O plástico da horta

imagen

Os investigadores do Instituto de Ciencias Materiales de Sevilla e da Universidade de Málaga, han creado un plástico biodegradable a partir da pel dos tomates , que pode ter aplicacións para  alimentación e a saúde.

Isto foi posible grazas á cutina , un biopoliéster que recobre a superficie das follas , talos non lignificados e frutos das plantas superiores, e que preserva a perda de auga desde o interior celular. Aseguran que é un producto biodegradable , biocompatible e no tóxico. É ademáis un material idóneo para utilizar como envase de alimentos.

O material resultante é un plástico viscoelástico, de  grosor variable e cunha cor alaraxada, inócuo e cunha durabilidade semellante á da pel do fruto. E algo moi a ter en conta é que a materia prima é gratis, xa que son sobras da industria alimentaria.

Autora: Carolina Rodríguez

Esta entrada foi publicada en 5. Novos materiais e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

21 Responses to O plástico da horta

  1. anton perez di:

    Han creado? Dóenme os ollos!!!!, por outra parte…
    Paréceme un gran avance que se estea a crear plástico biodegradable a partir de vexetáis, como as bolsas de pataca estas que están agora tanto de moda.
    Isto beneficiaríanos a todos, unha por que non encheríamos o mundo de plástico e outra por que non queimaríamos petroleo para facelo, agora o caso é dicirlles a todas as multinacionais petroleiras que cos coches eléctricos e cos plásticos vexetáis non van gañar cartos, a ver que tal lles senta.

  2. laura garcia rueda di:

    Grazas a estes avances podemos dar un pequeniño paso no control da contaminación polo desperdicio do plástico ou por as emisións de CO2 na producción de petróleo.

    Ao igual que o meu compañeiro Antón penso que aínda así que fagamos este tipo de materiais os que gañan diñeiro a base da comercialización e producción do petróleo se negarán a que se chegen a utilizar, xa que neste mundo a codicia gaña á conciencia ecolóxica.

    Buscando sobre materiais biodegradables encontrei unah páxina de noticias sobre estos materiais, deixovos o enlace:
    http://elblogverde.com/tag/materiales-biodegradables/
    Gustaríame salientar unha noticia na que fai referencia ao “Marketing vs Ecoloxía” (Algo que comentei antes), pero o que de verdade chamoume a atención é unha noticia sobre unha campaña para concienciar á poboación sobre o cambio climático na que quixeron bater un record construíndo a “bola de bolsas” con máis de 17.000 bolsas, paréceme alucinante.
    Aquí deixovos o enlace da noticia enteira:
    http://elblogverde.com/la-bola-de-bolsas-contra-el-cambio-climatico/

    Na miña opinión, todo avance é algo, e quizáis pouco a pouco fagamos que todo o estropicio que xeramos, o calmemos un pouquiño.

  3. joel taibo di:

    A min o que mais me chama a atención é que estes descubrimentos novos saen de cousas tan cotias como poden ser os tomates.
    Este avance paréceme que é un dos descubrimentos que favorecerán a ecoloxía, penso que este tipo de descubrimentos terian que estar xa na vida diaria, pero os humanos esperamos a ver os dentes o lobo para darnos de conta do mal que facemos ao mundo e a nos mesmos. Deíxovos este enlace http://www.laflecha.net/canales/ciencia/crean-un-plastico-biodegradable-a-partir-de-la-piel-del-tomate/

  4. Soledad Muiño di:

    Paréceme un gran material que traerá moitas vantaxes, sobre todo no desenvolvemento sostible do medio ambiente.
    Vantaxes coma a súa abundancia, o tempo de degradación, que é moi curto, a comparación co plástico convencional, que tarda 400 anos en degradarse.

    Tamén se producen plásticos biodegradables con outras compoñentes:

    – A partir de restos de frutas tropicais, coma a banana,o rambután,etc. Este novo material chamado Fruitplast pode manter os alimentos en perfecto estado, preservándoos durante moito tempo, unha vez “desechado” o envase, tarda entre tres e seis meses en descompoñerse no medio ambiente e tamén tería uso como abono.

    – A partir do almidón, exactamente a partir da súa fermentación co que se obten o poliácido láctido, un polímero que se degrada baixo a acción medioambiental. Con este plástico pódense fabricar bolsas e botellas
    que só tardarian 4 meses en degradarse.

    -Tamén existe a técnica da oxo-biodegradación que non lle supoñería moitos costes as empresas convencionais de plástico, xa que só terían que añadir unha pequeña cantidade de aditivo degradante, que permitiría a degradación dos plásticos. Tería unha vida programable, ou sexa podería durar dende 5 meses ata 6 anos.

    – Unha empresa californiana fabrica plásticos cunha resina de maíz e tapioca, que se biodegrada en menos de 180 días. Esta fábrica fai tamén productos híbridos (50% plástico tradicional, 50% almidón de millo)es que conteñen menos ingredentes petroquímicos.
    Esta empresa investiga tamén a fabricación de productos plásticos a partir de algas.
    ( http://www.youtube.com/watch?v=W8s4Z191fvc )

  5. antia navajas di:

    Me parece moi ben o que han conseguido e en parte estou de acordo co que dixo Antón. Pero a pesar de que a cutina é un material moi abundante na terra non está ben descrita a súa formación nas plantas a partir dos monómeros constituíntes, unha vez sintetizados ístos descoñécese como se unen plásticamente entre si para formar o biopoliéster. A maioría dos especialistas aceptan un esquema no cal, ao final do desenvolvemento celular, comenza a xerarse a cutina.

  6. carolina lopez di:

    Eu penso que todos deberiamos contribuir co medio ambiente e optar polo reciclaxe, O Instituto de Reciclaxe de Contenedores sostén que máis de 40 millons de botellas de auga en Estados Unidos abandonanse diariamente nos basureiros. O plástico do que están fabricadas, cuya materia prima é o petróleo crudo, nunca se deshace. Hoxe en dia fabricanse envases alimenticios con materiais como o carton, o papel, o plastico, os vidrios, as madeiras , textiles e combinacion destes e como dixo soledad hai materiais biodegradables os cales empleanse na fabricacion de estes, sendo mais ecoloxicos. Exemplos destes envases son “A Biota” ,un envase fabricado coa reutilizacion do maiz e pode disolverse por compresion en 80 dias.

  7. breixo gonzalez di:

    Antón paréceme unha ofensa o que dis ao principio, todos temos errose ti tamén que cando estás a falar castelán cometes galeguismos…
    A parte as multinacionais petrolíferas son as que máis invirten nese tipo de avances, parece irónico pero eles mesmos saben mellor ca ninguén que o petroleo acabarase e por iso invirten neste tipo de novas enerxías.

  8. aida rodriguez di:

    Os plásticos biodegradables, tanto os feitos coa pel do tomate na que se fala na noticia, coma os nomeados por Soledad: a partir de restos tropicais, a partir do almidón, coa resina do maíz e tapioca…son un gran descubrimento xa que a outra clase de plástico presentan varias desventaxas, algunhas como:

    -O plástico esta feito de petroleo o cal se usa para outras cousas que axudan ao medio ambiente .

    -No envase de plástico imprégnanse os sabores e colorantes que dan malos sabores.

    -No lixo as bolsas demóranse mais de 100 anos en biodegradarse.

    Na rede encontrei que os polímeros(plásticos) biodegradables teñen unha clasificación. Esta é:

    -Polímeros extraídos ou removidos directamente da biomasa: polisacáridos como almidón e celulosa. Proteínas como caseína, queratina, e colágeno.

    -Polímeros producidos por síntese química clásica utilizando monómeros biolóxicos de fontes renovables.

    -Polímeros producidos por microorganismos, bacterias produtoras nativas ou modificadas xeneticamente.

    Deixo un enlace, no que fala do plástico biodegradable a partir da pel do tomate: http://www.agronoticias.es/index.php?option=com_content&view=article&id=2886:un-plastico-biodegradable-a-partir-de-la-piel-del-tomate&catid=2:general

  9. laura montes di:

    O primeiro que me viño á mente cando lín a noticia foron as imaxes dos vertedeiros cheas de bolsas de plástico que van tardar miles de anos en desaparecer (considerando bastante impresionante o link que nos deixou Laura García sobre o proxecto dunha escultura feita destas bolsas).

    Se realmente conseguísemos extender o uso deste material sen a intervención das compañías petroleiras (que sempre teñen un interese especial en que productos coma este non saian ao mercado) sería, según como eu o vexo, unha batalla ganada na loita contra cambio climático e a contaminación.

    Tendo además consciencia de que as reservas petroleiras están desaparecendo a grande velocidade, opino que é un material idóneo como sustituto dos plásticos (e ademáis, barato e de procedencia natural).

    Tan só queda esperar que teña éxito e siga adiante.

  10. dante varela di:

    Breixo ten toda a razón cando di que son as propias multinacionais pretolíferas as que invirten neste campo, pero tamén sabemos que estas multinacionais hasta que non obteñan un beneficio maior do que obtén co petróleo non van a tener novas sobre os seus descubrimentos.

    Eu veo ben o deste material, pero este material obtense das sobras da industria alimentaria. É cen por cen saudable un material que proven das sobras e que sera utilizado para envasar a comida?

  11. paula manteiga di:

    A min paréceme boa idea, posto que as bolsas de plástico non son biodegradables, pero aun así, aunque queran crear este tipo de bolsas as bolsas de plástico seguirán hoxe en dia, pola cantidade de publicidade que ofrece.

    Fai pouco tempo nos centros comerciales decidiron intentar sacar as bolsas, deixovos esta páxina.
    http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Adios/bolsa/plastico/elpepusoc/20090713elpepisoc_6/Tes

  12. aida rodriguez di:

    Na rede, atopei un feito verdadeiro, e tamén se pode atopar no link que puxo Paula.Vouno contar en forma dunha breve historia:
    – Unha persoa, acostumada a facer a compra da comedia no mesmo supermercado. Esta persoa está acostumada a ter posiblemente máis bolsas de plástico das necesarias.
    Certo día,o supermercado deixa de dar bolsas de plástico, e por cada unha delas a xente terá que pagar un prezo, baixo pero pagar pola bolsa. Esta persoa baixará o uso das bolsas, e ainda que non vai usar bolsas biodegradables tamén pode usar bolsas de tela(pódense utilizar cantas veces queiras.

    Nesta páxina, fala de que os residuos plásticos poñen en perigo de extinción a vida dos animais.http://www.igualdadanimal.org/noticias/los-residuos-plasticos-ponen-en-peligro-la-vida-de-los-animales

    Nesta outra, fálase de materiais biodegradables e a súa vez das bolsas biodegradables e a súa relación co medio ambiente. E o final de todo hai un video que fala do que é biodegradable: http://comoreciclar.webcindario.com/materiales%20biodegradables.htm

  13. Laura Solano di:

    Moitas son as formas de intentar loitar contra o cambio climático, como son por exemplo, a fabricación de plástico
    biodegradables apartir de compoñentes naturais, como é neste caso a pel dos tomates.

    Pero hai uno que me chamou especialmente a atención, que é a fabricación de bolsas biodegradables con residuos de chufa.
    O proceso desarrollado permite extraer o almidón da chufa e producir un
    termoplástico biodegradable denominado gránulo.Iste material sométese a un proceso de extrusión mediante o cal
    fabrícase o ‘film’a partir dos cales se realizan as bolsas biodegradables.
    Grazas a iste proceso pódese fabricar miles de bolsas ao ano e de contribuir unha mellora o medio ambiente.

    O grupo de investigadores que levaron a cabo iste proxecto está formado por cinco profesores da UMH(Universidad Miguel Hernández)
    e Escola Politécnica Superior de Orihuela.

    Déixovos un enlace co reportaxe que lles fixeron algúns dos invesigadores explicando un pouco como é o proceso de fabricación e a páxina onde nos informa un pouco sobre isto.

    http://www.youtube.com/watch?v=bJE-plJBt_E

    http://www.chufadevalencia.org/ver/384/Bolsas-biodegradables-a-partir-de-residuos-de-chufa.html

    Ben é certo que moitos investigadores,científicos e demáis intentan encontrar salidas pra loita co cambio climático.
    Pero na miña opinión isto tamén influe coa xente da rúa, xa que todos compartimos a mesma atmósfera e temos que coidala igualmente entre todos. Unha das propostas interesantes son facer campañas onde todo o mundo poda participar. Enlaces como nos deixou Laura Garcia sobre intentar bater un record facendo ”a bola de bolsas” máis grande do mundo son interesantes e productivas, xa poden ser os primeiros pasos qe nos leven hacia un mundo mellor pra todos.

  14. lizeth viancha di:

    Cada vez sorpréndeme máis a capacidade de investigación que hai no mundo cando se aposta polo que nos da a natureza. Como xa se viu neste blog, existe unha gran investigación en descubrir novos materiais (como foi o caso do grafeno e do aeroxel). Sempre nos poderemos apoiar na natura para avanzar como fixeron os investigadores da Universidade de Sheffield con fibras naturais para a fabricación dos vehículos biodegradables, déixovos un enlace no que vos fala da súa idea.
    http://www.tendencias21.net/Nuevos-materiales-favoreceran-la-fabricacion-de-coches-biodegradables_a4936.html

  15. raquel gomez di:

    A min pareceme unha boa alternativa xa que é de orixe vexetal,polo que non influe nos procesos industriais de fabricacion de plasticos,o que contribue a loita contra a contaminacion industrial.A unica desventaxa que podese destacar é a sua corta utilidade,xa que,según os datos aportados pola nosa compañeira Carolina,este plastico só duraria un par de semanas(o que dura a pel dunha fruta).Pero aun asi,ten máis ventaxas que desventaxas,e polo tanto ten oportunidade de triunfar no mercado e ademais é unha boa alternativa para contribuir co medio ambiente.

  16. aida rodriguez di:

    Deíxovos un enlace no que fala dun microorganismo que degrada o plástico: http://www.plataformasinc.es/esl/Noticias/Las-bolsas-de-plastico-tradicional-seran-biodegradables . O que máis me chamou a atención foi que no experimento que fixeron para identificar a súa capacidade metabólica de degradación é que en dous meses o peso do plástico reduciuse un 15%.

  17. gabriela lopez di:

    Penso que a creación de materiais como o plástico do que e fala no artigo supón un enorme avance no coidado do medio ambente, e demostra unha vez máis que mediante a ciencia pódense atopar solucións a os problemas do noso século.
    Tamén é un feito favorable que se comece a fabricación de materiais que non procedan do petroleo, perdendo así un pouco de dependecia con esta sustancia que probablemente algún día agotarase.

  18. Martina Foglia di:

    Este suxestivo artigo móstranos a importancia dos estudos científicos que permiten descubrir a partir de obxectos, en leste caso froitos, cotiáns, elementos útiles para solucionar un grave problema que o mundo desenvolvido ten na actualidade: a contaminación. O atopar materiais que sexan útiles e ao mesmo tempo biodegradables transformouse na actualidade nunha das maiores necesidades que a humanidade ten para asegurar unha Terra menos degradada. O obter dunha hortaliza unha materia prima que sirva para a elaboración de materiais plásticos aptos para *envasar alimentos e outros usos, de baixo custo e biodegradable, é abrir unha porta cara a un mundo máis limpo.

  19. alexandra di:

    O descubrimento e a producción de materiais biodegradables esta moi ben,xa que evitamos usar materiais nocivos para a natureza. Ademais eu creo que existindo este tipo de materiais,sendo baratos e nada nocivos para a natureza, deberia estar prohibido o uso das bolsas de plastico.

  20. adrian ballesteros di:

    Creo que este descubrimento pode chegar a ser moi importante para a nosa futura alimentación e pareceme moi ben que xente estea investigando cousas como esta e aínda pareceme mellor que se poda facer a partir de restos da industria alimentaría.

Deixa unha resposta