día pagaranos coa mesma moeda.

    Pero o que tampouco me parece ben é que algunha xente se empeña en criticar ás marcas de maquillaxe por estas razóns de experimentar cos animais pero é que como acabamos de ver non só son os maquillaxes senón tamén as mesmas pastas dentífricas e zapatos, e xa ata os simples bolígrafos…

  19. Diego Lousa di:

    En realidade á meirande parte da xente lles importa un bledo o que lles pase aos animais. Os dereitos dos animais viólanse constantemente e o uso destes en experimentos non me parece máis que outro destes casos e non me sorprende. Os animais utilízanse en espectáculos, como mascotas, en exposicións… Poucos renunciarían a todos os cosméticos que usan e menos optarían por un estilo de vida vegano se souberan o que sofren os animais destinados á alimentación ou á vestimenta.
    Non me parece que a prohibición destas prácticas sexa o máis racional, o mellor sería que os consumidores estiveran ben informados e que eles decidan a quén queren beneficiar.
    Hai estudios que apuntan hacia que os animais teñen psique e certa conciencia propia da súa existencia, o punto ata que os animais merecen un trato ético e respetuoso é cuestión de debate.

  20. lizeth viancha di:

    En relación co comentario de Diego Lousa quería engadir que na actualidade levar unha alimentación sen carne sería complicado (xa sei que moita xente o fai) porque se inicias este tipo de vida podes ter faltas de vitaminas e só as poderías complementar con químicos.

  21. Diego Lousa di:

    Lizeth, é certo que seguir unha dieta sen productos derivados de animais é algo máis incómodo pero é perfectamente posible e penso que se alguén teñe unha verdadeira consideración polos animais molestaríase un pouco para ser coherente coa súa forma de pensar.
    Se che interesa podes comprobar como unha dieta vegana ben planificada non ten por que causar problema algún: (Apartado 3.4 do enlace)

    http://es.wikipedia.org/wiki/Veganismo

    A única vitamina non presente sería a vitamina B12, pero, como podes comprobar en calquera supermercado, a maioría dos leites de soya xa veñen enriquecidos con esta vitamina.
    E non entendo moi ben a onde queres chegar con iso dos químicos, a maioría dos productos que podes atopar nun supermercado teñen productos químicos añadidos e non son necesariamente perxudiciais para a saúde.

  22. lizeth viancha di:

    Respecto a túa opinión pero penso que se falas de veganismo tes que poñerte serio, porque non so é a ausencia da carne na alimentación senón de todo produto que proveña dun animal (leite, ovos, etc). Ser vegano implica ter un completo respecto pola natureza e polos dereitos dos animais, como ben defendes ti, pero moitas veces vin xente que se fai chamar “vegana” mentres se come un bocadillo de tortilla española e iso non me parece defendibel. Penso que facer gala do veganismo na nutrición é absurdo, xa que na miña opinión é parte da moda dos tempos que corren, xa que fai “romper” dalgunha maneira as leis naturais de supervivencia do máis apto (unha tendencia que nos permitiu evolucionar ata onde estamos agora).

    En resume, esta moi ben ser vegano pero se atribues as súas características ao ámbito alimenticio xofreras faltas de vitaminas como a B12 (que como ben dixeches se supliría coa leite de soya pero como a leite provén dun animal, un vegano non podería tomala), D, calcio, zinc e ferro.

    Gustaríame finalizar o meu comentario diciendo que non se deberia mezclar a ideoloxía con gustos infundados.

  23. lizeth viancha di:

    Equivoqueime no de leite de soya (non ten ningunha orixe animal) pero o demáis esta moi xustificado.

  24. Diego Lousa di:

    Bueno, según lira existen distintas vertientes dentro dos veganos que permiten o consumo de leite e ovos xa que non proceden directamente da morte dun animal (ovolactovexetarianos). A mín tampoco me parece apropiado facer gala dun estilo de vida, eu tan só penso que é un estilo de vida verdadeiramente respetuoso cos animais e que o seu escaso número fai manifesto da pouca consideración que existe polos animais aínda que nos sorprendamos por cousas como a experimentación con estes en laboratorios de cosméticos.
    E penso que non ten moito sentido incluír ao ser humán como regulador do medio natural cando falas da supervivencia do máis apto, pois o ser humán poderíamos dicir que está no cume da cadea trófica e non nos comportamos como unha especie natural (desde que non somos nómadas) que fagocita outras especies mantendo un equilibrio no conxunto de especies, simplemente intervenimos nun montón de cadeas tróficas provocando inestabilidade. Nin sequera eliminamos outros animais por necesidade de supervivencia.

    Non sei se a túa reflexión final ten como finalidade darme algún toque de atención, neste suposto caso quixera aclarar que eu non me posicionei do lado de ningunha ideoloxía, nin sequera considero o veganismo unha ideoloxía, tan só un estilo de vida respetuoso cos animais.

  25. juanjo regaldie di:

    Como xa dixen en clase,mentres que non haxa outras alternativas,tampouco paréceme un escandalo que experimenten con un ratón,coello ou un animal de este tipo,peor seria que experimentaran con persoas.
    Ademais,non creo que as persoas que proban estes tipos de cousas cos animais lles guste matalos ou maltratalos así,en canto haxa algunha outra alternativa imaxínome que esta xente cambiará,de experimentar con animais a experimentar con outro tipo de cousas que non sexan seres vivos.

  26. lizeth viancha di:

    Ten sentido xa que, dalgunha maneira lexana, formamos parte desa cadea alimenticia, ¿pensas que se un león famento te ve, razonará se xofrerás na túa morte ou non? ou ¿lograrás convencelo que se pase ao lado vegano?
    Ainda recordo cando comer carne era necesidade e agora é case un “pecado”, esta idea sáltame á cabeza ao pensar que antes se comía o que habia e senon non comías, agora a xente pode elixir (e con xente refírome á xente que ten todas as súas necesidades cubertas) polo que sigo a pensar que é coma unha especie de moda no ámbito social.

    Non me entendiches, cando falo de leis naturais falo do concepto de “seleción natural” (supervivencia do máis apto) dentro do que estamos porque somos animais, polo que vexo razoable a miña comparación. Non dixen en ningún momento que te posicionases xa que non es o único que come bocadillos. Quero aclarar que unha cousa é matar animais INNECESARIAMENTE (algo que non está explícito na miña consideración desta ideoloxía, e sí, digo ideoloxía porque é unha idea que caracteriza o pensamento dunha persona) e outra matar para comer xa que ísto é algo natural (producto da evolución).

  27. Diego Lousa di:

    É certo que a xente no mundo desarrollado ten maior liberdade para determinar a súa dieta, pero non penso que alguén se prive de consumir certo tipo de productos e se complique por simple moda, ademáis de que o número da xente que o fai é moi escaso, na miña opinión non ten nada de moda.

    O ser humán é outro animal máis, e non nos diferenciamos tanto doutros, pero se algo temos é a capacidade de razoar e de tomar decisións en contra dos nosos impulsos, por iso penso que non é apropiado mezclarnos con outras especies de animais nalgúns aspectos.

  28. ivan garcia di:

    Respeto os comentarios entre Diego e Lizeth eu queria comentar un par de cousas sobre o veganismo que penso que non estar a citar. Os veganistas aparte de levar a dieta que menciona Diego nos seus comentarios son reacios a utilización de animais en espectáculos, usar prendas que proveñan de animais e a utilizacion de animais para experimentar en productos. Esto sería a definición de veganismo. Pero a miña pregunta é, pde ser posible levar este tipo nde vida na sociedade actual? Eu penso que é moi complicado debido a que a maoria de prendas que levamos teñen algún compoñente de animais, simplemente por iso o vexo complicado levar este tipo de vida. Na miña opinión ser vegano paréceme unha medida moi extremista xa que pensa que hai outras maneiras de loitar polos dereitos dos animais sen ter que chegar a este tipo de medidas.

  29. laura montes di:

    Penso que é unha das facetas máis crueis do ser humano. Considerar que somos superiores e máis importantes que o resto das especies lévanos a tratar o que nos arrodea como se só existise para o noso provecho e confort.

    Seguramente, a solución sería mostrar as imaxes destas torturas animais xunto coas dos anuncios rodeados de luxo dos productos que comercializan. Posiblemente as ventas diminuirían e a solución estaría en optar por outras maneiras de realizar ensaios dos productos. Pero iso non vai pasar.

    Iván di que o veganismo é moi extremista. Opino que é certo, é bastante extremista tendo en conta a forma da nosa sociedade, pero é unha bonita utopía deixando de lado os problemas que nos causaría sustituir os productos animais por sintéticos.

  30. Diego Lousa di:

    En relación ás últimas opinións de que o veganismo é un extremismo non estou de acordo. Os veganos non impoñen o seu estilo de vida, tan só o practican e non fan mal a ninguén. E non penso que sexa algo dificil na nosa sociedade actual, é máis fácil que nunca, respecto ao que cita Iván sobre as prendas quixera decir que na etiqueta veñen os materiais dos que está feita a devandita prenda, e que se pode vestir sen problema con prendas feitas de algodón e fibras sintéticas.

  31. laura sanjurjo di:

    Paréceme horrible todo isto. Se de verdade pódense facer cosméticos sen o uso experimental de animais, ¿por qué facelo máis macabro? Ademáis, sae máis barato, é certo que igual o principio non, hai que comprar cousas e haberá perdas económicas, máis se co tempo sairá máis rentable, ¿por que non facelo e non limitarse a facer sufrir ós pobres animais?
    O peor de todo é que a maioría de cousas que saen destes experimentos non son cousas esenciais pra a vida.

  32. gabriela lopez di:

    Intente buscar videos sobre o tema, pero para o meu gusto era demasiado “fortes”
    Gústame moito este artigo, e dáme un pouco de vergoña saber que eu comprando un produtode estos estaría a contribuír con este tipo de mercados que utilizan o sufrimento dos animais sin ningun tipo de control.
    A continuación vou detallar algunhas das máis coñecidas marcas de produtos cosméticos que utilizamos a diario no noso aseo persoal, e que son fonte de sufrimento para os animais: Todas elas realizan experimentos con animais, que viven en gaiolas e son sometidos a atrocidades sen xustificación ningunha. Os animais non son meros recursos á nosa disposición para usalos ao noso antollo, non temos ese dereito.

    Bausch & Lomb
    Biotherm
    Braun (de Gillette)
    Cacharel
    Calvin Klein
    Dercos
    Dolce & Gabbana
    Gillette
    Giogio Armani
    Guy Laroche
    Johnson & Johnson
    Karl Lagerfeld
    Lancaster
    Max Factor
    Oral-B
    Pantene
    Roc
    Vichy

  33. adrian ballesteros di:

    Esto pareceme que é unha brutalidade que se lle fai osanimais e creo que terian que cerrar todas as empresas que maltratan así os animais porque vin algunha foto e é totalmente brutal.
    E eu prefiro que álguen non se alongue as pestañas e que se poda salvar vidas de animais que non merecen nada disto.

  34. francisco lopez gonzalez di:

    Este tema e algo controvertido xa que os productos cosmeticos non se van deixar de usar e esa seria a unica solucion que se lle poderia dar a estes animais.
    Xa que as marcas para poder ser as mellores teñen que sacar continuamente novos productos y para fabricar dichos productos he necesario investigar e a maneira mas economica e utilizando os animais xa que os que non os utilizan teñen mais gastos polo tanto tamen obteñen menos veneficios.

  35. alexandra di:

    Parece moi incrible estes experimentos, ademais que eu non sabia nada disto, pero o incrible e que fagan isto tendo solucións, que xa mencionaron alguns compañeiros, pero a gran maioria non as leeron e seguen creendo que non as hai, ou que son moi caras. O contrario son mais baratas e non fan dano a ninguen, e serian: cultivos de células, texidos e órganos; microorganismos como as bacterias; investigación molecular; estudos de tecidos post-morten; simulacions por ordenador; estudos de población (epidemiología.

    Cultivos de células y texidos
    Cultivanse células de plantas e humanos en un caldo de cultivo no laboratorio. As células de humanos e texidos podense obter de biopsias, post-mortems, placentas ou de procedimientos quirúrxicos. Podense cultivar unha amplia variedade de cultivos de células. Utilizaronse cultivos de células en investigacions para o cáncer, o Parkinson, SIDA, desarrollo de medicamentos, toxicidad e Alzheimer.

    Microorganismos
    Os humanos compartimos moitas características con organismos microscópicos como as bacterias e a levadura. Son rápidas e baratas de levar a cabo. As bacterias tamen poden ser manipuladas xenéticamente para fabricar productos prácticos anteriormente obtidos dos animais, así coma insulina humana e os anticorpos monoclonales.

    Modelos por ordenador
    Podense utilizar sofisticados ordenadores para simular a estructura, accions e para predecir a toxicidad de sustancias como novos fármacos ou sustancias químicas, tamen estanse desarrolando modelos informáticos de sistemas biolóxicos enteiros. Estos modelos por ordenador podense basar en datos humanos, e predecir a acción de unha sustancia utilizando a sua estructura molecular.

    Epidemiología
    É o estudio das personas, ou os ‘estudios de población’. Estos estudios mostran relacions entre enfermidades e características do estilo de vida ,así como as dietas, costumes e traballos personais. Non é unha técnica nova, pero é unha desarrolada de observacions de enfermidades infecciosas. Os resultados das encostas epidemiológicas foron tan prácticos que os científicos poden identificar as causas das enfermidades con suficiente seguridade como para suxerir accions preventivas.

    Ademais impresionoume a páxina que aportou Laura solano, sobre noticias de abusos a animais, non sabia nada de todos eses abusos.

    O que tampouco sabia era que as balease focas usbanse para moitos productos(Perfumes, aceites para máquinas, extractos hormonais, calzadores, pipas, cremas, xabons, deterxentes, lápices labiais, Craions, minas para lápiz, calcio, abono, plastificantes, raquetas de tenis, cordas musicais, gomas, xelatinas, papel fotográfico, cápsulas de fármacos.)Pensaba que estaba proihibido.

    A demais de todas as noticias contra os animais mencionadas aqui, teño oido unha non mencionada aqui, que nalgunhas cidades molestanlle as pomas e retiranas, as que estean enfermas matanas e as que estean ben deixanas. Parecem moi mal xa que as pombas estaban antes ca nos, porque eliminalas? porque ensucian, molestan e traen enfermidades?, pois os nenos tamen ensucian e as persoas tamen trasmitimos efermidades, se seguiramos esa lei teriamos que vivir cada un no seu planeta a soas sen nengun ser vivo mais ca nos, a si que temos que aguantarnos e deixar as pombas en paz.

  36. Soledad Muiño di:

    Paréceme unha barbarie os prodecementos aos que someten aos animais que deben ter pasar un sufrimento espantoso, a piedade do ser humano e a empatía a veces pode verse que é bastante carente. Estou totalmente a favor das investigacións con cultivos de texidos e células, modelos por ordenador… pero os animais non teñen por qué sufrir tanto só porque sempre estamos a preocuparnos polo diñeiro e qué nos resulta mais económico. Nos coma consumidores deberíamos ser mais estrictos e tamén deberíamos coñecer este tipo de sucesos e manternos firmes e reclamar a nosa opinión.

Deixa unha resposta