Comprar, tirar, comprar, tirar, comprar…

En 1928 apareceu nunha revista de publicidade o dito: “Un producto que non vai estragarse  é unha traxedia para os negocios. A sentenza segue vixente, 80 anos despois, sendo norma obrigada na industria electrónica de consumo, entre outras. Este documental denuncia unha práctica común, a obsolescencia programada, é dicir, o recorte deliberado da vida dun producto para incrementar o seu consumo. 

Acordaron os fabricantes de lámpadas   limitar a duración destas? As impresoras levan un chip para “matalas” ó chegar  un número de usos? Está programada a vida da bateria dos iPods? 

Estas e outras moitas preguntas encontran resposta neste documental, dirixido por Cosima Dannoritzer e rodado en España, Francia, Alemaña, Estados Unidos e Ghana, un pais africano que xa é o vertedoiro dos refugallos electrónicos de occidente.

É  a loita do negocio contra a tecnoloxía a ética e a sustentabilidade.

   

Esta entrada foi publicada en 4. Cara a unha xestión sustentable e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.