Exemplos de comentarios

novoselov-2.jpgEnfrontémonos á seguinte situación: Dona Adela, a  profesora de CCMC do Instituto, inserta un artigo no Blogue de Climántica sobre o último Premio Nobel de Física, co seguinte enlace:

A ciencia divírteme, é o esencial“,  pide que o comentemos: que vos parece o artigo?, que aspectos salientariades del?,…

Esta entrada foi publicada en 1. O traballo científico, 5. Novos materiais. Garda o enlace permanente.

49 Responses to Exemplos de comentarios

  1. quique di:

    A min o artigo gustoume porque, a pesar de tratar un tema profundo, merecedor do Nobel, resulta ameno e comprensíbel. Ademais, mostra a imaxe humana dun dos premiados [VALORACIÓN GLOBAL]
    En canto a aspectos a salientar, chamoume a atención que os autores do descubrimento do grafeno non o teñan patentado e nin tan sequera se lles pasase pola cabeza. Para min, a explicación a este feito é que mostran un desinterese polo material e que para eles o esencial e que buscan na súa vida profesional é, como di o titular,divertirse e gozar coa ciencia [VALORACIÓN DUN ASPECTO PARTICULAR ACOMPAÑADO DALGÚN RAZOAMENTO]

  2. lizeth viancha di:

    O artigo pareceume interesante xa que conta con claridade e exactitude o traballo que realizaron dous científicos cun material impresionante como é o grafeno.
    Gústame, ao igual ca Quique, a humaninade que teñen os gañadores do Novel ao descubrir algo tan salientable e non patentalo só porque queren un bo futuro para a ciencia e non o recoñecemento do seu nome.

  3. quique di:

    Estou de acordo coa valoración global do artigo que fixo o meu compañeiro Quique, pero querería puntualizar o que di sobre o desinterese material. Eu creo que o interese material e o gozo intelectual non están contrapostos. E se ben valoro que eles lle dean importancia a isto último, penso que non se debe deixar o primeiro para que os aproveitados (que os hai en todos os ámbitos, incluso no científico) se apropien do traballo alleo. Pasa cos descubrimentos que teñen aplicacións inmediatas á realidade como nas investigacións teóricas (ao escribir isto, estoume lembrando do matemático – por certo, hai algo máis fermoso que as Matemáticas? – ruso Perelman, que demostrou a conxectura de Poincaré. A pesar da súa autoría houbo varias persoas que se presentaron posteriormente como os autores da solución da conxectura, o cal foi para Perelman o motivo dunha grande decepción no “mundo dos matemáticos, que el cría perfecto e puro” e que o levou a rexeitar todos os premios que lle ofreceron, entre eles o de un millón de dólares. Se queredes coñecer este caso, recoméndovos o artigo seguinte:
    http://www.elpais.com/articulo/reportajes/genio/hombre/enigma/elpepusocdmg/20101003elpdmgrep_1/Tes . Por iso, con todos os meus respectos, a postura do ruso de ascendencia galega [(digo iso porque como o seu apelido é Novo (galego) e Selov (ruso),…] e a do meu compañeiro Quique paréceme algo inxenua. [DEBATE RAZOADO CUN COMPAÑEIRO E ENRIQUECEMENTO DO ARTIGO]
    O que eu destacaría do artigo é o papel da competencia no desenvolvemento da ciencia. Segundo Novoselov a ciencia é un mundo competitivo, pero a competencia é boa porque axuda a facer as cousas mellor e máis rápido, comentando que facer un traballo científico co único obxectivo de publicar e facer méritos ante os seus compañeiros ou conseguir mellores contratos e axudas é estúpido. Eu coincido con Novo que investigar só para facer méritos vai contra a ciencia. [APORTACIÓN DOUTRO ASPECTO PARCIAL]

  4. quique di:

    Amiga Lizeth:
    Isto era unha simulación. E mentres escribía a segunda parte, metícheste polo medio. Pero non importa. É máis, todo o contrario. Agradézocho e comprobo que sigues igual de participativa có ano anterior. A seguir así!
    Por certo, estou de acordo contigo, aínda que o segundo Quique (Mr. Hide?) considere a nosa postura inxenua

  5. lizeth viancha di:

    Primeiro que todo dicir que sinto a interrupción do seu comentario, profesor das queridas e inexactas matemáticas.

    Penso que a postura que comenta o Quique2 é moi radical dado que aos gañadores e descubridores do grafeno lles é igual que os demais “usen” dalgunha maneira o seu traballo se con ísto se fan máis avances.

    Por outra parte paréceme incríbel o que lle sucedeu ó matemático Perelman coa súa HIPÓTESIS de Poincaré -(puxen que é unha hipótesis ao documentarme sobre ísto, deixovos o enlace para que vos enteredes e sigades o ritmo de Quique, http://es.wikipedia.org/wiki/Hip%C3%B3tesis_de_Poincar%C3%A9)- e a súa reacción un pouco esaxerada dado que ó final se coñeceu que o mérito era seu (algo que me recorda á historia de Lise Meitner).

  6. anton perez di:

    Eu penso que con respecto ao das patentes os descubridores non o fixeron ben.
    Recoñezo que se fan ciencia so por diversión é unha das mellores cousas que poderían facer, pero aínda así deberían telo patentado, máis que nada para evitar que outros se beneficiasen do traballo alleo como ben dixo Quique.
    Así e todo creo que, como ben dixo Adela na clase, que aínda que o grafeno hoxe non teña moitas aplicación útiles dentro duns anos será como o plástico e estaremos fartos del.

  7. adela di:

    Antón: “estaremos fartos del”? Non é moito dicir? Ata a Revolución Industrial foron protagonistas a pedra, o bronce (aliaxe de cobre e estaño) e o ferro. Máis tarde, as melloras tecnolóxicas permitiron explotar outros recursos minerais e obter un gran número de metais: aluminio, cobre, magnesio, niquel, chumbo, cinc, silicio (un semiconductor moi útil en electrónica), titanio, tántalo (obténse a partir do coltan) Ademáis temos os polímeros sintéticos como os plásticos, os materiais cerámicos (vidrio e porcelana) e os papeis, entre outros.
    Actualmente a nanotecnoloxía é o conxunto de técnicas para exercer a enxeñería a nivel atómico e as súas implicacións non paran de crecer. Prevese unha revolución tecnolóxica moi importante na que o grafeno con sus propiedades escepcionais de flexibilidade, dureza e resistencia, grosor (unha única capa de electróns de carbono) e alta velocidade dos seus electróns terá un importante papel.

  8. anton perez di:

    Era un dicir. Referíame a que o imos ter por todas partes. O que sería bo neste caso, é que se estamos a vivir unha revolución dos materiais veñan algúns un pouco máis ecolóxicos. E non virían sen tempo.

  9. ivan garcia di:

    Eu non estou deacordo co comentario de Anton. Para min o grafeno me pareceno un dos descubrimentos mais importantes do seculo XXI xa que estamos hablando dun material capaz de utilizarse mas novas tecnoloxias, como se pode ver neste video:
    http://www.youtube.com/watch?v=-YbS-YyvCl4&NR=1&feature=fvwp
    Ten que ser impresionante poder levar un ordenador de ultima xeneración na nosa muñeca e que poidamos ter tantas posibilidades nunha lámina tan fina.
    Xa hai compañias que o parecer pronto comezaran a traballar co grafeno:
    http://www.youtube.com/watch?v=DtJlB36SUqE&feature=related

  10. alexandra di:

    Eu creo que o que quere dicir Anton, con que nos fartaremos do grafeno, é que nuns anos estaremos moi acustumados del, como unha forma de falar.
    Con respeto ao do matematico pareceme que ten unha actitude moi rara de actuar, con respeto os premios.
    E o primeiro texto gustoume, por como dixo Quique esta moi ben explicado e de unha forma comprensible.

  11. dante varela di:

    Eu, como o meu compañeiro Antón, penso que equivocáronse á hora de non patentar o grafeno, xa que si eles non se queren aproveitar do beneficio económico deste material, outras persoas si que o intentarán facer, e utilizarán este traballo para o seu beneficio.
    Deixando a parte este tema, atopei que o grafeno estase a probar para substituir ó silicio nos transistores http://es.wikipedia.org/wiki/Transistor -. Xa creouse un transistor de grafeno hace dous anos pero as probas foron negativas xa que o grafeno daba unos problemas que facían inservible o transistor, pero despois de dous anos de traballo da universidade de Manchester conseguiron obter un transistor de grafeno que funciona á perfección.
    Un dos seus descubridores o doctor Geim comenta que aunque os compoñentes que fixeron de grafeno so ten uns poucos nanómetros de grosor, pensan que poden conseguir minimizar este grosor aínda mais, e mantendo e incluso mellorando estas propiedades.

    Adela penso que Antón ten razón ó dicir que estaremos farto do grafeno, xa que vai pasando o tempo e siguen conseguindo mellorar este material, e unha vez consigan introducilo ao mecardo as empresas dedicadas a compoñentes electrónicos sobre todo obtendran moitas facilidades que outros materiais non lle aportaban, aunque quen sabe, de aquí a alguns anos podese descubrir un material novo e máis increibel que este.

  12. quique di:

    Como xa indiquei, o obxecto desta noticia e dos comentariosque fixen simulando un debate entre Quique Jekyll e Quique Hyde foi poñer un exemplo de cómo se pode participar no Blogue, valorando globalmente a noticia, criticando algúns aspectos dela e/ou os comentarios de compañeiros (non dos profesores que participan, porque eses sempre teñen, por definición, a razón), investigando e facilitando novas fontes de documentación, enriquecendo o debate con aspectos ata o momento non mencionados,… A medida que avance o curso notaredes como, na práctica, a calidade dos vosos comentarios irá mellorando.
    E diso se trata. E para conseguilo é interesante reflexionar sobre o pouco que levamos feito. E cal é a miña valoración? Pois que van saíndo cousas interesantes pero quizás, ao meu modesto entender, o aspecto máis coxo dos que mencionei máis enriba é o último, o de aportar novas cousas que aínda non saíron. A min, ao ler o artigo do periodista, viñéronme á mente moitas cousas relacionadas coa ciencia que aínda non saíron e que considero interesantes para debater. Para que vos fagades unha idea vou poñer algúns exemplos (subliño, exemplos), porque non quero dar unha lista completa, se iso fora posíbel, porque quero que teñades iniciativas para sacar máis temas á luz. Para facilitarvos a localización, eu numerei [que manía teñen os matemáticos de numerar todo!] os parágrafos desde o primeiro (1) ata o último (26), resultando que:
    – No parágrafo cinco fala dos experimentos dos venres, e emprega as palabras xogar, ensaiar, probar, divertirnos. Somos conscientes de que a ciencia tamén é isto?
    – No parágrafo 15 sae o anterior pero introduce a cuestión da relación ciencia básica – ciencia aplicada. Poderiamos reflexionar sobre esta cuestión? Estades de acordo con el?
    – No seguinte parágrafo, no 16, fala dos IgNobel, tema abordado no Hipatia 11 (neste blogue, en Marcadores) o que nos leva á cuestión da relación ciencia – humor. Teñen os científicos un sentido do humor especial?
    – No parágrafo 12 recoñece que no descubrimento do grafeno xogou o factor sorte, e no parágrafo 21 di que se queres lograr algo non basta con ser suficientemente intelixente, tamén hai que traballar moito. A cuestión que se podería debater é se a sorte na ciencia pode chegarlle a calquera ou hai persoas que teñen máis boletos para que lles toque a lotería? Coñecemos algún caso histórico?
    – E así podería continuar, pero quero deixar algo para vós. Onde tedes esa iniciativa? Por certo, que vos parece o último parágrafo?

  13. dante varela di:

    Quique, xa que dis o de ter iniciativa, a mi sorprendeme o parágrafo no que preguntanlle sobre a posibilidade de marchar de Manchester, á que el responde que “os científicos normalmente teñen que moverse de vez en cando”.
    E eu pregúntome: Porque moverte do lugar onde conseguiches o teu maior logro e estás cómodo? E porque non volver ó teu país?
    A min pareceme extraño.

  14. anton perez di:

    Dante: Iso xa sería meterse na política de cada país con respecto da ciencia, xa que ao mellor podes estar nun país con moitos recursos para acadar o teu fin, pero se de súpeto outro comeza a se interesar pola ciencia e da máis cartos, pode que che interese máis ir a ese país, onde podes investigar dunha forma máis cómoda.
    En España desgraciadamente non somos moi punteiros niso, xa que se esta a producir unha fuxida de cerebros, e así non imos a ningures.
    [ironia on] Sempre podemos investigar sobre programas de cotilleos xa que os hai a patadas, porque para iso si que parece que hai interese [ironia off]

  15. joel taibo di:

    A min o que mais me chamou a atención foi que por un simple experimento cuns amigos saira un descubrimento de tales magnitudes pois deume que pensar que os científicos que tan inalcanzables parecen para algúns so son persoas con afeción pola ciencia e ganas de taraballar con ela

  16. ivan garcia di:

    En cuestión polo último comentario de Dante, pareceme interesante unha cousa relacionada coas suas preguntas.
    Non é moito mais raro unha coincidencia que se da entre Perelman e os gañadores deste premio nobel polo grafeno?
    O que quero decir é que todos teñen a mesma nacionalidade, rusa.
    A min sorprendeme a enorme cantidade de xenios que se fugan deste pais. Desde grandes xenios do axedrez (Kasparov) a tan grandes xenios das matematicas e da fisica como os nosos protagonistas.
    O problema que ten este pais é que todos os xenios rusos teñen que fuxir deste pais ou ben porque non teñen as mesmas posibilidades tecnoloxicas ou laborais ou ben pola politica que ten este pais.
    Eu creo que con isto respondo a pregunta que fai Dante respecto a que non queira volver a o seu pais d orixe. Por outra banda veo normal que diga que un cientifico teña que cambiar de aires, xa que paises coma USA dan unhas posibilidades economicas e tecnoloxicas superiores.
    Isto tamen ven a respota o comentario de Anton xa que moitos dos nosos xenios marchan para paises coma USA a buscar unhas posibilidades laborais que en España non lles ofrecemos.
    A miña pregunta é, porque España deixa que isto suceda?

  17. Breixo di:

    Querido compañeiro Ivan, España non deixa que isto suceda, se estivese en manos de España facer que os científicos estiveran traballando aquí o faría.O problema é que ahora mesmo EEUU presenta un abanico de posibilidades moito máis amplo, e o seu mercado liberalizado presenta grandes oportunidades para as novas tecnoloxías. Aínda asi o que comenta de Rusia é certo, nas dictaduras unha élite e a parte dominante e esa élite tetense que manter. Por isto forzan aos nenos a aprender e ser os mellores en todos os campos, para así manter a superioridade nos campos científicos.

  18. laura garcia rueda di:

    Breixo, eu penso que si está en manos de España facer que os científicos desenvolvan os seus potenciais aquí, xa que, o goberno ten nas súas mans lexislar sobre esa materia, dando facilidades tanto aos científicos como a empresas tecnolóxicas para conseguer novos materiais tecnolóxicos e que tamén se dedican á investigación.Tamén dis:
    “Ahora mesmo EEUU presenta un abanico de posibilidades moito máis amplo”, e eu penso que desde sempre EEUU foi un lugar onde sempre se apoiou a iniciativa privada e a investigación, sempre foi un país económicamente superior aos demáis paises (E iso e unha gran axuda para poder renovar e ter as novedades tecnolóxicas).

  19. Daniel Torrente Cabanas di:

    Estimado compañero Breixo: La causa de la fuga de cerebros hacia los Estados Unidos no se debe a su mercado liberalizado o a su amplio abanico de posibilidades, pues tenemos una economía similar en todos los países del mundo. La razón es que en este país la mayoría las universidades son privadas, y obtienen altos ingresos gracias a sus altos precios, la cooperación que puede invertir en investigación, en contraste con Europa, donde las universidades dependen de lo que el país quiere invertir en I + D + i. Y estoy totalmente de acuerdo con Laura en que es el gobierno el que puede desenvolver la ciencia en este país y en el apoyo a la iniciativa privada (que podría decirse que no es apoyo a la iniciativa privada, si no simplemente, desinterés por la opción pública).
    Y en cuanto a la segunda parte de tu comentario, ni en Rusia ni en la ex Unión Soviética se obligó a los jóvenes a estudiar duro, fue pues, eso, debido a la cultura del esfuerzo resultante de las ideas comunistas (aunque tales ideas es que no impidiesen la compra de títulos en las universidades de la URSS).
    Y en las dictaduras donde los dirigentes buscan sólo el poder no se obliga a sus ciudadanos a culturizarse, si no todo lo contrario, ya que gracias a la ignorancia de su pueblo se atrincheran al poder, y no fue así en la Unión Soviética, que a pesar de momentos de represión ideológica en la ciencia y la cultura hubo también etapas libertad, y no es así en la actual Rusia, donde la educación no es ni obligatoria.

  20. adrian ballesteros di:

    Eu estou coa miña compañeira Laura pero eu afirmaria é culpa do goberno de zapatero porque toda a xente boa española estase indo do noso pais para outros.
    A min o que me chamou a atención da noticia foi que ohome ainda tivera 36 anos e como a outros dos meus compañeiros o feito de que non o patentaran e como tamen dixeron o que diga que a el gustaria moverse eu creo que é para ter novos alicientes como valentino rossi indose a ducati.
    E o if nobel e un nobel como para meterse coa xente e o señor di que ata lle gustaria que llo deran.
    Hai que decirlles as persoas que invirten en cousas pois que invirtan na creacion de laboratorios novos e con novidades en lugar de invertir en futbol ou en baloncesto.
    E agora mesmo os paises mais desenrolados son EEUU e alemania ,ainda que rusia e inglaterra non estan moi por detras.

  21. María Iglesias di:

    Comentando sobre isto, gustaríame dicir que é algo magnífico ver como dúas persoas, por gusto e xogo, fagan que a Ciencia sexa, non só un traballo, se non tamén que teña un significado importante nas súas vidas. O que quero dicir é que moitas persoas fan traballos por facer ou polos cartos, eles non, o fan porque a Ciencia é o traballo da súa vida, ó que lle da significado (evidentemente, tamén a familia e moitas cousas máis).
    Tendo o grafeno como material tan extraordinario é verdade que pódenos ofrecer moitos beneficios, un deles(que xa falou Adela nunha o dous clases de C.M.C.)é que poderase utilizar nos paneles solares (necesarios para recoller a Enerxía Solar), que darán un paso máis para que haia unha maior utilización das Enerxías Renovables, necesarias hoxe en día, xa que estamos a esgotar outros tipos (como sabedes todos as non-renovables).
    Respondendo as preguntas do noso Matemático Quique:
    Sen dúbida, non nos damos de conta que a Ciencia é un xogo, ¿con qué xogamos? Co que vemos e descoñecemos, xogamos coa nosa curiosidade e para satisfacela facemos de “detectives”. A Ciencia, para mín, non é un traballo máis, da significado a moitas das nosas preguntas, e non é como o vemos moitos dos seres humanos, un aburrimento, ¡non ten por qué!
    Ademáis vendo isto como un xogo, teremos máis motivación para continuar, para seguir aprendendo e averiguando de todo o que nos rodea.
    Coa seguinte pregunta: según a utilización da Ciencia aplicada e básica estou de acordo coa opinión de Novoselov, no ten que determinar unha ou outra. (Non sei se me comprendedes).
    Nótase cada vez máis como este home e o seu compañeiro fan Ciencia de forma casual e entretida.
    Co IgNobel: Os científicos no é que teñan un sentido do humor especial, teñen o mesmo sentido do humor ca todos pero empleana dunha maneira máis indicada ao que eles ven e saben. Moitos dos científicos teñen certo humor co seo traballo, xa que é un modo de motivación bastante importante.
    Respondendo a penúltima pregunta de Quique… quero pór a Ciencia dentro dunha pequena fórmula: Ciencia = Saber + Sorte + Época –> Aquel que ten unha mínima idea do que quere saber, unha idea máis definida consigue o seu resultado antes. Tamén inflúe na situación na que estés, na época. ¡Todo ten que ver!
    Exemplo no que entra a Sorte/Casualidade na Ciencia, pode ser: A Ley da Gravidade. Todo comezou pola caída dunha mazá na cabeza de Isaac Newton, según a biografía escrita por William Stukeley en 1752. (Isto pode ser unha lenda, tamén é certo) Onde podedes ler un pouco máis desta historia: http://sobreleyendas.com/2010/01/21/isaac-newton-y-la-verdadera-historia-de-la-manzana/
    Concluído: O último parágrafo é como unha poesía para a miña opinión. Cando vemos algo que fascina ao noso corpo, a nosa mente, o noso ser, quere saber que hai máis alá.

  22. juanjo regaldie di:

    Eu vou sacar outro tema de conversacion,que é o tema dos igNobel. Estes premios creo que son fascinantes,porque non é o mesmo estar traballando nun caso que non che deixa durmir polas noites,que che ten todo o dia cunha inquietude intensa,que poderiamos decir,non estas a traballar agusto nesa investigacion… penso que traballar,sendo feliz,divertindote co que fas e “xogando” cá ciencia como di este gañador do premio nobel,tamen ten que ser recoñizo dalgunha maneira,e estes premios recoñecen a ésa xente que aparte de descubrir cousas novas,fano con humor,sendo felices e trabalando dunha forma agradable.

  23. anton perez di:

    O dos Ignobel é unha cousa moi curiosa, xa que non so premia aos que se divirten facendo ciencia senon que tamén galardona aos que fan descubrimentos absurdos ou contradictorios, como o caso do Ignobel de química do 2008 que llo deron a dous equipos, un por demostrar que a Coca-Cola é un espermicida e outro por demostrar o contrario.
    Outro que seguro lle ha gustar a Quique é o de matemáticas do 1994, aquí vos deixo a ligazón: http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Galardonados_con_el_premio_Ig_Nobel

  24. victor martinez di:

    Sobre os Ignobel, leendo algúns dos gañadores o longo da historia destos premios e polo que foron premiados,tamén vese claramente que algúns están dados como crítica ou a modo de burla do traballo dos gañadores (sobre todo nos dados nos primeiros anos), aínda que si que haia algúns dados polo curioso ou orixinal do asunto.

  25. Breixo di:

    Eu estou completamente de acordo con juanjo cando fala de que os ignobel no che quitan o sono ou non che teñen a noite sen dormir. Moitos científicos de hoxe en día o fan simplemente polo afan de conseguir diñeiro e isto esta moi mal. Eu penso que a ciencia ten que practicarse por que pode ser divertida e polo afán de saber e obter coñecemento do que nos rodea, pero sobretodo para axudar a outras persoas. Por isto a min impactoume bastante o feito de que non patentaran o grafeno porque calquera persoa poderia aproveitarse deste feito, ainda que deste modo demostran que a ciencia non é un negocio que se deba explotar, senón unha fonte de coñecemento que debe ser coidada.

  26. dante varela di:

    Amigo Breixo, teñes razón ó dicir que a ciencia non debería ser utilizada para beneficio económico pero este problema non é un problema dos científicos se non que é un problema político, xa que os estados utilizan o coñecemento cientifico como un mercado, e así as empresas nacionais podan monopolizar un sector a nivel internacional.
    E por outra banda, Iván, eu entendo que marchar a outro país pode dar novas posibilidades no traballo grazas ó nivel económico, pero neste caso Novoselov está a traballar sobre o grafeno e el e mais todos os que traballan con el en Manchester son as persoas que teñen o traballo máis aventaxado.

  27. dante varela di:

    Compañeiros que os parece que unha revista como Nature non aceptara un traballo como este?
    Eu comprendo que si ten algúns calculos inexactos sexa un traballo incompleto, pero un traballo que acaba de descubrir un material como este, non sexa merecedor de ser publicado na reviste parece algo excesivo.
    Novoselov e Geim lamentaronse porque o seu traballo non foi publicado, pero os que agora lamentanse son os da revista Nature.
    Que cambios da a vida!

  28. laura garcia rueda di:

    A verdade, contestando a pregunta que nos fai a noso compañeiro Dante, é bastante extraño que unha revista como é Nature sendo unha das máis antiga e famosas revistas científicas rexeitara o seu descubrimento.
    Buscando información sobre a revista Nature encontrei que o 95% dos traballos presentados para publicar na revista son rexeitados, polo que conseguer publicar algo é signo de prestixio para a comunidade científica.
    Na revista teñen un amplo grupo de diferentes científicos comprobando os traballos envíados, en casos dubidosos algúns dos experimentos son repetidos por outros científicos confidencialmente antes da publicación.
    Tamén os editores da revista realizan unha esixente selección determinando se o artículo é ou non un tema de interés xeral e se está ou non entre os temas de interese científica. Con isto último que digo, podo quizáis responder a pregunta. A revista Nature non publicou o traballo porque nun principio os editores e científicos encargados de elexir o que se publica e o que non consideraron que non era un tema o suficientemente bó ou non interesante para a comunidade científica. Pero se equivocaron, e agora arrepentidos, o recoñocemento da publicación o ten o seu maior competidor, a revista Science.

  29. fuco lopez di:

    Dante, respondendoa tua cuestion esta claro que o rechazo da revista Nature o gran traballo que presentaronlle foi un gran erro.
    Pero tamen hai que comprender que para unha revista como esa no e moi doado escoller as suas publicacións e se non ven unha gran seriedade no traballo que lles presentaron e normal que poidan dudar se publicalo ou non.
    Pero esta claro que foi un gran erro!

  30. sabela rey di:

    Semella que chego un pouco tarde para os comentarios, entón irei punto a punto.
    Primeiro, non patentalo pode ser (seguramente sexa) unha loucura, sen embargo mostra o xa dito de que non buscan ningún tipo de lucro; e que a ciencia está ao alcance de todos.
    Segundo, a pesar de que diga que pode marchar de Manchester nun futuro estou co que dixo o compañeiro Dante acerca do tema, pois no campo do grafeno está claro que eles están máis avanzados.
    Terceiro, a inversión española en ciencia. Seguramente me lie no tema. Pero todo comeza por educar desde pequenos no tema e facer ver que a ciencia pode ser divertida. É tampouco é que sexa únicamente culpa de Zapatero, obviamente el está agora no Goberno e pode cambiar as cousas, sen embargo todo vén de máis atrás. E aquí é onde pode que me lie, pero España hai trinta e cinco anos vivía nunha ditadura, aí si que non se invertía en ciencia! “El éxito en los Nobel es indisociable del éxito económico e innovador de un país y puede ser tomado como índice del mismo, ya que la base radical del crecimiento económico -condición necesaria para el Desarrollo Sostenible- es el crecimiento sostenido de la productividad técnica, imposible de alcanzar sin investigación científica y tecnológica”: http://www.aecientificos.es/empresas/aecientificos/intereshtml/sinpremiosnobel/sinpremiosnobel.htm
    Cuarto, respecto aos Ig Nobel non direi moito, pero creo que está ben rir de todo, e canto menos son cousas curiosas.
    Quinto, e quizais debería poñelo antes, pero me parecen moi interesantes as aplicacións do grafeno. E coincido tamén no tema de que dentro duns anos estará en todas partes.
    Sexto, este punto é relativo a Grigori Perelman, que me resulta unha persoa moi interesante e da que buscarei máis adiante información. Sen embargo, e referente ao que dixo Adela de que “se cadra dentro duns anos reaparece” é posible, porque, como simple curiosidade, o home é comparado no artigo con Bobby Fischer, quen tras ao final non serlle permitido xogar contra Karpov no 1975 non volveu ata o 1992, para conmemorar a súa partida con Spassky, celebrouse en Iugoslavia e Estados Unidos considerouno traición, impedindo a Fischer volver ao seu país. Todo isto viña para dicir que ao mellor Perelman volve con outro problema do milenio resolto, mais esa é outra historia.
    Prefiro deixalo aquí. O que me parece máis importante de todo esto é a “lección” de que a ciencia é divertida.

  31. lizeth viancha di:

    A min o que me impactou, aparte dos últimos temas comentados nesta noticia, é o que suxeriu hoxe Adela na clase de CCMC: a idea de descubrir algo sen intentalo. Normalmente o progreso científico asóciase ás investigacións e análisis serios, pero íso non sempre é certo. Unha cantidade sorprendente de descubrimentos débenlle moito á sorte como por exemplo a penicilina que foi descuberta por Alexander Fleming ao deixar unha placa dun cultivo coa bacteria do estafilococo na mesa do seu laboratorio e trala volta das súas vacacións comprobou que o cultivo se contaminou cun fungo o cal impediu o crecemento da bacteria.

    O que quero dicir con ísto é que ás veces os descubrimentos ou avances non só se consiguen con esforzo e intelixencia, só fai falla unha pouca sorte e, coma di Novoselov divertirse facéndoo e polo tanto tamén co resultado.

  32. adriana jimenez di:

    Eu, con respeto ó que ti dis lizeth non estou totalmente de acordo, porque é verdade que a sorte sempre axuda pero como non lle poñas empeño e horas, e esteas esperando a que a sorte faga por ti o que ti non podes facer non creo que consigas satisfactorios resultados, e penso que os casos nos que iso se da só son casualidades.

  33. marta rodriguez di:

    Eu creo que Lizeth en parte ten razón, porque igual que a sorte está presente no día a día de unha persoa, tamén está presente na ciencia; pero tamén hai que ter en conta que os descubrimentos non caen do ceo, senón que fai falla traballar moito e observar ben os resultados para obtelos, aínda que poda estar presente a sorte. Busquei máis información sobre isto e atopei outros descubrimentos nos que a sorte xogou un papel esencial. A parte do descubrimento da penicilina de Alexander Fleming, tamén está o exemplo dos post-it, que aínda que non é un descubrimento tan importante como o da penicilina, é un bó invento para a xente con poca memoria. Ademais, tamén están como exemplos o celofán e o velcro. No caso dos post-it non buscaban realmente ese resultado, senón que estaban na busca dun pegamento moi forte; e no caso do celofán o seu inventor realmente buscaba un modo de cubrir o mantel cunha capa impermeable que evitara que no caso de derramarse algún líquido se manchara. Déixoos un enlace interesante por se queredes seguir lendo sobre estes descubrimentos e o papel que a sorte tivo neles: http://insight.eun.org/ww/es/pub/xperimania/news/world_of_materials/accidental_discoveries.htm

    En canto a Grigori Perelman, a min chamoume moito a atención o modo no que se comportaba cando tiña próxima a solución: podía tirar unha pelota contra o encerado, camiñar dun lado para outro, marcar un ritmo co lapis no pupitre, retregar os muslos (tanto, que o pantalón tiña esa marca), e tararear unha pieza musical. A vos non vos chamou isto a atención?

  34. Breixo di:

    Hai que admitir que moitas veces a sorte xoga un papel importante na ciencia, pero como Novoselov dí, non é soamente sorte, tamén hai que ser capaz de ver o que has descuberto,calquera persona podería haber descuebrto o grafeno, máis non decatarse do que acaba de facer.
    Pero non todo é sorte, moitas cousas son traballo constante e moito esforzo, si as coincidencias moitas veces axxudan nun descubrimento pero importa o traballo constante e o esforzo que lle poñas.

  35. francisco lopez di:

    Con respecto o tema da sorte na investigación esta claro que e un factor moi importante que sin embargo non seria relevante se os cientificos non tivesen a capacidade de decatarse que algo novo esta a suceder e poder comprendelo e investigarlo.

  36. carolina lopez di:

    A min o que me chamou mais a atencion foi a serendipia ( descubrimiento cientifico por azar), ao longo da historia houbo moitos descubrimentos por sorte, un dos casos deuse cando o rey Hierón de Siracusa encargóu ao matemático griego Arquímedes que descubrira se o orfebre que lle fabricara a sua coroa lle enganara non utilizando todo o ouro que lle dera. o rey sabía os lingotes de ouro que lle dera pero non sabía medir o volumen da coroa para comparalo. Estando Arquímedes nos baños públicos metido nunha bañera deuse de conta que ésta derramaba auga polos bordes e de forma serendípica descubriu que o volume da auga desaloxado era igual ao volume do seu corpo. Emocionado saliu correndo desnudo gritando ¡Eureka!. atopara a solución ao problema do Rey, pero tamén a outros moitos co Principio que leva o seu nome
    http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/fluidos/estatica/arquimedes/arquimedes.htm
    E asi incontables mais como a vacina, a pildora anti-conceptiva, ect…,eu penso como Breixo que tamén influen outros aspectos como a CREATIVIDADE, a perseverancia, dedicacion e preparacion nos traballos cientificos.

  37. lizeth viancha di:

    Polo que vexo nos vosos comentarios parece que me expliquei mal. O que quería dicir é que ás veces non só chega coa intelixencia e anos de experiencia senón que a sorte é un factor co que contar.

  38. adriana jimenez di:

    A verdade que si que é moi curioso a de descubrimentos que hai na ciencia por “sorte” pero eu aínda penso que iso non se pode considerar un “factor” porque penso que de sorte non se vive e se consegues unha cousa non é por sorte senon por esforzo e horas de traballo. Nisos casos nos que de súpeto atopouse a resposta ao porqué de algo eu non o considero sorte senón pura casualidade.

  39. victor martinez di:

    Lizeth, tal vez a sorte si xogue, de cando en cando, un papel determinante, pero aínda así mellor non contar con que as cousas che caian do ceo. Creo que iso pode levar a pensar que para qué esforzarse, se total e cousa de sorte, e así imos mal.

    Tal vez certos descubrimentos fosen casualidad, pero, ¿cántos non o foron? A maioría son froito de anos de investigación e constancia, contrariamente a ese tópico do momento de brillantez (ese no que ó xenio se lle encende a bombilla).

  40. raquel blanco di:

    Apoiando o comentario de Adriana, aparte de esforzo e de horas de traballo, a sorte tamén xoga un bo papel. Pode que nalgúns casos un papel esencial. Pero non ten porque ser só no campo da ciencia, mais houbo descubrimentos que non os consideramos como tales, como no caso das patacas chips, gracias a un chef, farto dos requisitos dun cliente que dicía que as patacas estaban cortadas demasiado gordas, cortoullas tan finas que cruxian ó gusto do cliente. Ou buscando na decada dos 40 unha goma elástica para axudar na guerra, mezclou ácido bórico e aceite de silicio e atopouse co chamado blandi-blub.

    Tampouco hai que pensar, como ben dixo Victor, que tódolos descubrimentos tiveron un factor sorte. Moitos deles, seguramente máis dos que poidamos imaxinar, estiveron na cabeza dos seus decubridores anos e anos. Pero tamén coa ciencia, un poco de inquietude e picardía, se pode chegar a descubrimentos realemente impensables como o caso de grafeno.

  41. Gabriela López di:

    Con este artigo queda claro que a imaxe que todos temos asociada a un científico digno de recibir un premio novel non é a de un home en bata rodeado de probetas.
    Ás veces entender a ciencia como unha diversion pode dar lugar a descubrementos tan fascinantes como o do grafeno.
    De ese modo foi como Novoselov, un home cunha vida normal e corrente, chegou a ser un científico recoñecido a nivel mundial.
    Este feito anima a pensar que calquera de nós coas ganas, traballo e ilusión suficientes poidera chegar a ser un futuro descubridor de algo innovador e de gran utilidade para a sociedade.
    Nembargantes, tamén debemos ter en conta se estas ganas son algo có que se nace(como é o caso da protagonista do artigo, que dende pequeno mostraba interese por dito campo) ou é algo a desenrolar.
    Do que non cabe dúbida é de que cada un de nós ten unhas habilidades que, desenrolando adecuadamente(xa sexa noutros campos como a literatura ou a música) podería chegar a ser un novo Novoselov.
    En conclusión, sexamos quen sexamos a clave para lograr algo grande está na motivación que mostremos cara elo, sen importar que vistamos bata ou levemos camiseta e vaqueros.

  42. ivan garcia di:

    Saliu un tema bastante interesante, a sorte na ciencia. Eu neste caso penso que na ciencia a sorte influe moito nalgúns casos, como no da penicilina por exemplo, pero tampouco non estou moi deacordo con que sea todo cuestión de sorte.
    Penso que a sorte na ciencia ben derivada de anos de esforzo e traballo, que nalgún momento se ven recompensados nalgúns casos pola sorte.
    Con isto quero decir que ter sorte no traballo realizado e importante pero é moito mais importante o traballo que ten detrás.
    Por outra banda pareceume moi interesante un aspecto que salienta Marta no seu comentario, a maneira que ten os grandes xenios de concentrarse e grazas a estas formas extrañas, poden concentrarse para resolver os problemas mais complexos.

  43. lizeth viancha di:

    Os inventos por casualidade que mostrou Marta no seu comentario parécenme un bo exemplo do que a sorte inflúe na ciencia e comparto a curiosidade que di Marta e que apoia Iván no seu comentario polas “manías” que dalgunha maneira tiña Perelman para concentrarse e atopar axiña a resposta ás poucas dúbidas que lle puidesen pasar pola súa mente privilexiada.

  44. judit pousada di:

    A min este artigo gustoume.Non so polo descubrimento do grafeno senón pola naturalidade de este home,é un home sencillo e normal.Sorprendeume a espontaneidade coa que conta o seu descubrimento e sobretodo con moita modestia.Non demostra ningún tipo de ánimo de lucro xa que non patentaron o seu descubrimento nin teñen pensado facelo.Toma a ciencia coma algo divertido e interesante,e non coma algo aburrido e que se teña que facer pesado.Como moi ben dixo Gabriela o importante é a pasión e motivación que lle pos ás cousas.Con interese e esforzo todo é posible.

  45. laura garcia rueda di:

    Na miña opinión o “factor sorte” non é un factor. Se non é o resultado de todo o traballo que se emplea na investigación (Sexa o tempo que sea; horas, días, meses, anos…) Non se lle pode chamar sorte, porque, na miña opinión pesimista, a sorte non existe. Se todos estes científicos descubriron esas cousas “descubertas por sorte” foi polo seu interese no que traballaban no polo “factor sorte” como se pensa. Tamén podeis contradicirme dicindo que existen casos de descubrimentos que foron achados por pura casualidade e eu respondería: Que eses descubrimentos que foron feitos tan rápido e “por casualidade” foron así porque o seu descubrimento non necesitaba o esforzo necesario para dar con él, e polo tanto, deron con resultado rápida e facilmente.
    Outro exemplo disto é o descubrimento do grafeno. Seguramente moitos científicos que andaban traballando horas e horas, traballando no descubrimento deste material con todo tipo de máquinas e aparatos tecnolóxicos non houberan conseguido nada en moito tempo, e logo chega aquí Novoselov e o descubre co simple experimento de sacar capas e capas a unha punta do lápis. Un experimento de “andar por casa” puido co traballo cos mellores dispositivos electrónicos.
    Isto é o que máis me gusta, que este experimento é tan simple que non nos podíamos imaxinar que chegara a ser o camino para o descubrimento deste material.
    Quizáis sí importe nos descubrimentos máis feitos por “sorte” como se dí é o coñecemento da persoa que o achara, é dicir, unha persona, normal e corrente sen moitos conocimientos científicos pode facer algún experimento porque sí, e co seu experimento achar algunha cousa aínda que este non o sepa, nin se de de conta. Non sei se me explico. No exemplo que nos dí a nosa compañeira Carolina sobre o descubrimento de Arquímedes sobre “A lei de Arquímedes” (levando en honor, o seu nome). Todos dámonos de conta, (e antes supoño que tamén) que cada vez que entras na bañeira e está moi chea, derrámase unha cantidade de auga, pero ninguno puido dicir porqué, isto foi porque quizáis os anteriores que o pensaron non tiñan os coñecementos que tiña Arquímedes e non puideron formular ese principio. En cambio Arquímedes, solo co seu coñecemento puido achar o porqué disto.
    Quizáis lieime un pouco ao explicar todo esto, e non si sé se me entendeu ben. Pero o que quero dicir é que a sorte na miña opinión non existe e polo tanto non ten nada que ver nestes descubrimentos dos que falades.

  46. sabela rey di:

    Estou de acordo en que a sorte foi un factor que influiu, pero que había que saber interpretar os resultados, e a sorte aparece a base de intentos. “Canto máis entreno, máis sorte teño”, non recordo de quen é a frase mais estou completamente de acordo. Se non fixera un experimento os venres, se non disfrutara eses experimentos, se non fóra capaz de poder interpretar correctamente eses resultados, a sorte non existiría. Polo tanto, sorte? Si, pero a base de buscala, coincido tamén co que acaba de dicir a compañeira Laura García (a pesar de que non creo que non crer na sorte sexa algo pesimista).

  47. Carlos Puente di:

    Eu penso que o artigo é entretido e esta ben. O Grafeno creo que é un dos maiores descubrimentos dende aí moito tempo, xa que pode revolucionar a industria da construción polas propiedades que ten.
    Con respecto ao da patente, eu penso que tanto da que a patente como que non, xa que el so ve a ciencia como un pasatempo e non coma un oficio, e no diñeiro, por agora, non debe de pensar.
    Creo que na fotografía vai ben vestido xa que e así como el viste cando estase “Divertindo”.

  48. raquel gomez di:

    Para min o descubremento do grafeno de Konstantin Novoselov é de gran importancia,ademais de haberse logrado de maneira casual nun dos seus experimentos dos venres,o que denota un interés pola ciencia como unha actividade divertida.Con isto,Novoselov nos da unha gran lección,e é que o feito de facer un descubremento non ten porque levar detrás unha gran investigación larga e aburrida,senón que calquera de nos podería facelo de forma amena e casual,como é o caso deste fisico,ademais de facernos saber que a ciencia é divertida.Por outra parte,ademais de gustarlle a ciencia,non ten o propósito de gañar fama nen sair na televisión polo seu descubremento xa que,como di na noticia,non ten pensado patentalo.

  49. ana dominguez di:

    Eu penso como os meus compañeiros,como non patentaron o grafeno si de aqui a uns anos vai ser un material que nos rode por todos os lados.
    Tamen me chama a atencion como un señor tan intelixente non sabe como decir que non as invitacions,nin como comportarse ante todo o que se lle presenta por gañalo Premio Nobel.

Deixa unha resposta