O invento polo que mataría Locke.

 

imagen

Desde hai 500 anos a única alternativa e esperanza para os afectados de parálise era usar a cadeira de rodas para o resto da súa vida. Pero todo iso está a cambiar. A compañía fundada en 2005, Berkeley Bionics, creou o “Eleg”. O Eleg é un esqueleto “de quita e pon” que permite aos parapléxicos poñerse de pé e andar.

Segundo a revista Time é un dos 50 mellores inventos deste ano. O Eleg polo momento só se utilizará nos centros de rehabilitación. Estará adaptado para persoas que teñen unha altura de entre 1,58 e 1,95 metros. O propio usuario poderá poñerse a si mesmo o Eleg en tan só dous minutos. É moi flexible nos xeonllos e permite andar uns tres quilómetros por hora. Tamén incorpora uns sensores que interpretan os xestos de quen o leva posto, facendo que o exoesqueleto actúe en consecuencia.

 

 

                  Exoesqueleto

Que vos parece este invento? A mín paréceme moi útil.

Desta forma, grazas á ciencia, poderemos avanzar na “solución” de moitos problemas médicos e facer sorrir a moita xente que xa pensaba que nunca volvería rir, como os usuarios deste invento que poderán volver a andar grazas a el.

Autora: Laura García Rueda

Esta entrada foi publicada en 6. Repercusións avances tecnocientíficos na sociedade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.