Enerxía nuclear ecolóxica

imagen

A enerxía nuclear é un tema de discusión actual. Un dos maiores problemas que presenta é a acumulación de residuos radioactivos. Pero parece que estos residuos poderían ser reutilizados. O combustíbel producido a partir de uranio enriquecido ao 3% – 5% 235U é usado ata que a concentración de 235U é insuficiente para controlar o reactor.
O combustible “desperdiçado” contén ademáis unha enorme cantidade de enerxía utilizable, xa que mantén case a mesma cantidade de 238U, que foi utilizado na súa fabricación. E é que o 238U é transformado en carburante en reactores especialmente deseñados para iso. O uso de 238U conseguido multiplicaría as reservas de combustible nuclearUn grupo de científicos do  CIEMAT fabricou un  reactor nuclear experimental que podería convertir os residuos radioactivos en elementos estables. imagen

Calcúlase que existen ao redor de 300.000 toneladas de combustible radioactivo. A transformación de esos residuos permitiría reducilos a 3 toneladas.Que opinades da enerxía nuclear ? Estaríades a favor do seu uso ou en contra? Existen claros precedentes do perigosa que pode ser a enerxía nuclear (Accidente de Chernóbil, Accidente radiolóxico de Goiania,)

Autor: Breixo González

Esta entrada foi publicada en 4. Enerxía nuclear e combustibles fósiles e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Enerxía nuclear ecolóxica

  1. carolina lopez di:

    A enerxia nuclear ten as suas ventaxas xa que
    esta enerxia xenera un tercio da enerxia electrica que se produce na Union Europea, evitando asi, a emisión de 700 millóns de toneladas de dióxido de carbono por año á atmosfera. Por outra parte, tamén evítase outras emisións de elementos contaminantes que se xenera no uso de combustibles fósiles ( petróleo, carbón….) asi reducindo o seu consumo. a enerxía nuclear xenera con moi poca cantidade de combustible moitísima maior enerxía, evitando gastos en transportes, etc…

    Pero tamén ten inconvintes. Existe un alto risco de contaminación en caso de accidente, prodúcense residuos radiactivos que son difíciles de almacenar. Ten un alto e prolongado coste das instalacións e mantemento das centrais nucleares. e pode usarse con fins no pacíficos coma bombas nucleares.
    Neste enlace mostranos aplicacións en diferentes campos como son na medicina, electricidade, agricultura, alimentación e medio ambiente:
    http://www.bcn.cl/carpeta_temas/temas_portada.2005-12-27.6906371083

    Nun paragrafo do enlace chamoume a atencion que nos residuos atopase o plutonio-239 ,un isotopo radiactivo , que un só gran deste pode causar cancer a un milllon de persoas e emite radiactividade durante 250.000 anos aproximidamente. Polo que seria un gran avances o que nos mostra breixo na noticia xa que se poderian reducir os residuos que xeneran as centrais.

  2. anton perez di:

    Eu sigo pensando que está obsoleta, máis polos perigos que pode traer que polas consecuencias ecolóxicas, xa que non sempre as hai.
    De todas maneiras, se se colocan as centráis lonxe de poboacións non teñen por que ser malas, xa que son unha boa maneira de conseguir enerxía barata.
    Aínda así hai moito camiño que recorrer ata unha enerxía limpa e segura. O máis lóxico é aproveitar os propios movementos da terra e non os materiais. http://es.wikipedia.org/wiki/Energ%C3%ADa_e%C3%B3lica_en_Espa%C3%B1a . En España somos bastante punteiros niso, xa que como se ve ao final do artigo que enlazo o 8 de novembro do ano pasado o país estuvo funcionando cun 50% de enerxía eólica.

  3. aida rodriguez di:

    Como ben di Carolina, no seu comentario: “A enerxía nuclear ten as súas ventaxes[…]pero tamén ten os seus inconvenientes”. Eu penso que isto é como en todo, non todas as cousas son boas de todo, ou malas de todo.

    O que pasa, que os inconvenientes deste son maioritariamente os perigos, coma di Antón e algúns mencionados por Breixo. Neste enlace que vos deixo, no punto 10 fala das traxedias do almacenamiento destes residuos: http://www.monografias.com/trabajos5/resira/resira.shtml .

    Na rede, atopei que en España hai un Cementerio nuclear, nesta páxina fala del e a parte hai un esquema do almacenaxe dos residuos e un mapa das instalacións nucleares en España: http://waste.ideal.es/nuclear.htm

  4. lizeth viancha di:

    Eu estou totalmente en desacordo coa enerxía nuclear tanto polas graves consecuencias que produce no medio ambiente como polo gran tempo de desintegración dos residuos que xera. Tampouco estou dacordo na opción de enerxía renovable que puxo Antón xa que, hai tempo, lin un artículo que me abriu os ollos sobre a enerxía eólica. Nel poñía que todo o diñeiro que se aforra utilizando os eolos para xerar enerxía eléctrica gástase no seu mantemento. Outro dato que me impactou sobre a enerxía eólica, que na miña opinión é do peor que lle poidamos facer á Terra, é o proxecto que se ten pensado facer en Portugal, entre outros lugares. Déixovos un enlace para que vos informedes de dito proxecto no que ademais ven un vídeo explicativo:
    http://www.tendencias21.net/Nuevas-turbinas-flotantes-incrementan-la-energia-eolica-offshore_a4646.html

  5. jose luis lopez di:

    Eu non estoy deacordo coa enerxia nuclear xa que contamina e pode causar un accidente onde as persoas estan expuestas á radiacion, tanto de forma directa , pola nube radiactiva e o material radiactivo depositado no solo como por consumir alimentos contaminados e respirar aire contaminado, tendo graves consecuencias na saude humana. Podemos obter enerxia de outra maneira.

    Os inconvenientes da enerxia nuclear son a xestion, o tranporte e o almacenamento de residuos nucleares. Neste enlace deixoos un video explicando o anterior:
    http://www.youtube.com/watch?v=6fqs-nGDCy4

  6. laura garcia rueda di:

    Na miña opinión a enerxía nuclear é boa sempre que se use con certo coidado e responsabilidade, algo que temos a facer neste país é resolver os problemas cos dous extremos: Se necesitamos enerxía nuclear, faremos moitas centrais de estás e as teremos funcionando todo o tempo…Pero se despois vemos que isto está a repercutir no medio ambiente se lle obriga as centrais a cerrar deixando no paro a moitas personas e desperciando o diñeiro que costou construila, pero iso é outro tema…

    Unha das ventaxas do uso da enerxía nuclear é a relación entre a cantidad de combustible utilizado e a enerxía obtida. Isto se traduce en aforro de transportes ou residuos…Outra ventaxa é que ao ser unha alternativa do carbón ou do petróleo podremos frenar o calentamiento global.
    Se na xeración de enerxía eléctrica poiderase levar a practica a fusión nuclear obtendríamos unha fonte de combustible inagotabel, evitaríamos accidentes no reactor polas reacións en cadea que se producen nas fisiones e os residuos xenerados serían moito menos radioactivos.

    Pero tamén ten as súas desventaxas coma todo:
    A xeración de residuos nucleares é unha delas, xa que hai unha gran dificultade para xestionarlos e tardan moitísimos anos en perder a súa radioactividad e peligrosidad.
    Outro serían os costes de manteñemento e a posta en marcha das centrais nucleares:
    Se se quixera manter a produccion de reactores operativos deberían construirse uns 80 reactores nos próximos 10 anos, como por exemplo en España que a “vida útil” dunha planta nuclear é de 40 anos.

    Esos son varios dos exemplos das ventaxas e desventaxas da enerxía nuclear, da que podeis ampliar máis información con esta páxina que me atopei e da que saquei os meus datos:
    http://www.energia-nuclear.net/es/ventajas_e_inconvenientes_de_la_energia_nuclear.html

  7. antia navajas di:

    Eu non estou en parte de acordo en utilizar a enerxía nuclear, pois ten varias desventaxas moi claras como: non é unha enerxía renovable, débese destinar unha grande cantidade de diñeiro para garantizar unha boa seguridade e tamén alcanzar un estado de ignición
    http://es.wikipedia.org/wiki/Ignici%C3%B3n .
    Aquí os deixo un enlace sobre a enerxía geotérmica entre outras: http://www.renovables-energia.com/
    E outro que fala máis en concreto sobre a xeotermia: http://www.igme.es/internet/geotermia/La%20energ%EDa%20geot%E9rmica.htm
    Na miña opinión deberíase invertir máis diñeiro neste tipo de enerxías en vez de gastalo noutras cousas menos importantes.

  8. ana dominguez di:

    Non me parecen nin ven nin mal xa que as necesitamos.Son demasiado toxicas estas fabricas de enerxia nuclear,producen algunha que outra morte, producen mutacions nas persoas..
    Estan moi controladas e teñen moitas inspeccions para ver que todo esta en orden para que non pase unha catastrofe.
    Deixovos un pequeno enlace donde me informei :
    http://descubriendolafisica.blogspot.es/

  9. jorge suarez di:

    Eu non estou de acordo coa enerxia solar ainda que produza moita cantidade de enerxia os residuos que forma son moi perxudiciais para o medio.
    Deixo un enlace sobre os tipos de enerxia nuclear e as suas vantaxes e desvantaxes:
    http://exterior.pntic.mec.es/pvec0002/e_nuclear.html

  10. ivan garcia di:

    Para min a enerxía nuclear ten, neste momento, dous problemas bastantes graves.
    O primeiro é os seus residuos. Os residuos que producen as centrais nucleares son moi contaminantes e teñen un grave perigo para a naturaleza e para a saude. Estes residuos se levan, normalmente os denominados “cemiterios nucleares” que son pobos que aceptan que esten residuos se almacenan.
    O segundo problema seria o medo que producen as centrais debido a os accidentes que se producieron no pasado, como menciona Breixo no artigo. A xente sempre lle provoca moito medo a idea de vivir cerca dunha centra por medo a que lle ocorra algo semexante. Tamen e preciso decir que estes accidentes se produciron por non ter un bo mantemento das instalacións (como por exemplo na neboa de gas de Bopal que fixo que miles de persoas morreran por mor dun producto quimico). Estas cousas na actualidade son moito mais seguras e o risco dunha roctura e moi pequena.
    Quedeime cunha cousa da que fala Lizeth mais arriba. Di que a enerxia eolica é moi cara de manter, non soamente ten razón nisto, senon que ten un impacto visual na paisaxe impresionante como se podo observar nas costas galegas. Para min a enerxia a que lle vexo mais saida e a enerxia solar, que con poucos paneis se pode xenerar unha gran cantidade de enerxia, é o seu impacto e moito menor que o da enerxía eólica.
    Pero a cuestión é que antes de opinar cal e mellor o cal e peor, a verdadeira cuestión é, porque non se lle da unha verdadeira saida a ningunha?

  11. sabela rey di:

    Como ben indica Laura neste tipo de proxectos están en xogo moitas cousas, e a enerxía nuclear ten tantas vantaxes como número de inconvintes. Pois é, por exemplo, máis respectuosa co medio e contribúe menos ao quecemento global; por outro lado están os residuos xerados, os riscos dunha explosión radiactiva, etc. Sería, por conseguinte, moi interesante o reactor nuclear experimental que convertira os residuos xerados polas centrais en elementos estables.

    Aínda que o óptimo sería unha enerxía inesgotábel, limpa, económica e posuidora de moitos máis adxectivos de índole positiva. Non estou nin a favor nin en contra do seu uso, á verdade; pero na miña opinión a enerxía solar é a máis efectiva, pois pode destinarse a diferentes campos, non ten o impacto da eólica, e as súas vantaxes “gañan” ás obtidas polo resto.

  12. breixo gonzalez di:

    Todos contestades o mesmo, eu que tiña a esperanza de que aparecera algun pro-enerxía nuclear.

    Eu apoio a enerxía nuclear, todo o mundo céntrase so nas catástrofes e nos residuos, pero acaso non houberon catástrofes co petróleo e todo o mundo segue a usalo… Ademáis a enerxía nuclear aporta una enorme cantidade de enerxía, e a pesar do que din alguns, non contamina, apenas emite polución e o único inconveniente que presenta son os residuos, pero xa se atopara solución.
    Que eu sepa non ocorreu ningunha catástrofe que non se dera por causas de mala seguridade e non manter o mantenemento requerido.

  13. lizeth viancha di:

    Breixo é hora de que asumas de que a única razón pola que a enerxía nuclear úsase é porque xera moitos postos de traballo e porque é barata.

  14. breixo gonzalez di:

    E iso que ten de malo, xa se que é barata e que xera postos de traballo e non favorece o quentamento global. E por iso que me gusta, pero tamén outrasenerxías xeran postos de traballo, pero a enerxía nuclear xera una enorme cantidade de enerxía e se se atopara unha solución ao inconvinte dos residuos sería o novo petróleo e moito máis eficaz.

    Respecto á enerxía solar non é das que máis me gustae se lográramos aproveitar toda a enerxía do sol sería unha enorme fonte de enerxía.
    Tamén gústame o proxecto que investiga coa fusión de duas molécuals de hidróxeno, xa que estas abundan sería unha gran maneira de producir enerxía

  15. lizeth viancha di:

    Vale, moi ben pero as enerxías renovables non xeran residuos que tardan case a vida dun humano en desintegrarse e son inesgotabels. Penso que aínda que a defendas, a enerxía nuclear ten os días contados, vamos cara un futuro máis limpo e esta enerxía queda fora desas posibilidades e é que ese é o problema, o tempo.

  16. ivan garcia di:

    Eu entendo a postura que esta a tomar Breixo. Nalgúns comentarios anteriores lin que esta enerxía era unha enerxia perigosa porque se o reactor explotase poderia suceder unha catastrofe. Que suceda isto na actualidade, coma xa dixera no meu comentario anterior, e moi complicada xa que son moi seguras e son revisadas nun corto periodo de tempo e sempre estan baixo un estricto control.
    Entendo que Breixo este deacordo en que se utilice esta enerxia xa que ten un gran rendemento e tamén parece interesante que se invirta diñeiro en intentar buscar a forma de poder acabar cos residuos que produce.
    Pero na miña opinión, como di Lizeth, temos que intentar avanzar cara unha sociedade e un mundo mais ecoloxico. Parece mais interensante que o deñeiro que se esta a invertir en isto se utilizara para investigar como aprobeitar moito mellor a enerxia solar.

  17. luis ogea di:

    Na miña opinión,a enerxía nuclear é perigosa,porque un pequeno descuido pode ser fatal,e ao cabo,nela traballan persoas e herrar é humano.
    Aínda así hai pouco vín un documenal sobre este problema nel había algúns ecoloxistas que apoiaban a enerxía nuclear polas razóns que da Breixo (non emiten CO2,da moita enerxía,etc.).
    Eu creo que unha catástrofe nunha central nuclear cerca dunha poboación provocaría medo no resto de poboacións que se encontren cerca dunha e poderían chegar a parar o resto de centrais nucleares,xa que se agora que hai controis pode ocurrir unha cousa así,podería ocorrer o mesmo en calquer outro sitio.

  18. albert amor di:

    na miña opinión a enerxía nuclear é algo malo xa que xera moitos residuos que fan mal tanto a seres humanos coma animais…
    pero enfin…pra gustos cores e ademais aparte de xerar postos de traballo coma se di nos comentarios anteriores tamén é algo barato e se non existiran teriamos que pagar nas facturas un 30% máis do que custa agora
    deixo aquí unha páxina pra que vexades.
    http://www.energia-nuclear.net/

  19. laura montes di:

    Penso que a enerxía nuclear ten puntos moi negativos, soamente hai que ver os resultados da traxedia de Chernóbil, ou mesmo os das bombas atómicas de Hiroshima e Nagasaki, (e tamén, se vos acordades, os diversos debates que houbo hai pouco con respecto á instalación en España dun contenedor de residuos nucleares)
    Pero tamén é certo que é una enerxía moi productiva.

    Tal e como dí Laura García, se os procesos de fisión que xeran tantos residuos puidesen transformarse en procesos de fusión, a maneira de ver a enerxía nuclear cambiaría un tanto.

    A mín, o tema dos residuos nucleares é algo que me interesa moito, por eso déixovos un artículo que explica moi ben de onde proceden, os seus tipos e o que se pode facer con eles…
    http://revista.consumer.es/web/es/20040301/medioambiente/68171.php

    Hai tempo lin nun libro sobre a desaparición do ser humano, que unha vez non estemos aquí para controlalos e coidalos, as centrais nucleares e os cementerios de residuos causarán na natureza desastres como o de Chernóbil en todos os lugares nos que hai centrais nucleares e cementerios de residuos.
    Quero dicir, Alberto, que efectivamente esta enerxía é e será perxudicial para a natureza, pero, por sorte, aínda que tarde miles ou millóns de anos en conseguilo, se recuperará.

    E con isto non quero dicir que debamos abusar dela, evidentemente. Solo mellorala, e ademáis, desenvolver as enerxías renovables para non depender únicamente das que contaminan tanto.

  20. aida rodriguez di:

    Nun artigo do ABC atopei que a Federación de Asociacións Empresariais de Burgos estám a favor da enerxía nuclear debido a suba do costo da enerxía electríca. Deixo o enlace: http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=642566 .

    Coma os meus compañeiros falaron das enerxías renovables, estou de acordo con Lizeth de que tampouco son as adecuadas xa que tamén teñen desventaxas. Deixo un enlace onde fala das ventaxas e desventaxas das enerxías renovables: http://www.biodisol.com/que-son-las-energias-renovables-clasificacion-evolucion-historica-las-fuentes-de-energias-renovables/ventajas-y-desventajas-de-las-energias-renovables/ .

    Espero, que algún día cheguemos a abastecernos dunha enerxía, limpa, barata e efectiva, na que todo sean ventaxas.

  21. gabriela lopez di:

    A enerxía nuclear sería a máis efectiva en caso de que se poidera solucionar o problema dos residuos que produce. É certo que as enerxías renovables son as que menos impacto medioambiental producen, pero a súa eficiencia non é comparable coa da enerxía nuclear. Tamén inflúe no seu desenvolvemento a mala prensa que xerouse nos últimos anos entorno a ela. A maioría da xente asocia a enerxía nuclear con devastación e mutacións nos seres vivos, sen plantexarse que poida chegar a ser a enerxía do futuro.

  22. Martina Foglia di:

    Leste articulo fálanos dun dos dilemas máis actuais que o progreso da nosa tecnoloxía busca responder: é conveniente avanzar buscando enerxía a partir do desenvolvemento nuclear? É evidente que a humanidade necesita dispor de distintas alternativas que permitan atopar solucións ás distintas demandas de enerxía, pero tamén asegurar fontes que non sexan contaminantes nin perigosas. Os residuos nucleares actualmente son unha carga que obriga aos países que os desenvolveron a atopar solucións altamente eficaces porque pola contra, co paso dos anos estes residuos poderían provocar exterminios inimaxinables.
    A reutilización dos residuos nucleares co fin de utilizalos noutros ámbitos obtendo así enerxías útiles podería ter grandes vantaxes, entre elas a redución de miles de toneladas contaminantes e a obtención dunha nova fonte de enerxía. É evidente que os riscos de contaminación son altos e perigosos, pero non podemos esquecer que estes refugallos, perigosos igualmente xa foron obtidos, por tanto a súa reutilización baixo mecanismos altamente seguros, que anulen o seu perigo sería unha saída auspiciosa ao problema de hoxe atopando unha vantaxe adicional.

  23. marta rodriguez di:

    Sen dúbida, os principales inconvintes da enerxía nuclear son:

    · Os accidentes nucleares: O primeiro produciuse en decembro de 1952 en Chalk River. E o máis importante foi o de Chernóbil (Abril, 1986). Déixovos o enlace da primeira parte dun documental de Discovery Channel, por se queredes saber máis sobre este accidente: http://www.youtube.com/watch?v=dpGlefCXZAY&feature=player_embedded

    · Os resíduos nucleares xerados (do que nos fala Breixo na sua entrada), se non se tratan debidamente, resultan altamente perigosos para o medio ambiente e para a poboación.

    En España, no 1991, paralízanse as obras de cinco dos sete proxectos de centrales nucleares en curso (Lemoniz I y II, Valdecaballeros I y II y Trillo II), debido ó decreto da moratoria nuclear ( http://es.wikipedia.org/wiki/Moratoria_nuclear )

  24. alexandra di:

    Eu creo que habria que usar máis as enerxias renovables, calquera delas, xa que non contaminan e non supoñen ningun resgo. E verdade que algunha delas crean un impacto visual, coma o caso da enerxia eolica, pero todo o que fixo o home pode crear un impacto visual, exemplo: onde hay edificios antes poderia haber un lindo campo cheo de arbores(seria bo conservar o campo con arbores xa que estamos a cabar cos arbores e son necesarias)e agora hai un conxunto de edificios,unha rua… eso tamen é un impacto visual,non? pois eu creo que e mellor optar por as enerxias renobables e olvidarse do seu impacto visual, xa que as casas tamen po0den producir un impacto visual e máis construense igual.

  25. adrian ballesteros di:

    Eu creo que utilizar a enerxía nuclear non esta mal de todo pero xa dixeron antes eu creo que teriase que utilizar mais as enerxias renobables porque aínda que pareza que custa moito colocar as cousas coo por exemplo os eolicos non alteras moito a natureza e consiguese moita enerxía.´
    E eu estaría a favor por unha parte de que se utilizara a enerxía nuclearpero por outros aspectos estaría en contra.

  26. Soledad Muiño di:

    Creo que nestos momentos a enerxía nuclear está a sufrir unha crisis moi grande co desastre producido en Xapón e creo tamén que comezará a apostarse por enerxías renovables que nos axudan a manter un desarroio sostenible.
    Nesta páxina aportase información acerca dos impactos negativos da enerxía nuclear:
    http://javiercorazonardura.lacoctelera.net/post/2009/07/08/impactos-negativos-la-energia-nuclear

    – E por outro lado paréceme ben que non se fosen a construir mais, e revisar a localización das xa construidas ou das que xa están vellas.

Deixa unha resposta