2011, un ano esperanzador?

imagen

 Todo o mundo preocúpase pola crise ecónomica, pero pronto chegará a crise ecolóxica e a crise enerxética. Iniciouse un novo ano sen ter  feito os deberes que o noso planeta necesita. Difícilmete poderemos salvar o mundo se ninguén fai nada.

O ano pasado recibimos moitos avisos da natureza, algúns foron devastadores, como o terremoto que sacudiu Haití, un dos países máis pobres do mundo, que deixo  300.000 mortos. Despois chegoulle o turno aos chilenos que sufriron un dos seismos máis graves rexistrados na historia do planeta, seguidos de outros graves terremotos en Turquía, China, México, Afganistan, Irán e Nova Zelanda. Outro gran desastre  foi a fuga de petróleo que tintou de negro as augas do Golfo de México, marcando un novo récord no rexistro das verteduras máis graves. Meses máis tarde a rotura dunha balsa de refugallos de aluminio cubriu de barro vermello varias poblacións húngaras. Con todo esto morreron miles de animais que quedaron atrapados entre a contaminación das sustancias químicas. No verán, Rusia ardeu en chamas, converteuse nunha fogueira ó mesmo tempo no que Pakistán enfrentábase ás peores inundacións das últimas décadas. Mentres que a erupción dun volcán islandés en abril e as fortes nevadas en Europa e Estados Unidos en decembro deixaron a millóns de pasaxeiros atrapados nos aeroportos de todo o mundo.

O 2011 será de novo un ano rico en catástrofes ambientais no que a natureza recordaranos de novo o vulnerables que seguimos sendo ante ela. O mundo nos está avisando, non nos estamos a comportar correctamente e os castigos serán os maiores desastres naturais: incendios, terremotos, inundacións, furacáns, tsunamis e temperaturas extremas. Estamos preparados para todo isto?  

Autora: Vera López  

Esta entrada foi publicada en 4. Contaminación, 4. Riscos naturais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.