Os superdeportivos pasan ao lado “eco”

imagen

Os superdeportivos son uns dos vehículos que máis contamiñan e consomen.  Pero cada vez máis fabricantes estan deseñando e probando novos modelos ecolóxicos sen renunciar ás prestacións e a estética. Un deles é o novo Mclaren MP4-12C híbrido que levará dous motores: un eléctrico, de potencia e autonomía ainda descoñecidas, e outro de gasolina que será un V8 de 500cv (aprox.) e so se fabricarán 1500 exemplares. Aqui vos deixo un video do coche funcionando co motor de gasolina:

     Pero  o verdadeiro protagonista desta revolución ecolóxica  é o novo Jaguar C-X75, un prototivo feito con motivo do 75 aniversario de Jaguar. É  totalmente ecolóxico, conta con catro motores eléctricos, un por roda, que lle proporcionan unha potencia de 188 cv e unha autonomía de 160 km. Aparte  leva dúas turbinas de gas que  lle dan unha potencia de 789 cv e unha autonomía de 900 km sen repostar. Todo isto, xunto cun difusor traseiro de carbono axustable,  lle proporciona unha maior carga aerodinámica,  que permite que alcance os 100 km/h en 3,4 segundos sobrepasando a barreira dos 320 km/h. Incrible, non  vos parece?

    
 

 

Autor: Roberto Fernández

Esta entrada foi publicada en 6. Repercusións avances tecnocientíficos na sociedade e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Os superdeportivos pasan ao lado “eco”

  1. juanjo regaldie di:

    Por suposto que me parece incrible que un coche que funcione grazas a motores eléctricos alcance a velocidade de 320 km/h.
    Por outra parte paréceme un modelo a seguir o que estan facendo estas grandes marcas de coches, porque se todos axudamos un pouco e intentamos contaminar menos, seguro que o noso planeta vai a mellorar ainda que non sexa moi notable esa mellora no tempo en que vivamos, pero si notable nun futuro.

  2. Laura Solano di:

    Estou da acordo con estas creacións ecolóxicas para contaminar cada vez menos.
    De feito España é un dos paises que está máis adiantado en materia de coches electricos e híbridos. A xente cada vez se interesa máis por esta nova tecnoloxía.
    Xa se sabe que o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio destinará 80 millóns de euros durante 2011 para axudas á compra de coches eléctricos. O obxetivo é importante xa que se quere contar con máis de 250.000 vehículos eléctricos puros e híbridos enchufables en España, para o ano 2014.

    Creo que é bo saber que destacamos en algo tan beneficioso e productivo como isto.

    Este é un enlace onde fala dos coches electricos e ecoloxicos:

    http://cocheseco.com/

    Tamén os deixo un video dunha noticia que informa a presentación de novos coches eléctricos en Madrid , dos que se podrán comprar apartir deste ano.

    http://www.youtube.com/watch?v=Il3uN-NQNDc

  3. aida rodriguez di:

    É unha maravilla, que haxa estes avances tecnolóxicos para reducir a emisión a atmósfera, xa que é un dos grandes problemas que ameazan o planeta.

    Deixo este enlace que fala da contaminación atmosférica vehícular: http://noticias.juridicas.com/articulos/30-Derecho%20Medioambiental/200705-8231456987452352.html# eu con este enlace pregunteime: é canto contamina a fabricación destes superdeportivos “eco”?

  4. Soledad Muiño di:

    O exceso de contaminación é un dos maiores probemas medioambientais aos que se debe facer frente actualmente. As emisións nocivas que proveñen dos coches son causantes dunha gran porcentaxe de esta contaminación, por iso paréceme necesario que fabriquemos e utilicemos vehículos ecolóxicos, e concienciar mais a poboación sobre este tema. Tamén dicir, que me apetece facer un comentario “estilo Víctor”.
    Existen bastantes tipos de enerxía a “escoller” para facer funcionar os vehículos, algunhas todavía en fase de experimentación:
    1. Eléctricos (Renault-Nissan, Mitsubishi, Reva, Tesla…),
    2. Híbridos (Toyota, Honda, BMW, Mercedes, próximamente Peugeot-Citroën…),
    3. Eléctricos con autonomía extendida (Opel Ampera, Chevrolet Volt, Tesla, Jaguar, con microturbinas…),
    4. Gas natural licuado (Opel Zafira…),
    5. Biocombustibles (etanol y biodiésel) (moitas marcas),
    6. Aire comprimido (http://www.cochesdeaire.com/),
    7. Hidróxeno (Honda, un dos mais desarroiados, BMW, o pioneiro, más autobuses…),
    Más todas as combinacións posibeis: aire comp. + hidróxeno, gas natural + gasolina, etc
    Roberto fala de coches híbridos, pero tamén existen coches eléctricos. Aquí a diferencia:
    – Un coche híbrido é un coche propulsado por dúas fontes distintas: un motor eléctrico e un motor de gasolina tradicional. Coas dúas fontes para poder traballar en conxunto, un coche híbrido será mais eficaz se consegue mais km/h ca os coches tradicionales, con motor de gas. Os coches híbridos non necesitan estar conectados para cargar, recarga as baterías pola súa conta.
    Ventaxas e desventaxas dos coches híbridos:
    – DESVENTAXAS
    · Toxicidade das baterías que requieren os motores eléctricos.
    · Utilización importante de materias escasas (neodimio e lantano no caso do Prius ).
    · Maior peso ca un coche convencional (hay que sumar o motor eléctrico e, sobre todo, as baterías), e por iso un incremento da enerxía necesaria para desplazalo.
    · Mais complexidade, o que dificulta as revisións e reparacións.
    · Polo momento, o precio.
    – VENTAXAS
    · Maior eficiencia en el consumo de combustible
    · Reducción das emisións contaminantes
    · Menos ruido ca un motor térmico.
    · Mais par e mais elasticidade ca un motor convencional.
    · Resposta más inmediata.
    · Recuperación da enerxía en desaceleracións (en caso de utilizar frenos rexenerativos).
    · Maior autonomía ca un eléctrico simple.
    · Maior suavidade e facilidade de uso.
    · Recarga mais rápida ca un eléctrico (o que se tarde en chear o depósito).
    · Mellor funcionamiento en recorridos cortos e urbanos.
    · En recorridos cortos, pode funcionar sen usar o motor térmico, evitando que traballe en frío e disminuíndo o o desgaste.
    · Instalación eléctrica mais potente e versátil. É moi difícil que se quede sen batería por deixarse algo encendido. A potencia eléctrica extra tamén serve para usar algúns equipamientos, coma o aire acondicionado, co motor térmico parado.
    · Desconto no seguro, pola maior eficiendia e menor grado de siniestralidade.
    – Un coche ELÉCTRICO aliméntase únicamente por un motor eléctrico, non ten motor de gasolina. Debe estar conectado antes de ser utilizado, e mentres se conduce, a carga se disipa lentamente, ao igual que a gasolina nun motor tradicional. Os coches eléctricos non necesitan aceite y e non deixan emisións, o que fai que sexan mais respetuosos co medio ambiente cao os híbridos. Sen embargo, teñen que ser recargados con frecuencia e unha recarga pode durar horas.
    Os motores eléctricos teñen unha eficiencia que ronda o 75 %, mentres que os de combustión rondan o 20-25 %, pero parte de esa enerxía pérdese en calor. En definitiva, o rendemento dos vehículos eléctricos frente aos vehículos térmicos é dun 29 frente a un 20%.
    Esta mellora da eficiencia se consegue grazas as baterías, que almacenan enerxía, xa que nos sistemas convencionais de propulsión esta se perde, coma a enerxía cinética, que se escapa en forma de calor ao frear. Moitos sistemas híbridos permiten recoller e reutilizar esta enerxía converténdoa en enerxía eléctrica grazas aos chamados frenos rexenerativos.
    A combinación dun motor de combustión operando sempre a súa máxima eficiencia, e a recuperación da enerxía do freado (útil especialmente na cidade), fai que estes vehículos acaden un mellor rendemento ca os vehículos convencionais, especialmente en entornos urbanos, onde se concentra a maior parte do tráfico, de forma que se reduce significativamente tanto o consumo de combustible coma las emisións contaminantes. Todos os vehículos eléctricos utilizan baterías cargadas por unha fuente externa, o que lles ocasiona problemas de autonomía de funcionamiento sen recargarlas.
    1 ) A España lle vendría bastante ben que os seus cidadáns utilizaran este tipo de alternativas, debido a:
    – Dependencia enerxética:
    España é un país defictiario de enercía, é dicir, producimos menos enerxía da que consumimos, o que nos converte nun país enerxéticamente dependiente. Reducir o consumo de combustibles para o transporte e pasar a consumir electricidade, reduce a dependencia enerxética.
    A enerxía eléctrica xenérase segundo as necesidades de consumo dos usuarios. Cantas mais bombillas, ordenadores, teléfonos móviles recargándose, etc estean en funcionamento, mais electricidade teñen que producir as centrais. De este modo, non é de extrañar que durante o día o consumo de enerxía acade os valores mais altos, mentres que pola noite, os mais baixos. De impoñerse o modelo dos coches eléctricos a maioría recargaríanse durante a noite, o que aplanaría a curva do consumo eléctrico.
    – Reducción das emisións de Co2 e moito mais.
    Baseándose no consumo enerxético do noso país (o porcentaxe de fontes de enerxía gastada: eólica, solar, nuclear, centrais eléctricas, etc), o IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) afirma rotundamente que ” o coche eléctrico reduce as emisións contaminantes de Co2″. Ademais ao non quemas combustibles, nas cidades se reduce a emisión doutros gases nocivos coma por exemplo, os compostos de azufre e nitróxeno (NOx e SOx)
    Por outra parte os coches eléctricos son mais silenciosos ca os de motor de combustión. Respecto isto, o que para algúns é ventaxa, para outros non o é, pois vehículos demasiado silenciosos poden aumentar o número de accidentes ao non intuir o peatón o perigo e a cercanía do coche.
    2) Falar tamén da existencia do BIODIESEL, que é un carburante limpo, xa que conta con compoñentes de orixe vexetal e non emplea ningún derivado do azufre. Comparado co gasóleo A, produce un 30% menos de emisión de Co2 e un 40% menos de emisión de fumes.
    Este combustible contén “Éster Metílico” , unha substancia procedente de aceites vexetais obtidos de prantas oleaxinosas coma a colza e a “soja” e de aceites e graxas recicladas da hostelería, matadeiros, etc Así, una das maiores ventaxas deste carburante é que permite reciclar o aceite de fritura, un residuo moi común e contaminante que se verte sen control e chega aos ríos a través de sumidoiros.
    Ademais, o biodiesel mellora o rendemento e alarga a vida do motor e das súas compoñentes en contacto co combustible, debido ao seu alto poder lubricante. E añadir que non e mais caro ca o seu competidor mais contaminante: o gasóleo A. Este novo combustible é apto para calqueira motor Diesel.
    3) Deixo este enlace no que se fala sobre diferentes modelos de coches híbridos:
    http://www.neoteo.com/coches-hibridos.neo

  5. Soledad Muiño di:

    Creo que me pasei…

  6. breixo gonzalez di:

    A ciencia é impresionante e aquí e onde máis destaca. Que ser sería capaz de fabricar semellante aparello?
    So o home.

    O que se ve e que moita xente que non sabe di que co motor perden potencia e non corren tanto pero a min 320 km/h paréceme unha cantidade nada baixa.

    De momento creo que os coches eléctricos aínda son caros pero co tempo faranse moito máis asequibles e todo o mundo acabara por comprar un, a no ser que se atope un método mellor.

  7. adriana jimenez di:

    Eu personalmente entendo moi pouco de coches, por non dicir nada, pero sabendo de que trata este artigo parécenme moi importantes todos os avances que se podan facer para axudar a coidar o medioambiente que tan maltratado o temos.
    Penso que todas as pequenas cousas que fagamos agora veránse reflexadas nun futuro que non nos queda moi lexos e do que nos temos que preocupar para non sufrir peores consecuencias das que xa nos agardan.

    Déixovos esta páxina cun listado dos coches máis ecolóxicos: http://www.20minutos.es/motor/coches-nuevos/coches-ecologicos/

  8. paula manteiga di:

    Tamén pensar, que este tipo de coches están nas máns duns poucos, e que non todo o mundo podéos permitir. Ademáis levar pola cidade un coche asi, non compensa porque na cidade poco fas cun coche que pode chegar a 320 km/h. Paréceme ben polo tema da contaminación, que os fagan ecolóxicos e esas cousas, pero á vez penso que nin unha cuarta parte das persoas que o poden permitir o comprarían.

  9. roberto fernandez di:

    Pois eu penso que a xente que se pode permitir este tipo de coches serán os primeiros interesados xa que neses grupos sociais elitistas buscase ter o último o máis novo e inovador e estes dous coches son un claro exemplo do que iso representa.

  10. roberto fernandez di:

    Con respecto o que di Soledad sobre o tema do peso discrepo xa que o Jaguar que aparece no artigo so pesa 1350 kg e iso para un coche desas dimensións é unha “broma” de peso.

  11. luis ogea di:

    Na miña opinión,é necesario que os coche eléctricos chegen aos mercados o antes posible e que se instalen todos os enchufes,porque canto máis tempo tarden en chegar ás mans do público,estarase a contaminar moitísimo.
    E ademáis pareceme que o da velocidade é o de menos,xa que ninguén chegará aos 300Km/h sen que lle multen ou corra nun circuito.Na miña opinión no que terían que preocuparse de mellorar é a autonomia do coche.

  12. lizeth viancha di:

    Eu, como a maioría dos meus compañeiros, penso que a chegada de instrumentos coma estos son bos para o avance cara un futuro máis limpo. Estou dacordo en todo o que di Paula Manteiga xa que a xente que vive con luxos non lle interesan este tipo de cosas e o alcance económico dunha persoa cun capital “medio” non pode permitirse estos luxos.

  13. laura garcia rueda di:

    O transporte é un dos sectores que máis enerxías consume, alcanzando un 36.2% do total nacional en España. Ademáis, canto máis antigo sexa o vehículo máis contaminantes son, e mirando por internet atopei que o parque automobilístico español ten máis de 10 anos de antigüedade, que emiten o triple de CO2 que os actuais e polo tanto é responsable do 80% das emisións deste gas.
    A nova tecnoloxía repercutirá de xeito definitivo na condución ecolóxica. Os vehículos maís contaminantes, son os que máis disminuiron as súas vendas.

    Aínda así, non todo depende do fabricante, senón do conductor que debe conducir dun xeito eficiente e ecolóxico.
    Buscando en internet atopei como conducir de xeito eficiente en 10 sinxelos pasos:

    1) Conducir sempre que poidamos a unha velocidade constante, sen aceleracións bruscas.
    2) No arranque do motor, hai que facelo sen pisar o acelerador.
    3) Circula en marchas baixas e a baixas revolucións.
    4) Intenta evitar frenazos, cambios bruscos de velocidade ou de marchas.
    5) Cando queiras decelerar deixa rodar o vehículo sen reducir, fenando de xeito suave e progresivo, reducindo a marcha o máis tarde posible.
    6) Anticiparnos ao movemento dos demáis. Por exemplo: Se vemos que un semáforo está a punto de encenderse manteremos unha velocidade constante para que non tengamos que frear e poidamos seguir a circulación sen necesidade de poñer de novo a primeira marcha.
    7)A primeira marcha só se utilizará para arrancar.
    8)Se estás nun atasco e o tempo de espera é maior dun minuto, hai que apagar o motor.
    9)A altas velocidades, o consumo multiplícase. Se reduces a velocidade gañarás seguridade e aforrarás combustible.
    10) Usa o aire acondicionado cando sexa realmente necesario xa que o seu uso aumenta o consumo do carburante.

  14. roberto fernandez di:

    eu sinceiramente penso que a xente que se pode permitir estes coches tamen se pode permitir as multas xa que lles sobra o diñeiro.
    A demais a noticia quere dicir que as grandes marcas de deportivos estanse a involucrar no mundo ecoloxico o do prezo e a velocidade ben sendo secundario ainda que a min pareceme incrible que un coche electrico colla esas velocidades xa que ata agora a maioria dos coches electricos eran pouco mais que lavadoras con rodas

  15. joel taibo di:

    Estos coches merecen realmente a pena, é certo que non pode compralos a xente de a pe pero tamén a xente que pode compralos marca tendencia e normalmente a xente fixase en eles. Estos coches tamen serven para promocionar novos diseños e tipos de conducions mis eficientes tamen chamados prototipos o coches de postureo da marca.
    Ó peso é impresionantemente pequeno porque un coche desas caracteristicas pasa razoablemente dos 3000 kg
    A parte do motor e o máis fascinante porque economiza e está o par de superdeportivos como Lamborghini murcielago sv670-4 sendo un motor que funciona cunha turbina de gas que ata o momento so existian coches eléctricos de gamas baixas que para entrar nunha autopista tes que sacar os pes por debaixo e correr que pouco máis e gira máis rápido o plato do microondas cas rodas dun deses coches

  16. roberto fernandez di:

    Si señor hay falou Joel conciso e claro deixando ben a estes dous bólidos ecolóxicos que tentan batir os actuais coches eléctricos que ainda que non esten ó alcance de todos o máis probable e que provoquen competitividade entre marcas e acabe saindo algo de caracteristicas parecidas ó alcance de todos.

  17. claudia valina di:

    Os coches electricos ou hibridos e todo o que teña que ver co medio ambiente para min é o futuro e parecenme fascinante xa que ¿se non nos preocupamos nos do noso planeta quen o vai facer?
    Pero satisfacenme saber que cada vez a xente esta máis concienzada e desde os fabricantes de coches asta os grandes almacéns danse conta disto.
    Pareceume sorprendente o dato de que España e un dos países máis adiantados en coches ecoloxicos e hibridos e por ulitmo quero subraiar a frase de Adriana: “Penso que todas as pequenas cousas que fagamos agora veránse reflexadas nun futuro”

  18. ivan garcia di:

    Eu creo que o mais interesante que ten esta noticia é a demostración do rendemento que poden a chegar a ter os motores eléctricos, é un engano pensar que a empresa que fixo o primeiro (un mclaren) e o segundo (un jaguar) fixeran estes coches pensando na natureza sino que foron feitos para innovar no sector dos coches de gama alta (digo gama alta cando en realidade son coches de luxo pero bueno). O mismo pensein cando este fin de semana vin no programa “Mas que choches” mostraron o primeiro dos vehiculos que menciona Roberto. É impresionante o pouco peso que ten (en correción a un comentario que vin mais arriba que decia que eran pesados), o alto rendemento do motor, etc… como tamén e impresionante o seu alto precio. En definitiva un producto impresionante para xente cun alto poder adquisitivo pero ningunha solución nova para a ecoloxía.

  19. roberto fernandez di:

    eu penso que si produciran novos cambios na ecoloxia xa que como mencionei en outro comentario provocaran certa competitividade entre marcas facendo asi que saian cada vez meiores coches ecoloxicos facendo do noso planeta un lugar mellor

  20. aida rodriguez di:

    Eu coma xa mencionei no meu comentario penso que é unha marvilla estes avances.

    Pero, a verdade é que non estoy de acordo con Roberto en que isto está ben… pero tamén temos que pensar que a producción destes coches ecolóxicos non é ecolóxica e polo tanto seguiremos contaminando o planeta.

    Isto pode ser un exemplo para poñer na entrada anterior da obsolescencia programada, xa que a xente que poida comprara o último e deixará o lado o outro e así formaremos unha cadea.

  21. roberto fernandez di:

    Si pero enton o que di Aida de que non son totalmente ecoloxicos eso vai por estes coches e por todos o que agora mesmo estan no mercado incluso o Prius e os modelos hibridos de Lexus, que agora mesmo son icono ecolóxico.
    E en canto a obsolescencia aplicada a estes coches é ben certo porque e mais que fixo que se mercan estos coches e o mes sale un ainda mellor, no creo que se desfixeran del pero si que o usarian menos para non parecer uns “anticuados”.

  22. ana dominguez di:

    Pareceme un coche xenial e increible pola velocidade que alcanza.
    Na clase xa vimos que casi naide estaba de acordo con esta noticia por certos motivos.
    Eu penso que este coche o pode ter bastante xente porque hay xente por encima de nos que e moi rica e que pode ter este coche e como ven di roberto pagar as multas por correr demasiado.
    Moita xente di que si tivese cartos no no compraria eso e unha gran mentira porque a xente que ten cartos solo quere ter o mellor do mellor por unha parte porque o pode ter e por outra porque e o que lle gusta,nos cando decimos que non o queremos mentimos xa que todo o mundo desearia ter un coche asi.
    Penso que a este coche lle van salir moitos competidores.

  23. sabela rey di:

    Chego tarde pero exporei igualmente o meu punto de vista. Por un lado, penso que está ben o feito de que os automóbiles avancen cara un modelo máis limpo e ecolóxico. Pero por outro lado, a que andamos? “Etc, etc, etc (as virtudes do coche equivalen a etc), paguei un pastón e contamina menos que o teu”. De verdade penso que nunca chegarei a comprender á xente que gasta tanto diñeiro nun coche para que outros o miren pola rúa. Imos poñernos apocalípticos: para que quere que chegue a 320 km/h? Para morrer? Por outra banda: en vez de gastar tanto no coche, merque outro ecolóxico á metade de precio e invirta o resto nesa ciencia e ecoloxía que tanto semella importarlle. Para min iso sería fardar: “Mira, gastei 26000 € nun Prius de cor azul metalizada matizado cun verde escuro pero soberbiamente sobrio, 12000 en desactivar minas antipersoa, 6000 en placas solares no chalet e outros 6000 en… que sei eu? Gasto tanto en salvar ao planeta!”.
    Con isto quero dicir que non é que me pareza mal esta “ecoloxización” dos superdeportivos, pois como eles non van pensar coma min polo menos que contaminen menos con coche caro, sen embargo é a historia de sempre. E é certo o anterior, isto pode xerar a competitividade de “eu teño o máis ecolóxico!”, “non, eu!”; pero como di Aida o proceso en si xa non é ecolóxico, e non importa que o resto tampouco, considero que é unha contradicción en si mesma.

  24. laura montes di:

    Opino exactamente do mesmo xeito que Sabela.

    320 km/hora? A que andamos?
    Coches ecolóxicos, ben, paréceme xenial esta nova tecnoloxía, pero sigue dependendo da gasolina, é dicir, que segue contaminando (cousa que, evidentemente, compensa as refinerías e gasolineiras económicamente falando)

    De verdade é imposible deseñar un coche que funcione con vapor de agua ou, sendo máis realistas, con enerxía solar? Porque desa temos máis que dabondo.

    De calquer xeito, xa non é a primeira vez que sae á venta un coche “ecolóxico” e nunca duran demasiado no mercado.

    Ademáis, considerando o seu precio, non compensa. Non me convence.

  25. alexandra di:

    Sinto chegar tarde, pero e que empecei con bo pe e non sei porque deixei pasar as entradas do blog, intentei volver o blog e poñerme o rimo dos demais, pero chegoume a pereza e volvin deixar pasar as entradas do blog, e volvin unha ou duas veces mais a intentar poñerme o ritmo dos demais,pero gañoume a pereza, agora intentarei que sexa a definitiva vez e intentarei non irme nunca mais.

    Deixando a explicación do que me pasou para deixar o blog por un tempo, comentarei a entrada. Eu creo que por unha parte esta ben que fagan deportivos ecoloxicos, xa que os deportivos son un dos coches que máis contaminan, pero o problema é que os coches seguiran contaminando porque van ser moi poucas as persoas que compren eses deportivos, e dicir, que a xente usara unha pequena cantidade, moi pequena, de deportivos ecoloxicos e unha gran maioria de coches non ecoloxicos, polo tanto que contaminan.

    Aparte, sorprendedeme a velocidade que poden alcanzar os deportivos, pois por unha parte a velocidade a que van o único que se pode conseguir e matarse.

  26. francisco lopez di:

    O verdadeiramente interesante desta noticia e desarroyar a tecnoloxia necesaria para poder sacar o maximo rendemento os motores electricos xa que estas marcas teñen mais cartos para poder investigar e asi as marcas dedicadas a un publico de unha economia media poderan sacar tamen coches electricos non so para cidade como por agora estan dedicadas estos coches senon cun rendemento similar a os coches actuais.

  27. adrian ballesteros di:

    Pareceme moi interesante que as grandes marcas de automoviles vaianse cambiando o lado eco porque isto nos beneficia a todos e isto teriano que facer con todolós coches para que a contaminacion que esta a facer tanto dano a xente e os seres vivos en xeral ,sobre todo nas grandes cidades se os automoviles foran electricos non avería tanto problema.

Deixa unha resposta