Marte, a Lúa do século XXI.

imagen

A exploración espacial é un dos campos máis novos da ciencia, que comezou coa competencia entre a URSS e os EEUU pola “conquista” do espazo.

O primeiro feito destacable levouno a URSS, e foi o feito de poñer a Yuri Gagarin en órbita, converténdose así no primeiro home no espazo. O segundo veu da man de EEUU, cando Neil Armstrong pisou por primeira vez a Lúa, rematando así a carreira espacial.

Agora a NASA quere ir un pasó máis alá e quere explorar marte.

A NASA quere infundir o espírito que tiveron os primeiros colonos europeos que partiron cara América e así mandar exploradores a Marte sen billete de volta, xa que traelos de novo sería moi custoso. De todas maneiras  xa se presentaron voluntarios de sobra como para encher as dúas naves, con dous tripulantes cada unha, que pensan mandar.

Marte agocha moitos segredos para a ciencia como; se algunha vez houbo océanos, se pode chegar a haber vida ou incluso, se sería posible “terraformar” o planeta vermello.

imagen

Tamén agocha segredos para a pseudociencia, o máis claro é se a cara de Marte está emparentada coas caras de Bélmez.

imagen

Que pensades vós desta aventura? Pensades que vai ser unha boa inversión e que se van sacar moitos beneficios, ou que vai ser un fracaso?

Autor: Antón Pérez

Esta entrada foi publicada en 2. Sistema Solar e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to Marte, a Lúa do século XXI.

  1. luis ogea di:

    Na miña opinión será un novo hito na conquista espacial, pero a causa da crise o proxecto Constellation para viaxar a Marte e á Lúa,se suspendeu por falta de fondos así que se terá que esperar. Os deixo cun enlace cunha páxina que o explica.
    http://www.viajeamarte.com/
    Pero cando chegemos a Marte será “Un pequeno paso para o home, pero un gran paso para a humanidade´´.

  2. dante varela di:

    Paréceme increible que a NASA quera enviar persoas para investigar en Marte, penso que é bo investigar noutros planetas para obter máis información sobre outros materiais que podemos encontrar neles, pero enviar a persoas a vivir a outro planeta é excesivo, xa que estarán a traballar un tempo indefinido alí en marte, sen saber nin sequera se volverán.
    Con esto a NASA empeza de novo a carreira por conquistar o espazo, e intentar conseguir machar a vivir a marte como escapatoria nun futuro, pero penso que se deberia gastar o diñeiro en coidar a Terra que sabemos que é un lugar onde podemos vivir antes que gastar o diñeiro nunha cousa que non sabemos se funcionará

  3. marta rodriguez di:

    Eu estou de acordo con Dante.
    Aínda que moitas das exploracións espaciais viñeron acompañadas de numerosas vantaxes tecnolóxicas (teléfono, GPS, tecnolóxia médica avanzada, previsións meteorolóxicas, etc.), en outras invirten unha gran cantidade de cartos só por explorar, sen saber o resultado que van ter, e cunha gran probabilidade de fracasar.

    É certo que é interesante saber os segredos que hai máis alá do noso planeta Terra, pero na situación na que estamos, da gran pobreza, fame e mortalidade en moitos países do mundo, coido que deberían invertir máis diñeiro en combater os problemas do noso planeta e en coidalo, e menos en facer investigacións que nin sequera saben se van fracasar ou non.

  4. paula manteiga di:

    Contestando a Dante, a xente se é enviada a marte, esa xente xa non volvería, no é que no sabes se volverán.

    Tamén eu opino que e normal saber mais dese planeta, xa que no ano 2003 o robot Spirit envialo alí estropeouse por culpa dunha roda, deixando atras moitos cartos e anos de investigación, a min non me parece ben que queran enviar á xente, porque pode pasar o mesmo, pode haber moitos fallos, e non sair ben, aparte a cantidade de cartos que serías gastados inutilmente nesta temporada na que o diñeiro necesítase pola crise que temos.

  5. adriana jimenez di:

    Eu estou totalmente de acordo co que di Dante de que mandar xente a vivir a Marte é moi excesivo. A min esa idea paréceme unha tolería e non lle encontro ningún sentido, o que me parecería normal sería que fosen alí por un determinado tempo se queren facer investigacións, pero que vaian sen posibilidade de volta á Terra non o vexo nada axeitado.

    E tamén é verdade que terían que agardar un pouco porque na situación na que nos encontramos agora mesmo non é a máis conveniente para gastar esa cantidade de cartos habendo outras necesidades, penso, máis importantes.

  6. anton perez di:

    Eu penso que en Marte as persoas non van facer nada que non poidan facer os robots, iso si… tardarían moito menos en recoller mostras e outras labores, pero quedarse alí sería unha tarefa perigosa. Ademáis, teñen pensado mandar a xente que non estea en idade para ter fillos, que pasaría cando morran, acábase a misión?
    Sería moito máis interesante colonizar planetas coma este, so que claro, está a 1200 anos luz: http://www.gizmodo.es/2010/12/12/encuentran-un-planeta-lleno-de-diamantes.html
    De todas maneiras os marcianos xa saíron á rúa para protestar.
    http://www.pobladores.com/data/pobladores.com/ja/p0/jap007/channels/borinot/images/3125117marte.jpg

  7. Breixo González di:

    É obvio que a xente que vai nunca volverá, ten que ser xente voluntaria que quera ir , e debería ir quen poda e quen queira.
    A min pareceríame interesante vivir en marte ainda que teña que morrer alí.
    Serías un colonizador e recordado na historia.

    Deixo un interesante enlace sobre os problemas que pode acarreas estar certo tempo no espacio. Pero se a ciencia avanza de tal modo que se poda ir a marte e volver ao cabo duns anos ou décadas eu iría sen dudalo.

    http://www.comoves.unam.mx/articulos/medicinaespacial.html

  8. tatiana barbosa di:

    A min persoalmente, o de mandar a xente alí e que non vaian volver, non me parece tan excesivo tendo en conta que son voluntarios e que eles mesmos se ofrecen a facer esa viaxe sabendo as consecuencias que podería ter e sabendo tamén que probablemente non regresarán nunca.

    Eu atopei un enlace interesante que fala un pouco máis sobre esta viaxe e qe tamén fala un pouco sobre os problemas que poden surxir de levarse a cabo:
    http://www.cibermitanios.com.ar/2010/11/viaje-marte.html

  9. carolina lopez di:

    Eu penso que seria moi interesante coñecer e viaxar a Marte ou “planeta vermello”, o seu cor debese aos oxidos presentes na sua superficie ; outra curiosidade deste planeta é que o dia dura 24 horas, 39 minutos e 35 segundos. Marte ten duas luas pequenas chamadas Fobos e Deimos e ten as mantoñas mais grandes de todo o sitema solar e con respecto a que viaxe de persoas sen volta eu opino que seria perigroso porq non sabes que te podes atopar cando estes alli.

  10. sabela rey di:

    É certo que mentres sexan voluntarios non habería un problema, non estou en contra de enviar a xente a Marte; sen embargo coincido coas opinións expostas ao principio en que é máis importante invertir na Terra. Esa debe ser a prioridade. Se se estivera facendo un bo traballo loitando contra o quecemento global, mandar a xente a Marte estaría ben; pero se non está todo perdido a prioridade debe ser o planeta no que xa habitas e sabes seguro que a vida é posible.

    Non sei se se sacarán beneficios á longa do que poida suceder en Marte. Pode que si e pode que non, o tempo o dirá. En calquera caso, gustaríame que as cousas foran ben. E tamén estou de acordo co xa dito de que “as persoas non van facer nada que non poidan facer os robots”.

    E, por último, Breixo: en serio irías sen dubidalo a Marte? Incluso sen billete de volta?

    Atopei este enlace de Hawking falando sobre o tema (a pesar de que só nos dous primeiros parágrafos sacas algo interesante): http://www.laflecha.net/canales/ciencia/noticias/200606142

  11. Vera del Mar López Spadorcia di:

    Mandar xente a marte pareceme innecesario, ao igual que dice Antón ese traballo o poderían facer robots; e o de ser un colonizador recordado na (pola, se queres falar correctamente) na historia é moi discutible.

  12. juanjo regaldie di:

    Eu,antes de nada queríalle preguntar a Anton porque di eso de “Marte,a Lúa do século XXI” non o acabo de entender.

    Por outra parte,como pensan alguns dos meus compañeiros, non me parece nada do outro mundo que vai xente a Marte sen saber se van volver ou non, son voluntarios que como di Breixo poden convertirse en persoas que nun futuro marquen a nosa historia. Creo que se conseguísemos habilitar Marte para poder vivir alí sería unha autentica pasada. Eu iria a vivir para alí sen pensalo tamen. Non quero decir con esto que xa non haxa que protexer a nosa Terra,que si que temos que facelo, e intentar mellorar a nosa forma de vida para contaminar menos.

  13. laura montes di:

    Paréceme unha aventura realmente fascinante, ademáis de terrorífica. ¿Cómo debe sentirse un cando sabe que vai ver o que ninguén puido ver? ¿E ao imaxinar que nunca volverá ver o seu planeta, o único habitable que coñecemos?

    Sen embargo, teño entendido que xa houbo voluntarios de abondo…

    Con respecto á habitabilidade do planeta vermello, hay máis de un proxecto diseñado para tal fin.

    Déixovos un enlace que define o proceso de conversión de Marte nun planeta “vivo”:
    http://www.users.globalnet.co.uk/~mfogg/Marte_Verde.htm

  14. Martina Foglia di:

    Paréceme importante investigar sobre outros planetas, porque así saberemos cales deles poderían ser habitables.
    Tamén hai que ter en conta que se se mandan astronautas a Marte para buscar información, é posible que atopen sustancias que sirvan para mellorar a calidade de vida, pero córrese o risco de comezar cunha explotación salvaxe deles e así deteriorar outro planeta, como lle está ocorrendo ao noso co quecemento global.
    Tal vez a miña forma de pensar vai un pouco máis aló do gran descubrimento, como é o que se atopou vida noutro planeta, o que pasa é que non hai que pensar só nos 20 ou 30 anos próximos, senón que tamén nas futuras xeracións.

  15. ivan garcia di:

    A min pareceme, ata o momento, unha total toleria a vida en Marte. A primeira razón disto e sinxela, ainda que algunhas cousas en común coa Terra a temperaturas en Marte oscilan entre os 26ºC e os -111ºC facendo que as temperaturas sexan moi extremas. Mais ou menos ten unha temperatura media de -15ºC.
    Outra cosa a destacar é que a gravidade no planeta vermello e 3 veces menor ca da Terra.
    Outra razón sería a falta de auga, que, ainda que se ten algún indicio de que houbo auga, neste momento non ten e isto sería imposible para que o ser humano poidera sobrevivir.
    E para min a razón maís importante é que a vida en Marte sería como unha nova colonización parecida a da Lúa (teñen pensado construir bases para ser habitadas) e significaría que a Terra estaría chegando o seu fin.
    Por isto penso que é moito maís importante por solucionar o que esta sucendendo na Terra e non pensar en vivir en outro.

  16. aida rodriguez di:

    Eu penso, que é importante investigar a ver se se pode habitar en Marte xa que se os humáns poidesen vivir en Marte terían unha alternativa de supervivencia noutro planeta se pasase unha gran catástrofe na Terra e así non desaparecía a especie humana. Ainda que non o merezamos despois de xa destruír un planeta habitar outro.
    Neste enlace que é do ABC, fala do viaxe sen retorno a Marte: http://www.abc.es/20101020/ciencia/cientificos-urgen-enviar-seres-201010200952.html

  17. naiara varela di:

    e un avance moi bo porque tantas dubidas que temos podemolas quitarnos de enrriba pouco a pouco saberemos mais. Para min as investigacions son moi inprescindibles senon non saberiamos nada de o que existe neste mundo e con isto imos avanzando cada vez mais

  18. Breixo González di:

    Sabela eu teño claro que case iria sen dubidalo, é unha ocasión única e a min pareceríame interesante. Realmente non é o mesmo ver marte cos teus propios ollos que velo en fotografáis ou vídeos.
    Ivan a temperatura non é problema é o de menos poderíanse usar aislantes térmicos e xa esta, o da gravidade é adaptación, non se fará en anos pero cos anos a xente que por exemplo viva ali acostumbrarase.

  19. Alejandro López di:

    Paréceme unha noticia interesante pero ao mesmo tempo, moi arriscada para a vida das persoas que sexan enviadas a outros planetas.
    Penso que o mellor é agardar a que a ciencia evolucione todavía máis y que as condicións e os medios que permitirá mandar á xente a investigar aos planetas para que sexa todo máis seguro e poidase saber con certeza, se esas persoas están ou non están a salvo e, se volverán á Terra cando rematen de investigar.

  20. francisco lopez di:

    Eu estou dacordo con Breixo en que seria un investigacion moi interesante a de viaxar a marte.
    E sobre o que di ivan das duras condicion que presenta ese planeta para vida nel esta claro cos cientificos xa descubririan os metodos de sobrelebalas se non non planterian esa idea.
    E o tema de non poder volver a terra, se alguen esta disposto a ir a marte e non volver que o faga.(Inda que eu non o faria)

  21. jorge suarez di:

    Esta pareceme unha das noticias mais interesantes que vin ata o de agora neste blog.
    O que mais me sorprende é que a xente se presente voluntaria para un viaxe sen volta a un planeta no que posiblemente morran por falta de recursos. polas temperatura extremas ou calquera cousa que xurdan.Eu non iria a Marte de voluntario como di que iria Breixo.
    Tamen estou de acordo cos meus compañeiros no que é mellor usar o diñeiro que temos para mellorar o noso planeta e intentar arreglar os destrozos que fixemos nel

  22. Breixo González di:

    Pois a min a colonización do espacio paréceme moi importante, novos planetas por descubrir, novos mundos por explorar e novos recursos que aproveitar, parecríame un gran avance para a humanidade e para o planeta terra.

  23. laura montes di:

    Breixo, estou de acordo en que a investigación espacial é importante (e tanto que sí: é o que quero estudar). E considero que comprobar a cousas de primera mán, e dicir, empregando seres humanos en lugar de máquinas pode ser, nalgúns aspectos, unha vantaxe.

    Pero creo que non hai que olvidar que vivimos nun planeta que ten moitos problemas pola nosa culpa, e que tratar de colonizar un planeta veciño para aproveitar os seus recursos non é excusa para olvidarnos do noso, coma di Jorge.

    Ademáis, é moi posible que unha vez cheguemos a Marte, pasen moitos anos antes de que nos sirva como fonte viable de calquera material.

    En resumo, quero dicir que, aínda que me encanta a idea da colonización espacial, considero que hai asignaturas pendentes e de máis importancia dentro do noso propio planeta, e que habería que aprender a solucionar antes de tratar de colonizar ningún outro (entre outras cousas, para non repetir os mesmos erros que no noso planeta. Xa que os seres humanos tendemos a tropezar máis de unha vez coa mesma pedra, ¿non?)

  24. breixo gonzalez di:

    A verdade eu creo que se poden facer as duas cousas ao mesmo tempo, se nos damos conta os que moven os hilos ao final son os mesmos, aínda uqe sexa irónico as petroleras invirten en enerxáis ecolóxicas.
    E xa dispostos a tropezar varias veces coa mesma pedra… Canto antes mellor, non? O mesmo co do de ir a Marte, canto antes cheguemso antes poderemos facelo habitable.

  25. lizeth viancha di:

    Penso que os planes da NASA son un tanto ambiciosos xa que é moi complicado que ese viaxe saia ben. Dende un principio pareceume mal o de que os astronautas non podan volver xa que perderían todo contacto ca nosa realidade e xa non falo dos efectos que sofren durante a viaxe a causa da ingravidez (estado que lles provoca unha perda do sentido do equilibrio, da orientación, poblemas na circulación do sangue, problemas nas funcións superiores do sistema nervioso central, na termorregulación, na función renal e un largo etcétera. A ausencia de peso causa modificacións nos seus corpos xa que hai unha constante relaxación muscular e tamén a posibilidade de sofrer osteoporosis).

    Non digo que este en desacordo totalmente senón que aínda é moi cedo para arrisgar vidas sen tener unha base na que sosternos.

  26. ana dominguez di:

    Deixo un enlace coas caracteristicas de marte é un pouco mais de informacion del:
    http://www.mallorcaweb.net/masm/Marte.htm

  27. raquel gomez di:

    Na miña opinión creo que é moi esaxerado enviar seres humanos a marte,pola simple razón de que nunca volverán.Eu planteome unha pregunta…;Se só podese ir e non volver,deixando toa a vida atrás,as condicións en marte son moi negativas para a vida humana,e aún por encima só podería ir unha persoa preparada(astronauta)o que reduce bastante o numero de candidatos…entón…¿quén vai querer ir?.Penso que o medo polo desconocido e o feito de non poder volver xamais son dous factores que complican desmesuradamente ese viaxe.É dificil encontrar unha persoa no mundo que teña a suficiente valentía para arriscarse de ese modo…e sería moi triste perder a esa persoa por facer unha viaxe da que nunca volvería…aunque polo menos recordaríaselle como un heroe,ao igual que Yuri Gagarin e Neil armstrong no caso da Lúa.

  28. gabriela lopez di:

    A exploración de marte pode ser algo moi favorable para coñecer o resto do universo, e é moi probable que supoña o comezo dunha serie de importantes descubrementos. Non creo que sexa exaxerado enviar persoas a dito planeta, xa que hay un gran número de voluntarios experimentados dispostos a levar a cabo a misión, e con gran anhelo por explorar o lugar.
    Por outra parte, é necesario coidar a Terra, pero non nos podemos quedar ancorados sen pensar noutras posibilidades que poidan estar agargando ao ser humano.

  29. alexandra di:

    A min coma a moitos dos meus compañeiros pareceme unha ambicion o de enviar persoas a marte sen que volavn mais,so para descubrir se se pode colonizar, xa que coma din os meus compañeiros,temos a Terra,teriamola que cuidar e pensar nela, non pensar en colonizar outro planeta,para logo que? destruilo coma a Terra?
    O que non entendo ven e que hase envia persoas para Marte para ver se se pode colonizar e para coller mostaras de Marte,pero se as persoas que vallan non poden volver,como chegarian as mostras a Terra?

  30. adrian ballesteros di:

    Eu creo que sería bo inspeccionar marte por si acaso fastidiamos tanto a terra hasta que non se poda vivir aquí e mudarnos todos a marte non estría mal .
    Eu creo que si encontran algún indicio de algo alí é unha boa inversión pero se non hai nadavai ser un gasto de diñeiro tonto pero o que non arriesga non gaña.

  31. Soledad Muiño di:

    Xa dixen en outras ocasións que quizais se invirta demasiado diñeiro nestas investigacións, aínda que estes si que son mellor invertidos ca os que son pra as guerras, armas… etc
    A tecnoloxía española chegará a Marte a finais deste ano e no 2013 volverase pra comprobar se “existe vida”.
    Neste enlace, mais información acerca disto:

    http://www.atlantico.net/noticia/131420/tecnologia/espacial/espanola/llegara/marte/finales/ano/

Deixa unha resposta