Eclipse total de Sol o 11 de xullo

Estás farto/a de tanto mundial de fútbol? Se é así, propóñoche un verdadeiro espectáculo para o día 11 de xullo á hora na que se estará celebrando a final do campionato do mundo. Aproximadamente ás 22.08 hora peninsular do domingo 11 vaise transmitir en directo a través de Internet  a eclipse total de sol que será visíbel en pleno Océano Pacífico e que só ao final tocará terra atravesando a Patagonia (na páxina de Internet fálase das 20 horas UTC, que é en tempo universal; nós en horario de verán debemos sumarlle dúas horas, por iso eu menciono as 22.08 horas).

Un grupo de científicos españoles desprazouse á illa de Pascua (Chile) para transmitir o fenómeno en directo, cuxa fase de totalidade durará 5 minutos e 20 segundos (bastante para ser unha eclipse solar total, pouco para alonxarnos mentalmente do mundial de fútbol).

Autor: quique

Esta entrada foi publicada en 2. Sistema Solar e etiquetada . Garda o enlace permanente.