Libros e máis libros

imagenAgora que estamos de vacacións é un bo momento para ler un pouco. Como exemplo aquí tedes unha pequena lista de títulos que esperamos os interesen.“Una breve historia de casi todo”  de Bill  Bryson.

“La Tierra herida”, de Delibes e Delibes de Castro.

Un  libro curioso de Ficción-medio ambiente: “El quinto día” de Frank Schätzing 

“El viaje de la evolución” de Vicente Muñoz Puelles. Editorial Anaya.

“Hijos de un tiempo perdido” de Bermúdez de Castro.

“El tio Petros y la conjetura de Goldbach” de Apóstolos Doxiadis.

Espero que as Ciencias para o Mundo Contemporáneo axudáranvos a coñecer, a comprender e a razoar sobre o mundo no que vivimos. Disfrutade dos libros e do verán.

Esta entrada foi publicada en Xeral e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to Libros e máis libros

  1. quique di:

    Casualmente onte, no diario El País, aparecía un artigo de José Manuel Sánchez Ron titulado “Las ciencias más claras“.
    O subtítulo do artigo, e especialmente a última frase, é moi significativo: “Se puede hablar del Big Bang como referencia a la teoría sobre el origen del universo, pero también se puede aplicar a la explosión que vive en nuestros días el libro de divulgación científica. Todo puede ser comprendido, si se explica adecuadamente”.
    Ao longo do artigo cítanse moitos nomes de persoas que se esforzaron por comunicar o seu saber á sociedade, pero os dous últimos parágrafos son moi suxerentes: “Podría, por supuesto, ampliar sin demasiada dificultad la anterior lista; mencionar, por ejemplo, a (…), pero cualquier lista estaría incompleta si no incluyera a los dos mejores: el astrofísico Carl Sagan (1934-1996) y el paleontólogo y biólogo evolutivo Stephen Jay Gould (1941-2002).
    Ambos fueron magníficos científicos, pero no quiero recordarlos por esto, sino porque supieron utilizar sus conocimientos profesionales para escribir libros maravillosos que no sólo nos educaron en la ciencia, sino que también conmovieron nuestras almas”. Entre vós hai persoas que teñen lido moitas obras de S.J. Gould, e por iso eu non me atrevo a recomendar ningún dos seus libros. Pero si quero suxerirvos unha lectura de Carl Sagan. Trátase do libro “El mundo y sus demonios“. É impresionante, e por iso volo recomendo aínda que o fago cun pouco de medo: despois de lelo, a vosa vida xa non vai ser igual ca antes, veredes o que vos rodea dun xeito diferente. Crédesme? Atrevédevos a comprobalo!

Deixa unha resposta