Fomos á Lúa?

Aqui tedes o ligazón ao primeiro programa  de “Escepticos” da ETB.  Producido por K 2000. Creado, escrito e dirixido por Jose A. Pérez. Presentado por Luis Alfonso Gámez.

Por que non vemos as estrelas nas fotos dos astronautas? Por que as sombras non son paralelas? Por que ondea a bandeira? E se fomos, por que non temos regresado?

As respostas tedelas no seguinte vídeo. Non  perdades a ocasión de visualizalo! Como di o presentador: “A realidade é tan fascinante como as conspiracións máis aloucadas, igual de inspiradora e fermosa, só que ademais… é verdade”.

 Facede click aquí

Esta entrada foi publicada en 2. Sistema Solar, 8. Pseudociencia e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Fomos á Lúa?

  1. paula manteiga di:

    Déixovos un video que paréceme moi intéresante, é algo parecido o que puxéches na noticia pero coas imaxes do viaxe.
    http://www.youtube.com/watch?v=beh2TB0Vsik&feature=related

  2. Soledad Muiño di:

    O video pareceume moi interesante e ameno, sen ser demasiado pesado e facendo todo moi comprensible para a súa divulgación. Os experimentos que se fixeron con rigor e dando explicacións parecéronme contundentes para deixar claro que o viaxe a Lúa non foi unha montaxe. Paréceme importante que se fagan documentais deste tipo, para que a poboación teña coñecemento dos logros que pode acadar o home, e non deixarse influir polas pseudociencias e falsos argumentos.

    1) Deixo aquí unha enlace que ennumera as teorías da conspiración do viaxe ou “aterrizaxe” na lúa:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Acusaciones_de_falsificaci%C3%B3n_en_los_alunizajes_del_Apollo#Controversias

    2) En canto a volver a lúa, atopei un artigo que di que no ano 2020 volverase a facer unha viaxe para colonizar a lúa. Persoalmente, paréceme que o 2020 está a volta da esquina:

    O programa chámase Constellation e ten como obxetivo:
    – Desarroiar a próxima xeración de lanzadeiras, cápsulas e traxes espaciais.
    – Colonizar en 2020 a Lúa para facer ciencia, explotar os seus recursos e aprender a sobrevivir noutro planeta.
    – Enviar tripulacions a Marte.

    ( O artigo: http://www.muyinteresante.es/2020-el-regreso-del-hombre-a-la-luna ).

  3. adriana jimenez di:

    A verdade é que eu nunca me plantexei se o alunizaxe fora unha montaxe, pero o outro día cando Adela preguntou na clase se estabamos totalmente seguros de que o home pisara a Lúa pois non sabía que pensar.
    Eu coñecía algúns dos indicios do posible fraude que aparecen no programa pero é que despois de ver o video do programa eses indicios fixéronse nada, porque é un video moi ben feito e explicado, que entretén á vez que deixa as cousas claras e resolve todas as dudas posibles, e penso que a xente que aínda pensa que a chegada á Lúa foi unha montaxe xa me parece un pouco por chamar a atención metendo con isto outra vez dudas á demais xente.

  4. adela di:

    Paula, estos vídeos do teu enlace son unha grabación dos astronautas preparándose para unha retransmisión en directo (fan probas do que dirán, experimentan con diferentes posicións da cámara, etc.) Ainda que os autores do teu video: “La verdadera historia, viaje a la Luna partes 1, 2, 3 ,4 e 5” pretenden facénolo crer, non constitúen unha proba dunha montaxe.

  5. juanjo regaldie di:

    Eu tamen tiña as miñas dúbidas de se o home chegara ou no a lúa, pero despois de ver o video, acláranseme todas éstas. O tema de que non se veian as estrelas nas fotos xa oira decir que era polo tema dos obxetivos das camaras e o reflexo do traxe dos astronautas, pero as demais cousas, aclaraas perfectamente o video. Agora, os que vimos este video xa podemos decir con certeza que o home si que chegou a Lúa.

  6. antia navajas di:

    Na miña opinión non tivo porque ser todo unha montaxe, é dicir que foron a Lúa pero o video retransmisión foi falso; o que é seguro é que foron a Lúa, pero o que fai dudar disto a moita xente é o video. A NASA defendeuse dicindo que perderan os videos orixinais, isto é posible pois a filmación na Lúa non tivo porque ser sinxela.

    Aquí deixo un enlace que explica o que eu estou dicindo
    http://www.fmmeducacion.com.ar/Historia/Notas/Viajeluna/viajeluna01.htm

  7. lizeth viancha di:

    Penso que no vídeo se mostran moitas das dúbidas que se nos amosaban na rede para confundirmos e aínda que este vídeo de a solución creo que seguiran a especular porque como se di no vídeo iso nos encanta.

    Eu xa tiña claro que o home chegara a luna e tamén o por qué de que non o repitan xa que se volven, ¿qué máis poderían facer? Sería unha pérdida económica importante sen ningún avance, só a aprobación duns cantos escépticos.

  8. claudia valina di:

    Eu concordo cos meus compañeiros, cando oin a pregunta: ¿Creedes que o home foi en realidade a lúa? A miña resposta foi non , ¿e porque? polas moitas especulacións que se fixeron e polas probas que se amosaron probas que quedaron rotudamente no olvido na miña cabeza.
    Parece de grande interese o vídeo xa que explica todas as dúbidas amenamente e con probas do mais sinxelas.

  9. adriana rey di:

    Eu si creo que fomos a lúa, o que non entendo é
    porque a xente di que a bandeira ondeaba se no video se ve claramente como non …

  10. aida rodriguez di:

    Primeiro decir que oxalá houbese máis programas disto. Demostra de forma sinxela que o home si que chegou a lúa que o fraude non existe.

    Eu, sempre pensei que o home chegara a lúa, pero tampouco tiña un razoamento que seguir para xustificar porque si. Agora xa o sei grazas a este programa.

    Deixo este enlace da wikipedia no que fala das controversias: http://es.wikipedia.org/wiki/Acusaciones_de_falsificaci%C3%B3n_en_los_alunizajes_del_Programa_Apolo .

  11. roberto fernandez di:

    a verdade e que despois de ver o programa na clase entranche dudas xa que o presentador tumba todas as teorias que habia sobre a conspiracion de se o home foi o non a luna pero ainda asi sempre quedara xente con dudas ou por exemplo os fanaticos das conspiracions
    pero bueno neste mundo todos somos libres de creer o que queiramos xa que vivimos nun mundo de libre pensamento

  12. ivan garcia di:

    Eu, o recoñezo sen ningun problema, era unha desas persoas que tiña dúbidas de que o home chegara a Lúa cando dixeron os americanos, explicome mellor, eu non dubidaba de que o home chegara a Lúa senon que dubidaba de que os americanos. A razón que tiña era moito mais simple que a das sombras, as estrelas,…. era simplemente que non me fio do que decian por eses anos. Pero este video dame unha explicación moi sinxela, que si fora certo que non chegaran os sovieticos o houberan denunciado publicamente, cosa que no fixeron. Asi que con esta razón tan sinxela, a que non habia chegado, a verdade, ahora si que o creo definitivamente.

  13. carolina lopez di:

    Pareceume interesante o video, xa que aclarou toda a verdade.
    Estuve buscando é atopei estes outros exemplos de teorias de conspiracion:
    – O SIDA é unha enfermedade creada polos humanos (para acabar cos homosexuais)
    – Na base militar estadounidense Area 51 atopanse os restos dunha nave extraterrestre que chocou na cidade de Roswell, Novo México, Estados Unidos, en xulio de 1947.
    – O calentamento global é un fraude promovido por razons financieiras e ideolóxicas.

    As consecuencias negativas da presencia destas teorias de conspiracion (enganos) para a sociedade son:
    1) Propagan a ignorancia.
    2) Provocan medo: Por exemplo, hai unha teoría de conspiración que di que os teléfons móviles producen cáncer, específicamente que as ondas electromagnéticas usadas polos servizos de telefonía móvil o producen, pero non hai ningún estudio científico serio que o avale.
    3) Poden ser un perigro para a saude: Por exemplo, hai unha teoría de conspiración que di que a vacuna triple vírica provoca autismo. Esta teoría provocou que en Estados Unidos
    aumentase os casos de sarampión, paperas e rubéola.

    Polas anteriores cousas nomeadas pareceme importante a preocupacion e a intencion por facer programas de divulgacion cientificas aclarando estas dubidas.

  14. breixo gonzalez di:

    Pois eu creo que este video é unha conspiración para facernos caer na verdadeira conspiración, é dicir é un engano para reforzar o outro engano.
    Solo bromeo.
    Eu persoalmente non son moi admirador dos escépticos, non soporto as paranoias que se monta algunha xente. Que conste que con esto non digo que non haxa que ser un pouco escépticos na vida e non crer no primeiro que nos poñen diante.
    O programa pareceume bastante lixeiro e simple. Non se anda con rodeos innecesarios e vai directo ao grano como debe ser.

  15. luis ogea di:

    A miña opinió antes de ver o video xa era a de que o home chegou á Lúa,pero o vídeo aclarou as dudas que tiña como o da bandeira ou o das estrelas.
    Na miña opinión é un programa interesante,mostran as explicacións ás conspiracións dunha maneira simple é fácil de entender,con demostracións moi fáciles de facer,podense facer na casa.
    A única maneira de combatir as conspiracións como estas é con cultura xa que o mallor problema da xente que as crea,moitas veces é a ignorancia.

  16. vera lopez di:

    Antes de ver este video, nin sequera pasóuseme pola cabeza que o home non houbera podido chegar a lúa. Nunca escoitei nada sobre conspiracións acerca de este tema, nin nada polo estilo. Pese a todo, despois de ver o video, non teño ningunha duda de que o home realmente viaxou a Lúa. A miña pregunta é, despois de ver este video, como alguén segue pensando que non foi así? (si Antón, é unha pregunta para ti).

  17. laura garcia rueda di:

    A verdade que eu era das que dudaban se era verdade ou non.
    Coma “excusa” cando dicía que non chegaban eran as coñecidas e as que todos dicen:
    A bandeira ondeante, o das estrelas, o das sombras…
    Pero este vídeo abriume os ollos, e agora xa creo un pouco más que é verdade.

    Aínda así, hai algo que non me encaixa, e hai un certo porcentaxe na miña mente que me fai pensar o contrario e que todo puido ser un montaxe. Prefiro vivir coa duda e non afirmar ninguna das dúas, aínda que me inlcino maís en que sí que foron a Luna.

    Esta páxina, a favor da idea de que sí foron a Luna, danos unha serie de explicacións ás preguntas que todos nos fixemos para saber se é verdade ou non. (Explica moitas da o vídeo, pero tamén fala doutras interesantes)
    Deixovos o enlace:
    http://intercosmos.iespana.es/reportajes/luna/luna_imagenes.htm
    É un pouco largo, pero merece a pena lelo, ainda que sea só as explicacións das imaxes que aparecen.

  18. carolina rodriguez di:

    Estou totalmente dacordo co que din os meus compañeiros, despois de ver este video non queda ningunha dúbida de que o home viaxou a Lúa. É un documental moi ben feito e moi divertido ,pero ainda que resolva esas dúbidas a xente pronto comezara a buscar outras coas que poder dicir que o home nunca chegou a Lúa ou que non fixo moitas outras cousas.
    Xa que estamos a falar da Lúa, deixovos esta noticia que escoitei o outro dia pola radio e que me pareceu simplemente sorprendete:
    Queren transformar a Lúa nunha planta de enerxía solar.
    http://www.abc.es/20100607/ciencia-tecnologia-espacio-sistema-solar/japoneses-quieren-convertir-luna-201006071647.html

  19. anton perez di:

    http://www.elcorreo.com/vizcaya/v/20110116/sociedad/daria-punetazo-quienes-dicen-20110116.html eu comezo a ter medo de Adela e as súas influenzas, e a repentina agresividade dos científicos, se seguen así van acabar como os curas, repartindo hostias.
    Agora en serio o documental non me chamou a atención por que foi unha copia exacta do capítulo 10 da temporada 6 de Mythbusters e en canto a creer ou non en se chegaron eu penso que si, pero sempre está a miña dúbida ahí presente por que é totalmente indemostrable por non falar da total insistencia das miñas avoas cando eu era pequeno en que todo o que saía pola televisión era mentira e a desconfianza que lle teño aos americanos.

  20. ana dominguez di:

    Como dicen casi todos os meus compañeiros despos de ver o video si que penso que fomos a lua e mais coas mostran que fai o rapaz con aquela rapaza de como cae a pluma e o libro..
    O que eu me plantexo e a misma pregunta que Adriana porque dicen que a bandeira ondea si non se ve ondear ..

  21. sabela rey di:

    Eu nunca me plantexara que puidera ser mentira até hai uns anos, e en calquera caso seguín a crelo, pois a alunizaxe para min era un axioma, tipo en “Un Mundo Feliz”, que te repiten tantas veces ao día durante todos os días cando es neno. A min non mo repetiron tantas veces, pero insisto en que nunca o dubidara. Sen embargo este programa está moi ben, porque é ameno, non se vai polas ramas e explica de maneira sinxela posibles preguntas que puideran xurdir. Agora poderei ter argumentos para rebatir aos que afirman que non.
    Tamén eu me preguntei o mesmo que di Adriana sobre a bandeira, pois eu non a vexo ondear e esa é a frase que máis se escoita.

  22. jose luis lopez di:

    Eu non dudo de que o home chegou a lúa e con o video reafirmé as miñas ideas, penso que ainda quedan por descubrir moitas cousas sobre a lúa. Estuve buscando e atopei este video que mostra como a chegada a lúa polo home fixo que se quisera investigar e descubrir moitas cousas:
    http://www.youtube.com/watch?v=ZnXgey-RxmE

    Vendo este video cheguei a comprender a importancia da lúa na Terra, sendo a que crea as mareas, coa sua presencia axudou a orixen da vida, modificou o tempo ( a rotacion da Terra), ect…
    Tamén chamoume a atencion que a lúa cada ano alexase entre tres e catro centimetros.

  23. Laura Solano di:

    Pareceme increíble que aún existan estas controversias no mundo no que vimos. A verdade e que eu nunca dudara de que o home chegara a lúa pero vendo este video xa me aclara todas a dudas que tiña anteriormente.

    Chamáronme a atención varias cousas do video entre elas a explicación da forza da gravidade na lúa .
    Estíven investigando un pouco e encontreime con este video que explica unha hipotese de como se pudo formar a lúa grazas a os estudos dos restos traidos polos astronautas.

    http://www.youtube.com/watch?v=oQ2L-ffItWM

    Outra tema que me chamou tamén a atención foi o efecto das sombras e das fotografías que cos exemplos amosados no video queda claro de como e do por que ocorre .

    Pero a verdade e que toda a vida preguntareime por que segue habendo negacionistas que intentan evadir verdades tan incuestinables como pode ser esta.

  24. juanjo regaldie di:

    Eu agora,parandome a pensar sobre o tema de se as sombras non son paralelas, creo que non esta ben levado a practica no video que vimos todos na clase, explicome:
    No video,o foco que fai de Sol, esta moi cerca do cohete e do xoguete de Tintin, e se o acercásemos máis,todavía as sombras ian a ser cada vez menos paralelas, pero no caso do Sol e da Lúa, como o Sol encontrase tan lonxe da Lúa non pode ser posible que unha separacion tan corta entre o astronauta e o pao da bandeira creen unhas sombras que sexan tan dispares.
    Que opinades? Anímovos a facer a práctica un dia soleado e poñendovos na situación do astronauta e a bandeira, haber como son as sombras nese caso.

  25. jorge suarez di:

    Como ben se demostrou nos videos que puxo Adela na clase esta claro que o home si que foi a lua por moito que digan algunhas persoas ben sexa por falta de documentacion ou por puro interese.
    Agora o que haberia q facer seria investigar noutros planetas para poder resolver os problemas que temos no noso como se fixo co efecto invernadoiro

  26. laura montes di:

    Vale, aínda coñecendo as teorías dos “negacionistas” do viaxe do home á Lúa, quero creer que de verdad fomos. É o que penso, foi un increíble suceso que conseguiu a victoria para EEUU na carreira espacial. Pero podo entender o escepticismo desta xente. EEUU ten fama de amar o espectáculo, e sen un análise en profundidade destes asuntos poderíamos haber pensado que era falso.

    Pero hai negacionistas do cambio climático, así que era obvio que tamén ía habelos nisto.

    Déixovos un árticulo destes negacionistas, con teorías que non se tocaron neste vídeo (por curiosidade máis que nada).
    http://www.escalofrio.com/n/Misterios/La_Llegada_a_la_Luna_Fraude/La_Llegada_a_la_Luna_Fraude.php

    Con respecto ao regreso do home á lúa, China será a afortunada en mandar aos seus astronautas ao noso satélite a deixar a bandera de cinco estrelas xunto á de 50; por primeira vez dende a misión do Apolo, segundo este artículo.
    http://www.elmundo.es/elmundo/2008/07/15/ciencia/1216117149.html
    ¡Supoño que cando isto suceda, as dudas quedarán despexadas por fin!

  27. alexandra di:

    Eu nunca pareime a pensar se era verdade ou mentira que fomos a lúa ata cer este video. O cal faime pensar que si que fomos. Pero ainda que fagan millons de videos deste tipo habera xente que diga que non fumos só por levar a contraria.

    O video esta moi ben feito, é sinxelo, pero explica as cousa dunha forma clara coa que calquera persoa poderia entender.

  28. francisco lopez di:

    Nesta noticia non hai moito que comentar xa que esta totalmente refutado que fomos a lua e non se poderia explicar dunha forma mais grafica ca do video como todas as teoria encontra da chegada a lua se estregan con cada razoamente demostrado no video.

  29. adrian ballesteros di:

    Eu antes de velo video pensaba que non foramos a lua pero despois de velo ainda que con algunhas dudas eu xa digo que si que fomos a lúa .
    O video gustoume moito sobre todo o rato que esta cos nenos e nenas e hai sobre todo dous que falaban moi ben e explicaban algunhas das cousas coma a de porque non saían as estrelas na foto.

Deixa unha resposta