O sufrimento de Rudolph.

imagen

Renoé o nome común dun cervo orixinario da tundra e dos  bosques abertos de Finlandia. Apreciado dende hai tempo pola súa carne, leite e pel é ademáis moi forte, resistente e rápido tirando dun trineo. Quen  imaxinaría ó Pai Noël sen os seus renos?

Pero a realidade de Rudolph, é ben distinta. Unha investigación da  WSPA (World Society for the Protection of Animals), revela  que estes animais son sometidos a un inmenso sufrimento durante toda a cadea do longo proceso industrial. Nos camións que os transportan ao matadoiro é frecuente, que cos cornos, mutilen as orellas uns a outros, ou que se golpeen estes ata a súa rotura. As feridas sangran durante horas. Cando os sacrifican utilízanse coitelos cos que lles cortan o pescozo e pistolas de parafusos apuntandolles na fronte. Ainda que estas  técnicas son contrarias á lei, fixádevos nas tristes imaxes deste video.  

   

Pensades que  sabemos realmente o que estamos a facer cos animais que son parte da nosa cultura? Pensades que só existe este caso?

Autora: Aida Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 4. Biodiversidade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.