A familia que anda “a catro patas”.

Unha familia con cinco fillos residentes en Turquía, son os protagonistas do documental que vin fai un par de anos en National Geographic. Pero esta familia non é unha familia común, coma calquera outra.

Os científicos identificaron unha anormalidade xenética, que os impide camiñar erguidos. Dous membros da familia nunca conseguiron marchar empregando só as pernas, mentres que outros poden camiñar coma o resto dos humanos, pero só trechos moi curtos. Clínicamente definido coma un caso especial de ataxia no cerebelo, o problema que padecen os membros desta familia turca maniféstase no cuadrupedismo, unha linguaxe bastante reducida, un grave retraso mental, escasa conciencia de si mesmos, e unha postura habitual encorvada e coa cabeza inclinada, incluso ao estar sentados.  Unha análise dos seus cerebros realizada con resonancia magnética revelou, ademais, un estreitamento da rexión do cerebro chamada vermis e unha redución do corpo calloso.

Esta familia non só ten que vivir coa dificultade de padecer as miserias do lugar no que viven, e máis aínda cando padecen o grave problema que teñen; senón que, ademais, o pobo no que residen condenoulles a vivir totalmente ás aforas, completamente aillados, e sufrindo as faladurías dos seus habitantes, tachándoos de familia encantada, cunha maldición, e incluso con continuas agresións por parte das xentes, chegando ata o punto de cortarlles a traída de auga ata a súa vivenda. Grazas a este documental, non só podemos indagar nas causas, e no desenvolvemento deste problema, referíndonos ao ámbito científico, senón que tamén podemos achegarnos un pouco a estas persoas, saber como pensan, e como senten. Podemos coñecer a súa historia, dende o principio ata o final. Como o interese por eles levou a facerlles unha serie de análises ata profundizar cada vez máis no seu problema, averiguar as causas e intentar solucionalo pouco a pouco. E como comezan o traballo para tentar camiñar erguidos, coa esperanza de conseguilo algún día e poder sentirse coma persoas “normais”.

Uno de los humanos cuadrúpedos 'pasea' por una playa. (Foto: BBC)

Hai millóns de historias coma esta con nomes propios repartidas polo mundo. Recoméndovos un programa de Cuatro, chamado “Gente extraordinaria” onde nos contan moitas destas historias de xente que, na maioría de casos, sufre malformacións, e revela de onde proceden estas malformación e todo o proceso que se leva a cabo para pórlles solución; como a nena con oito extremidades, ou o caso da nena serea.

Pero a maioría desta xente non se salva. Non hai que esquecer, que cando algo así ocorre en países ricos, o problema é inmediatamente tratado; pero cando é nos países pobres onde se dá, a maioría dos recén nacidos con problemas así son sacrificados ao nacer, e os que non, teñen que vivir padecendo todas esas difucultades, e probablemente a súa sexa unha vida, ademais de curta, tormentosa e dura.

Autora: Sabela Rodríguez Álvarez

Esta entrada foi publicada en 3. Saúde e calidade de vida e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta