E que importa?

Se vos parece, facede o seguinte test e, unha vez realizado, proseguide coa entrada.

imagen

Non é a nosa xeración a que deixou o planeta como está, tampouco somos nós os que decidimos os apartados que se preguntan no propio test. Sen embargo, si que somos nós e os de despois quenes o van sufrir.
O quecemento global é un termo usado para referirse ao fenómeno do aumento da temperatura media global, da atmosfera terrestre e dos océanos. Os seus efectos son profundamente negativos, incluso catastróficos a nivel mundial. A causa débese ao aumento da concentración de gases de efecto invernadoiro na atmosfera, principalmente, o CO2, que acontece dende a Revolución Industrial. As actividades humanas son a principal causa das emisións de gases de efecto invernadoiro. Os efectos  non inclúen só o medio ambiente, tamén repercusións económicas e biolóxicas, que poderían afectar ao benestar xeral da humanidade. A día de hoxe existen tentativas de cambio, realízanse Conferencias entre un número considerable de países para conseguir algo, existen acordos internacionais (o Protocolo de Kioto) e dáselle unha importancia relativa.

imagen

A grandes rasgos a maioría sabe a que nos enfrontamos, mais somos conscientes deste cambio? Que facemos polo noso planeta? Credes que desde os medios se nos informa con claridade do asunto? Outro tema a tratar poderían ser os negacionistas. Aquí unha serie de medidas que podemos tomar.

Autora: Sabela Rey

Esta entrada foi publicada en 4. Clima e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to E que importa?

  1. anton perez di:

    70%, non está mal, se polos meus pais fora chegaría ao 80%, pero claro, o que importa é que aínda que non sexa ao 100% colaboremos todos un pouco, xa que o traballo duns non fai nada.
    Iso si, este tema é coma o da fame nos países pobres, o cidadán de a pe pode esforzarse moitísimo que a última palabra teñéna as industrias contaminantes.
    Aínda que non vaia co meu estilo non vou negar o cambio climático, ultimamente estase a notar que o tempo é moi irregular, e aínda que o cambio climático é algo natural é unha parvada acelerar a súa chegada e máis cando a maioría da xente do mundo vive nas costas.

  2. breixo gonzalez di:

    Pois xeneralmente creo que todo o mundo sabe o que é isto, tamén moitos dedícanse a simplemente dicir que mais da e non fan nada, outros critican e fan ven pouco e outros simplemente non o fan.

    O peor disto é que o estado non pon todos os medios para a reciclaxe, por exemplo, ao redor da miña casa non hai contenedores para papel nin para cristais, e coller o coche para reciclar e axudar ao medio ambiente é un pouco contraditorio, a non ser que o teu coche sexa un superdeportivo eléctrico.

    http://www.youtube.com/watch?v=bxROjiWDAfA&feature=related

    Este é o comenzo dun documental de National Geographic que fala de que tan so 6 grados poderían cambiar o mundo.

    Deixo aquí o documental completo por si lle interesa a alguén. Poño todos os enlaces por si a algúen non lle vai aínda que son fáciles de seguir por youtube.

    http://www.youtube.com/watch?v=gqzmQjN3EXg&feature=related
    http://www.youtube.com/watch?v=nqIDpvEM6go&feature=related
    http://www.youtube.com/watch?v=JwWyA2GnvzQ&feature=related
    http://www.youtube.com/watch?v=93nPScaYvKc&feature=related
    http://www.youtube.com/watch?v=Mn4CbtoC_uo&feature=fvw
    http://www.youtube.com/watch?v=P4PkR9HjJl0&feature=related
    http://www.youtube.com/watch?v=Vv1862QtvfE&feature=related
    http://www.youtube.com/watch?v=Q3v38XPzgX4&feature=related
    http://www.youtube.com/watch?v=jt7bTQW3D2s&feature=fvwhttp://www.youtube.com/watch?v=2mJRdDNEZSY&feature=fvw

  3. juanjo regaldie di:

    O primeiro de todo saquei un 30% no test.
    Despois de facelo, doume conta que ainda pensando que fago moitas cousas ben, en realidade non estou axudando de todo o medio ambiente. Eu penso que nas noticias, sa sexa na tele, no periódico ou na internet, non nos estan a informar ben do que esta sucedendo, que non estan facendo ningun tipo de campaña ou de anuncio que nos chame a atencion e así poder cambiar a nosa forma de pensar e comenzar a actuar mellor para que o noso futuro e o dos nosos fillos sexa mellor.

  4. ivan garcia di:

    Primeiro dicir que teño un 70%, ainda que teño que recoñecer sinceramente que deberia ter máis pero bueno.
    Para comezar dicir que os protocolos que os gobernos de todo o mundo (ainda que isto non é verdade porque a gran potencia mundial, EEUU, non a ten ratificada) pararece totalmente inutil. É máis o considero un total engano para que a población pense: “bueno con isto xa chega”. Esta idea é totalmente equivocada porque a verdade é que este protocolo de actuación queda moi escasa xa que non interesa poñer moitas restricións ás grandes industrias.
    E outra cousa que quero comentar é que a televisión non nos informa como e debido sobre o cambio climático e logo, por exemplo, cando vemos que un furacán asola un pais soamente nos afecta nese momento e dicimos “que pena” e o seguinte que facemos e cambiar de canle. Dende logo que a culpa non a temos nos só, senon as empresas, a televisión, etc todos deberiamos cambiar a nosa actitude para evitar o que neste momento xa empeza a parecer inevitable.

  5. paula manteiga di:

    Eu, no test saquei un 50%.
    Eu apoio o comentario de Juanjo, penso que o que pasa hoxe en dia co tema relacionado co cambio climático non vese moy importante, aunque si o é. Digo que non se ve importante porque case non se fala del, en realidade penso que a xente, incluida eu, non somos conscentes do que estamos a facer e como di Sabela, nun futuro próximo pode chegar a facer grandes estragos.

    Deixovos un avance do video de National Geographic que fala dun breve resumo do que pode pasar.
    http://www.youtube.com/watch?v=j_J2hZarE4w

  6. adriana rey di:

    Eu como juanjo tamén saquei un 30%, e doume conta de que teño que poñer máis interese no medio ambiente, porque non somos só nos os que facemos tan pouco pola terra, se non moitas persoas e iso nótase. Algúns din que non vai a pasar nada, pero eu creo que xa está máis que claro, está pasando xa e non creo que teñamos posbilidades de paralo a estas alturas.

  7. dante varela di:

    En primeiro lugar eu teño un 70% no test, cousa que sorprendeume, xa que esperaba moito menos.
    En segundo lugar todas as persoas estan ben enteradas do que está a pasar, outra cousa é que digan que non estan enteradas, para pasar do tema e poñer escusas cando lles preguntan, por isto estou de acordo con Breixo e totalmente en desacordo con Juanjo y Paula.
    Falando dos protocolos que ao final son unha tonteria, xa que a as grandes potencias mundiais non lles importa contaminar ou non, como ben dixo Ivan EEUU non a ten ratificada, e o gran presidente Bush retirouse do protocolo porque lle parecia inxusto, xa que non se incluia a China e á India, pero claro ao gran presidente non lle parecia inxusto que EEUU tendo o 4% da poboacion mundial, sea quen consuma un 25% do combustible fósil.

  8. breixo gonzalez di:

    ao contrario fálase tanto do cambio climático e do efecto invernadoiro que a xente xa está inmunizada a todo esto e xa parece un tema completamente normal cando debería ser preocupante.
    Perosoalmente creo que por moito que fagamos esto xa esta botado a perder.

  9. laura garcia rueda di:

    Eu saquei un 60% no test, non está mal, pero podería estar millor.

    A situación do pensamento das persoas en relación ao cambio climático é pesimo. A xente sabe perfectamente a que se está arriscando, pero non toma medidas para remediarlo. ¿Porqué? Exactamente non sei, pero he dicir que cheguei a escoitar cousas como “Non teño porque reciclar, se total cando haxa unha catástrofe no planeta eu non vou vivir”. É alucinante que moitos pensen así.

    Os medios non lle fan caso a esta situación, e iso fai que moitas persoas non lle den tampouco importancia e non se conciencien, nin actuen.

    En 20 minutos, na sección de opinión do pertiodista Martinez Soler fala do calentamento global con certas doses de humor.
    http://blogs.20minutos.es/martinezsoler/2011/01/24/%C2%A1viva-el-calor-muera-el-frio/

    Eu como o meu compañeiro Breixo, encontrei un documental sobre este tema, proporcionado polo canal de documentais Odisea:

    http://www.youtube.com/watch?v=W-3KGRF6QIU&feature=related
    http://www.youtube.com/watch?v=JSQFe2bZWnE&feature=related
    http://www.youtube.com/watch?v=3kya0gJmjoo&feature=related
    http://www.youtube.com/watch?v=uyw3e-MeGoA&feature=related
    http://www.youtube.com/watch?v=3Lz0v2vOu7Y&feature=related

    A conclusión é que aínda wue todos debamos dar o noso granillo de area para intentar realentizar este fenómeno, sempre, en certa medida se farán cousas perxudiciais para o noso planeta.

  10. lizeth viancha di:

    Eu no test teño un 70% e debo renoñecer que aínda que quixese non podería aumentalo meu porcentaxe xa que na miña casa non hai moita colaboración e sempre son a pesada de “apaga esa luz mamá”. En canto as túas pregunta Sabela, penso que si que o somos pero que a maioría non facemos nada porque “non nos repercute aínda” pero do que non nos damos conta é de que se nós estamos a sufrir este quecemento global é pola pouca preocupación que tiveron fai un século os habitantes da Terra e, dentro de un século, os nosos descendestes sufrirán as catástrofes que nós lles estamos a deixar coa nosa forma de vida. Eu creo que os medios nos avisan claramente do que hai que facer no planeta e do que esta a ocorrer por non facelo, non sei se o sabedes pero cada 15 días na canle de neox botan pequenos documentais sobre o cambio climático con apoio de “Greenpeace” polo que máis non nos poden informar, o poder de cambiar ísto e definir un futuro máis limpo esta nas nosas mans. Penso que o pensamento dos negacionistas é un rechazo total á realidade xa que os datos e os sucesos (sobre todo os sucesos) estan aí para demostralo.

    Para rematar quería comentar que a maioría dos meus compañeiros son uns pesimistas e que se pensan que isto non pode cambiar xa podemos botar a correr a Marte porque se hai alguén que poda cambiar estos feitos é o ser humano.

  11. lizeth viancha di:

    Esquecéuseme de por a ligazón para que vexades os minidocumentais: http://www.greenpeace.org/espana/es/100614/

  12. joel taibo di:

    pois eu saquei un 70%.
    O calentamento global, é o resultado da contaminación dos últimos anos isto da lugar o efecto invernadoiro excesibo, o efecto ivernadoiro e un termo que da lugar a confusión, xa que o efecto invernadoiro non é malo, é algo natural e o medio polo cal a terra se manten a unha media de 15 graos centigrados, pero o efecto invernadoiro excesivo e a causa do aumento progresibo da temperatura da terra e isto ocorre polo exceso de CO2 na atmósfera,os peligos do quentamento global ademais do aumento da temperatura, e o peligo de derreter o xeo dos polos o que faria que o nivel do mar aumentara e algunhas cidades quedaran asolagadas por completo.

  13. ivan garcia di:

    Respecto os comentarios de Breixo e Lizeth:
    Primeiro dicir que Lizeth menciona uns pequenos “documentais” no canle Neox que apoia a plataforma Greenpeace. Ela di que cree que por temos suficiente información e o mesmo pensa Breixo. Tamén di Breixo que “xente xa está inmunizada a todo esto e xa parece un tema completamente normal cando debería ser preocupante”.
    Primeiro dicir se os fixades esos pequenos documentais informativos os votan en Neox un canle que ten unha audiencia moi baixa comparando coas demais canles. Con isto quero chegar a que cando se encende a televisión a este soamente se lle da importancia durante un certo tempo (huracáns que arrasan con todo, co protocolo de Kyoto,…etc) e logo este tema deixa de intesar.
    Toda información e pouca, e a cuestión e que si que estamos preocupados por isto, pero o pensamento da maioria da xente e: “total iso queda moi lonxo e daquela eu non o sufrirei”, este pensamento o ten moita xente e con esa mentalidade dende logo no arranxaremos nada.
    Opino que as televisión nos deberian de informar mais non soamente cando ocurra unha catastrofe a causa do quentamento global, senon consellos para que todo o mundo os poda facer.

  14. lizeth viancha di:

    Bueno, no de que teñen pouca audiencia é relativo pero aínda asi penso que non tes razón xa que coma eu o puiden atopar en internet, moita xente o podería facer se entra na rede para buscar información. E quería engadir que estou en desacordo con Iván respecto ó que di sobre a televisión porque non é o único medio de comunicación que trata este tema, sen engadir o dato de que moita xente non ve a televisión.

  15. ivan garcia di:

    Comparto con Lizeth en que a rede e unha fonte moi boa para informarse con temas como este, o problema é que non se utiliza para eso. Centrei soamente en mencionar a televisión porque é o medio que maís emprega a xente para manterse informado. E se te fixas e colles un xornal e case exactamente o mesmo ca televisión, a escepción de algun xornal como O Mundo que lle da un poco mais de cobertura a noticias relacionadas con este tema.

  16. adriana jimenez di:

    A min doume un 30%, un porcentaxe un pouco baixo a verdade.
    Eu en relación con todo este tema do calentamento global penso que non sempre se lle da a importancia que compre, que a maioría de nós pasamos do tema porque pensamos que iso aínda queda moi lonxe, e estamos moi equivocados. Penso exactamente o que Iván; cando sale algo en relación con isto nas noticias ou un anuncio na tele tomámoo xa como algo habitual e cambiamos de canle sen o máis mínimo reparo e como se fose unha cousa tan normal, isto páraste a pensalo e parece que non nos afecta xa nada, que somos inmunes a calqueira tipo de cousa, por grave que sexa, e é que estamos tan acostumados a oír falar do tema que xa cando o vemos é como se o cerebro desconectase tendo por aburrido o tema, e iso é moi frustante cando te das de conta.

    Pronto vainos tocar vivir todas as consecuencias do que estamos a facer, q pronto diremos: porque non fixemos nada antes? Pois esa é a pregunta que sempre nos ronda pola cabeza. E porque non o facemos en vez de preguntalo? Enfin, que eu digo isto tendo un 30%…

  17. dante varela di:

    As tuas preguntas adriana teñen unha contestación fácil:
    1º Porque ás empresas non lle sae rentable, e aos politicos tampouco xa que preferen ter contenta aos empresarios antes que coidar o seu pais.
    2º É non o facemos xa que non a todas as persoas nos é cómodo coidar o planeta, xa que é mais cómodo non reciclar, ou comprar electrodomesticos máis baratos pero que non sexan de baixo consumo.
    Soamente unha pouca parte da poboación piensa no medio ambiente, e a gran maioria centrase en buscar escusas para non coidar ó planeta como “eu non reciclo porque se ninguén máis o fai, eu so non consigo nada” e con este pensamento acaba a gran maioria das persoas pasando del tema.

  18. laura montes di:

    Saquei un 60% no test. Síntome culpable, pero tamén hai cousas que eu non podo evitar (aínda que eu recicle, o camión da basura segue botando o contido de todolos contedores no mesmo lugar, teñoo visto).

    Con respecto ao tema destes “tratados mundiais” a favor de reducir a emisión de gases (Kioto, Copenhage…) atopei dos artículos que hacen ver o ambiente destas conferencias e o seu cumplimento real.
    Con respecto ao Protocolo de Kioto:
    http://haylibrealbedrio.wordpress.com/2009/11/25/%C2%BFquien-ha-respetado-el-protocolo-de-kioto/
    España está xunto con EEUU entre os países que non han respetado para nada este tratado.
    Con respecto á última conferencia, en Copenhague, fixaos neste titular:
    http://www.elpais.com/articulo/internacional/EE/UU/China/hacen/fracasar/Copenhague/elpepuint/20091115elpepuint_8/Tes

    Increíble.

    Con respecto aos negacionistas, cada vez parecen máis obsoletos, visto o que está a ocurrir actualmente no planeta, pero vexo nesta corrente moito “desinterés económico”. Quero dicir: é mellor facer oídos sordos mentres se poida, pois tomar medidas costaría un diñeiro que non queremos gastar.

    Confío en que non debamos esperar a que sexa demasiado tarde para que esta xente dese de conta de que non é ningún conto ecolóxico que as cousas deben cambiar.

  19. aida rodriguez di:

    Eu no test saquei un 70 %.

    Penso que hai moita xente na calle non sabe ben o que é, non é a primeira vez que me din:” O quencemento global non existe, o que pasa que os polos por exemplo derretense no verán pero despois no inverno esa mesma cantidade de auga vólvese a conxelar” É realmente difícil que a xente tome conciencia pensando así, xa que son de ter certas ideas ou e non dar o brazo a torcer.

    Tamén quero decir, que isto e coma todo a xente e incluida eu sei o que hai que facer para que os nosos descendentes non sufran os nosos errores. Ainda que, faga cousas ben sempre hai eso que se di de: “por eu soa non pasa nada” ou outras moitas cousas que se poden pensar.

    En referencia o comentario de Breixo do reciclaxe de papel e vidro, decir que na miña aldea só hai un contenedor de inorgánico e o de vidro. Nunca chegarei a entender que quere que fagamos co papel; ou cos alimentos orgánico, sí unha resposta sería fai esterco se é necesario, o contradictorio é que non son beneficiosos todos os residuos orgánicos.

    A mín pareceme impactante que, cando aparecen novas do quencemento global ou algo que faga referencia a el non lle demos importancia, pero que moitas veces estamos a ver tonterias coma os anuncios é teñen un impacto en nos moito máis grande.

    Facendo referencia as respostas de Dante do comentario de Adriana, paréceme que xa se viu ben que as empresas e os políticos prefiren os cartos e os seus beneficios antes de coidar o planeta. Pódese ver claramente en que o protocolo de Kyoto o fin e o cabo nunca se cumplen as espectativas de redución dos gases, se non que a maioría das veces o que facemos é aumentala cantidade. Paréceme realmente triste, porque é coma quen non fai os deberes ou coma alguén que non vai o seu traballo.

  20. vera lopez di:

    E de dicir, moi avergoñada, que no test teño un 20 %.

    Buscando na rede atopei que China destinou 157 millóns de dolares a zonas afectadas por desastres naturais. Deixovos o enlace: http://spanish.peopledaily.com.cn/31614/7274953.html
    O igual que China, moitos paises axúdanse entre eles cando estas cousas pasan, paréceme de gran valía e sobre todo unha moi boa forma para que as zonas afectadas poidan volver recuperar o que as catastrofes lles quitaron.

  21. carolina lopez di:

    No test saquei un 40%… deume conta da pouca aportacion que fago ao planeta…

    Sorprendeume no documental que nos deixa Breixo como a vida pode cambiar de forma tan radical con o aumento de seis grados e ainda non subio ao un grado, sen duda o que esta ocorrendo é grave e nos repercute a todos, no documental di que esto afectara á extincion dalgunhas especies e pareceume interesante esta noticia sobre como alguns mamiferos se lles modificara o seu tamaño( é unha hipotesis):
    http://www.abc.es/20100826/ciencia/animales-encojeran-futuro-201008261155.html

    Chamoume a atención o que nos mostra Laura Montes, penso que os paises deberian involucrarse mais neste tema xa que non cumplen cos valores da disminucion das emisions de gases
    (sobre todo os paises mais desarrollados), e asi aparecen noticias como: “2010 o ano mais caliente da historia” e ese titular vai parecer cada ano que segue hasta que todos nos involucremos.

    Con respecto a divulgacion do calentamento global nos medio, eu penso que se fai dunha forma bastante constante como nos pequenos documentais que nos deixa Lizeth de greenpeace.
    Deixovoos un video que da concienca do calentamento global: http://www.youtube.com/watch?v=1XEMx2oX6yE&feature=related

  22. alejandro_lopez di:

    Eu no test saquéi un 40% .. paréceme moi baixa puntuación e intentaréi facer o que o test me recomenda: pensar máis no medio ambiente y pensar máis as respostas antes de contestar.
    E respecto á noticia, a realidade é que o quencemento global non é nada malo, senon todo o contrario para o planeta, é necesario pero sempre ao mesmo nivel.

  23. jorge suarez di:

    Eu no test só saquei un 30%.Pareceme un porcentaxe moi baixo pero non solo fago eu esas cousas senon moita mais xente no mundo por iso estamos na situacion na que estamos.
    O aumento do quencemento global en contrario do que pensa alejandro non e malo na sua medida xusta pero nos estamolo a aumentar de tal maneira q é moi perxudicial para o noso planeta e ainda que agora intentemos arreglalo con conferencias e esas cousas o mellor e demasiado tarde

  24. jose luis lopez di:

    Saquei un 60% no test….
    É un feito que o aumento do efecto invernadero esta provocando o aumento da temperatura e esto é un problema debido á consecuencias que recaeria no ser humano e no resto das especies, o calentamento global da Tierra producese debido á acumulación dos chamados gases invernadero CO2(dioxido de carbono) , H2O(vapor de agua),
    O3(ozono), CH4(metano) y CFC´s na atmósfera.

    Aqui deixovos un enlace de como esta cambiando a temperatura no planeta:
    http://www.cambio-climatico.com/el-ano-meteorologico-2010-fue-el-mas-calido-de-la-historia

    O que me chamou mais a antencion foi que desde os anos 70, a temperatura foi aumentando un 0,2 grados cada década polo tanto esto sumaria 0,8 grados de aumento ata hoxe.

  25. francisco lopez di:

    E evidente que esto nos afecta a todos o unico que se pode facer e intentar deter o mal que xa esta feito e asi poder ir remediandoo pouco a pouco, non cometendo os erros do pasado pensando mais nas consecuencias dos nosos actos y evitar que outros o fagan tanto coñecidos como empresas, e para evitar isto estan a manifestacions e actos publicos xa que e necesario facer todo o que este en nosas mans para deter este cambio.
    E no que non se poede caer e en actitudes negacionistas xa que se pensamos asi o planeta estara cada dia mais cerca do seu fin.

  26. alexandra di:

    No test saquei un 90% xa que eu fago todo o posible para coidar o planeta, non por min senon por todas as proximas xeracions de persoas ,animais e plantas, xa que a xente o falar do futuro só pensa nas proximas xeracions de persoas e as xeracions de animais e plantas? son tan importantes coma as persoas xa que sen eles non viviriamos, pero eles sen nos si, asi que son mais importantes ca nos.
    É o cambio climatico esta a suceder por iso, porque as persoas non opensan no futuro senon no presente, ou se pensan, creen que eles non poden facer nada, pero non se pode pensar asi ai que pensar que ainda que seas o unico que fai algo axudaras ainda que moi pouco. Pero o importante e axudar o medio ambiente, ainda que sea o máis minimo xa que todo conta.

  27. adrian ballesteros di:

    En primeiro lugar eu saquei no text un 60% non esta mal de todo pero poderiase mellorar.
    Eu creo que os medios de comunicación non nos dan moita información sobre isto, porque claro a eles solo lles interesa dar información sobre a prensa rosa e cousas así e o cambio climatico deixano de lado.
    o que podemos facer polo planeta son moitas cousas reciclar,cambiar o noso coche e os electrodomesticos e bastantes cousas mais todo e poñerse.
    E creo que non somos moi conscientes do cambio porque non temos moita información pero eu creo que cada vez estamos mais infomados e mellor.
    O tema do negacionismo e na gran mairio dos cass porque o non o queren ver ou porque non estan ben informados.

  28. Soledad Muiño di:

    Eu fixera o test e dérame unha puntuación baixa debido a que eu non teño “autoridade” sobre os meus pais para dicirlles que lavadora comprar , bombillas ou respecto ao coche. Eles fan caso omiso sobre o asunto e só miran a economía. Alégrome de non pensar coma eles e cando teña que tomar eu por min estas decisións escolla a opción mais beneficiosa para o medio ambiente e o desarroio sostenible.

Deixa unha resposta