Xúpiter, e o seu cinturón ausente.

É ben sabido por todos que Xúpiter, o planeta máis grande do Sistema Solar, caracterízase, entre outras cousas, polos seus dous grandes cinturóns. A sorpresa produciuse recentemente, cando os astrónomos coñeceron a nova de que un deses dous cinturóns, desapareceu. Trátase do cinturón ecuatorial do sur. 

Este impactante descubrimento correu a cargo de Anthony Wesley, un astrónomo aficionada que captou as instantáneas que mostran a desaparición do cinturón. Wesley tamén descubriu un impacto sobre a superficie do planeta gaseoso en 2009.

Xúpiter ten outra importante característica, o seu gran lunar, o cal manténse. Mais a perda do cinturón afecta a este gran lunar roxo, xa que agora flota na brancura, cando habitualmente facíaoo nunha hendidura do cinturón ecuatorial do sur do planeta. Esta nova xerou gran sorpresa, non só no cidadán de a pé, senón tamén para os científicos e expertos neste tema. Pese a todo, non é a primeira vez que algo similar ocorre en Xúpiter, xa que en 1973 rexistrouse un fenómeno semellante, así como nos anos 90, cando desapareceu temporalmente. Isto prodúcese cando unhas nubes branquecinas que se forman, bloquean a visión das máis escuras, aínda que todavía non existe unha explicación do que pode orixinar este tipo de nubes.

Un dos misterios do que cómpre que expertos investiguen as súas causas, xa que estas poderían dar resposta a certos fenómenos, e prever moitos outros.

Autora: Sabela Rodríguez.

Esta entrada foi publicada en 2. Sistema Solar e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta