A vida artificial

imagen

Jhon Craig Venter, biólogo e empresario,  extraeu a secuencia do xenoma humano en 1999. Hoxe dirixe  o  J. Craig Venter Institute e logrou obter: “a primeira célula autorreplicadora, no planeta, cuxa proxenitora é unha computadora”. Isto dixoo Venter en alusión ao feito do que o seu equipo converteu un xenoma (que existía como información  nunha computadora) en parte dun organismo, que se comporta como un ser vivo.

http://www.youtube.com/watch?v=QNf9emPBTYw

Que pensades deste avance? Con que fin  credes que podería utilizarse? Que consecuencia traeria?

Autor: Jose Luis López

Esta entrada foi publicada en 3. Revolución xenética e celular e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

17 Responses to A vida artificial

  1. victor martinez di:

    ¡O ler isto quedei pasmado! ¿Cómo poderíamos crear vida artificial se aínda non sabemos como xordeu dunha forma natural?
    Mirando a ligazón á Wikipedia (o artigo sobre Craig Venter), falando deste asunto pon:
    “Algunos investigadores, si bien destacan el logro científico, no coinciden que se pueda hablar de una forma de vida artificial, ya que la bacteria en que se insertó el ADN sintético era completamente natural.”

    Non estaríamos a falar de vida artificial, senón de xens artificias.

    Recordo que fai meses saiu a noticia nos telediarios e que quedei coa mesma duda (xa que a noticia non durou nin dous minutos e explicárona mal).

    Respondendo ás preguntas de Jose Luis, penso que este é un gran avance (aínda que non sexa vida estritamente artificial), xa que se puidesemos “deseñar” organismos cun determinado fin, a nosa capacidade de “controlar a natureza” -como di Craig no vídeo- sería moito maior. Pero como se adoita dicir, un gran poder conleva una grande responsabilidade.
    Poñámonos por caso que un destes organismos chegase a suplantar os outros organismos “naturais”, ou que se comenzase a experimentar con isto en humanos (cousa que dubido que podamos facer de aquí en pouco tempo, pero tamén dubido que nunca cheguemos a podelo facer). Esta terá que ser unha desas capacidades que se debe usar con moito coidado, non se debe xogar a ser deus, e probar “a ver que pasa”, xa que as consecuencias poderían ser graves e irremediables.
    Di Craig: “Un informe recente do MIT e dun centro de estudos sobre defensa en Washington no que tamén participou o meu instituto, indicou cós peligros novos derivados disto son moi pequenos”. Non sei en que termos se fixo ese informe a si que miña opinión queda niso, soamente una opinión, pero imaxino que os riscos desta manipulación xenética dependerán de o uso que fagamos dela.

  2. carolina lopez di:

    Pareceme moi interesante este avance, a celula sintética chamase Mycoplasma mycoides JCVI-syn1.0, para distinguila do Mycoplasma mycoides a secas, que é a bacteria no que se inspira.

    Entre os proxectos de Craig Venter está deseñar un alga que fixe o CO2 atmosferico e o converta en hidrocarburos, utilizando a luz solar para ello. Outros proxectos perseguen acelerar a producción de vac¡nas e mellorar os métodos de producción de certos ingredientes alimentarios, e de otros compostos químicos complexos. Tamén diseñar microorganismos que limpen as augas contaminadas.
    Ainda que pode haber persoas que a intenten usar para fines como o bioterrorismo, ect.. e outras que non llo acepten, aqui mostro no seguinte enlace como ambientalistas protestan contra a creacion de vida artificial :
    http://www.ojocientifico.com/2010/05/24/ambientalistas-protestan-en-contra-de-la-vida-sintetica/

    Aqui deixoos un documental que ten seis partes nos que fala de todo o proceso da investigacion e como conseguirono:
    http://www.youtube.com/watch?v=2korqW0Rxu4&feature=related

  3. juanjo regaldie di:

    Como soe pasar con este tipo de experimentos,detras deles hai ligado un grande debate etico que nos di o que esta “ben” ou o que esta “mal”,e con respecto a esto pareceume interesante o que di Craig no video,que paralelo a este avance,debe de haber un debate criticando o que se esta a face, que pode servir nalguns casos de gran axuda.
    Dito esto, este experimento eu penso que pode ser moi útil a hora de mellorar o noso sistema, que como di Carolina,se se consigue crear unha alga qe cambie o CO2 da atmosfera por hidrocarburos estariamos a facer un gran avance para mellorar o noso planeta.

  4. adela di:

    En canto a biodiversidade, habería riscos?

  5. Laura Solano di:

    Pareceme sorprendente o descubremento deste feito.

    Fixeime no documental que nos cita Carolina sobre o proceso da investigación é chamoume a atención que seus primeiros pasos empezaran por investigacións nos lugares menos estudados, os mares. Con estes estudos descubreran miles de especies que descoñecíamos cos que sacaron conclusións para súa investigación.

    Creo que ben utilizada sería unha ventaxa moi grande para nós.

    Pero con respecto a biodiversidad penso que sí habería riscos xa que sería unha loita pola supervivencia. Debemos tomar conciencia de que o que estamos manipulando ten vida ao igual ca nós, e por tanto ao dispoñer de esta vida e darlle unha función específica estamos limitando o seu desarrollo e por ende estamos alterando o su ciclo vital. Por ser vida buscará desarrollarse e esta situación puedese sair de control. Podería chegar incluso a extinguir organismos naturais que non coñecemos que nos servirían nun futuro.

  6. laura garcia rueda di:

    Este é un bo exemplo dun avance máis, de todos os avances que imos recopilando e pouco a pouco vainos dando máis a coñecer os misterios sen resolver da orixe da vida.

    Na reportaxe da revista Muy interesante, di que segundo Craig Venter uns dos posibles usos desta “vida artificial” podense producir novos combustibles, deseñar novas algas que absorban o dióxido de carbono da atmosfera, eliminar contaminantes da auga ou fabricar mellores vacinas.

    Xogan os biólogos sintéticos a ser Deus?
    Na miña opinión non. Non xogan a ser Deus, se non “xogan” cos seus posibles usos, é dicir, que non ten que ser un problema ético ou moral conseguer facer vida sintética se o seu uso é contralado e con fins como os mencionados anteriormente. O que si é un problema é que o seu uso basease no beneficio dun só, con fins económicos e de conseguer fama.

    Este é un bó artigo da páxina de Discovery Channel, que nos fala en profundidade do traballo de “Venter e os seus colegas”:
    http://www.tudiscovery.com/web/vida-sintetica/colegas/

    Respondendo á pregunta de Adela, sobre a biodiversidade, se habería riscos ou non, eu creo que certamente si.
    A diversidade ríxese polo que crea a natureza, non polo que se crea nun laboratorio, se a creación de vida de xeito artificial evoluciona acabaremos perdendo as variedades biolóxicas que aparecen pola natureza, ao chou e sen ningunha explicación. Coa vida aritficial, faránse seres cada vez máis perfectos e a selección natural quedará totalmente descartada.

  7. adela di:

    Venter e a empresa que fundou, Celera, patentaron xenes. En Wall Street chamaron a Venter o “Bill Gates” da xenética e a Celera, a Microsofot da industria da biotecnoloxía. Segundo os corredores da Bolsa de Wall Street as empresas biotecnolóxicas que logren apropiarse legalmente dos xenes patentándolos, atraerán inversións moi superiores as que están obtendo actualmente as empresas de informática e de Internet. Que sabedes disto? Na carreira “polos xenes” quen gañou, a investigación pública ou a privada? Que ocorreu no 2001? Como estan as cousas agora?

  8. adriana jimenez di:

    Eu creo que todo o mundo ao ver isto quédase realmente abraiado, porque é, xa de entre moitos adxectivos, sorprendente o que a ciencia pode chegar a facer, de súpeto, crear vida artificial, e nós só podemos quedarmos mirando como avanza cada día máis e máis.

    Póñovos un resumido vídeo de descubrimento: http://www.youtube.com/watch?v=AayYiG86v30&feature=related

  9. breixo gonzalez di:

    Non creo que houbera riscos na biodiversidade, visto esto dentro duns anos crearemos a nosa propia diversidade.

    Paréceme unha maravilla o do crear vida artificial, poderíamos utilizar bacterias e células para así obter beneficios en moitos campos de investigación.

  10. victor martinez di:

    Breixo, ¿realmente pensas que “dentro duns anos” (que nin décadas, nin séculos, senón anos) chegaremos a crear a nosa propia diversidade?
    Paréceme una predicción tremendamente arriscada, tendo en conta que nos quedan millóns de especies por descubrires, e que as interrelacións entre elas son extremadamente complexas como para tan sequera controlalas, ¡e moito menos como inventalas nós facendo “borrón e conta nova”!

  11. jorge suarez di:

    O de crear celulas artificiais pareceme un gran logro xa que con iso poderemos facer especies que desapareceron por culpa do ser humano volvan a existir no noso planeta.
    O de que patenten os xenes descubridos pareceme unha loucura xa que asi seguramente enlenteceria o progreso da biotecnoloxia e da evolucion xa que non todos terian o diñeiro suficiento como para poder investigalos. Pareceme mais xusto que patente a maneira de utilizar os xenes como ben dixo Adela na clase.

  12. dante varela di:

    Breixo crear a nosa propia diversidade é un pensamento un pouco loco, o que poderemos conseguir é cambiar cromosomas para que alguns seres vivos podan axudarnos, pero como non sabemos si repercutira positivamente sera moi dificil que esta evolución prosiga. E cando este avance sea factible chegaran un grupo de persoas e estaran en contra e este avance non se utilizara porque vai en contra das especies naturais.

  13. laura montes di:

    Confeso que o primeiro que me viño á mente cando lin esta noticia foi: “e dentro de nada, robots orgánicos!!”
    Pero sendo realistas, non creo que sexa esa a futura aplicación deste descubrimento.

    Sen embargo, supoñendo que o comentario de Breixo chegase a realizarse: a creación de todo un ser vivo de maneira artifical, dame por pensar: ¿Ocorrería o mesmo que está a ocorrer co tema das sementes tranxénicas, que terminan facendo desaparecer ás demáis especies de plantas por poder adaptarse mellor?

    Atopei un interesante artículo que responde cuestións sobre a función desta nova tecnoloxía e o que supoñería para nós.
    http://www.semana.com/noticias-vida-moderna/supondra-vida-artificial/139113.aspx

  14. aida rodriguez di:

    Eu respeto a ao comentario de Breixo, penso que non chegaremos a crear a nosa propia biodiversidade, se non que antes de saber coma creala arruinaremos a nosa.

    Chámame a atención no comentario de Laura Montes o de que nun futuro os robots serán orgánicos, xa que sería realmente coma é este enlace.

    Ainda que, istos avances tamén nos poden ser beneficiosos para crear a partir de células sintéticas medicamentos.

  15. alexandra di:

    Eu creo que este avances teñen algo negativo e algo positivo. O positivo que podriamos evitar enfermidades ou intentar rexenerar celulas. E o negativo que se alguen intenta usar estes descubrimentos con intencions dañinas, pois faria moito dano.

    Con respeto o comentario de Adela, no que di que pasou no 2001, investiguei, pero como non sei moi ben o que se refire, poño o que encontrei, en enero do 2001, o día non o sei porque depende de onde mires di un día ou di outro; cientificos estaudonidense obteñen o primeiro mono genéticamente, o que permitirá crear novos modelos para combatir enfermidades como o cáncer ou o sida.
    “ANDi”, que é como chamaron o primate, leva no seu ADN un novo xen que, ainda que non ten ningunha función específica, posee fluorescencia, o que permite os científicos rastrear a sua distribución na estructura genética do animal.
    Ainda que o de “ANDi” é simplemente un xen “marcador”, outros animales que podrían modificarse xenéticamente no futuro levarán xenes asociados con enfermidades específicas, co fin de permitir a experimentación sobre esas dolencias.

  16. adrian ballesteros di:

    Eu creo que isto é increible .
    E creo que poderia a chegar a salvar vidas o que pasa e que eu creo que algunha xente vai a usalo para facer negocio e non para axudar a humanidade.
    Eu creo que poderia axudar a avanzar álguns aspectos da medicina e poderia salvar vidas este avance pode chegar a ser moi pero que moi importante.

  17. Soledad Muiño di:

    O coñecemento do xenoma humano axúdanos a acercarnos mais ao tratamento das enfermidades hereditarias.
    Fai pouco descubriuse a primera secuencia do xenoma do porco ibérico, co que analizarán por qué este posúe unhas determinadas características que o fan único:
    http://www.noticiasmedicas.es/medicina/noticias/7576/1/Primera-secuencia-parcial-del-genoma-del-cerdo-iberico-/Page1.html

Deixa unha resposta