Xeles multifuncións

imagen

En 1931 Samuel S. Kistler, fixo unha aposta co seu colega Charles Learned, sobre se era posible ou non substituír o líquido dun tarro de marmelada por un gas sen que o volume do mesmo diminuíse. Como ocorre ás veces, o resultado dun experimento que só tiña como fin o desafío entre dous científicos deu como resultado unha sustancia marabillosa: o aeroxel. Hai moitos tipos de xeles pero este ten unhas propiedades extraordinarias e unhas funcións moitos máis sorprendentes. Como vedes na imaxe, a flor non se queima  co lume,  debido ás propiedades illantes do aeroxel. Nesta páxina atoparedes máis información

     

Autor: Jorge Suárez

Esta entrada foi publicada en 5. Novos materiais e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Xeles multifuncións

  1. adriana jimenez di:

    Este caso paréceme moi similar ó de Novoselov e Geim co grafeno, que se pode dicir que foi de sorte, aínda que no seu caso tamén con esforzo. Pois neste caso do aeroxel parece ser que tamén foi por un golpe de sorte, só por unha simple aposta.

    É sorprendente o que cada día nos amosa a ciencia, que un medio case todo gas poida soportar uns pesos de cen veces o seu. Estiven buscando e tamén pódesese empregar como parachoques en automóbiles, pois amortigua os golpes nun 89% de intensidade.

  2. jose luis lopez di:

    A min pareceume moi interesante o aeroxel, un material tan resistente,
    moi aplicable nos campos técnicos da vida como a construción en remplazo
    do vidrio, utilizado como un aislante térmico, a construción nun futuro de globos e
    dirixibles, fabricación de distintos tipos de aeroxeles,
    utilizando como base silice (emplease para a fabricación de vidrios, cerámicas,
    cementos, etc…), a alumina
    (é o compoñente máis importante
    na constitución das arcillas e os esmaltes, confirindolles resistencia
    e aumentando a súa temperatura de maduración), o oxido de cromo, o estaño ou o carbono.

  3. carolina lopez di:

    Chamoume a atencion as aplicacions do aerogel, unha dellas é a utilizacion deste material nas areas como a medicina para tratamentos como regenerar o hueso humano e neste video nos mostran mais de esas aplicaciones importantes , haciendolo unha dos importante materiais para salvar a humanidade do calentamiento global : http://www.youtube.com/watch?v=oR9BM_K2kfY&feature=related

  4. laura garcia rueda di:

    Atopámonos aquí con outro caso dun descubrimento importante por unha razón externa que o levou ao seu descubrimento. No caso de Novoselov co grafeno foi por simple diversión e, neste caso, por unha aposta.
    Nesta páxina de podese encontrar moita máis información sobre este material:
    http://www.neoteo.com/aerogel-un-material-asombroso.neo

    Algo que me sorprende é que esté formado por un 99,8% de aire o que lle da unha densidad mil veces menor ca do cristal e aínda así é capaz de soportar mil veces o seu propio peso.
    Nesta foto poderedes comprobar as súas propiedas en cuestión a aguantar o peso doutros materiais moito máis pesados ca este:
    http://www.neoteo.com/aerogel-un-material-asombroso.neo#

    Este aeroxel pode utilizarse para facer globos e dirixibles e poderemos elevarnos miles de metros(uns 80ºC a 8.000 metros).

    Para terminar deixovos un vídeo moi interesante sobre as características do aeroxel:
    http://www.youtube.com/watch?v=quQQiE-4vJc&feature=related

  5. laura garcia rueda di:

    PD: Equivoqueime co enlace da imaxe que puxen, o enlace é este:
    http://www.neoteo.com/Portals/0/imagenes/cache/2BC1x275y1000.jpg

  6. joel taibo di:

    Este experimento paréceme un maravilloso descubremento pois estos materiais son os que a largo prazo danos una forma de vidad mellor con respecto a natureza e a nos mesmos, lendo sobre este material dinme de conta que ten un funcionamento moi similar o que nos prporciona a capa de ozono de forma moi ecoloxica.

  7. Breixo González di:

    Penso que é interesante que o aeroxel este composto nun 99% de aire. Parece imposible que este material sexa sólido.
    Pero parece que non todo son ventaxas, este material é tres veces máis caro co cristal. Supño que cos anos o coste de producción irase abaratando.
    http://www.proyectosinergias.com/2008/01/aerogel-en-la-construccin.html

  8. lizeth viancha di:

    As primeiras utilidades que pensei que podería ter este material foi:
    – Na fabricación dos traxes dos bombeiros xa que, como se pode ver no video, é un bo aislante.
    – Poderíanse aplicar as súas propiedades a cremas do coidado da pel como son as crema bronceadoras e así evitariamos o gran risgo que supón os melanomas na pel.

    No vídeo que deixou Carolina López aparece un dato sorprendente que é que con este material aforraremos, na idea de “ecopolis” que presenta, cen mil millóns de toneladas de carbono á atmosfera todos os anos, algo realmente importante dada a elevada contaminación que xa estamos a sufrir agora. Mostra tamén como o aeroxel non só soporta altas temperaturas senón que tamén un frio extremo. Sorprendeume o dato que da sobre a súa composición (esta formado por fíos mil veces máis finos ca tea dunha araña). A primeira complicación que touveron co material foi a súa extrema fraxilidade pero, investigando, atoparon a solución: engadínronlle fibras de poliester e o fixeron máis resistente e flexibel.

    Sorpréndeme a primeira imaxe que pon Laura García no seu comentario xa que é impensabel que un material poida aturar tanto peso sen ter, visiblemente, tan pouca densidade.

    Esta noticia fai que siga defendendo a miña postura da sorte no campo científico (ao igual ca noticia do Grafeno).

  9. diana fernandez di:

    Pareceme moi interesante todas as aplicacións que pode ter o aeroxel. Aplicacións tales como aislar, atrapar o polvo, fabricar raquetas, depurar a auga … Parece mentira que todo isto se conseguise por unha simple aposta.
    Aquí deixovos máis información sobre o aeroxel

    http://wvw.nacion.com/ln_ee/2007/octubre/30/aldea1260866.html

  10. paula manteiga di:

    Penso o mesmo que Adriana, pese que o grafeno de Novoselov e de Geim fose un experimento feito sen querer, as cales é moi importante, o aeroxel, nacido dunha aposta de dous cientificos, non é menos, senon que nun futuro será moito mais.

    O video de María Carolina pareceume moi interesante xa que fala do aeroxel dunha manera diferente, xa que pode enfriar a unha nave, e salvala da destruccion no planeta vermello.

    Esta é unha noticia que me sorprende, como pensar que dous cientificos, como moitos outros, por unha aposta poda descubrirse algo que será moi importante e que se poda ultilizar moito nun futuro.

  11. antia navajas di:

    Paréceme incrible que un material cunha microporosidade tan elevada e cunhas características individuais de tan só uns poucos nanómetros de tamaño teña unha conductividade térmica tan baixa,
    aquí vos deixo unha páxina sobre aeroxeles modificados orgánicamente:
    http://www.uab.es/servlet/Satellite?cid=1096481466568&pagename=UABDivulga%2FPage%2FTemplatePageDetallArticleInvestigar&param1=1202802813876
    Este artículo é dunha revista de divulgación científica.

  12. Vera del Mar López Spadorcia di:

    Foi graciosa a forma na que descubriuse o aeroxel, e é outra mostra de como a ciencia e os descubrementos científicos veñen a nós dunha forma incríbel.
    Non entendo ben que Breixo diga que parece imposíbel que este material sexa sólido; quizais se comprendera millor a composición das sustancias coloides non diría eso (e ten mutios exemplos na vida cotidiana de sustancias de este tipo, como a escuma de afeitar, mahonesa, etc.).

  13. Breixo González di:

    Anduven investigando no das sustancias coloides, e creo que vera non entendeu ben o que queria dicir…
    Eu referíame a que se o aire que está composto de nitróxeno (78%), osíxeno (21%)e outros gases non é sólido polo tanto unha substancia composta nun 99% por estes elementos sexa sólida a min chamame a atención.
    Deixo un enlace co das sustancias coloides:
    http://www.mitecnologico.com/Main/SuspensionesYColoides

  14. juanjo regaldie di:

    Como di Breixo,curioso que este material poda estar en estado solido a temperatura ambiente.
    De momento non é moi útil como xa se ve (rompe con facilidade,é moi caro,…) pero eu penso que como todo,terá nun futuro moi crecano grandes utilidades para mellorar o noso tipo de vida,como o que comentan alguns compañeiros por ahí arriva que vai a servir para “rebaixar” a agresividade dos choques nos accidentes de coche.

  15. marta rodriguez di:

    A min (e polo que vexo, igual que ós meus compañeiros) paréceme interesante que este material esté composto nun 99% de aire e que, como dixo Laura, sexa capaz de soportar mil veces o seu propio peso.

    Buscando información sobre este material, atopei que é capaz de soportar unha explosión directa de 1kg de dinamita, protexer contra o calor dun soplete a máis de 1.300ºC, aislar temperaturas extremas (como xa se viu no video que aportou Carolina) e absorber contaminantes coma o petróleo.

    Finalmente, atopei que no ano 2007, a coñecida marca de raquetas de tenis Dunlop, diseñou raquetas feitas de este material, aprobeitando as suas propiedades.
    Déixovos un pequeno enlace destas raquetas, onde fala das propiedades que teñen: http://www.eltenis.net/equipamiento/raqueta-dunlop-aerogel.php

  16. aida rodriguez di:

    A mín o aeroxel parécme un invento moi interesante, xa que ten moitas ventaxes algunhas xa citadas como no campo da mediciña (mencionado por Maria Carolina). na construcción en remplace do vidro, coma aislante térmico, na construcción nun futuro de globoos aereostáticos (estes mencionados por Jose Luís).

    Eu atope en internet que é utilizado coma pre-aislante nas cañerias para o sector mineiro e industrial, en Chile. Deixo este link que fala diso: http://www.portalminero.com/editor_prensa/notas/1290624069.htm

  17. Soledad Muiño di:

    Parécenme impresionantes as características que ten este material tan peculiar xa que descoñecía a súa existencia, chámame sobre todo a atención que teña esa apariencia de fraxilidade e poda soportar 1000 veces o seu propio peso, e tamén, as temperaturas tan extremas que pode chegar a soportar.
    Impáctame o vídeo que deixou Carolina, xa que non imaxinaba que houbese tanta concentración de calor nos edificios e que iso contribuira de tal maneira ao quentamento global.

    Aquí deixo dous enlaces que falan sobre a misión espacial Stardust, na que o aeroxel,ten un importante papel:

    1)Un panel de celdas cheas de aeroxel foi mandado ao espacio coa sonda Stardust(en 1999) http://www.astromia.com/fotohistoria/aerogel.htm

    2)O obxetivo principal da misión Stardust é capturar mostras do cometa Wild e polvo interestelar debio a excepcional característica do aeroxel para capturar partículas de po en altas velocidades.
    http://www.odiseacosmica.com/2009/01/stardust-y-su-aerogel-vuelven-casa.html

  18. María Iglesias García di:

    Como xa dixeron os meus compañeiros, sorpréndeme a forma na que descrubriron o aeroxel, é absolutamente increíble: por sorte, a partir dunha aposta. Supoño, que tamén foi grazas a que estas persoas que senten “amor” e “diversión” coa propia ciencia, coa investigación. Aínda que é unha pena saber que non é sempre así.
    Vin o vídeo de Carolina López, estou abraiada pola cantidade de calor que se desprende mediante as construccións. O que non estou moi segura é que teñan “claro” que xa no 2050 poida ser un dos materiais más comúns na construcción, sabendo que aínda non se conseguiu que non fose tan fráxil, para os cristais das ventas (por exemplo), abraiame que poñan xa unha data (aproximando o ano), digo isto porque non é a primeira vez que non se acercan ó que se di nun principio.
    E sobre o comentario de Breixo, tamén espero que o coste deste material disminuia coa utilización. É de seguro que certas empresas vanse aproveitar disto para facer grandes negocios.
    Estiven buscando máis información sobre este material, e, como xa nombraran noutros enlaces, sorpréndeme que a comparen como a espuma, pero paréceme lóxico, si está feito dun 90 a 99.8% de aire. Tamén sorpréndeme que cando se creou este material que foi no ano 1931.

  19. alexandra di:

    Xa sei que é tarde para comentar,pero mais vale tarde que nunca,admito que deixei de comentar por un tempo no blog ,por iso vou intentar coller o ritmo dos meus compañeiros que seguiron comentando desde o principio.
    Pasando o tema da noticia,pareceme sorprendente,coma a todos os meus compañeiros, que o aeroxel estea feito dun 90% de aire e sexa solido, e ademais que é sorprendente que todo saiu dunha aposta,claro esta con moito traballo e estudo.
    Ten tantas ventaxas o aerexenol e tan poucas desventaxas,pero ainda sendo poucas desventaxas son un gran plobema, xa que a principal desventaxe é o seu prezo,é moi caro,pero espero,como tamen os meus compañeiros esperan, que co paso do tempo baixe o seu prezo.

Deixa unha resposta