Un Mickey mouse moi especial.

   rato e paxaro

O laboratorio de Bioloxía Integrada  da Universidade de Osaka  logrou modificar xenéticamente  ratos conseguindo un cento deles  con   cualidades vocais extraordinarias. 

Como o conseguiron? A investigación utilizou ratos modificados xenéticamente capaces de producir mutacións por medio de copias equivocadas de ADN a través de xeneracións. Obtiveron animais con diferentes modificacións físicas pero o primeiro rato “cantante” naceu por casualidade. Os seus descendentes herdaron esta capacidade de cantar como paxaros.  

Segundo o doctor Arikuni Uchimura, este logro servirá para tratar de obter máis información sobre como se orixinou e evolucionou a linguaxe  humana. As aves utilizan diferentes elementos sonoros, que emiten xuntos, como as palabras da nosa linguaxe, e logo “encadean” eses anacos en “cancións” suxeitas a certas regras lingüísticas. Agora poderan estudar como un rato, que emite novos sons, pode ter un impacto nun grupo de ratos comúns que non cantan.

Escoitade este impresionante video:


Autora: Raquel Gómez

Esta entrada foi publicada en 3. Revolución xenética e celular e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

18 Responses to Un Mickey mouse moi especial.

  1. vera lopez di:

    Paréceme fascinante as cousas que logra a ciencia. Nunca se me pasou pola cabeza que un rato puidera chegar a cantar coma un paxaro.

    A parte de facer que os ratos poidan cantar como paxaros, tamén científicos xaponeses crearon ratos modificados xeneticamente que non lle temen ós gatos e son capaces de facerlles fronte. Isto o lograron anulando os receptores ubicados no cerebro desta especie de animal e así impidendo a reacción natural ante o olor do seu principal depredador, o gato. Grazas a esto demostraron que o medo é unha cuestión “xenética” e non, como soe creerse, producto da experiencia.

    Deíxovos unha páxina que conten máis información sobre a transxénesis: http://geneticabioterio.wordpress.com/animales-geneticamente-modificados/

  2. Laura Solano di:

    Estou dacordo con mi compañeira Vera e que é impresionate a evolución que está facendo agora a ciencia,
    que incluso, dan a ”oportunidade” de que os ratos poidan ”cantar” parecido os paxaros.

    Investigando un pouco do porque cantan os paxaros atopeime que todos eles o
    fan sobre todo por dous motivos principales : para delimitar o seu territorio e tamén por o seu apareamiento (sobre todo nas épocas da primaveira).
    Ainda así, según David Rothenberg (ornitólogo e musico estadunidense) cree que a maioría o fan por pracer
    xa que a propia evolución da especie creou esa necesidade de cantar en todo momento. Rothenberg tamén nos explica que a maioría dos paxaros só poden
    aprender sonidos nos tres primeiros meses de vida ,pero que hai outros que fan silbidos ”máis complexos ” o largo de toda a sua vida.

    Agora mesmo tamén hai un estudio que trata de explicar do porque unos paxaros canta mellor ca outros, e según o
    Laboratorio de ornitoloxía da Universidad Cornell e a Universidad McGill de Carolina do Norte, os
    cantos son máis elaborados cando as condicións climatolóxicas das aves son moito máis duras.

    E que é impresioante con que nos segue sorprendendo a ciencia.

    Déixovos os enlaces nos que atopei a información.
    http://ecoturave.org.ve/view/noticiaShow.php?idN=67

    http://www.rtve.es/noticias/20081129/los-pajaros-cantan-por-placer/200374.shtml

  3. laura garcia rueda di:

    Paréceme impresionante que un rato chege a emitir sonidos coma os dos paxáro.

    Buscando información encontrei que o proxecto do traballo cos ratones “cantarines” chámase “Proxecto do ratón evolucionado”.
    O proxecto en principio, só daba resultados de ratóns con modificacións físicas, como dixo a nosa compañeira na entrada. Nunha páxina encontrei algúns dos exemplos das creacións que acharon con este proceso, a que máis me chamou foi a dun ratón cunhas extremidades pequenísimas e a cola coma a un perro salchicha.

    Tamén coméntase na entrada que este descubrimento será para poder investigar máis sobre a evolución da linguaxe humana…Isto agora será moito máis sinxelo xa que os ratos se poden estudar mellor cas aves debido a que son mamíferos e están moito máis cerca dos seres humanos nas súas estructuras cerebrais e outros aspectos biolóxicos.

    Buscando tamén atopei que non é só que este rato cante, senón que tamén actúa diferente. Os ratos normais só berran cando están asustados, con todo, este rato canta todo o tempo, igual que un paxaro.

    Quizás este sea un pequeno pasiño para a evolución dun novo tipo de rato e conseguir un “Mickey Mouse” (Coma xa dí no título) real.

  4. Martina Foglia di:

    Este artigo considéroo interesante porque é un achado científico,onde a importancia é lograr que un animal neste caso un rato, logre ter a capacidade propia dun animal diferente da súa especie.O importante nestes casos, é que os científicos logran situar,descifrar,anular ou agregar unha característica que non é propia do individuo asociándoa á doutra especie.
    É evidente,que do artigo despréndese que a inxeñería xenética esta recentemente nos seus comezos e que moitos dos seus logros xorden case por casualidade, pero esta rama da ciencia esta abrindo as portas cara ao que no futuro próximo será a clave que permita atopar moitas das respostas ás preguntas que nos facemos hoxe sobre a transmision hereditaria,as calidades das especies,as súas habilidades etc.

  5. Soledad Muiño di:

    Opino que grazas a estas técnicas e experimentos, se conseguirán grandes avances e descubrimentos científicos que nos serán seguramente moi útiles.

    Os animais modificados, en particular os ratos, poden ser empregados en tódalas áreas biomédicas cun gran número de aplicacións e propósitos, que van dende o coñecemento básico do xen alterado, ata o desarroio de novas estratexias terapéuticas para controlar algunha enfermidade. Estes animais axudan a coñecer mecanismos de acción que ocorren nos procesos biolóxicos e bioquímicos, tanto no desarroio embrionario, coma nos procesos de malignidade xerados no cáncer.

    – ¿Qué organismos poden ser manipulados xenéticamente?
    En teoría, tódolos organismos son susceptibles de ser manipulados xenéticamente. Sen embargo, a especie mais importante é o rato, xa que foi o primero que se empregou e no que se desarroiaron tódalas técnicas que foron usadas exitosamente para a xeración de animais transxénicos.

    – ¿Por qué o rato?
    As vantaxes do rato sobre outros animais experimentais inclúen a capacidade para manipular a información xenética nova, dentro da célula e de transmitila á línea xerminal, ten un ciclo reproductivo moi curto e os tamaños das camadas son moi grandes. Por outra parte o rato é un animal pequeno, manexable e moi empregado en laboratorio. Os ratos son relativamente baratos en comparación con outros animais experimentais e o seu mantemento é relativamente sinxelo. Por outra parte, na técnica de células stem* embrionarias, necesaria para crear ratones knock-out, as únicas células disponibles ata moi recentemente, foron células de ratón.

    (Células stem*: Se lles chama as primeiras células que resultan despois de que o espermio fecunde ao óvulo. Despois disto, as células comezan a multiplicarse a gran velocidade ata formar un embrión. Dentro de esta etapa, todas as células son iguais e totipotenciais. É dicir, calqueira delas potencialmente pode chegar a diferenciarse como célula definitiva do fígado, osos, neuronas, células sanguíneas…etc)

    ( O enlace, que contén mais información de interese http://www.revista.unam.mx/vol.1/num3/art3/ )

    Dicir que, tamén se modificaron xenéticamente outros animais como por exemplo vacas que dan leite con insulina, sen que represente un perigo para a saúde do animal. Vacas que producen tan preciada substancia que os diabéticos precisan para vivir.

  6. alejandro_lopez di:

    Paréceme algo incríble o que pode facer a ciencia cos ADN dos animáis ..
    Eu estiven mirando se existen outro tipo de mutacions nos ratos e atopei o seguinte:
    http://www.tendencias21.net/Una-mutacion-genetica-provocada-permite-a-ratones-ver-en-colores_a1474.html

  7. aida rodriguez di:

    A min paréceme verdadeiramente interesante que modificando os ratos xenéticamente poidan ter novas capacidades coma a de cantar coma un paxaro ou non temer os ratos.

    Tamen grazas a modificacións xenéticas lograron que os ratos non tiveran sobrepeso comeran o que comeran. Deixo o enlace que o atopei nunha nova do ABC: http://www.abc.es/20101216/sociedad/hambruna-hace-engordar-20101216.html

  8. breixo gonzalez di:

    Paréceme un pouco antinatural que un rato cante coma un paxaro, pero eu estou a favor de calquera avance tecnolóxico e isto e un deles.
    A pregunta é se ese rato sería aceptado por outro grupo de ratos ou que ocorrería cando conviviran.
    E este rato emitindo eses sons, Podería comunicarse coas aves?
    A min parécenme duas itneresantes preguntas

  9. francisco lopez di:

    Pareceme moi curiso que un rato poida ser capaz de facer os mismos sonidos que un paxaro inda que sea por causa dunha modificacion xenetica.
    Pero a sua vez pode ser moi interesenta de investigar e o parecer moi util para a investigacion da da nosa propia lingua.
    Pero podera ese rato ensinarlles esa lingua a outro grupo de ratos nos modificados xeneticamente¿?

  10. francisco lopez di:

    Pareceme moi curiso que un rato poida ser capaz de facer os mismos sonidos que un paxaro inda que sea por causa dunha modificacion xenetica.
    Pero a sua vez pode ser moi interesenta de investigar e o parecer moi util para a investigacion da da nosa propia lingua.
    Pero podera ese rato ensinarlles esa lingua a outro grupo de ratos nos modificados xeneticamente¿?

  11. laura montes di:

    Breixo, Francisco, para decidir se o rato sería capaz de comunicarse coas aves, primeiro habería que decidir ata que punto as aves se comunican entre elas. ¿De verdade os seus cantos comunican algo? ¿Qué poden chegar a comunicar con eles? Hai quen di que os paxaros cantan por pracer. Outras formas de comunicarse entre elas son a forma de abrir e pechar o pico, mover as ás… A comunicación das aves mestura sinais acústicas con sinais visuais. ¿Ata que punto é importante a apariencia? ¿Identificaría un paxaro a este rato como o emisor dos cantos?

    A min se me plantea outra dúbida: tal e como se ve, esta modificación xenética non produxo cambios na morfoloxía do rato (que se sepa, ¿non?), pero aínda así, coa corxa dun rato normal, é capaz de piar como un paxaro. ¿Un ser humano podería facer o mesmo? En teoría sí, claro…

    En un rato moi interesante, desde logo. É increíble o que conseguiron estes científicos.

  12. marta rodriguez di:

    Soledad fala das vantaxes do rato sobre outros animais experimentais, e ampliando información, atopei as razóns polas que o rato se converteu no modelo biolóxico e biomédico, estas son:
    1. O seu fácil manexo
    2. O seu tamaño apropiado para a crianza e manipulación
    3. Non requiren demasiados coidados.
    4. Teñen un sistema inmune similar ó dos seres humáns.
    5. Teñen un alto número de crias.
    6. Poseen un breve período de xestación (19-21 días), e o seu destete é rápido.
    7. As femias xeran un gran número de óvulos, os cales ó seren fecundados son moi resistentes.
    8. Ó ser mamíferos euterios, poseen un xenoma moi similar ó dos seres humáns.

    En canto ó canto dos paxaros atopei un artículo, que afirma que pode sevir para estudar nos humáns trastornos relacionados coa fala e coa linguaxe e que, tal e como dí o seu título “Aprender a cantar modifica o cerebro nos paxaros”.
    Déixovos o enlace do artículo: http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Aprender/cantar/modifica/cerebro/pajaros/elpepusoc/20100319elpepusoc_10/Tes

  13. breixo gonzalez di:

    Laura, pois claro que se comunican porque entón como explcias que os paxaros utilicen o canto como reclamo para as femias, iso non é comunicación? E se o rato é capaz de imitar ese canto, as femias poderían acudir a el pensando que é un macho buscando aparearse.
    Deixo un enlace sobrea comunicación dos paxaros.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Canto_de_aves

  14. lizeth viancha di:

    Penso que este tipo de innovacións son antinaturais xa que este rato, como mutación, vaino pasar moi mal no seu “habitat” pero se esta mutación afectase aos organos reprodutores as suas seguintes xeracións poderían usar esta característica para imitar o son dos paxaros para comelos.

  15. ana dominguez di:

    Eu estou de acordo con Lizeth xa que estes animais o sacalos do seu habitat e o xuntalos con mais ratos pode que non se cheguen a integrar e que os outros o rechacen.O xuntalos con outros estes emiten unhos ruidos mais fortes e comportanse de diferente maneira.
    Tamen debo de decir que e impresionante que un rato de interpretado o son dun paxaro.

  16. alexandra di:

    Eu creo que esta ben,mentras non se lles faga ningun dano os ratos e serva para algo,com é o caso que pode servir para saber a orixen da evolución da fala humana.

  17. adriana jimenez di:

    Para min estas novas características nun rato non sirven de nada, e paréceme unha atrocidade (aínda que a palabra soe forte) facer iso cos ratos para conseguir só que “canten”, que non ten ningñun fin beneficioso para eles.
    Se fixesen no lugar diso algo que lles puidera favorecer máis penso que sería máis productivo.

  18. adrian ballesteros di:

    Pareceme increible e sobre todo que isto o conseguiron por casualidade pero isto pasa con case todolos grandes inventos.
    Eu preguntome se poderan chegar a facer por cambios xeneticos que unha persona que non poda falar acabe falando ,eu creo que o tempo darame a resposta.

Deixa unha resposta