2011, Ano Internacional dos Bosques.

imagen

O ano 2011, é o ano adicado ós bosques. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas organizará diversas actividades para que a xente tome conciencia  de  que os bosques son parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta, debido ós beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan. Con este fin, promoverase a acción internacional en pos da ordenación sostible, a conservación e o desenvolvemento de todo tipo de bosques, incluidas as árbores que non se atopen neles.

Desde pequenos na escola cóntanos que os bosques, árbores, plantas…son o noso pulmón e nos non o temos moi en conta.

Soamente temos que ver  como aumenta a  deforestación da selva do Amazonas. Algunhas actividades son necesarias para a vida humana coma: a agricultura, a tala, a gandería… pero o problema é que non se toman medidas, e a selva  desaparece pouco a pouco.

Credes que algunha vez tomaremos conciencia dos nosos bosques e demáis vexetación,  que tan  necesaria é para a nosa vida? Pensades que atoparemos algún día unha solución para o dano que estamos facendo?

 Autora: Aida Rodríguez.

Esta entrada foi publicada en 4. Deforestacion e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to 2011, Ano Internacional dos Bosques.

  1. raquel blanco di:

    Hai un dito que di que unha ardilla hai uns anos, podía cruzar toda a Península Ibérica sen tocar o chan para nada. Quizás isto fose una esaxeración, pero na actualidade iso creo que sería imposíbel. Se todos axudasemos algo, din que poderíamos mellorar, pero eu non o teño tan claro, posto que mesmo aquí na Coruña, están a talar árbores de merendeiros que estaban en perfecto estado. Se iso é unha maneira de axudar…
    Deixo aquí a páxina do blog: http://www.barriodelosrosales.es/2008/09/%c2%bfpor-que-talan-estos-arboles.html

  2. carolina lopez di:

    Pareceme importante a conservacion dos bosques, son importantes xa que fan a:
    – Regulacion do auga: as masas forestais retienen o auga de lluvia.
    – Influencian o clima: Nas zonas continentais mais o 50% da humedade do aire está ocasionada pola auga bombeada polas raices e transpirada polas follas da vexetación. Cando se talan os bosques ou selvas de areas extensas o clima se fai máis seco.
    – Absorben dióxido de carbono da atmosfera: Os bosques colaboran para frenar o efecto invernadoiro por este motivo dise que son os “pulmóns da Terra”.
    -Reservas de gran número de especies: Os bosques naturais son principais reservas de biodiversidade xa que ofrecen multitude de habitats distintos.

    A deforestacion é unha catastrofe ecolóxica tanto para os seres humanos como para outras especies de seres vivos.
    http://www.proyectopv.org/1-verdad/deforestacion.htm
    Aqui os deixo un enlace onde os fala da desforestacion, paréceme interesante o dato que nos mostra nos primeiros parágrafos no que nos di que a tala de hectáreas é equivalente á superficie dun campo de fútbol cada segundo e so quedan 3.000 millóns de hectáreas na actualidade.

    http://blogs.que.es/blogfiles/ilusiones-perdidas/12-4Deforestacion.gif
    En verde, estan os bosques que quedan; en marrón, os que xa desapareceron.

  3. vera lopez di:

    Como ven di Aida, os bosques son ecosistemas imprescindibles para a vida. Son o hábitat de multitude de seres vivos, regulan o auga, conservan o solo e a atmósfera e suministran multitude de productos útiles.

    Hoxe en día a superficie mundial dos bosque é de 3500 millóns de hectáreas e hai uns 8000 anos había uns 6000 millóns de hectáreas. Cada ano desaparecen uns 14 o 15 millóns de hectáreas.
    Nunha sociedade na que parece que danos igual os problemas que sofre o noso planeta e que o que nos importa son os cartos e o noso propio enriquecemento, sinceramente penso que non, non vamos tomar conciencia dos nosos bosques e demáis vexetación. Ainda que cada vez máis xente estase a dar conta disto, así que espero (polo ben de todos, porque pensamos que todo isto non nos va a afectar, e estamos moi equivocados) que empezemos a cambiar esta situación que nos pon o planeta e a nós nun apuro.

  4. jose luis lopez di:

    A reforestacion é un bo camiño para a recuperacion dos bosque. A reforestación é a repoblación de zonas que no pasado estaban cubertas de bosques que foron eliminados por diversos motivos (industrias da madeira, ampliacións agricolas e gandeiras, ect…).

    Para reforestar un lugar hai que facer un estudo medioambiental e pasaxístico.
    Nalguns casos se fan reforestacións con intencións paisaxisticas e se opta por determinadas especies que, aún sendo autóctonas, non eran as adecuadas para o equilibrio ecolóxico. Asi poden aparecer as especies invasoras.

    Aqui deixoos con un video sobre a reforestacion:
    http://www.youtube.com/watch?v=VeQTY6ShNNE

  5. Laura Solano di:

    O Amazonas, como moitos outros bosques e selvas, ten un importante papel nos noso sistema climático.
    A destrucción da selva amazónica para sustituir as árbores por cultivos agrícolas e explotaciones ganadeiras non é un bo negocio para os habitantes das zonas cercanas a os bosque nin para nós. Ben é certo que no primeiro momento pode producir un florecemento das condicións de vida, pero logo chegará o momento declive e a situación podería llegar a ser crítica.
    Na miña opinión o problema maior é cando se inicia unha deforestación, a xente accede estes actos ”pensando” en novos recursos. Diste modo haberá maiores ingresos e beneficios para unha boa educación, asistencia sanitaria e mellorar o nivel de vida e outros moitos beneficios…
    Pero ista ganacia será parcial. En pouco tempo o nivel de desenrolo volve á situación anterior cando ista deforestación se extenda a selva virxen. O final, o momento de antes da deforestación e despois de perder a selva serán practicamente iguales o incluso peores.

    Algunhas das ideas que se poden implantar pra salvar o amazonas en Brasil(ou nosutros bosques e selvas) serían:
    1.Rehabilitacion e incremento da productividade de terras deforestadas.
    2.Extensión de areas protexidas
    3.Desarrollo basado nos conceptos do uso nalgúns bosques existentes
    4.Cumprimento da lei.
    Pero claro está que isto só son ideas, xa que sen axuda de todos non poderemos cambiar o que esta pasar nesto momento co nosos bosques.

  6. sabela rey di:

    Na miña opinión á hora de tomar conciencia pasa como co resto das cousas (como xa apuntei na entrada do reno), é dicir, se as palabras non te convencen farano as imaxes duras ou a medida que vaias achegándote ao “final”. Penso que o ideal sería educar aos nenos dende pequenos no tema e que as xeracións que veñan sexan máis conscientes nestes temas. Non creo que poida haber outra maneira na que a día de hoxe todos nos deamos conta da importancia do medio. Ollo, non pretendo dicir que este tipo de campañas non sirvan para nada, ao contrario, con que unha persoa tome conciencia algo cambia.

    En canto ás solucións eu tamén abogaría pola reforestación, despois o lóxico sería que existiran leis que verdadeiramente regularan e multas que verdadeiramente castigaran.

    http://www.wwf.org.py/lineas_accion/legislacion/deforestacion/ “Paraguay usou esta oportunidade para demostrar que o uso sustentable dos recursos naturais é posible, cando existe un achegamento e coñecemento da comunidade sobre as prácticas agrícolas gandeiras alternativas”. No enlace explícase como Paraguay pasou de ser dos países con maior deforestación a ser un dos que menos gracias á intervención de diversos grupos ecoloxistas e á elaboración dunha lei que se cumpriu.

  7. laura garcia rueda di:

    Eu opino o mesmo que Sabela en canto que hai que empezar a educar os nenos desde pequenos e conciencialos do dano que estamos a causar nos nosos ecosistemas (neste caso, os bosques) e que eles poderían facer algo para paralo.

    O manteñemento dos bosques é moi importante xa que os bosques constitúen fontes de vida, crecemento e desenvolvemento para a humanidade.
    Nos bosques viven máis de 300 millóns de persoas, pero resulta que os bosques sofren constantemente as agresións dos propios seres humanos.
    Por estas é máis razóns é porque a ONU escolleu o 2011 como o ano internacional dos bosques.

    Nesta páxina poderemos encontrar moita información sobre os bosques, os tipos que hay, as súas características que teñen…
    http://www.tecnun.es/asignaturas/Ecologia/Hipertexto/12EcosPel/110Bosque.htm
    O que me gustaría salientar da páxina é que dice que fai uns 10 000 anos, cando terminou o último período frío, os bosques ocupaban entre o 80 e o 90% da superficie terrestre, pero a partir de entón a deforestación foi crecente e na actualidade os bosques cobren entre un 25% e un 35% da superficie terrestre.
    Paréceme unha barbaridade.

    Este vídeo paréceme que conta moi ben toda a situación dos bosques e como chegaron ata tar nela (É un pouco largo, pero está moi ben)
    http://video.google.com/videoplay?docid=5605793967476503237#

    Sobre as solucións, hai moitas, unha delas é da que fala Sabela en Paraguay.
    Outra é esta que encontrei nunha páxina da que fala de moitas solucións que presentan diversas rexións do mundo.
    A levan a cabo en Haití:
    Onde non queda máis que o dous por cento do bosque orixinal, un programa financiado sobre todo pola Axencia Norteamericana para o Desenvolvemento Internacional promove o cultivo de árbores proporcionando aos agricultores o cadro de persoal e outras axudas. Cada ano, grazas ao proxecto agroforestal, os viveiros de Haití, distribúen setenta millóns de diminutas plantas a corenta e cinco mil pequenos agricultores”
    Esta é páxina, onde podedes ver máis solucións.
    http://www.dforceblog.com/2009/09/10/soluciones-para-la-deforestacion-en-el-amazonas/

  8. Soledad Muiño di:

    Esta é a segunda vez que os bosques son protagonistas dun Ano Internacional. A primeira vez foi en 1985, cando a ONU pediu que se tomara conciencia sobre a necesidade de protexelos.
    a) Os bosques :
    – Axudan a manter o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade
    – Limitan a erosión en concas hidrográficas
    – Influen nas variacións de tempo e clima
    Asimesmo abastecen as comunidades rurais de diversos productos, coma a madeira, alimentos, combustible, forraxes, fibras ou fertilizantes orgánicos. Son fonte de combustible, refuxio e medicamentos para moita xente.

    b) Nun mundo ocupado por sete mil millóns de persoas, os bosques, que representan mais do 30 por cento do territorio e conteñen o 80 por cento da biodiversidade do planeta, perden anualmente 13 millóns de hectáres (unha superficie equivalente a cuarta parte da Península Ibérica).
    – EN EUROPA: O 5 % dos bosques do mundo atópase en Europa e as súas árbores absorben un total de 0,5 gigatoneladas (Gt) de Co2 ao ano, en comparación as 5 Gt emitidas pola industria europea
    – OS BOSQUES EN ESPAÑA: Segundo datos da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación), España ten 14,4 millóns de hectáreas de bosques, o que fai ao noso país o cuarto en en Europa con maiores recursos forestais despois de Suecia, Finlandia e Francia.
    O 88 % da superficie forestal de España ten coma función principal a protección contra a erosión do chan e a desertificación, así coma a regulación do ciclo hidrolóxico.
    O 12% restante son bosques productivos que suministran gran parte da madeira que consume España.

    c) A reforestación:
    Neste enlace explícase moi ben en qué consiste e cales son os seus beneficios http://www.enbuenasmanos.com/articulos/muestra.asp?art=2270
    A reforestación é a maneira mais fácil de loitar contra o cambio climático, xa que as árbores contribúen a eliminar o exceso de dióxido de carbono da atmósfera. Dicir que loita contra o cambio climático é unha causa perdida sen antes non se frea a deforestación.

    d) – As causas da deforestación son as seguintes:
    1 Tala incontrolada
    2 Xeración de extensións da terra para a agricultura e gandería.
    3. Incendios
    4. Construcción de espacios urbanos e rurais
    5. Plagas e enfermidades das árbores
    -As consecuencias da deforestación son:
    1. Erosión do chan.
    2. Alteracións climáticas.
    3. Reducción da biodiversidade, das diferentes especies de prantas e animais.
    4. Quentamento global da terra.
    Creo que se debería concienciar mais a poboación con este tema tan importante xa que os bosques do noso praneta están disminuíndo día a día. Causas coma a tala ilegal, deberían ser controladas e erradicadas. Resaltar que é de gran importancia a axuda dos países desarroiados ao tercer mundo, para que éstes non se visen obrigados a destruir os seus bosques para sobrevivir.

  9. jorge suarez di:

    Como ben din os meus compañeiros os bosques son moi importantes nas nosas vidas xa que realizan moitisimas funcions que xa citaron pero resulta incrible que teñamos que facer anos dedicados a certas cousas para que nos deamos conta da gravidade do asunto e que temos que facer algo.
    Por eso penso que nunca aprenderemos a leccion e que nunca repoboaremos os bosques nin calquera outro problema que nos xorda

  10. breixo gonzalez di:

    Eu son un amante das plantas e gústanme os bosques e penso que é unha pena que non se cuiden. As leis seran estrictas pero a hora da verdade non se aplican.
    Moitos bosuqes desaparecen por culpa dos incendios e isto é preocupante.
    Cada verán chegan noticias sobre incendios forestais provocados ou non difíciles de parar e que arrasan con hectáreas de vexetacion.
    Deico un enlace do goberno relacioando con isto.
    http://www.mma.es/portal/secciones/biodiversidad/defensa_incendios/

  11. laura montes di:

    Vivo dende hai sete anos no monte da Zapateira, e ao longo deste tempo vin como as zonas de bosque de eucaliptos das que estaba rodeado foron desaparecendo con gran rapidez para dar lugar a novas urbanizacións. O lugar onde antes podías ir pasear e que quedaba cincuenta metros da porta da miña casa xa non é un bosque.

    Gústame que este ano 2011 esté dedicado aos espacios verdes do noso planeta. Máis dunha vez contáronme aquilo de que na antiguedade, unha ardilla podería recorrer España de árbore en árbore sen ter que tocar o chan en ningún momento.
    En relación atopei este artículo que explica cómo avanza a desertización e a deforestación dende o sur do noso país.
    http://www.belt.es/noticias/2005/junio/14/desierto.asp

  12. diego lousa di:

    Tendo en conta os, xa citados anteriormente por outros usuarios, motivos da importancia dos bosques no noso planeta, é preciso tomar medidas para a súa conservación e recuperación.

    Entre as medidas citadas vexo a reforestación, relevante á hora de recuperar zonas anteriormente cubertas por bosque, pero insuficiente, xa que non aborda o problema no seu conxunto mentres a deforestación siga presente e en maior medida ca reforestación. Entre as principais causas da deforestación das que somos responsables temos:

    – A xeración de extensións da terra para a agricultura e gandería.
    -A construcción de espacios urbanos e rurais.

    E con iso en mente e afondando máis no asunto, unha posible causa destas causas é o incremento da poboación, problema ó que tamén teremos que afrontar, e que a súa solución penso que solucionaría parte deste problema entre outros.

    Tamén abogaría pola idea proposta por Sabela da concienzación dos cidadáns, que mellor forma a través das imaxes (entendendo por isto; películas, documentais, campañas de publicidade… etc).

    E tamén está nas nosas mans non contribuir á deforestación tomando medidas como a reciclaxe de papel e o seu posterior uso. Unha costume propia dun país como Holanda é a adquisición dos mobres que a xente deixa xunto aos contenedores de basura, e isto podería considerarse tamén un tipo de reciclaxe e que non contribúe a expansión de empresas dedicadas á venta de mobres e fortes responsables da deforestación (a máis destacable deséxanos un feliz knut sempre nestas datas).

  13. francisco lopez di:

    Eu creo que o dano que se lles esta causando os bosques tera un fin non moi leixano xa que a xente acabara tomando cociencia do importantes que son e incluso podria facerse unha lei comun para todo o mundo no caso dun perigo estremo para nos.Xa que os animais que abitan os bosques xa estan sufrindo as consecuencias.
    Tamen penso que un probable fin de este problema poderia ser o descubrementos de novos materias que convenceran os consumidores.

  14. gabriela lopez di:

    Creo, en primeiro lugar que é unha moi bo a idea dedicar este ano aos bosques, xa que é unha boa forma de contribuír á concienciación das persoas sobre o coidado destes.
    Tamén creo non nos damos conta que estamos causando moito dano no noso medio con actividades como a talla indiscriminada, a queima de bosques e moitos outros actos que pouco a pouco están rematando cunha importante fonte de osixeno, é por iso que estou de acordo en con Sabela en que deben educarse dende moi pequenos para evitar que as novas xeracións imiten estas.
    E para evitar estes actos destrutivos co noso ámbito, levar a cabo medida máis severas contra todo aquel que atente contra isto, e que de verdade se cumpra.

  15. marta rodriguez di:

    A min, ó igual que a Laura García, tamén me parece unha barbaridade o dato da superficie terrestre dos bosques, antes do período frío e na actualidade; pois non é unha diferenza pequena, é un 50%, a metade menos de superficie.

    En canto á pregunta de Aida, de se atoparemos algún día unha solución para o dano que estamos facendo, eu opino, que igual que coa maioría dos problemas da terra (a contaminación, por exemplo), non nos imos dar conta ata que as cifras sexan altísimas, e non podamos facer nada. Creo que estamos moi acostumados a escoitar novas malas (aínda que veñan acompañadas de datos escalofriantes e campañas), poden concienciarnos, pero penso que é realmente difícil cambiar a toda a poboación.

  16. alicia lopez di:

    Estou de acordo con Diego, penso que é necesaria a reforestacion, pero non prantar unha árbore e xa quedar cansos, hai que tomarse isto en serio.
    Á xente non lle importan para nada as prantas en xeral, é certo que non senten dor, pero por exemplo o outro día atopeme con varias partes dun matorral pintadas con spray azul ¿para qué? ¿para qué intoxicar á pranta? ¿que probeito ten? ¿ela danos osíxeno e hai xente que a quere afogar? qué ironía.

    http://www.google.es/imgres?imgurl=http://republicavirtual.files.wordpress.com/2008/09/bosque.jpg&imgrefurl=http://es.ideas4all.com/ideas/74811-como_evitar_incendios&usg=__26aoaxVBuyV3ayKZxoiBlJrfA6U=&h=768&w=1024&sz=312&hl=es&start=43&zoom=1&tbnid=xDj11bCm0JNQ2M:&tbnh=130&tbnw=142&prev=/images%3Fq%3Dbosque%2Bgalego%26um%3D1%26hl%3Des%26sa%3DN%26biw%3D1010%26bih%3D585%26tbs%3Disch:10%2C1511&um=1&itbs=1&iact=hc&vpx=473&vpy=159&dur=335&hovh=171&hovw=229&tx=151&ty=125&ei=eQsuTdHpBYSj4QbakYjTCw&oei=MQsuTe_sK5D-4AbIy_COCQ&esq=8&page=4&ndsp=15&ved=1t:429,r:7,s:43&biw=1010&bih=585 este é o link dunha imaxe que atopei que rebosa osíxeno e frescor ¿e esto o que imos deixar desaparecer?

  17. lizeth viancha di:

    Eu, e sintiendoo moito, penso que cada vez teremos menos pulmones no noso planeta se seguimos coa tala indiscriminada de árboles e as queimas por diversos problemas (que non son naturais). Pero tamén penso que aínda estamos a tempo, ainda que nos queda pouco e vamos xustos, para conservar a natura como ela nos protexe e iso que somos unha invasión para ela.
    Deixovos un enlace no que vos fala dos arboles lexendarios que se conservan no noso planeta.
    http://www.diariosalta.com/curioso/mundo/462-arboles%20gigantes

  18. alexandra di:

    Parece increibel a ambición do home, porque xa vimos nas outras entradas que o home é capaz de matar salvaxemente animais, de estinguilos, de acabar coas selvas e bosques,etc; e todo por ambición. Estamos acabando coa Terra e a moita xente se lle dis iso parecelles unha parvada. Deberia tomarse todas as medidas posibles para rematar con isto.

  19. adrian ballesteros di:

    Non creo que ninguén tome conciencia coa tala dos árboresata que se chegue a un punto extremo.
    E creo que se non paramos pronto a tala masiva da selva imos mal porque podenos chegar a costar moi pero que moi caro e pareceme xenial que a ONU dease conta de que poda axudar e faino pois dicindo que o 2011 é o ano dos bosques e espero que serva para concienciar a alguén.

Deixa unha resposta