Por que as formigas non teñen atascos?

imagen

    A razón atopase, segundo a Universidade Paul Sabatier (Francia), na coordinación simultánea de movementos e unha capacidade de organización que lles permite sobrevivir en circunstancias adversas. Por exemplo:
            a) As formigas,  marcan a ruta que seguen mediante feromonas que segregan e deixan por onde pasan, para reforzar a elección desa traxectoria aos seus conxéneres. Os humanos apenas deixamos pegadas.
            b) En situacións de pánico as formigas poden escapar por dúas portas de maneira simétrica e ordenada.
            c) Especialistas da Universidade de Nantes xa saben como as formigas, e as termitas, logran construir as súas colonias, sen a menor conciencia global nin órgano director, levantándoas co traballo individual basado na información e interaccións locais.
            d) O traballo en equipo é a clave do seu éxito. As formigas divídense en distintas clases sociais repartíndose o traballo da colonia,  como se fosen un único organismo. 

      E menos mal que actúan así, pois a súa importancia é crucial.  A nosa vida depende delas. Se unha plaga as extinguise, o desequilibrio nos ecosistemas provocaría un caos global.  Que pasaría, en cambio, se desaparecese a especie humana? A resposta é sinxela: nada. 

O documental, A decisión de Gaia“, reflexiona sobre o cambio climático partindo destos himenópteros, dos que tanto podemos aprender.
Autora: Antía Navajas

imagen

Esta entrada foi publicada en 4. Biodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.