As bacterias fan chover

imagen

Xeralmente o vapor de auga acumulado nas nubes precipítase en forma de chuvia cando a auga condensase ao redor dunha das moitas partículas sólidas que flotan na atmosfera, desde area e grans minerais ata po de orixen biolóxico. Sabíase que algunhas bacterias que viven na atmosfera baixo certas condicións, provocan a choiva nalgunhas zonas.  Pero un equipo de científicos demostrou a súa presenza en todo o mundo e a súa importancia no clima.

O feito de que as bacterias sexan capaces de provocar  choiva e  neve foi descuberto, casi por accidente na década de 1970, por David Sands, un fitopatólogo que investigaba a   Pseudomonas syringae. Esta bacteria ten a particularidade de provocar a formación de xeo nas plantas e danalas por conxelación.

Segundo este novo estudo, biólogos da Universidade Estatal de Louisiana, atopan evidencias de que as bacterias que fan chover  distribúense por toda a atmosfera terrestre e están entre as principais partículas catalizadoras de choiva. Os  biólogos  supoñen que a capacidade das bacterias para provocar chuvias é unha adaptación evolutiva para mellorar a súa distribución. Esto podería ter aplicacións prácticas para provocar choiva artificial, como xa se fai bombardeando as nubes con sales de prata.

Credes que poderíamos chegar a utilizar a choiva artificial para solucionar a sequía en moitos lugares?

Autora: Carolina López

Esta entrada foi publicada en 4. Clima e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

16 Responses to As bacterias fan chover

  1. lizeth viancha di:

    Eu xa tiña oido algo disto pero penso que controlar cando chove ou non é unha idea que non me convence xa que, deixando aparte o de controlar a natura, esta bacteria (tamén coñecida como nucleadora do xeo) fai chover só cun fin: dispersar a especie por todos os ecosistemas co fin de aumentar o alcance xeográfico da mesma (expandirse) e non pensa en facilitar a vida de ninguen agás a súa.

    Sorprendéume o que descubriu o científico Christner ao realizar investigacións en diferentes ecosistemas xa que encontrou que as bacterias puideron sobrevivir en ambientes duros como a Antártida, Canadá ou Os Alpes franceses. Esta habilidade de adaptación provén das nubes xa que, según os microbiólogos, as bacterias fan xeo co fin facer ás nubes chover. De esta maneira, as gotas caen en forma de xeo, neve ou granito coas bacterias no seu interior.

    Déixovos unha páxina onde se fala, nun apartado, dos problemas que supón:
    http://www.natura-medioambiental.com/2008/03/bacterias-que-hacen-llover-en-todo-el.html

  2. tatiana barbosa di:

    Despois de ler o enlace que puxo Lizeth eu non creo que estas bacterias resolvan o grave problema da sequía que hai hoxe en día, posto que algunhas destas bacterias danan os posibles cultivos que haxa ou que poida haber na zona na que se provoque esta choiva.
    Sen embargo se houbese algunha forma de arranxar este problema, sería o ideal, porque o problema da sequía, sobre todo nos paises do terceiro mundo cada vez estendese máis e cada vez é peor.

  3. Soledad Muiño di:

    Ao ler eu tamén o que dizxo Lizeth non me parece moi boa idea que estas bacterias sexan empregadas para provocar a choiva. Antes de realizar nada creo que fai falla que se estudie moito mais, se experimente e desaroie para así coñecer mais detalladamente os pros e os contras que traerían as nosas accións.
    De momento descártase a posibilidade de provocar chuvia artificial xa que a principal bacteria atopada na atmósfera (Pseudomonas syringae) é un organismo patóxeno das prantas que ataca a tomates, remolachas, trigo e cebada entre outras especies.

  4. laura garcia rueda di:

    Eu a verdade non tiá nin idea disto.
    Na miña opinión facer que chova ou non é como “xogar” a ser a “nai da natureza”, pero por outra parte se as investigacións avanzan, nun futuro podemos chegar a utilizar este método para os campos de cultivo e outras aplicacións. Hei dicir que arranxar o tema da sequia nalgúns lugares do mundo paréceme moi excesivo e que non poderíamos ser capaces de arranxalo polo de agora, e se me permitides dicir, nin en un futuro próximo.

    Esta páxina nos fala de todo isto dunha forma moi fácil de entender e que ademáis gustaríame destacar unha broma que fixeron en relación a isto que me fixo bastante gracia:
    “Geri Halliwell lo tenía bien claro cuando versionaba It’s Raining Men, aunque el tema debió haberse llamado I’ts Raining Bacteria”
    http://www.ojocientifico.com/2009/01/16/las-bacterias-que-pueden-hacer-llover/

  5. ivan garcia di:

    Eu o vexo como un avance importantísimo. Imaxinade que en zonas de moita sequia como África ou en España sen ir mais lonxe, faría moitísima falta que chovera. Este pode ser un recurso moi bo neses casos. Pero tamen penso que no se debe xogar coa natureza, e isto o vexo maís como unha última alternativa cando sexa moi necesario.
    Relacionado con isto comentar que non fai moito vin na televisión un documental adicado as armas climatoloxicas. O relaciono con isto porque tamen se manipulaba a natureza pero neste caso para outros intereses. No documental se falaba da manipulación dos raios mediante unha especie de misil no que o final deste iba un fio conductor para dirixir o raio a un obxetivo terreste (isto esta esplicado dunha maneira moi esquematica).
    O fin desta tecnoloxía era soamente facer guerra mediante a natureza para que o enimigo non soubese que o atacaba, unha maneira de atacar e non ser recoñecido.
    Con isto quero mostrar que cando se utiliza este tipo de tecnoloxia para facer o ben (a bacteria esta que se menciona) o que non se pode facer e permitir que se utilice para outros fins non tan bos.

  6. breixo gonzalez di:

    Non vexo moi útil o de estas bacterias… Se fixeramos chover en África, por exemplo, moitos ecosistemas secos quedarían danados por culpa da choiva.
    Pero paréceme mellor mellorar os sistemas de regadío ou o transporte da auga.

    Por exemplo en Exipto fan crecer os cultivos na area e isto demostra o útil que son as técnicas e os avances.

  7. jorge suarez di:

    Como dixo breixo o de facer chover noutros lugares pode cambiar os ecosistemas e danalos e outra cousa moi importante é o dano que lle fai as plantas xa que fai que se conxelen e as dana por eso o de regar as plantas con esa auga non seria un bo uso.

  8. luis ogea di:

    Antes de ler a noticia, non sabía que existisen bacterias que fan chover.Pareceme moi interesante esta entrada.
    Con respecto ao de usar as bacterias para acabar coa sequía, na miña opinión non se deverían usar, sería xogar coa natureza e poderíanos facer máis mal que ben.Deveríanos ter aprendido dos errores que cometimos.

  9. aida rodriguez di:

    Penso, que o punto de facer chover en zoas de extremada sequía non sería moi beneficiable para as especies que habiten alí. Por exemplo, a ninguén se lle ocorre regar hoxe un día un cactus coma se fose unha planta de auga. Isto, non repercute soamente nas plantas se non que, respeto os animais tamén cambiaría moito a súa forma de vivir. Isto sería un gran paso na evolución pero, penso que antes acabaríamos tolos que conseguir o obxetivo proposto anteriormente. O de combatir a sequía en certos lugares.

  10. jose luis lopez di:

    Esta noticia demostranos o complexo que é o clima, así están bacterias son unha dos distintos factores de como formase a choiva e non so os procesos de evaporación e condensación; outro factor que interven, serian os corais que emitin un composto químico que axuda á formación de nubes (agrego que si a temperatura aumenta na atmosfera os corais deixan de facer isto e asi aumentara cada vez mais a temperatura, é un ciclo)

    O yoduro de prata ( sales de prata) nomeado na entrada é un composto químico altamente insoluble en auga e ten unha estructura cristalina parecida á do xeo, permitiendo inducir a nucleación de cristales de xeo no sembrado de nubes para provocar choiva artificial.
    Este metodo é usado por paises como Venezuela, Argentina e China, ect..

    Aquí deixovos unha noticia sobre Pekin:
    http://www.mailxmail.com/curso-agua-energia-sinergia-hidroenergetica-2/lluvia-artificial-humanos-super-poderes
    Pareceme mal como alguns humanos manipulan o clima para o seu benificio, neste caso só para impedir que chovera en xogos olimpicos.

  11. Diana Fernández di:

    Paréceme moi interesante o que poden chegar a facer estas bacterias , pero non estou de acordo con que se xogue con eso. Xa que o mellor fas ben nalgúns sitio pero o mesmo tempo podes estar dañando outros.

  12. ana dominguez di:

    Penso que non poderian solucionar a sequia xa que si a solucionan destrozarian os cultivos por exemplo.
    Como ben di algun que outro compañeiro si esto se arranxara o mellor seria unha boa tecnica para sitios nos que haia sequia,mentres este problema non se arranxe seguirei pensando que non e posible.

  13. laura montes di:

    É interesante que estes microscópicos organismos poidan facer o que nós coma humanos nin imaxinaríamos.

    Supoño que, ben empregado, o sistema podería axudar enormemente aos problemas de sequías que recorren o planeta. Pero tamén é certo que o seu uso debería estar controlado e moi estudiado, evidentemente, para evitar calquera tipo de descontrol ambiental.

    De todas maneiras, a súa utilización xa non é tan irreal. Hai un tempo, lín que China bombardeou as nubes con cohetes e conseguíu unha copiosa nevada artificial para acabar coa sequía.
    Neste link fálase daquel caso:
    http://www.noticias24.com/actualidad/noticia/108717/china-consigue-una-espectacular-nevada-tras-bombardear-las-nubes/

  14. judit pousada di:

    Non creo que sexa moi beneficiosos para algúns territorios que estas bacterias fagan chover artificialmente.
    Aínda que segueme a parecer moi interesante que se poida facer chover ao antoxo,nunca oira falar de esto,gustoume.

  15. adrian ballesteros di:

    Eu creo que si que poden chegar a solucionar a sequia pero preguntome se daran controlado o vento para que a choiva caia onde eles queren e non se movan pero estas investigacións e todas as deste tipo eu creo que poden chegar a axudar a humanidade.

  16. alexandra di:

    Eu non sabia nada sobre estas bacterias que fan chover(Pseudomonas syringae).
    Eu creo que é un tema moi interesanta xa que a min gustoume moito cando o lin.
    Sobre a pregunta que fai Carolina nesta entrada:Credes que poderíamos chegar a utilizar a choiva artificial para solucionar a sequía en moitos lugares?
    O principio eu dixenme para min, pois si seria unha boa solucion, pero logo seguin lendo e vin o enlace que fai Lizeth a unha noticia, e vexo que non seria unha gran solución xa que poderia facer dano os cultivos que se produzca durante ou despois desa choiva. Ademais pareceme perigroso que se poida controlala chuvia,xa que havere algunha persoa que o utilice para facer dado, asi que como din algun compañeiro e mellor seguir estudandose isto antes de usalo.

Deixa unha resposta