Todo un lince

imagen

O Lince Ibérico (Lynx pardinus) é o felino máis ameazado do planeta. Desde hai décadas, este endemismo da península Ibérica   experimenta unha grave redución na súa área de distribución e no tamaño das súas poboacións, de maneira que na actualidade o número de linces ibéricos non parece exceder os 150 exemplares.

As principais ameazas  son a escaseza da súa presa básica, o coello, debido ás diferentes epidemias que sufriu desde os anos cincuenta (mixomatose e enfermidade hemorráxica); a mortandade producida polo home de maneira intencionada (caza furtiva) ou accidental (trampeo destinado a outros animais, atropelos, etc.); a destrución ou alteración do seu hábitat (a matogueira e bosque mediterráneo); e o illamento e a fragmentación das súas poboacións, xa moi pequenas e que debido á degradación do hábitat e á construción de obras públicas como estradas, encoros, etc. non atopan corredores polos que intercambiar individuos.

Para seguir a reforzar a mermada variabilidade xenética do Lince  o Concello de Medio Ambiente da Xunta de Andalucía  liberarou unha parella de linces de Serra Morena no parque nacional de Doñana.

España, como país que alberga a tódolos efectivos de lince ibérico, ten a principal responsabilidade da conservación desta especie, única en Europa e no Mundo.

Credes que vai dar solución a idea do Concello de Andalucía? Pensades que o lince vai desaparecer?

Déixovos un documental que se divide en cinco partes: 1ª parte, 2ª parte, 3ª parte, 4ª parte e 5ª parte.

Autora: Lizeth Vianchá

Esta entrada foi publicada en 4. Biodiversidade e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Todo un lince

  1. aida rodriguez di:

    O primeiro que quero dicir, é que me parece sorprendente coma os seres humáns somos capaces de destruir o hábitat das nosas especies. Xa que non nos damos conta e os seres humáns somos os que máis perxudicamos as outras especies e mesmo a nosa. Carlos Darwin afirmaa que a extinción dunha especie e un feito natural, pero os humáns aceleramos este proceso debido a destrucción dos seus hábitats.

    Eu penso, que os linces chegarían a sobrevivir e crear descendentes sempre e cando tivesen o seu alimento, e un medio onde desenvolverse de forma natural. Pero mentres o alimento desapareza creo que por moita liberación de parexas de linces non van a acadar o resultado óptimo.

    Deixovos un artigo do “Diario de Sevilla” no que fala da liberación dos dous linces ibéricos: http://www.diariodesevilla.es/article/andalucia/852021/lince/iberico/se/examina/libertad.html

  2. aida rodriguez di:

    Perdoade por facer un comentario en dous, pero é que atopei na rede unha páxina interesante do lince ibérico, e que aparte ten uns enlaces tamém interesantes en PDF: http://www.sierradebaza.org/Fichas_fauna/07_03_lince/lince.htm .

    Nela fálan das presas, que tamén fai referencia Lizeth na entrada “a principal presa do lince é o coello, aínda que tamén pode dar morte a cervatos, lebres, roedores e mesmo aves como a perdiz e as anátidas. Porcentualmente o coello representa entre o 70 e o 95 % da biomasa do lince, seguido dos cérvidos (un 15 % aproximadamente) e aves. Cifras que van depender da época do ano e das dispoñibilidades de alimento.”

    Un dato curioso sobre os linces é que os únicos animais dos que o lince podería ser presa serían os lobos, pero ainda así os dous animais non serían capaces de vivir no mesmo hábita. Isto tamén o atopei nesta páxina igual que outros datos destacables, pero que non me chamaron tanto a atención coma este.

  3. carolina lopez di:

    É unha pena que desaparezcan especies de nuestro planeta, sendo a súa desaparicion casi sempre pola actividade humana como a caza ilegal, a contaminacion, a construcion de infraestructuras. Non so o lince iberico é unha das especies en perigro de extincion en España tamén a cigüeña negra, o quebranta osos, o oso pardo, a foca monxe, o lobo, ect….

    Eu estou de acordo co que di Aida, ainda que liberen linces mentras desaparezca o alimento e mentras o home sega reducindo o seu habitad non se vai a salvar o lince iberico.

    http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/science/newsid_4343000/4343417.stm
    Atopei este artigo no que chamoume a atencion que dicen que ” É ridiculo que, por un lado, a UE apoia proyectos destinados a protexer o lince, mentras por outro lado financie a creacion de estradas e represas que estan levandoo á extincion”

  4. vera lopez di:

    Lendo este artigo doume conta da razón que ten Adela cada vez que nos di que “os animais van facer unha festa cando desaparezcamos”.

    Respondendo a pregunta de Lizeth, creo que é unha boa idea, porque todo o que implique retardar a extinción total do lince ibérico está ben.
    Respecto a se o lince vai desaparecer, decirvos que este animal leva sendo unha especie protexida dende o ano 1966, e tendo en conta que en tan só dez anos a sua poboación reduciuse a metade, penso que chegará un momento no que desaparecerá totalmente.

    Deixovos unha páxina sobre o lince que está moi ben: http://www.lynxexsitu.es/menu_inicio.htm

  5. laura garcia rueda di:

    Sobre a idea do Concello de Andalucía penso que pode ser unha boa idea para que pouco a pouco os linces se vaian adaptando a outros lugares, se reproduzan e que ao final se podan salvar da súa extinción.

    Nesta páxina podedes ver unha noticia similar á da nosa compañeira Aida (con algunha información máis) na que fala desta idea:
    http://www.elmundo.es/elmundo/2010/12/04/andalucia/1291482585.html
    Nesta páxina engade que aparte destes dos linces e o seu macho “tutor”, tamén serán liberados dous felinos: O macho Íbero’ e a hembra ‘Eva’, nun cercado próximo para que se reproduzan nos meses de Febrero ou Marzo.

    Neste vídeo do 2006, mostranos como o lince vaise afastando do perigo de extinguirse pola súa recente subida de natalidade:
    http://www.youtube.com/watch?v=v7GLyF1oKrg&feature=related

    Esperemos que a idea do Concello de Andalucía sirva de algo, e este precioso animal, chege a non ter ningún tipo de perigo.

  6. albert amor di:

    Páreceme incríbel todo o que facemos sen darnos conta(iso quero pensar eu) cando destruímos os hábitats das nosas especies, ademáis nosas xa que non existen exemplares fora da PI.
    vou deixar aquí unha páxina do proxecto Life Lince pra que vexades.

    http://www.lifelince.org/default.aspx?id=73

  7. raquel blanco di:

    Os humanos, como di Aida no seu comentario, estamos destruindo as hábitats e as especies que viven nela case sen decatarnos da falla que nos poderían facer nun momento determinado. No caso de Lince Ibérico, dende os anos cincuenta esta a desaparecer, e, algunhas estadísticas afirman que existe un 34% de probabilidades que no 2050, esta especie desapareza da Terra. Algo realmente incrible sabendo que dende hai uns sesenta anos, estos animais están amenazados. Pero por qué agora tanta importancia que se lle esta a dar a esta especie, se hai moitas máis que tamén precisan de axuda? Deixo una páxina na que veñen algúns destes animais e plantas: http://centros4.pntic.mec.es/cp.don.miguel.angel.artazos.tame/extinc/extinc.html
    Esta outra páxina tamén a deixo. Di moi claro o perigo que corre o Lince Ibérico.
    http://nakitasiempre.spaces.live.com/blog/cns!5BB0846C05738684!183.entry

  8. adela di:

    Moi ben chicos! Quen sabe o que é un endemismo? Que significa variabilidade xenética?

  9. raquel gomez di:

    Volvemos a un tema parecido ao post publicado por Aida Rodriguez;”O sufrimento de rudolf”.O que podese diferenciar e que os renos non estan en perigo de extinción e os linces si,aunque se seguimos así….O fin e o mesmo de sempre e a realidade é que a man humana esta acabando cos animais.Cada ano vai aumentando mais e mais o numero de especies en perigo;só do ano 2007 ao 2009 ascenderon de 16.306 a 17.000 animais e tráxicamente non se libra ningún;plantas,anfibios,mamiferos…É dificil que este numero pare de medrar se non se convece á humanidade… Por último,respecto á pregunta de Adela,un endemismo significa que só é posible encontrar unha especie de forma natural nun ámbito xeográfico reducido.

  10. aida rodriguez di:

    Respondendo as preguntas de Adela:

    – Un endemismo é unha especie de seres vivos exclusiva dunha determinada rexión xeográfica. Como ben se deduce o lince ibérico e un endemismo da Península Ibérica, xa que no único lugar onde ainda hai exemplares.

    – A variabilidade xenética quere dicir que nalgunhas xeracións aparecen descendentes dotados de características novas.

  11. raquel blanco di:

    Adela, se non recordo mal, posto que o busquei para facer o meu anterior comentario, chámaselle endemismo á distribución que teñen as especies que só se atopan nun determinado lugar. Pero deixo tamén a páxina onde o atopei que veñe máis información útil.
    http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/especies_endemismos_cas.jsp
    Nesta páxina tamén di que hai uns 8000 ou 9000 anos, nas Illas Cies, determinadas especies evolucionaron creando un novo taxón endémico, debido ó aislamento de esa especie nesa zona.

  12. cristina gonzalez di:

    En bioloxía,o término endemismo soe emplearse para falar dunha especie animal o vexetal cuya distribución bioxeográfica encóntrase limitada a un ámbito reducido.
    O término aplícase tanto para unha especie como para outros niveles taxonómicos, como familia, xénero, subespecie ou variedade.

    Moitos endemismos son especialmente sensibles a alteración do seu hábitat. Así, en Galicia, como noutras partes da península,observase que certas poblacións están sufrindo un marcado declive por causas antrópicas, básicamente debido á destrucción ou alteración do seu hábitat.

    A variabilidade xenética é una medida da tendencia dos xenotipos dunha población a diferenciarse.
    Os individuos dunha mesma especie non son idénticos. Aínda que son reconocibles como pertencentes á mesma especie, existen moitas diferencias na súa forma, función e comportamento. Por exemplo, os jaguares do pantanal en Brasil teñen casi o doble do tamaño (100 kilos) que os jaguares mexicanos (entre 30 e 50 kilos) e sen embargo son a mesma especie.

    A variabilidade xenética permite a evolución das especies, xa que en cada xeración soamente unha fracción da población sobrevive e se reproduce transmitindo características particulares á sua proxenie.

  13. vera lopez di:

    Respondendo ás preguntas de Adela:
    -Un endemismo é un termino utilizado en bioloxía para indicar que a distribución dun grupo de organismos emparentados está limitado a un ámbito xeográfico reducido, non encontrándose de forma natural en ninguna outra parte do mundo. Cando indícase que unha especie é endémica de certa rexión significa que só é posibel encontrala de forma natural nese lugar. O lince ibérico é un endemismo propio da Península Ibérica.
    -A variabilidade xenética refírese á variación no material xenético dunha poboación ou especie, e inclue os xenomas nuclear, mitocondrial e ribosomal, ademais dos xenomas doutros orgánulos. A variabilidade xenética nova pode estar causada por mutaciones, recombinaciones e alteracións no cariotipo (o número ,forma, tamaño e ordenacio´n interna dos cromosomas). Os procesos que afectan a variabilidade xenética son a selección natural e a deriva xenética.

  14. Martina Foglia di:

    Aquí fálallenos dun exemplo dunha das tantas especies ameazas do noso planeta, que de non atoparse unha solución apropiada vai en camiño á súa extinción. O lince ibérico, un felino que unicamente se desenvolve no noso país atópase ameazado por escaseza do seu principal alimento: o coello. Nótase claramente que unha especie está a depender da abundancia da outra, os motivos son comúns a todas as especies que se atopan en perigo de extinción, as tallas dos bosques, o desenvolvemento de camiños, urbanizacións, problemas ambientais? etc pero no caso que estamos a analizar, e por ser exclusivamente autóctona España é a que se atopa directamente involucrada en asegurar a supervivencia e a continuidade desta especie.
    As distintas agrupacións que se preocupan pola conservación das especies son para o mundo unha garantía que axuda a lembrar que non todo é desenvolvemento e que a natureza debe ocupar un lugar importante na nosa humanidade.

  15. breixo gonzalez di:

    Estou a favor e que se preserve o lince ibérico xa que é unha especie única no mundo.
    Pero é unha especie difícil de preservar e se non se pon empeño en preservala acabará desaparecendo.
    O de soltar unha parella de linces paréceme absurdo, unha parella non é suficienté, aínda que estén en doñana se ocorre calquer problema cun deles xa habería que traer outro individuo.

  16. jorge suarez di:

    Esta é unha das noticias que mais me gustan xa que o lince e o meu animal favorito.Non sei como as persoas son capaces de destruir o habitat onde viven non só estos animais senon moitos outros e a maneira na que os cazan sen parar.
    deixo un enlace con moita informacion sobre os linces:
    http://www.uco.es/~q62gacam/Peligro.html#LINCE

  17. laura montes di:

    Realmente penso que, tal e como lín no comentario de Vera, se de verdade a pesar de levar sendo unha especie protexida dende o ano 66 non fai máis que diminuír o número de individuos, é máis que lóxico que estamos a facer algo mal.

    Alarmoume a claridade coa que pode verse reflexada a diminución de linces neste gráfico da wikipedia ao longo dos anos: http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ed/Poblaci%C3%B3n_lince.jpg

    Sinceramente cóstame moito creer que logre salvarse coma especie, aínda que todavía conservo a esperanza de que con políticas que lle den máis importancia ao asunto, o consiga.

    Con respecto ás especies endémicas en perigo no mundo, atopei unha páxina que fala de especies en perigo na zona de América Central (aves, anfibios, mamíferos e peixes), entre elas algunhas endémicas.
    http://www.inbio.ac.cr/es/biod/estrategia/Paginas/diversidad03.html
    Imaxino que máis dunha delas está a pasar por algo similar aos nosos linces.

    Esperemos que nalgún momento, a cousa vaia para mellor…

  18. francisco lopez di:

    Na miña opinion a supervivencia do lince no he moi probable porque xa levan varios anos traballando para que poidan repoblar as areas que antes abarcaba este animal y todavia non han habido mellores destacables no numero de estes animais.
    Sin embargo pareceme moi boa a idea do concello de andalucia xa que e necesario que se faga todo o posible para non perder un animal tan espectacular e unico nas nosas terras con e o lince.

  19. marta rodriguez di:

    Parécenme moi preocupantes os datos que se reflexan no gráfico que puxo Laura Montes.

    Na miña opinión, o Lince Ibérico rematará por desaparecer, posto que é realmente difícil que non se extinga, por moito que traten de salvalo.

    Buscando información, impresionoume a cantidade de especies que están en perigo de extinción e as que definitivamente desapareceron.
    Déixovos un enlace da wikipedia, onde nos amosa un listado de especies que desapareceron: http://es.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Especies_extintas

  20. alicia lopez di:

    Penso que é vergonzoso que se vaia a deixar desaparecer un animal tan fermoso.
    Estou de acordo con Jorge e tampoco eu podo entender como as persoas destrúen así o hábitat dos animais.

    http://www.youtube.com/watch?v=HvwoYyGa7yw&feature=related este video pode parecer de entrada como para botarse a rir “un excremento que chamou a súa atención” pero esta posibilidade que plantea é relevante, creo que xa é hora de mirar máis polo seu hábitat que pola nosa comodidade.

  21. alexandra di:

    Eu creo que en vez de construir tantas casas,carreteiras… que logo acaben en desuso e algunhas a medio construir,deberian mirar con calma o mapa do mundo e pensar por un tempo nas especies que hai en cada lugar, e repartir as terras,a mitade para a construcción de casas,ruas… e a outra mitade para a vida das especies do lugar. Sen intrferir para nada o lugar das especies(solo mirar para elas).

  22. adrian ballesteros di:

    A idea do concello de Andalucía non é mala pero non creo que solucione nada. É unha pena pero eu creo que isto non se vai a solucionar a non ser que teñamos moita sorte.
    E é unha pena que se perda un emblema do noso país porque o lince o é .
    Espero que a alguén se lle encenda a lampada e que surxa unha solución para isto.

  23. Soledad Muiño di:

    Vese que o home non aprecia o que ten nin é capaz de conservalo así se prevee que o lince desapareza dentro dun marxe de 10 anos. Xunto con él atópanse en perigo de extinción en España:

    · O oso pardo: mamífero omnívoro moi común en Europa e en España. A principal causa pola que está en extinción é a caza.

    · Quebrantaosos: ave de presa moi parecida aos boitres. Soe vivir en terreos montañosos. É unha das especies en grave perigro de extinción.

    · Urogallo: ave en gravísimo perigro de extinción. Só se atopan alguns exemplares na zona Cantábrica, nos Alpes e nos Pirineos. En España está protexido dende o ano 1986.

    · Lagarto xigante: é unha especie de reptil propia das Illas Canarias. O número de exemplares disminuiu perigosamente nas dúas últimas décadas.

    Neste enlace apórtanse mais datos acerca da situación actual do lince:

    http://www.elmundo.es/especiales/2002/03/ciencia/lince/situacion.html

  24. Soledad Muiño di:

    Xa dixen en outras ocasións que quizais se invirta demasiado diñeiro nestas investigacións, aínda que estes si que son mellor invertidos ca os que son pra as guerras, armas… etc A tecnoloxía española chegará a Marte a finais deste ano e no 2013 volverase pra comprobar se “existe vida”.
    Neste enlace, mais información acerca disto:
    http://www.atlantico.net/noticia/131420/tecnologia/espacial/espanola/llegara/marte/finales/ano/

  25. Soledad Muiño di:

    Confundinme co último comentario e o poño agora na noticia correspondente.

Deixa unha resposta